Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Operacions de separación para recuperación e purificación de productos biotecnolóxicos. Separación sólido-líquido (filtración e centifugación). Ruptura e separación de restos celulares. Concentración (extracción líquido-líquido, separación con membranas, cristalización, precipitación, secado e liofilización).
TEMAS
1.- Introduccion as Operacions de Separacion. .2 h
2.- Unidade de transferencia. Altura da unidade de transferencia. Ecuacions de deseño para columnas de recheo. Absorcion . Extraccion de mezclas binarias. Ecuacions básicas 3 h
3.- Evaporacion e Liofilización Mecanismos. Tipos de equipos3 h
4.- Precipitacion e Cristalizacion. Saturación e sobresaturación. Crecemento dos cristais 3 h
5.- Filtracion. Ecuación básica de deseño. Equipos. 3 h
6.- Secado Termodinámica e cinética do secado 3 h
7.- Outras operacions. Separación mediante membranas 3 h
Seminarios
- Resolución de problemas de transferencia de materia con folla de cálculo.Os alumnos tamen realizaran traballos específicos
Bibliografía Básica
J.D. Seader, E.J. Henley, D.K. Roper; Separation Process Principles, 3ª Ed., John Wiley and Sons, New York (2011)
Bibliografía complementaria
WANKAT, P.C. Ingeniería de Procesos de Separación, 2ª Ed., Pearson Education, México 2008
R. Sinott and G. Toeler ,Chemical Engineering Design, 5ª edic., , Elsevier, Amsterda, (2009)
Ocon, J. y Tojo G ,Problemas de Ingeniería Qúímica,.. Aguilar de Edic., Madrid, (1968)
Backhurst, J.R. y Harker, J.H ,Process Plan Design,., Heineman, Londres (1973)
Bungay, P.M., Lonsdale, H.K. and Pinho, M.N.,Synthetic Membranes: Science, Engineering and Applications, Nato ASI Series, Dordrecht-Holanda (1986)
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostraran poseer e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e solese atopar a un nivel que, si ben apoiase en libros de texto avanzados, incluie tamen alguns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda de seu campo de estudio
CB2 - Que os estudantes sepan aplicar seus coñecementos a seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posean as competencias que poden demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudio
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudio) para emitir xuicios que incluian unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucions a un público tanto especializado como no especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía
ESPECÍFICAS
CE6 - Ser capaz de analizar e deseñar procesos industriais biotecnolóxicos e aplicalos a mellora de productos.
CE7 - Ter coñecementos sobre balances e transferencias de materia e enerxía, termodinámica aplicada e operacions de separación, así como saber aplicalos a resolución de problemas de Enxeñería.
TRANSVERSAIS
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT6 - Razoar críticamente
Clases Expositivas 20h. Impartiránse leccións maxistrais incluindo resolución de problemas prácticos e casos de estudio. Potenciaráse o uso de ferramentas informáticas. En xeral se disporá do común dos aspectos metodolóxicos nesta disciplina.
Clases Interactivas Seminario 17h. Os seminarios celebraranse ao final da exposición dos temas. Neles, ademais da resolución de algún problema por parte do profesor, os alumnos individualmente ou en grupos, resolverán algún problema relacionado co tema finalizado, que será entregado e considerado para a avaliación final . Os alumnos tamen realizaran traballos específicos eu actividades. Nestas actividades, ademais da resolución de problemas, farase un repaso das clases recentes obrigando os alumnos a manterse o día nos contidos da asignatura os cales facilitarán a preparación do exame final. Utilizarase a folla de cálculo Excel nos problemas requeridos Tamen poderanse utilizar programas de deseño como Hysis e/ou Superpro Designer.
As titorías suporán dous direccións. A primeira corresponderá as titorías clásicas (dubidas de teoría e problemas) e a segunda incluirá titorizar o traballo que os alumnos farán de xeito individual ou en grupos .
Por competencias:
Clases expositivas: CE6, CE7, CE8, CG2, CG5, CT2, CT4, CT5, CT6, CB5
Seminarios /Titorias: CE6, CE7, CE8, CG2, CG5, CT2, CT5, CT6, CB5
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta de apoio a docencia
A docencia impartirase en castelán.
No caso de desenvolverse o curso nun escenario de normalidade adaptada as expositivas serán presenciais. Os seminarios e as titorias poden ser via telemática.
Levarase a cabo mediante un exame final da asignatura (60 % da nota global) que se desenrrolará en duas partes. A primeira será un exame de cuestiones teóricas (30% da nota do exame) e a segunda dun exame de problemas (70 % da nota do exame)
Na avaliacion continua dos alumnos( 40 % da nota global) teranse en conta:,
Asistencia e participación na clase, Seminarios e Traballos específicos representan o 35 % da nota global.
As titorías serán obxeto de nota representando un 5 % da nota global.
Resumindo estos datos sería:
Distribución da cualificación
a) Exame (60%) [ Teoría (30%) Problemas (70%) ]
Requirirase unha puntuación mínima de 35% en cada parte para poder aprobar o exame
b) Asistencia e Participación activa en clase 10%
c) Seminarios (problemas) 10% e Traballos 15%
d) Titorías 5 %
Para superar a materia precisarase unha cualificación global mínima de 5,0, así como acadar polo menos o 35 % da cualificación máxima posible en cada un dos apartados de avaliación (a, b, c, d). No caso de que se cumpra o primeiro requisito pero non o segundo, a cualificación global asignada ó estudante será a resultante de considerar unicamente aquel apartado no que non se acadou o mínimo establecido.
As cualificacións dos apartados b), c) e d) comunicaránselle aos alumnos antes do exame final
As notas acadadas no curso nos apartados b), c) e d) manteránse para a segunda oportunidade, na que o exame suporá o 60 % da nota global
Por competencias
Exame: CE6, CE7, CE8, CG2, CG5, CT2, CT4, CT5, CT6, CB5
Actividades/Traballos: CE6, CE7, CE8, CG2, CG5, CT2, CT4, CT5, CT6, CB5
Titorias: CE6, CE7, CE8, CT2, CT4, CT5, CT6, CB5
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
4,5 ETCS (114 h)
Estimase nun máximo de unha hora e media por cada hora de clase regrada. E decir, sobre un total de horas presenciais (incluindo titorías e exáme) que corresponde a un equivalente global de 4,5 ECTS (serían 45 horas presenciais e 69 horas de traballo do alumno).
A materia e de 4,5 ECTS (total 114 h)
Actividade Presencial (h) – Traballo Persoal (h)
Clases Expositivas 20 28
Seminarios 17 30
Titorias 1 4
Exame e revisión 4 7
Traballo persoal 69
Recomendase haber cursado previamente Trasferencia de Materia.
Considera moi importante manter actualizados os conceptos, o que implica un seguemento diario e manteñemento "o día" da disciplina.
A docencia impartirase en castelán
Utilizaráse a Aula Virtual (na plataforma web da USC) como repositorio da documentación da materia
No caso de docencia telemática, será preciso dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ó longo do curso.
Maria Isabel Vidal Tato
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816798
- Correo electrónico
- isabel.vidal.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07. Konrad Lorenz |
| 16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de informática 1. Rosalind Franklin |
| Martes | ||
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07. Konrad Lorenz |
| 16.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12.Vasili Dokucháyev |
| 13.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12.Vasili Dokucháyev |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIDAL TATO, MARIA ISABEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIDAL TATO, MARIA ISABEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIDAL TATO, MARIA ISABEL | Castelán |