Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (56%), Galego (43%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer e saber aplicar as técnicas analíticas e as técnicas instrumentais básicas útiles nun laboratorio de Biotecnoloxía
2. Saber describir os fundamentos e usos da espectrofotometría, microscopía, espectrometría de masas, cromatografía e electroforesis.
3. Saber identificar e interpretar espectros de diferentes tipos para a identificación estrutural de biomoléculas e outras aplicacións
4. Saber cómo elixir a técnica adecuada para resolver cada problema particular en función de criterios analíticos
5. Distinguir entre as técnicas de separación cromatográfica e electroforética e seleccionalas adecuadamente para as diferentes aplicacións en bioseparacións.
(Cada tema terá unha duración de 2 h estimada, a excepción dos temas 6 e 9 que terán unha duración de 3 h).
Tema 1.- Introdución ás técnicas básicas en Biotecnoloxía
Tema 2.- Introdución aos métodos espectroscópicos e clasificación.
Tema 3.- Espectrofotometría UV-Vis
Tema 4.- Espectrofotometría de fluorescencia e técnicas relacionadas
Temas 5. Nocións básicas de Resonancia Magnética Nuclear (RMN)
Tema 6.- Espectrometría de masas (MS)
Tema 7. Introdución ás técnicas de separación cromatográfica
Tema 8.- Cromatografía de gases
Tema 9.- Cromatografía líquida
Tema 10.- Técnicas de separación electroforéticas
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
Práctica 1: Operacións básicas no laboratorio analítico
Práctica 2. Aplicacións da espectrofotometría UV-Vis á biotecnoloxía
Práctica 3: Aplicacións da cromatografía á biotecnoloxía
Práctica 4: Aplicacións da espectrometría de masas, e outras técnicas (RMN, difracción de raios X) á biotecnoloxía
SEMINARIOS
Realizaránse seis seminarios (11 horas) en pequenos grupos nos que se propoñerán e resolverán exercicios, problemas e/ou simulacións de casos relacionados cos contidos do programa. Requírese unha participación activa dos alumnos.
TITORÍAS
As titorías (individuais ou grupais) servirán para aclarar dúbidas, proporcionar información ou orientar os alumnos, así como coñecer os avances na adquisición de competencias.
BÁSICA
---SUSAN R. MIKKELSEN. QUIMICA BIOANALITICA: METODOS Y TEORIA ANALITICA PARA EL LABORATORIO DE BIOLOGIA MOLECULAR, FARMACIA Y BIOQUIMICA, 2011 Editorial: UNIVERSIDAD DE BUENOS AIRES. ISBN: 9789502317694
---D. C. HARRIS. "Análisis Químico Cuantitativo". Editorial Reverté, 3ª ed. (6ª del inglés), Barcelona (2007), recomendado cap. 26 págs. 654-666.
---D.A. SKOOG; D.M. WEST; F.J. HOLLER; S.R. CROUCH. “Química Analítica”, Thomson .8ª Ed. Madrid. 2005, cap. 33 págs. 1016-1024.
Ademais, ao longo do curso recomendarase a visita a webs específicas con videos e materiais de interés para a mellor comprensión dos temas.
COMPLEMENTARIA
•Colección “Esenciais USC”:
---TÉCNICAS ANALÍTICAS E INSTRUMENTAIS: introdución ás técnicas espectroscópicas: espectro(foto)metría de absorción molecular UV/Vis.
Autoras: Marta Lores Aguín, Carmen García Jares (2019)
---TÉCNICAS ANALÍTICAS E INSTRUMENTAIS: introdución ás técnicas de separación cromatográficas. Autoras: Carmen García Jares, Marta Lores Aguín (2019)
Competencias básicas e xerais:
Serán as que figuran na memoria do Grao de Biotecnoloxía
Competencias transversais
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar problemas desde diferentes perspectivas.
CT3 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoamento crítico
CT8 - Adaptación a novas situacións (resiliencia).
Competencias específicas:
CE1 - Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais nos campos da Biotecnoloxía.
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normas e técnicas relacionadas coa seguridade e a hixiene, a xestión dos residuos e calidade.
CE5 - Saber obter e interpretar información das principais bases de datos (biolóxicas, ómicas, bibliográficas) e empregar ferramentas bioinformáticas.
CE10 - Coñecer as técnicas que permiten determinar as propiedades das proteínas e poder analizar e manipular as súas estruturas segundo a súa aplicación en Biotecnoloxía.
Expositivas: Clases maxistrais presenciais nas que o profesor explicará os conceptos da materia co apoio de medios audiovisuais e informáticos; poden ter diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, orientacións xerais da materia), promovendo a participación dos alumnos.
Seminarios, presenciais, nos que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, realízanse exercicios, problemas, simulacións de casos, etc. É obrigatoria a participación activa dos alumnos.
Titorías (individuais ou grupais), presenciais, para aclarar dúbidas, proporcionar información ou orientar os alumnos, así como coñecer o progreso na adquisición de habilidades.
Clases prácticas presenciais nas que os alumnos, seguindo os protocolos preparados para este fin, coñecerán os equipos de laboratorio axeitados e resolverán cuestións prácticas.
A asistencia a seminarios, titorías e prácticas de laboratorio é obrigatoria.
A avaliación constará de dúas partes:
Avaliación continua:
A avaliación continua farase mediante probas orais e/ou escritas, traballos entregados e/ou presentados, participación do alumno na aula e no laboratorio e titorías. A continuación, indícase a avaliación de cada unha das actividades a realizar polo alumno, para outorgar a cualificación final, así como a tipoloxía, métodos e características do sistema de avaliación da materia:
1. A asistencia ás clases interactivas en grupo reducido (seminarios), as titorías e as prácticas de laboratorio é obrigatoria.
2. A falta de asistencia a un mínimo do 80% das horas comúns de seminarios e titorías implica a renuncia do dereito á avaliación continua.
3. A asistencia a todas as prácticas de laboratorio será obrigatoria, así como superar a súa avaliación. A non asistencia ás mesmas impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria como na oportunidade de recuperación. Para superar a materia, o alumno deberá acadar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Exame final (EF):
O exame final abrangue todos os contidos da materia.
As diferentes actividades contarán para a nota final do alumno como segue:
Exame final 60%
Avaliación continúa (40 %): Seminarios 20 % e Prácticas 20%
Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os elementos a avaliar serán os seguintes: Actitude e aptitude no laboratorio; execución da práctica (inclúe a presentación de resultados) e informe final.
A avaliación continua é complementaria á realización do exame final. A cualificación do alumno será a obtida ponderándo a do examen final coa da avaliación continua; aínda que para ter opción á ponderación é necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos no exame final.
Tódalas actividades que se califican como obrigatorias serán avaliables.
Avaliación de Competencias: Sem (S) Práct(P) Tutorías (T) Ex Final (EF)
CG1: S, P, T, EF
CG2: S, P, T, EF
CG3: S, P, T, EF
CG4: S, P, T, EF
CG5: S, P, T, EF
CB1: S, T, EF
CB2: S, T
CB3: S, P, T, EF
CB4: S, P, T
CB5: S, P, T, EF
CT1: S, P, T, EF
CT3: S, P
CT4: S, P
CT5: S, P, T
CT6: S, P, T, EF
CT7: S, P, T, EF
CT8: S, P, T, EF
CE1: S, P, EF
CE3: P
CE5: S, P
CE10: S, P
Aos alumnos repetidores que teñan aprobadas as prácticas de laboratorio, conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos.
Aqueles alumnos repetidores que tendo a cualificación de apto nas prácticas, desexasen repetilas, poderán facelas previa comunicación á profesora coordinadora.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases expositivas en grupo grande 22
Clases interactivas en grupo pequeno (Seminarios) 11
Clases interactivas con ordenador en grupo pequeno 00
Titoría nun grupo moi reducido 03
Prácticas de laboratorio 15
Total horas de traballo presencial na aula ou no laboratorio 51
TRABALLO PERSOAL DAS HORAS DE ESTUDIANTE
Estudio autónomo individual ou en grupo 44
Resolución de exercicios ou outros traballos 22
Preparación do laboratorio e elaboración da memoria das prácticas 30
Total horas traballo persoal do alumno 96
É aconsellable asistir ás clases maxistrais e o uso da bibliografía recomendada, así como a realización dos exercicios e traballos propostos.
Respecto á parte práctica da materia, recoméndase unha lectura dos guións das prácticas, previa á súa realización no laboratorio.
Os estudiantes deben coñecer e obedecer as "Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela, para participar nas prácticas de laboratorio. Esta normativa está na página web da USC (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf)
Estará operativa unha aula virtual na plataforma Moodle (Campus Virtual da USC, https://cv.usc.es/ )a disposición do alumnado que servirá de repositorio do material necesario para o correcto desenvolvenmento da materia así como canle de comunicación cos alumnos. Adicionalmente, poderá estar operativo outro canle de comunicación directa a través da aplicación MS-Teams.
Carmen Maria Garcia Jares
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814394
- Correo electrónico
- carmen.garcia.jares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marta Lores Aguin
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814386
- Correo electrónico
- marta.lores [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Aly Jesús Castillo Zamora
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- alyjesus.castillo.zamora [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral_Doutoramento Industrial
| Luns | ||
|---|---|---|
| 09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| Martes | ||
| 09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 23.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 11.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Castillo Zamora, Aly Jesús | Castelán |
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Castillo Zamora, Aly Jesús | Castelán |
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Castillo Zamora, Aly Jesús | Castelán |
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA JARES, CARMEN MARIA | Castelán |
| LORES AGUIN, MARTA | Galego |