Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 45 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Informática Aplicada á Paisaxe forma parte dun conxunto de materias cun forte contido tecnolóxico, que corresponden a áreas de coñecemento que evolucionan a un ritmo forte e constante. O alumno debe saber que vai desenvolver a súa actividade profesional futura rodeado destas tecnoloxías, de uso común nunha sociedade baseada na información dixital, así como doutras tecnoloxías e ferramentas relacionadas con estas que aínda non están dispoñibles.
Nesta materia preténdese que os alumnos se familiaricen co computador como ferramenta de traballo nos aspectos básicos útiles para o seu desenvolvemento profesional, con especial énfase nos paquetes ofimáticos, deseño asistido, aplicacións de deseño gráfico, e modelado 3d. Outras materias cobren a presentación e uso de ferramentas específicas da especialidade.
Conecta co resto de materias da titulación que requiren o uso do computador e ferramentas informáticas. De maneira particular, relaciónase directamente coas materias que precisen de sistemas de información xeográfica ou de infraestruturas de datos espaciais.
A memoria do título fixa os seguintes resultados de aprendizaxe como obxectivos desta materia :
- Adquirir coñecementos básicos sobre a sociedade da información, informática, o computador moderno e servizos na internet
- Coñecer os fundamentos da dixitalización da empresa
- Manexar con destreza as ferramentas ofimáticas expostas para resolver problemas sinxelos
- Coñecer os fundamentos de aplicacións de deseño gráfico 2D raster e vectorial
- Coñecer os fundamentos de aplicacións de modelado gráfico 3D
- Identificar problemas, analizalos e resolvelos adecuadamente co uso combinado do software presentado na materia
A memoria do título contempla para a materia os seguintes contidos:
BLOQUE 1: COÑECEMENTOS PREVIOS: INFORMÁTICA BASICA
- Tema 1: Introducción. Ferramentas informáticas aplicadas á paisaxe: evolución e consecuencias.
- Tema 2: O ordenador para o paisaxista: tipos e compoñentes. Introducción a Internet.
- Tema 3: Programas informáticos: definicións e clasificación. Arquivos. Programas gráficos. Tipos de gráficos: mapa de bits, vectoriais (2D y 3D).
BLOQUE 2: UTILIDADES OFIMÁTICAS
- Tema 4: Programas de bases de datos e follas de cálculo
BLOQUE 3: UTILIDADES GRÁFICAS
- Tema 5: Programas de CAD
- Tema 6: Programas de debuxo vectorial
- Tema 7: Programas de mapa de bits
- Tema 8: Programas de modelado 3D
Preténdese dedicar, de xeito provisional, o 25% do tempo dispoñible para a docencia no desenvolvemento do primeiro bloque, outro 25% para o segundo bloque e ata o 50% para o último. Esta distribución pode variar en función da evolución das clases. Recoméndase unha distribución temporal similar para o traballo non presencial en cada bloque.
* Bibliografía básica
A gran variedade nos temas tratados pola materia forza a que a bibliografía básica estea formada por apuntamentos e temas preparados polo profesor, compilados de múltiples fontes e organizados, que quedan ao dispor de todos os alumnos, así como polos propios manuais das ferramentas informáticas que se van a utilizar (dispoñibles dentro da aplicación ou na web do proxecto).
* Bibliografía complementaria
Os apuntamentos compleméntanse con lecturas de interese nalgún dos temas a partir da seguinte bibliografía:
- Carolina San Martín Mazzucconi, Antonio V. Sempere Navarro; "As TICs no ámbito laboral"; Madrid: Francis Lebvre, 2015
- Paul Beynon- Davies; "Sistemas de información: introdución á informática das organizacións"; 1ª ed; Barcelona: Reverté, 2014
- Michael Buckland; "Information and Society"; The MIT Press Essential Knowledge series, 2017
- Paul E. Ceruzzi; "Computing. A Concise History"; The MIT Press Essential Knowledge series, 2012
- James W. Cortada; "Information and the Modern Corporation"; The MIT Press Essential Knowledge series, 2011
- Jon Stokes; "Inside the Machine: An Illustrated Introduction to Microprocessors and Computer Architecture"; ars technica library; 2015
- Antón María Rodríguez Yuste, Carlos Fernández Pérez, Ana Riascos Lomanto; "Utilización de ferramentas ofimáticas: guía práctica para ou manexo dun procesador de textos, unha base de datos e unha folla de cálculo"; 1ª ed.; [Vigo]: Ideaspropias, D. L. 2009
- Craig W. Holden; "Excel modeling in corporate finance"; 5 th ed; Boston: Pearson, cop. 2015
- Miguel Redondo García; "Ilustración dixital"; 1 ed.; Madrid: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Área de Educación, 2016
Básicas e xenerais
- CG5: Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións.
- CB1: Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
- CT2: Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e da internet.
- CT5: Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
- CT7: Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultura da sociedade.
- CT8: Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
Específicas
- CE07: Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos computadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñería.
Para a adquisición por parte do alumno destas competencias adáptase o conxunto xeral de metodoloxías:
Leccións maxistrais participativas. Prácticas de aula informática. Utilización de encerados clásicos e dixitais. Utilización da aula virtual. Realización de presentacións mediante computador. Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/traballos do curso. Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos. Titorías individualizadas e colectivas. Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos. Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesión/sesións de discusión activa. Avaliación de competencias mediante exercicios de control.
Desenvolvemento, implementación e correspondencia coas actividades formativas:
Clases expositivas en formato de lección maxistral presencial ou virtual. Estas clases consistirán na explicación dos apartados do programa con apoio dunha presentación electrónica. Tamén se realizarán exercicios en común, facendo que os alumnos participen comentando e propoñendo pasos que leven á resolución dos mesmos. Os contidos dixitais utilizados serán postos ao dispor do alumnado a través da plataforma de campus virtual (que poden enlazar a contidos noutras plataformas da USC). Se a docencia pasa a formato virtual, realizarase a través da aplicación MS Teams. Na ficha da materia as clases expositivas teñen asignadas 15 horas.
Clases interactivas en formato de taller informático. Estas clases terán lugar nunha aula de informática presencial ou virtual. Na modalidade presencial, proporcionarase un computador a cada alumno. Na modalidade virtual, cada alumno deberá xa dispoñer dun propio. Nestas clases tratarase de resolver, individualmente ou por grupos, e guiados polo profesor, algunha das actividades oficiais propostas. Se é necesario para unha mellor comprensión dalgún concepto teórico exporanse novos exercicios para resolver. Por tanto, os contidos teóricos da materia impartiranse indistintamente nas clases expositivas e nas clases interactivas, segundo considérese oportuno polo tema ou o contexto. Os contidos dixitais utilizados serán postos ao dispor do alumnado a través da plataforma de campus virtual (que poden enlazar a contidos noutras plataformas da USC). Se a docencia pasa a formato virtual, realizarase a través da aplicación MS Teams. Na ficha da materia as clases interactivas teñen asignadas 45 horas.
As clases expositivas e interactivas impartiranse de maneira alternada ao longo do curso con obxecto de afianzar os conceptos impartidos. Utilizarán como recursos:
- Apuntamentos da materia, proporcionados polo profesor
- Enunciados dos exercicios e datos iniciais, proporcionados polo profesor
- Acceso ao campus virtual para acceder a materiais docentes, titorías virtuais ou foros de discusión
- Ferramentas de ofimática para tratamento de follas de cálculo e bases de datos
- Software específico a cada bloque temático
- Acceso ao material proposto na bibliografía a través da biblioteca da universidade
Na modalidade virtual o alumno debe asegurarse de dispoñer ademais de:
- Computador propio
- Acceso a través da aplicación MS Teams a clases e titorías
Actividades formativas. Ao longo do curso o alumno deberá resolver pola súa conta as actividades formativas oficiais segundo os coñecementos adquiridos ata o momento, en sesións de traballo non presencial. Estas inclúen solución de problemas propostos, traballos tutelados, análises de fontes documentais, creación de esquemas, e lecturas recomendadas. Algunhas delas terán carácter de entrega obrigatoria e outras, optativa. En calquera caso a resolución e entrega destas actividades considéranse esencial para alcanzar un resultado satisfactorio nesta materia.
Titorías. Este traballo persoal non presencial compleméntase con sesións de titoría, que servirán para resolver as dúbidas do alumnado en canto aos contidos da materia, a resolución de problemas e actividades propostas nas clases expositivas ou interactivas, así como a defensa e corrección das actividades formativas de sesións non presenciais. As titorías serán tanto presenciais como virtuais a través da plataforma de campus virtual, correo electrónico ou a aplicación MS Teams. O uso das titorías considérase fundamental para avaliar a aprendizaxe efectiva da materia por parte do alumno.
Correspondencia entre as actividades formativas e as competencias:
- Sesión maxistral, CG5 CB1 CB2 CB3 CB4 CB5 CT7 CT8 CE07
- Taller da materia, CG5 CB1 CB2 CB3 CB4 CB5 CT2 CT5 CT7 CE07
- Solución de problemas, CG5 CB1 CB2 CB3 CB4 CB5 CT2 CT5 CT7 CE07
- Traballos tutelados, CG5 CB1 CB2 CB3 CB4 CB5 CT2 CT5 CT7 CE07
- Análise de fontes documentais, CG5 CB1 CB2 CB3 CB4 CB5
- Esquemas, CG5 CB1 CB2 CB3 CB4 CB5
- Lecturas, CG5 CB1 CB2 CB3 CB4 CB5
- Proba obxectiva, CG5 CB1 CB2 CB3 CB4 CB5 CT2 CE07
- Proba de resposta múltiple, CG5 CB1 CB2 CB3 CB4 CB5 CT2 CE07
En todas as actividades presenciais e non presenciais trabállanse as competencias xerais (CG5) e básicas (CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5) da materia, en maior ou menor medida. Mediante sesións maxistrais trabállanse ademais as competencias transversais CT7, CT8 e a específica CE07. Nos talleres trabállanse as competencias transversais CT2, CT5 e CT7, así como a específica CE07. Coa solución de problemas e traballos tutelados simultaneamente trabállanse as competencias transversais CT2, CT5 e CT7, así como a específica CE07. Utilizamos as probas obxectivas e de resposta múltiple para traballar a competencia transversal CT2 e a específica CE07.
Como norma xeral para superar a materia o alumno deberá asistir ás clases presenciais, ter entregadas todas as actividades obrigatorias propostas, e aprobar por separado tanto a teoría como a práctica no exame final.
A asistencia é obrigatoria para as clases presenciais. Todo alumno que non asista ás clases expositivas ou interactivas, salvo causa xustificada segundo a normativa da Universidade, non poderá examinarse da materia na convocatoria ordinaria de primeira oportunidade. Si poderán facelo na convocatoria de segunda oportunidade, en xullo.
Como norma xeral o alumnado repetidor non está obrigado a asistir ás clases presenciais. O mesmo sucede cos alumnos que teñan concedida dispensa de asistencia a clase.
* Convocatoria de primeira oportunidade
Ao longo da materia proporanse boletíns de exercicios obrigatorios como actividades formativas para resolver de maneira non presencial, individualmente ou en grupo, pero que serán avaliados individualmente. Todo alumno que non os entregue antes da data límite non poderá examinarse da materia na convocatoria ordinaria de primeira oportunidade.
A avaliación da parte teórica da materia realizarase mediante un único exame de tipo test con axuda da plataforma virtual. As preguntas poderanse referir tanto aos contidos teóricos como aos prácticos. A avaliación da parte práctica realizarase usando o computador para a resolución de varios problemas similares aos examinados nas horas interactivas e mediante o uso do mesmo software xa utilizado. A duración media do exame final será de aproximadamente 4 horas en total. Avaliarase o grao de asimilación dos obxectivos docentes establecidos no programa da materia. Para superar o exame o alumno terá que demostrar un coñecemento superior ao 40% en ambos tipos de contido.
A nota final da materia virá dada pola avaliación dos exercicios obrigatorios propostos e a nota alcanzada no exame. Os boletíns de exercicios contarán ata un 40% e o exame ata o 60% restante. Neste último caso a parte teórica contará ata un 40% da nota final do exame e a parte práctica, ata un 60% da nota final do exame.
Terán unha avaliación de non presentado aqueles alumnos que non realicen o exame final.
Non se realizarán exames parciais durante o curso.
* Convocatoria de segunda oportunidade
Á marxe da avaliación continua e da asistencia ás clases presenciais, todos os alumnos teñen dereito a asistir ao exame final da convocatoria de segunda oportunidade. Neste caso non se avaliarán os boletíns de exercicios obrigatorios, e a avaliación estará relacionada directamente co seu rendemento nun exame final.
A avaliación da parte teórica da materia realizarase mediante un único exame de tipo test con axuda da plataforma virtual. As preguntas poderanse referir tanto aos contidos teóricos como aos prácticos. A avaliación da parte práctica realizarase usando o computador para a resolución de varios problemas similares aos examinados nas horas interactivas e mediante o uso do mesmo software xa utilizado. A duración media do exame final será de aproximadamente 4 horas en total. Avaliarase o grao de asimilación dos obxectivos docentes establecidos no programa da materia. Para superar o exame o alumno terá que demostrar un coñecemento superior ao 40% en ambos tipos de contido.
Relación entre o sistema de avaliación e as competencias avaliadas: A solución de problemas, traballos tutelados e avaliación de taller permiten avaliar as competencias básicas e xenerais CG5, CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5, así como a específica CE07. As probas obxectivas e de resposta múltiple sérvennos para avaliar a competencia transversal CT2 e a específica CE07.
A materia Informática Aplicada á Paisaxe ten asignados 6 créditos ECTS, que supoñen unha carga de traballo aproximada de 150 horas. Depende do alumno organizar o seu tempo de estudo de forma detallada, pero a recomendación xeral sería dedicarlle entre 6.5 e 7.5 horas por semana (onde van incluídas as 4 horas de clase presencial).
Docencia:
- Clases expositivas, 15 horas
- Clases interactivas, 45 horas
- Exame, 4 horas
Traballo persoal do alumno:
- Lectura e preparación de temas, 10 horas
- Solución de exercicios, 40 horas
- Traballos tutelados, 10 horas
- Preparación da proba de avaliación, 30 horas
A repartición de horas entre bloques temáticos non vai ser homoxéneo (ver sección de Contidos). O primeiro bloque desenvólvese integramente como clases expositivas, mentres que nos outros dous son maiormente interactivas. Por tanto, como recomendación:
- Primeiro bloque, 15 horas presenciais (clases expositivas) e 25 horas non presenciais (preparación de temas, boletíns de exercicios, traballos tutelados...)
- Segundo bloque, 15 horas presenciais (interactivas) e 25 horas non presenciais
- Terceiro bloque, 30 horas presenciais (interactivas) e 50 horas non presenciais
Dado de que emprega unha metodoloxía sostida na avaliación continua, é necesario un traballo continuado cos contidos da materia. É a forma que se previu para poder ir superando as distintas actividades de avaliación que se propoñen.
Tamén se considera importante aproveitar ao máximo as titorías para a resolución inmediata das dúbidas que xurdan, xa sexa nos contidos expositivos ou interactivos, ou nas actividades formativas das sesións non presenciais.
Martin Liz Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 982823207
- Correo electrónico
- martin.liz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | - | Seminario do Territorio (Pav.II-PSI) |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula de Informática 2 (Pav.II-PSI) |