Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

Sistemas de información xeográfica aplicada

  • 2024/2025
  • Créditos ECTS
    Créditos ECTS: 6

    Horas ECTS Criterios/Memorias
    Traballo do Alumno/a ECTS: 90
    Clase Expositiva: 30
    Clase Interactiva: 30
    Total: 150

    Linguas de uso
    Castelán, Galego

    Tipo:
    Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021

    Departamentos:
    Xeografía, Enxeñaría Agroforestal

    Áreas:
    Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

    Centro
    Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

    Convocatoria:
    Primeiro semestre

    Docencia:
    Con docencia

    Matrícula:
    Matriculable

    • Capacitar aos estudantes na utilización de ferramentas de interpretación, conceptuais e procedimentais, especialmente no referido á cartografía ecoxeográfica.

    • Capacitar aos estudantes no traballo con información espacial complexa e multivariable.

    • Capacitar aos estudantes para a utilización dos SIX na análise espacial e a planificación do territorio e da paisaxe.

    • Desenvolvemento de competencias na utilización de ferramentas SIX.

  • Servidores de mapas e fontes de datos para os SIX.

  • Bases de datos relacionais.

  • Análises e clasificacións espaciais e temáticas.

  • Análises estatísticas nun SIX.

  • Aplicacións SIX para paisaxe


  • Estes contidos desenvolveranse a través do seguinte programa teórico:

  • Tema 1. Análise do uso/cuberta do solo. O proxecto Corine Land Cover. Análise de cambios históricos (0,75 créditos).

  • Tema 2. O proxecto SIOSE e o Mapa Forestal de España. Modelo de datos e tipos de consultas (0,75 créditos).

  • Tema 3. Análise do terreo para a interpretación da paisaxe (0,75 créditos).

  • Tema 4. Difusión da información. Deseño e composición cartográfica para impresión. Servidores de mapas, estándares OGC e visores web (0,75 créditos).


  • Programa práctico:

  • Práctica 1. Análise de cambios de uso/cuberta con Corine Land Cover (0,75 créditos).

  • Práctica 2. Bases de datos relacionais: análise de datos SIOSE (0,75 créditos).

  • Práctica 3. Interpretación físico-humana da paisaxe (0,75 créditos).

  • Práctica 4. Difusión da información (0,75 créditos).

  • Olaya Ferrero, Víctor, 2014. Sistemas de Información Geográfica.

  • Longley, Paul A., Michael F. Goodchild, David J. Maguire e David W. Rhind, 2005. Geographic Information Systems and Science. Jonh Wiley & Sons.

  • Pérez Navarro, A. (coord.), 2011. Introducción a los sistemas de información geográfica y geotelemática. Editorial UOC, Barcelona.


  • Bibliografía complementaria:

  • Heywood, Ian, Sarah Cornelius e Steve Carter, 2011. An Introduction to Geographical Information Systems (4a ed.). Pearson Education Limited.

  • Longley, Paul A., Michael F. Goodchild, David J. Maguire e David W. Rhind (eds.), 2011. Geographic Information Systems and Science. Principles, Techniques, Applications and Management (2a ed.). Jonh Wiley & Sons.

  • Moreno Jiménez, A., Buzai, G., Fuenzalida Díaz, M. (Coords.), 2017. Sistemas de información geográfica : aplicaciones en diagnósticos territoriales y decisiones geoambientales. Ed. Ra-Ma, Madrid.

  • Cullum, C., Brierley, G., Perry, G. L., & Witkowski, E. T. (2017). Landscape archetypes for ecological classification and mapping: the virtue of vagueness. <em>Progress in Physical Geography</em> 41(1), 95-123. DOI: 10.1177/0309133316671103.

  • Leccións maxistrais participativas (competencias CG2, CG5, CG6, CB1, CT1, CE58)

  • Prácticas de aula informática (competencias CB2, CB3, CB4, CB5, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CE58, CE59)


  • A totalidade da docencia, tanto expositiva como interactiva, será presencial e de acordo co horario oficial.
    As metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:

  • Utilización da aula virtual (Moodle)

  • Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e proxectos

  • Titorías individualizadas e colectivas

  • Traballo autónomo e estudio independente dos alumnos

  • Avaliación de competencias mediante exercicios de control.

  • Avaliación continua consistente na resolución de exercicios prácticos ao longo do curso. En caso de non ser superada en 1ª oportunidade, esta poderá ser substituída por unha proba práctica na 2ª oportunidade de avaliación. Suporá o 50% da cualificación final.

  • Proba escrita complementaria da avaliación continua ou, no seu caso, da proba práctica. Suporá o 50% restante da cualificación final.


  • Será necesario acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en ambas compoñentes da avaliación e 5 puntos sobre 10 no conxunto da materia para que esta se considere superada. Os estudantes que teñan superado (4/10) unha das dúas compoñentes da avaliación na primeira oportunidade non terán que repetila na segunda oportunidade. No caso de alumnos repetidores que teñan superada unha das partes conservarase a puntuación acadada nesa parte durante un novo curso académico, pero ofrecerase a posibilidade de repetir a avaliación se así o prefire.
    A proba escrita avaliará as competencias CG2, CG5, CG6, CB1, CT1, CE58.
    A avaliación continua ou, no seu caso, a proba práctica, avaliarán as competencias CB2, CB3, CB4, CB5, CT2, CT6, CE58, CE59.
    En caso de dispensa oficial, examinarase ao alumno cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
    Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.

  • 1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro
    Luns
    18:00-20:00 Grupo /CLE_01 Galego Seminario do Territorio (Pav.II-PSI)
    Martes
    18:00-20:00 Grupo /CLE_01 Galego Seminario do Territorio (Pav.II-PSI)