Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 34 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Esta materia ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado habilidades de razoamento espacial, así como ferramentas de expresión gráfica acordes coas novas tecnoloxías da información e coñecementos básicos sobre Normalización neste eido, que lle faciliten as operacións de deseño e representación de obxectos tridimensionais relacionados coa súa futura actividade profesional. Hai que dotar ao alumno/a, futuro/a enxeñeiro/a, dos coñecementos prácticos que lle permitan entenderse e expresarse nunha linguaxe gráfica, común ás distintas profesións técnicas.
Así, os contidos da materia de "Expresión Gráfica na Enxeñaría I" responden a unha meta primordial, que se formula con respecto a esta materia e ao seu bloque formativo: a de conseguir que o alumnado, ao finalizar os seus estudos, sexa capaz de elaborar e xestionar a documentación gráfica necesaria para a redacción dun proxecto da súa especialidade. Neste caso, e de acordo co recollido na Memoria da titulación, os resultados da aprendizaxe nesta materia deben contemplar tamén o adestramento básico na utilización dalgún programa de CAD.
Polo tanto os obxectivos que se perseguen son que o alumnado acade:
- Coñecemento do contexto, utilidade e fundamentos da linguaxe gráfica e técnica
- Coñecemento e capacidade de aplicación das normas fundamentais do debuxo técnico.
- Capacidade para o debuxo a man alzada de croquis e perspectivas
- Capacidade para interpretar e redactar a documentación gráfica básica dun proxecto da especialidade.
Para chegar a alcanzar estes obxectivos é necesario que o alumnado traballe as seguintes destrezas e habilidades, tanto de tipo xenérico (que deberan ser comúns e transversais a todas as materias) como específico:
XENÉRICAS:
a) Capacidade para a análise e a síntese.
b) Capacidade para aprender.
c) Capacidade para resolver problemas.
d) Capacidade para aplicar o coñecemento na práctica.
e) Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
f) Capacidade para a toma de decisións.
g) Capacidade para o traballo autónomo, xa sexa en grupo ou individualmente.
ESPECÍFICAS:
De tipo informativo:
a) O coñecemento racional e dedutivo dos fundamentos da Xeometría que permitan resolver os problemas de trazados xeométricos planos de uso habitual nos debuxos da especialidade.
b) O coñecemento aplicado dos principais Sistemas de Representación, dos seus fundamentos e técnicas, con especial dedicación aos Sistemas Diédrico e Axonométrico.
c) O coñecemento básico da Normalización en xeral e das normas de aplicación ao Debuxo Técnico no ámbito profesional da enxeñaría.
d) O coñecemento estruturado dun programa universal de CAD como ferramenta rápida e precisa para resolver os problemas de trazados xeométricos de uso habitual nos debuxos da especialidade, para a resolución de problemas espaciais e para a confección de bases documentais no ámbito das enxeñarías.
e) O coñecemento da estruturación da documentación gráfica dun proxecto de enxeñaría.
De tipo formativo:
a) A adquisición e fortalecemento de visión e comprensión espacial.
b) A adquisición de destreza no manexo das ferramentas informáticas aplicadas á expresión gráfica, co fin de obter unha boa representación da realidade.
c) A adquisición de capacidade para a interpretación de calquera dos principais Sistemas de Representación, e para facer representacións nos Sistemas Diédrico e Axonométrico empregando as novas tecnoloxías.
d) A adquisición de capacidade de análise e resolución de problemas gráficos.
e) A adquisición de destreza no manexo dos instrumentos de debuxo e precisión e de hábitos de pulcritude, co fin de obter unha boa calidade dos trazados.
f) A utilización do debuxo a man alzada como instrumento de análise espacial.
Todo isto concorda co recollido na Orde Ministerial CIN/351/2009, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, que establece literalmente que o alumnado, na súa formación, debe adquirir “capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computadora”.
A Memoria do Título contempla para esta materia os seguintes contidos:
TEÓRICOS:
- Introdución á Enxeñaría Gráfica.
- Sistemas de Representación.
- Normalización do Debuxo Técnico.
- Introdución ao Debuxo Asistido por Computadora.
PRÁCTICOS:
- Prácticas de Sistemas de Representación.
- Prácticas de Debuxo Asistido por Computadora.
Estes contidos teóricos e prácticos vanse desenvolver ao longo do semestre a través dos seguintes bloques e temas, coa distribución temporal que se sinala (tendo en conta que a materia se reparte en 14 horas expositivas, 4 de seminario e 30 interactivas):
BLOQUE I – INTRODUCIÓN Á ENXEÑARÍA GRÁFICA (1 hora expositiva)
1.- Linguaxe gráfica e enxeñaría
BLOQUE II – XEOMETRÍA DESCRITIVA BÁSICA (10 horas expositivas + 3 horas seminarios)
2.- Sistema Diédrico: Fundamentos
3.- Sistema Diédrico: Obtención de vistas auxiliares mediante cambios de plano
4.- Sistema Diédrico: Medición e obtención de verdadeiras magnitudes mediante xiros e abatementos
5.- Sistema Diédrico: Problemas básicos de interseccións, paralelismo e perpendicularidade
6.- Sistema Axonométrico
BLOQUE III – NORMALIZACIÓN DA REPRESENTACIÓN (3 horas expositivas + 1 hora seminario)
7.- Normalización do Debuxo Técnico
8.- A Normalización da Representación: Vistas ortogonais
9.- Seccións
10.- Acoutamento
BLOQUE IV – MANEXO BÁSICO DUN PROGRAMA DE DEBUXO CON COMPUTADORA (30 horas interactivas)
11.- Interface, introdución de comandos e datos
12.- Presentacións, textos e escalas
13.- Comandos de debuxo
14.- Comandos de modificación e consulta
15.- Acoutamento
16.- Manexo de imaxes
17.- Grupos, bloques e atributos
18.- Execución de planos e trazado
19.- Introdución ao modelado 3D
20.- Obtención de vistas e seccións
Bibliografía básica:
Bertrán Guasp, J. Geometría Descriptiva I: Sistema Diédrico Directo. Donostiarra. S. Sebastián, 1995
Collado Sánchez-Capuchino, V. Dibujo Técnico (Expresión Gráfica de la Ingeniería). Tébar Flores. Albacete, 1996
Félez, J. e outros. Fundamentos de Ingeniería Gráfica. Síntesis. Madrid, 1996
Izquierdo Asensi, E. Ejercicios de Geometría Descriptiva I (Diédrico). Dossat. Madrid, 1992
Izquierdo Asensi, E. Ejercicios de Geometría Descriptiva II (Acotado y Axonométrico). Paraninfo. Madrid, 1994
Reyes Rodríguez A.M. AutoCAD 2021 (Manual imprescindible). Anaya Multimedia. 2021
Bibliografía de consulta (complementaria):
Bertoline, G.R. et al. Engineering and Graphics Communication. Irwin. Chicago,1995
Félez, J.; Martínez, M.L. Dibujo Industrial. Síntesis. Madrid, 1996
Gimenez Peris, V. Diédrico Directo Tomo I: Teoría y 190 ejercicios de aplicación. Editor Autor. Madrid, 2007
Montaño de la Cruz, F. AutoCAD 2020. Guía Práctica. Anaya Multimedia. 2019
Reyes Rodríguez A.M.; Montaño de la Cruz, F. AutoCAD Práctico: 130 ejercicios definitivos. Anaya Multimedia. 2012
Rodríguez De Abajo, F.J. Geometría Descriptiva II: Sistema de Planos Acotados. Donostiarra. San Sebastián, 1982
Speck, H. J. e Vieira Peixoto. Manual básico de desenho técnico. Florianápolis, Brasil, 2004.
Para o desenvolvemento da materia, o Centro tamén proporcionará ao alumnado diferentes recursos, entre os que cabe destacar as licencias de software do programa de CAD (AutoCAD) co correspondente hardware.
Asimesmo, o alumnado contará ao inicio de cada sesión práctica cos exercicios a desenvolver na mesma, cun guión detallado dos pasos a seguir no caso das clases interactivas de laboratorio, a desenvolver nas aulas de informática do Centro.
Nesta materia o alumnado adquirirá e practicará as seguintes competencias básica, xeral, específica e transversais, que aparecen dentro do cadro de competencias que se deseñou para o conxunto da titulación e que aparecen na Memoria verificada do título, e que como xa se apuntou, concorda co recollido na Orde Ministerial CIN/351/2009, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial:
Competencia básica:
CB4: Que os estudantes saiban transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencia xeral:
CG3: Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías e os dote de versatilidade para adaptarse ás novas situacións.
Competencia específica:
CE5: Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computadora.
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
CT10: Capacidade para a resolución de problemas.
CT12: Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
CT14: Demostrar razoamento crítico.
A metodoloxía e actividades a desenvolver na materia de "Expresión Gráfica na Enxeñaría I" adáptanse ás esixencias do Espazo Europeo de Educación Superior. Neste sentido, a distribución entre as diferentes actividades dos 6 ECTS desta materia que se presenta a continuación (con 150 horas de dedicación total) amosa como o traballo autónomo do alumnado convértese en boa medida no protagonista da súa aprendizaxe:
- Clases expositivas = 14 horas presenciais (+ 21 horas de traballo autónomo = 35)
- Clases de seminario = 4 horas presenciais (+ 6 horas de traballo autónomo = 10)
- Clases interactivas = 30 horas presenciais (+ 45 horas de traballo autónomo = 75)
- Titorías en grupo = 3 horas presenciais (+ 6 horas de traballo autónomo = 9)
- Titorías libres = 2 horas presenciais
- Exames = 6 horas presenciais (+ 12 de traballo autónomo = 18)
- Revisión de exames = 1 hora presencial
Totais: 60 horas presenciais + 90 horas de traballo autónomo = 150 horas
Aparece pois un factor que expresa a relación entre a presencialidade e o traballo autónomo do estudantado que requiren as actividades mencionadas. Así, por cada hora presencial nas clases, o alumnado deberá dedicar polo menos unha e media, fora das aulas, a completar os apuntamentos correspondentes aos diferentes temas tratados, a rematar as prácticas iniciadas ou a aplicar o aprendido a novas situacións.
Deste xeito, a metodoloxía empregada nesta materia obedece a unha serie de actividades que, polo seu carácter participativo, se adaptan ao sistema proposto no EEES, co claro protagonismo do traballo autónomo do alumnado antes mencionado.
Concretamente, a docencia da materia baséase nas seguintes actividades, traballando en todas elas as competencias básica, xeral e específica CB4, CG3 e CE5, e tamén as transversais CT1, CT2, CT10, CT12 e CT14 recollidas nesta Guía:
- Clases expositivas ou maxistrais en grupo único, onde na maior parte do tempo farase a exposición ordenada e razoada dos contidos de cada un dos temas dos tres primeiros bloques da materia.
- Seminarios en grupo único para afrontar aqueles temas de maior dificultade conceptual cun enfoque máis práctico, a través da realización de exercicios que faciliten a súa asimilación.
- Clases interactivas de laboratorio ou prácticas con computadora en grupos cun máximo de 20 persoas, impartidas nas aulas de informática, para resolver exercicios relacionados cos diferentes contidos da materia, especialmente do cuarto bloque (aínda que os exercicios propostos tamén gardarán relación cos outros tres bloques temáticos).
- Titorías en grupo cun máximo de 10 persoas, realizadas tamén na aula da clase ou na de informática para tratar asuntos relacionados coa materia que requiran dunha maior atención personalizada.
- Titorías libres atendidas no despacho do profesor, na aula se son de xeito colectivo, ou a través do Curso aberto da materia no Campus Virtual da USC, para tratar de resolver todas as dúbidas que sobre a materia vaian xurdindo ao longo do curso.
- Exame dos contidos e da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos (dividido en dúas partes, segundo os bloques).
- Revisións voluntarias (e recomendadas) dos exercicios de exame.
- Apoio na rede cun Curso aberto para esta materia no Campus Virtual da USC.
O debuxo é un xeito fundamental de expresión para o enxeñeiro e os contidos abordados nesta materia constitúen unha potente ferramenta de traballo neste sentido. Polo tanto, a cualificación do alumnado debera reflectir o nivel adquirido na formación necesaria para a súa correcta utilización e presentación.
Así, en todos os exercicios, xa sexan de Prácticas ou de Exame, valoraranse dous aspectos:
1º.- Os coñecementos, a capacidade de resolución e a visión espacial.
2º.- A precisión, a lexibilidade e a pulcritude na resolución e presentación do exercicio.
Deste xeito, a cualificación obtida na corrección do procedemento e resultados dun exercicio, poderá ser rebaixada ata un 30% por mala calidade da presentación ou por pouca precisión no debuxo.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado, e polo tanto a forma de medir se adquiriu as competencias básica, xeral e específica marcadas para esta materia, basearase nun proceso de avaliación continua que levará aparellado un sistema de seguimento e exame final (obrigatorio e complementario a ese seguimento, de carácter eminentemente práctico e coa posible utilización de material de apoio na súa segunda parte) ao longo do curso. A continuación expóñense as súas principais características:
AVALIACIÓN EN PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para a cualificación final da materia, terase en conta:
PRACTICAS ENTREGADAS (P): a presentación do conxunto dos exercicios das prácticas que se propoñan, que suporán en conxunto un 30% da nota final da materia.
O profesor recibirá os envíos destes exercicios a través do Campus Virtual no tempo e forma que se determinen. A puntuación dos exercicios en branco ou non enviados será 0.
EXAME FINAL (E):
Ao rematar o primeiro semestre, na data oficial fixada polo Centro, realizarase unha proba ou exame final cunha achega do 70% da nota final da materia.
Todo o alumnado deberá realizar obrigatoriamente esta proba final, que forma parte da avaliación continua da materia.
O exame terá dúas partes diferenciadas, unha correspondente aos bloques 1, 2 e 3 da materia (cualificación E1, con puntuación máxima de 5 puntos) e outra correspondente ao bloque 4 (cualificación E2, con puntuación máxima de 5 puntos), de tal xeito que a nota do exame será: E = E1 + E2.
Para aprobar o exame, hai que ter máis de 5 puntos, pero en ambas partes se deben superar os 2 puntos para que se poda facer a suma. Se non se dá esta situación, a materia estaría suspensa.
Cando se cumpra esa condición de ter máis de 2 puntos en cada parte do exame, independentemente de que se chegue ou non ao 5, xa se pode ter en conta a nota das prácticas, obtendo a seguinte cualificación final: CF = 0,30xP + 0,70xE.
Se o resultado é superior a 5, a materia considerarase aprobada. No caso de ser o resultado menor que 5 o alumno deberá de asistir ao examen oficial en segunda oportunidade na data fixada polo centro.
AVALICIACIÓN EN SEGUNDA OPORTUNIDADE:
No caso de non aprobar a materia na primeira oportunidade o alumnado realizará un novo exame de recuperación de toda a materia, ou no caso de ter aprobada algunha das partes do exame (E1 ou E2 con máis de 2,5 puntos), só da parte suspensa, estando a cualificación final suxeita ás mesmas condicións sinaladas anteriormente.
A superación da materia en 2ª oportunidade require acadar 5 puntos sobre 10, tendo en conta que o exame supón un 70% da nota, e a realización e entrega dos exercicios das prácticas de clase un 30%. En calquera caso, inicialmente é imprescindible sacar como mínimo 2 puntos sobre 5 nas dúas partes do exame da materia para poder ter en conta o outro criterio de avaliación.
Todas estas compoñentes servirán para avaliar conxuntamente as competencias CG3 e CE5 relacionadas con esta materia. En canto ás competencias básica (CB4) e transversais (CT1, CT2, CT10, CT12 e CT14) recollidas nesta Guía, serán traballadas ao longo do desenvolvemento docente da materia, sen ser sometidas a un proceso de avaliación específico para comprobar a súa consecución.
ALUMNOS REPETIDORES
No caso do alumnado non matriculado por primeira vez na materia por non tela superada previamente, se ten feitos e entregados os exercicios das prácticas, só terá que facer o exame final, e neste caso, terá que aprobalo cunha nota final superior a 5, obtendo máis de 2 puntos sobre os 5 de cada parte (na súa primeira ou segunda oportunidade).
Se non ten feitas e entregadas as prácticas, tería que facelas, sendo os criterios de avaliación empregados os dos matriculados por primeira vez. No caso de que o alumno tivera as prácticas entregadas poderá elexir entre, entregalas todas de novo no curso actual ou manter a nota das prácticas realizadas con anterioridade. A nota das prácticas empregada para calcular a nota final de cada alumno será a das prácticas entregadas no curso actual.
ASISTENCIA
Todas as clases teñen “carácter obrigatorio” e polo tanto, levarase un control estrito de asistencia. De non constar unha asistencia igual ou superior ao 80%, o alumnado nesas circunstancias non contará coa puntuación do 30% da parte práctica, polo que para superar a asignatura, o alumno nestas circunstancias realizará o exame final na convocatoria correspondente, obtendo como máximo una puntuación de 7 puntos sobre 10, e situándose o aprobado en 5 puntos sobre 7.
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que teña concedida unha dispensa de asistencia será avaliado tendo só en conta a nota do exame final, que terá que aprobar cunha nota superior a 5, obtendo máis de 2 puntos sobre os 5 de cada parte (na súa primeira ou segunda oportunidade). En calquera caso, daráselle a posibilidade de que vaia facendo as prácticas propostas pola súa conta, co apoio das titorías, para un posterior envío e corrección por parte do profesor. Este traballo autónomo podería axudar a mellorar a nota final do alumnado nestas circunstancias ata un máximo de 1 punto sobre 10.
FRAUDE ACADÉMICO
Ante a realización fraudulenta destes exercicios e probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
EXAMES PARCIAIS
No caso de que se acorde celebrar un examen parcial ao longo do curso, este non é de obligatoria realización para os alumnos. Aos exames parciais so se poderán presentar aqueles alumnos que conten no momento da realización do mesmo unha asistencia ás aulas maior ou igual ao 80% das mesmas. Se un alumno suspende o exame parcial (nota menor a 5 puntos sobre 10) poderá realizar de novo a examinación desa parte no exame oficial correspondente. No caso de que un alumno supere o parcial (nota maior ou igual a 5 puntos sobre 10), terá a opción de conservar a súa nota ou presentarse de novo na data oficial para subir a sua puntuación, neste último caso conservarase a nota do examen final oficial para calcular a nota final do alumno, independientemente de si é maior ou menor.
Co sistema de créditos ECTS, aparte da asistencia ás clases expositivas (14 horas ao longo do semestre, 1 ou 2 por semana), aos seminarios (4 horas ao longo do semestre, 1 hora en catro semanas), ás clases interactivas (30 horas ao longo do semestre, con sesións de 3 horas en dez semanas), ás titorías en grupo (3 horas en todo o semestre, 1 hora en tres semanas) e ás titorías individuais (as veces que desexe ao longo do curso), o alumnado deberá dedicarlle ao "asentamento" do aprendido e á resolución dos exercicios das prácticas e doutros fora da clase, unha media de 5 ou 6 horas semanais. Deste xeito, as horas dedicadas á materia axustaríanse, máis ou menos, ao previsto:
6 créditos ECTS x 25 horas crédito = 150 horas de dedicación
14 horas expositivas + 4 horas de seminario + 30 horas interactivas + 3 horas de titorías en grupo = 51 horas
Outras horas presenciais de carácter obrigatorio = 6 horas (exame)
150 - 51 - 6 = 93 horas de traballo autónomo
93 horas / 15 semanas do semestre = 6 horas por semana
Aínda que a adquisición da visión espacial e da destreza na representación gráfica, incluso co emprego de ferramentas informáticas, poden ter unha compoñente inherente á persoa que facilite a súa aprendizaxe, o certo é que ambas habilidades requiren dun traballo constante para que poidan ser desenvoltas con garantía de éxito na consecución dos obxectivos marcados nesta materia.
É importante a asistencia a todas as clases da materia, presenciais ou virtuais se fose o caso, como instrumento para fortalecer a aprendizaxe do alumnado. Nelas vai desenvolver o aprendido e vai ser consciente do nivel que vai adquirindo e das súas limitacións, sempre coa axuda e o apoio do profesor. Co complemento das titorías, en grupo e individuais, superará calquera dificultade que se lle poda presentar.
En calquera caso, non se trata de memorizar definicións e procedementos, senon de resolver problemas relacionados coa titulación, empregando para elo as ferramentas que nos proporciona esta materia. E estas habilidades, que poden resultar máis doadas para unhas persoas que para outras como xa se apuntou, adquírense coa práctica e o traballo constante e persoal ao longo do curso.
Para a resolución dos exercicios prácticos en papel, na aula de debuxo ou de xeito autónomo, o alumnado precisará o seguinte material de debuxo:
- Portaminas clásico (2 mm) ou retráctil (0,5 mm) con mina media (F ou HB).
- Compás articulado, con rosca e minas da mesma dureza que o portaminas.
- Afíaminas (para as minas de 2mm) e rasqueta ou lixa (para a mina do compás).
- Goma de borrar lapis, branca e con forro.
- Escuadra e cartabón de 25 ou 30 cm, sen bisel nin graduación.
- Escalímetro (como mínimo coas escalas 1:100, 1:200, 1:250, 1:300, 1:400 e 1:500).
- Cinta adhesiva transparente normal.
A profesora indicará cunha marxe de tempo suficiente, a necesidade de dispoñer deste material en aula.
A materia será impartida en castelán.
Adriana Conde Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Correo electrónico
- adriana.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 3 |
| 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | AULA INFORMÁTICA 3 |
| Xoves | ||
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 3 |
| 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_02 | AULA INFORMÁTICA 3 |
| 23.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
| 23.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 1 |
| 23.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 2 |
| 23.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 3 |
| 21.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
| 21.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 1 |
| 21.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 2 |
| 21.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA INFORMÁTICA 3 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CONDE FERNANDEZ, ADRIANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CONDE FERNANDEZ, ADRIANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CONDE FERNANDEZ, ADRIANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CONDE FERNANDEZ, ADRIANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CONDE FERNANDEZ, ADRIANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CONDE FERNANDEZ, ADRIANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CONDE FERNANDEZ, ADRIANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CONDE FERNANDEZ, ADRIANA | Castelán |