Créditos ECTS Créditos ECTS: 30
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 728 Horas de Titorías: 15.5 Clase Interactiva: 6.5 Total: 750
Linguas de docencia Alemán (100%)
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Ao longo dos dous anos de duración deste mestrado, os alumnos deben acadar unha serie de obxectivos e competencias, dos que se vai amosar o nivel alcanzado grazas á realización do Traballo fin de Mestrado. Entre os principais obxectivos destacan:
• Desenvolver unha hipótese de investigación na que se dea conta das capacidades necesarias (busca de información, manexo dos recursos pertinentes…).
• Conceptualizar, deseñar e elaborar ferramentas e materiais lexicográficos nunha sociedade multicultural e multinacional.
• Aplicar os coñecementos adquiridos en materias previas.
• Concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica e ser capaces de comunicar as súas conclusións.
• Empregar unha metodoloxía axeitada aos contidos.
• Elaborar unha conclusión na que se destaque a novidade do traballo desenvolto.
• Utilizar o rexistro lingüístico axeitado ao contexto académico, tanto a nivel escrito coma oral, na defensa do TFM perante a Comisión avaliadora. As linguas de redacción son o inglés ou o alemán.
Os contidos, en estreita relación coa temática do mestrado, estarán determinados polo tema, área e proxecto de investigación seleccionado polo estudante e o seu titor.
O TFM ofrécelle ao estudante a posibilidade de elixir con flexibilidade tema e titor, dada a variada traxectoria académica e investigadora dos docentes que forman parte do título.
Atendendo ó tema do TFM, o alumnado recibirá unha listaxe bibliográfica adecuada á temática elixida.
Competencias básicas e xerais: CG1, CG2, CB7, CB8, CB9, CB10
Competencias transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5
Competencias específicas: CE1, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE10
O estudante manterá reunións periódicas co seu titor. Nelas discutirán o tema do proxecto e a estrutura do mesmo, intercambiarán bibliografía e revisarán a evolución do traballo de investigación.
1. Oportunidade:
Na cualificación terase en conta o informe de seguimento do titor, ademais do contido e presentación do traballo formal (80% da cualificación total) e da defensa oral do traballo xunto coa capacidade do alumno para dar resposta ás intervencións dos membros do tribunal (20% da cualificación total).
Valoraranse, en especial, os aspectos seguintes:
- A fundamentación teórica do TFM
- O rigor científico e metodolóxico da investigación presentada
- A capacidade crítica sobre a investigación
- A presentación escrita
- A defensa oral do traballo
2. Oportunidade:
Os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta do traballo será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O traballo fin de mestrado corresponde a 30 créditos.
• A identificación dun plaxio no interior do TFM conduce á descualificación inmediata. Entendese por plaxio a apropiación de ideas, da metodoloxía ou mesmo de citas literais que se presenten sen facer referencia ao autor correspondente.
• O alumnado poderá presentar o traballo, só se ten superado o resto dos créditos establecidos no programa.
Maria Jose Dominguez Vazquez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811834
- Correo electrónico
- majo.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Alvarez De La Granja
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811786
- Correo electrónico
- maria.alvarez.delagranja [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA | Alemán |
| DOMINGUEZ VAZQUEZ, MARIA JOSE | Alemán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA | Alemán |
| DOMINGUEZ VAZQUEZ, MARIA JOSE | Alemán |