Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A asignatura Ensino en rede organízase como un bloque de unidades docentes sobre métodos de investigación e recursos historiográficos en Internet que se cursan a distancia, empregando o campus virtual, o foro de debate entre os alumnos e outras ferramentas telemáticas, coa axuda dun tutor, profesor de unha das Universidades participantes no Máster.
O campus virtual forma parte do módulo I e ofrece a posibilidade de traballar en grupos con alumnos procedentes das oito universidades participantes. Esta ferramenta tamén mellora o contacto co profesorado, facilita a distribución de materiais e a entrega de traballos, sendo unha fiestra para achegarse á historia na rede.
Análisis crítico de páxinas web vinculadas ao ámbito da Historia, especialmente na súa etapa contemporánea.
Elaboración dun proxecto de investigación, semellante aos que se presentan ás convocatorias públicas.
Debate con outros alumnos a través da ferramenta virtual organizada en torno a un foro.
Máis en concreto, son catro as unidades fundamentais:
1. Teoría e métodos da Historia Contemporánea
2. A documentación e o debate na Historia Contemporánea
3. O traballo de investigación na Historia Contemporánea
4. Preparación para o ciclo de conferencias
A bibliografía será indicada por cada un dos titores de cada grupo, en función dos temas elexidos para a discusión en rede e segundo cal sexa o ámbito do proxecto de investigación de cada un dos alumnos.
- Realizar pesquisas bibliográficas selectivas
- Expoñer en síntesis e nun foro web un tema académico
- Analizar criticamente e debater sobre temas históricos e políticos
- Tratar de forma eficiente as diferentes categorías de fontes históricas
Cada espazo docente conta con un conxunto de ferramentas que facilitan a súa xestión, a publicación de contidos e a comunicación entre os usuarios membros (xa sexan alumnos ou docentes).
A cualificación será o resultado de ponderar a participación nos debates (no foro), a claridade na exposición e o proxecto de investigación diseñado.
Horas totais estimadas de traballo do estudiante: 125
- Horas de búsquedas na web: 25
- Horas de lecturas de fontes primarias e secundarias: 70
- Horas de redacción de traballos e debate en rede: 30
Os alumnos que o desexen poden ampliar a información sobre o curso na dirección xeral do Máster http://www.uam.es/departamentos/filoyletras/hcontemp/posgrado/estudios…
Existe unha guía específica para alumnos na que se explican as características básicas, o modo de funcionamento e o acceso ao campus virtual e pódese consultar na dirección xeral do Máster: http://www.uam.es/departamentos/filoyletras/hcontemp/posgrado/Guias/gui…
PLAN DE CONTINXENCIA
Non é preciso realizar especificacións por tratarse dunha materia que se realiza on - line e a través da titorización por correo electrónico.
Jose Ramon Veiga Alonso
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982821031
- Correo electrónico
- xoseramon.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniel Lanero Taboas
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812593
- Correo electrónico
- daniel.lanero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade