Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Asimilar os principais conceitos e métodos de análise para pescudar os nacionalismos e as identidades nacionais en xeral.
Análise da xénese, natureza e evolución dos nacionalismos ibéricos, ben como a dinámica das identidades territoriais na península ibérica durante os séculos XIX e XX.
1. O estudo dos nacionalismos e das identidades nacionais: teorías e métodos
1.1. Tipoloxías básicas e focaxes recentes
2. O caso español: identidades hispánicas na Era Moderna
3. Revolución liberal e nacemento do nacionalismo español contemporáneo.
4. A construción do Estado-nación español no século XIX
4.1. Sobre o proceso de creación da identidade española
4.2. Nación e imperio
4.3. Tendencias do discurso nacionalista español.
4.3. Identidades locais, provinciais e rexionais. O nacemento dos rexionalismos.
5. A evolución da cuestión nacional no primeiro terzo do século XX.
5.1. O nacionalismo español após 1898: continuidades e mudanzas.
5.2. As dimensións simbólicas da identidade española.
5.2. O desenvolvemento do catalanismo.
5.3. O nacionalismo basco.
5.4. O galeguismo político.
6. Guerra civil, guerra de nacións (1936-39).
7. Franquismo e identidades nacionais.
7.1. A evolución do discurso nacionalista español
7.2. As peculiaridades da nacionalización autoritaria
7.3. Supervivencia e mutacións nos nacionalismos subestatais.
8. A cuestión nacional na España democrática.
8.1. A cuestión nacional na transición.
8.2. Xénese e evolución do Estado das Autonomías.
8.3. Os nacionalismos subestatais e os neorrexionalismos autonómicos.
8.4. As brigas simbólicas e culturais entre as identidades nacionais.
8.5. Balanzo: Nación e identidade na España do século XXI.
AJA, E., El Estado Autonómico. Federalismo y hechos diferenciales, Madrid: Alianza, 1999.
—Estado autonómico y reforma federal, Madrid: Alianza, 2014.
ÁLVAREZ JUNCO, J. , Mater Dolorosa. La idea de España en el siglo XIX, Madrid: Taurus, 2001.
AMAT, J., El llarg procés: Cultura i política a la Catalunya contemporània (1937-2014), Barcelona: Tusquets, 2015.
ANDREU, X., El descubrimiento de España. Mito romántico e identidad nacional, Madrid: Taurus, 2016.
ARCHILÉS, F., e SAZ, I. (eds.), Naciones y Estado: la cuestión española, Valencia: PUV, 2014.
BASTIDA, X., La nación española y el nacionalismo constitucional, Barcelona: Ariel 1998.
BERAMENDI, J. G., e NÚÑEZ SEIXAS, X. M., O nacionalismo galego, Vigo: A Nosa Terra, 1996 (2ª ed.).
BOTTI, A., Cielo y dinero. El nacionalcatolicismo en España. 1881-1975, Madrid, Alianza, 1992.
CASQUETE, J., En el nombre de Euskal Herria. La religión política del nacionalismo vasco radical, Madrid: Tecnos, 2009.
CLARET, J., e SANTIRSO, M., La construcción del catalanismo: historia de un afán político, Madrid: Catarata, 2014.
CORCUERA ATIENZA, J., La patria de los vascos: Orígenes, ideología y organización del nacionalismo vasco (1876-1903), Madrid: Taurus, 2001.
ESTEBAN DE VEGA, M., e DE LA CALLE VELASCO, D. (eds.), Procesos de nacionalización en la España contemporánea, Salamanca: Universidad de Salamanca, 2010.
FERNÁNDEZ SOLDEVILLA, G., La voluntad del gudari. Génesis y metástasis de la violencia de ETA, Madrid: Tecnos, 2016.
FORTI, S., GONZÁLEZ I VILALTA, A., e UCELAY-DA CAL, E. (eds.), El proceso separatista en Cataluña: análisis de un pasado reciente (2006-2017), Granada: Comares, 2017.
FRADERA, J. M., Cultura nacional en una sociedad dividida: Cataluña, 1838-1868, Madrid: Marcial Pons, 2003.
—La nación imperial, Barcelona: Edhasa, 2016, 2 vols.
GRANJA, J. L., Nacionalismo y II República en el País Vasco, Madrid: Siglo XXI, 2008.
MEES, L. (ed.), La celebración de la nación: Mitos, símbolos y lugares de memoria, Granadda: Comares, 2012.
MICHONNEAU, S., e NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (eds.), Imaginarios y representaciones de España durante el franquismo, Madrid: Casa de Velázquez, 2014.
MOLINA APARICIO, F., La tierra del martirio español. El País Vasco y España en el siglo del nacionalismo, Madrid: CEPC, 2005.
MORENO, L., La federalización de España. Poder político y territorio, Madrid: Siglo XXI, 2008 (2ª ed.).
MORENO LUZÓN, J., e NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (eds.), Ser españoles. Imaginarios nacionalistas en el siglo XX, Barcelona: RBA, 2013.
—Los colores de la patria. Símbolos nacionales en la España contemporánea, Madrid: Tecnos.
NÚÑEZ SEIXAS, X. M., Historiographical Approaches to Nationalism in Spain, Saarbrücken/Fort Lauderdale: Breitenbach, 1993.
—¡Fuera el invasor! Nacionalismo y movilización bélica durante la guerra civil española, 1936-1939, Madrid: Marcial Pons, 2006.
—Suspiros de España. El nacionalismo español, 1808-2018, Barcelona: Crítica, 2018.
—Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo, Vigo: Galaxia, 2021.
PABLO, S. de, et al. (eds.), Diccionario de símbolos del nacionalismo vasco, Madrid: Tecnos, 2012.
PABLO, S., y MEES, L., El péndulo patriótico. Historia del Partido Nacionalista Vasco, Barcelona: Crítica, 2005.
PÉREZ GARZÓN, J. S., Las Cortes de Cádiz. El nacimiento de la nación liberal (1808-1814), Madrid: Síntesis, 2007.
PÉREZ VEJO, T., España imaginada. Historia de la invención de una nación, Madrid: Galaxia Gutenberg.
QUIROGA, A., Haciendo españoles. La nacionalización de las masas en la Dictadura de Primo de Rivera (1923-1930), Madrid: CEPC, 2008.
—Goles y banderas. Fútbol e identidades nacionales en España, Madrid: Marcial Pons, 2014.
RIQUER, B. de, Escolta, Espanya. La cuestión catalana en la España liberal, Madrid: Marcial Pons, 2001.
SAZ, I., España contra España. Los nacionalismos franquistas, Madrid: Marcial Pons, 2002.
SAZ, I., e ARCHILÉS, F. (eds.), La nación de los españoles: discursos y prácticas del nacionalismo español en la época contemporánea, Valencia: PUV, 2012.
SOLÉ TURA, J., Nacionalidades y nacionalismos en España. Autonomías. Federalismo. Autodeterminación, Madrid: Alianza, 1985.
UCELAY-DA CAL, E., El imperialismo catalán. Prat de la Riba, Cambó, D’Ors y la conquista moral de España, Barcelona: Edhasa, 2003.
VILLARES, R., Identidades e afectos patrios, Vigo: Galaxia, 2017.
— Exilio y pluralismo nacional. España, 1936-1982, Madrid: Marcial Pons.
1. Análise dos nacionalismos e das identidades territoriais.
2. Coñecemento básico da historia dos nacionalismos e as identidades nacionais na España contemporánea
3. Introdución ao traballo en equipa e mais á presentación oral.
4. Iniciación á redación individual de traballos académicos baseados en bibliografía.
O ensino desta materia de posgrao baséase nos principios de participación do alumnado e avaliación continua, polo que a asistencia é obrigatoria, agás en casos xustificados (enfermidade, traballo) que terán un réxime especial. O curso desenvolverase mediante leccións maxistrais do profesor, traballos e sesións de seminario de acordo co calendario que se entregará o primeiro día de clase.
Non haberá exame. A cualificación será o resultado de ponderar a asistencia ás aulas, a participación nos debates, a exposición oral e o traballo individual escrito.
Á parte das horas de aulas e das que cada estudante decida empregar nas titorías, o esforzo individual pode requirir entre 60 e 90 horas de estudo, segundo a capacidade e talento de cadaquen.
Asistencia regular tanto ás leccións do profesor como ás sesións de seminario.
Participación activa nos debates e uso das titorías para resolver dúbidas.
Leitura da bibliografía básica recomendada e da específica do traballo individual.
PLAN DE CONTINXENCIA
A USC estabeleceu tres escenarios posibles para o curso 2021/2022, segundo o Plano de continxencia para o desenvolvemento da docencia o curso 2021-2022 aprobado polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021. En función diso, o desenvolvemento efectivo do curso terá características diferentes, segundo o escenario no que nos atopemos.
1- Normalidade adaptada. É a situación que contempla unha menor incidencia do virus. Neste caso habería medidas de autoprotección, pero se poderían facer as actividades presenciais con certa normalidade. O programa da materia está feito conforme a este primeiro escenario.
2- Afastamento. Trátase dunha situación intermedia, que contempla aforos limitados, distanciamento social e outras medidas, pero que non elimina completamente a presencialidade. Unha das opcións sería que unha parte dos alumnos ficase na aula, mentres outra segue as aulas através de Microsoft Teams. Perante as múltiplas posibilidades neste segundo escenario, precisaránse as medidas concretas que cumpra aplicar en cada caso. O sistema de avaliación manteríase.
3- Peche das instalacións. Neste caso non habería ningunha presencialidade, polo que as sesións se impartirían através de Microsoft Teams, e o seguimento será de forma síncrona. As actividades vencelladas ás interactivas entregaranse a través do campus virtual. O sistema de avaliación manteríase.
Xose Manoel Nuñez Seijas
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812681
- Correo electrónico
- xoseml.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL | Galego |