Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Historia, arqueología, geografía, filosofía y humanidades.
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Xose Manoel Sanchez Sanchez
Contacto
xosemanuel.sanchez [at] usc.es

O patrimonio e a cultura, nun sentido amplo, son dous dos elementos definitorios de Galicia e da Euro-rexión Suroeste europea; de acordo co seu impacto social, o valor dos recursos patrimoniais e culturais enténdese en primeiro lugar como un factor para promover a educación e a integración social nas respectivas comunidades.

Dentro do proceso de cambio derivado da transición ecolóxica e dixital en que nos atopamos, o patrimonio e a cultura veñen actuando como eixos chave para a diferenciación e incremento de valor engadido de sectores e industrias como o turismo, as industrias culturais e mesmo os videoxogos, entre outros, cunha forte taxa de crecemento actual e expectativa futura. En todos eles o patrimonio cultural dixital supón un substrato único con capacidade de atracción de novo talento e retención do capital humano do euro-rexión, clave no desenvolvemento futuro.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4318541
Número de ECTS: 90
Número prazas: 13

Decano/a ou director/a do centro:
MARCO VIRGILIO GARCIA QUINTELA

Coordinador-a do título:
Xose Manoel Sanchez Sanchez
xosemanuel.sanchez [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña

Data da última acreditación:
18/07/2023

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 30
Optativas: 30
Prácticas externas 15
Traballo fin de máster: 15
Total: 90

Non se contemplan

Plan de estudos de 90 ECTS, estruturado do seguinte modo:

  • Obrigatorios 30
  • Optativos 30
  • Prácticas Externas 15
  • Traballo Fin de Máster 15

 

Patrimonio: concepto e fundamento histórico

  • P5281101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Instrumentos xurídicos e normativos para a protección e xestión do patrimonio

  • P5281102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Xestión de patrimonio dixital e xestión dixital do patrimonio

  • P5281103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Conservación do patrimonio cultural

  • P5281104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Tecnoloxías aplicadas ao patrimonio

  • P5281105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Comunicación e marketing cultural

  • P5281106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Xestión dixital do patrimonio documental e bibliográfico

  • P5281201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Xestión dixital do patrimonio arqueolóxico

  • P5281202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Xestión dixital do patrimonio artístico

  • P5281203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Xestión dixital do patrimonio inmaterial

  • P5281204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Xestión dixital do patrimonio fotográfico, audiovisual e musical

  • P5281205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Xestión dixital do patrimonio agroecolóxico e paisaxístico

  • P5281206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Xestión dixital do patrimonio xeográfico

  • P5281207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Narrativas transmedia aplicadas á comunicación histórica

  • P5281208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Valorización do patrimonio: fundamentos e técnicas

  • P5281209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Innovación e sustentabilidade nos proxectos de patrimonio dixital

  • P5281210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Virtualización e recreación do patrimonio

  • P5281211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Captura e análise de realidade

  • P5281212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Produtos interactivos e xestión de redes sociais

  • P5281213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Sig e Modelado 3D

  • P5281214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

  • As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
  • Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
  • Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que estes títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Entre as habilidades desexábeis nos estudantes que ingresen no programa formativo deste mestrado podemos citar as seguintes:

- Interese polo patrimonio en sentido amplo: a súa preservación, valorización, difusión, divulgación e os avances científicos e tecnolóxicos.
- Capacidades básicas no manexo das novas tecnoloxías.
- Capacidade de abstracción, de análise, síntese e razoamento lóxico.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Sentido da organización, atención ao detalle e sentido práctico.
- Curiosidade, imaxinación, creatividade, innovación e espírito emprendedor.
- Sensibilidade polo impacto social e o impulso ao desenvolvemento socio-económico do territorio desde unha perspectiva de respecto, integración e sustentabilidade no uso dos diferentes tipos de recursos.

Como coñecementos recomendados indícanse os seguintes:

- Arte e historia da arte. Coñecementos xerais en humanidades e xestión cultural. Coñecementos relacionais, territoriais e capacidades lingüísticas, especialmente en idiomas modernos.
- Ciencias naturais e tecnolóxicas: a expresión gráfica, informática, a natureza e características dos procesos naturais e biolóxicos...
- Ciencias Xurídicas e Sociais; os propios do ámbito.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 30
Optativas: 30
Prácticas externas 15
Traballo fin de máster: 15
Total: 90

Ademais da información oferecida aos estudantes de último curso pola Universidade de Santiago de Compostela, a Facultade de Xeografía e Historia realiza unha presentación específica dos mestrados que se imparten nela, para o cal cóntase coa participación das persoas que exercen a coordinación, así como cunha representación, de ser o caso, de estudantes egresados.

Por outra banda, os mestrados realizan actividades de presentación específicas unha vez que comeza o curso académico, que se concretan en xornadas de benvida, conferencias inaugurais e presentación dos docentes e materias do título que se imparte. Estas actividades son coordinadas pola comisión académica do mestrado en conexión coa Comisión de Calidade do Centro.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade: Criterios específicos

Titulacións de acceso:

-Todas as titulacións.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

1º Adecuación da titulación de acceso aos contidos do mestrado (max 20%)
2º Expediente académico (max 50%)
3º Carta motivada do alumno/a e entrevista coa Comisión Académica (entre 15% e 35%)

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: Criterios específicos

Titulacións de acceso:

-Todas as titulacións.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

1º Adecuación da titulación de acceso aos contidos do mestrado (max 20%)
2º Expediente académico (max 50%)
3º Carta motivada do alumno/a e entrevista coa Comisión Académica (entre 15% e 35%)

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo

- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións
- Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais no contorno dixital.
- Utilizar axeitadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.
- Integrar destrezas de comunicación orientadas á mercadotecnia cultural en contornos emprendedores.
- Traballar en equipos interdisciplinares en ámbitos empresariais de mercado e institucionais de xestión cultural.
- Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.

Non se contemplan

- Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico.
- Facer fronte de forma activa á resolución de problemas no contorno social e de mercado.
- Adquirir un compromiso ético coas diversas formas de comunicación en contornos dixitais.
- Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

As prácticas en empresa, de 15 créditos ECTS, constitúen un dos alicerces da arquitectura docente do mestrado e conta co aval dos clústeres empresariais de cada un dos ámbitos desde a súa propia definición.

As prácticas deben de facilitar aos alumnos os recursos e capacidades para poderen desenvolver as destrezas precisas orientadas á potencial valorización de activos dixitais de base patrimonial através de produtos/servizos ad hoc. De xeito que o desenvolvemento xerado en codirección co titor na PEME constitúa unha parte sustantiva do Traballo Fin de Máster (TFM), indispensábel para a avaliación final positiva.

O mestrado contempla un Traballo Fin de Máster de 15 créditos ECTS. Terase en consideración a capacidade para pór en práctica os contidos teórico-instrumentais nun contexto socio-laboral determinado através dun proxecto orixinal de construción, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2024.