Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (87.5%), Galego (12.5%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Tras cursar esta materia o alumnado ha de ser capaz de:
- Comprender a importancia de dispoñer de consumidores satisfeitos e leais.
- Analizar a contorna da actividade comercial da empresa cultural.
- Comprender as variables internas e externas que inflúen no comportamento de compra dos consumidores.
- Tomar decisións de política e estratexia comercial no ámbito da empresa cultural.
Tema 1. Introducción ao concepto de Marketing. A estratexia de orientación ao mercado.
Tema 2. O comportamento do consumidor
Tema 3. Estratexias de segmentación e posicionamento.
Tema 4. Xestión de produtos e marcas
Tema 5. Estratexia de comunicación na empresa cultural
Básica:
- Armstrong, G.; Kotler, P.; Merino, Mª Jesús; Pintado, Teresa; Juan, José María (2011): Introducción á Mercadotecnia. Pearson Editorial
- Leal, Antonio; Quero, Mª José (2011). Manual de marketing e comunicación cultural. Servizo de publicacións da Universidade de Cádiz
Complementaria:
- Berenguer Contri, Gloria. Cuadrado García, Manuel (2002). El consumo de servicios culturales. Madrid, Esic.
- Colbert, F.; Cuadrado, M. (2003). Marketing de las artes y la cultura. Ariel editorial.
Básicas:
CB1.- Capacidade de manexar eficientemente a información proveniente de distintas canles para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura
CB2. - Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional
CB4.- Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a autoaprendizaxe e que fomenten a formación continua (educación ao longo de toda a vida (learning for life, segundo as directrices da UNESCO)
CB7. - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa su capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9.- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusión e os coñecementos e razóns derradeiras que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
Transversais:
CT1.- Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación
CT2. - Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa
CT5.- Habilidade na comunicación escrita e oral
CT8. -Capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida)
CT9. – Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
CT13. – Capacidade para o uso das tecnoloxías da comunicación e da información
Específicas:
CE28. – Capacidade de situarse ante contextos culturais concretos e de desempeñar as funcións dun xestor cultural
CE29. – Capacidade de observar os principais fenómenos que inciden na modernidade e analizalos dende a perspectiva dun xestor cultural
CE30. – Adquisición das ferramentas precisas para a difusión de produtos culturais
A metodoloxía nesta materia combina a participación en sesións presenciais desenvolvidas na aula (serán emitidas tamén de forma síncrona por streaming) co traballo realizado polo alumno de forma non presencial.
As sesións desenvolvidas na aula utilizaranse para introducir, entre outras cousas, os contidos básicos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. A asistencia a estas sesións non é obrigatoria para o alumnado. Poñerase ao dispor dos alumnos que non asistan ás sesións de aula, os textos, materiais, actividades, etc., que nelas se traballen.
Ademais da posibilidade de participar nestas sesións na aula, o alumnado desenvolverá aqueles traballos e exercicios propostos polo profesorado e participará nos debates e foros que se propoñan sobre os contidos da materia.
As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a procura de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a realización das actividades propostas polo profesor.
Utilizarase o apoio virtual para a docencia a través do campus virtual da USC e da plataforma corporativa da USC MS’Teams.
O desenvolvemento das sesións realizarase nos horarios de clase establecidos do seguinte modo:
- Sesións de aula: presenciais (estas sesións serán emitidas de forma síncrona por streaming, e é posible asistir ás sesións fisicamente).
- Titorías: presenciais ou non presenciais por vía telemática (a través da plataforma corporativa USC MS’Teams)
A avaliación desta materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, será o resultado de sumar:
a) a cualificación obtida na avaliación continua do alumno, a cual supoñerá o 50% da cualificación final. Para iso, terase en conta a valoración das actividades e proxectos realizados polo alumnado, podendo estes desenvolverse de forma individual ou en grupo; así como a participación dos estudantes nos debates e foros virtuais que se propoñan ao longo do curso.
b) a cualificación obtida no exame final presencial, o cual supoñerá o 50% da cualificación final.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do alumno será distinta de non presentado.
É obrigatorio asistir presencialmente á sesión final de exame, tanto en primeira como en segunda oportunidades.
Para os casos de REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS Ou PROBAS será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
A materia ten un total de 3 créditos ECTS. As horas de traballo totais distribúense de acordo coa seguinte distribución:
Actividade presencial: clases teóricas para a presentación de contidos e a súa discusión (sesións expositivas)___ 7 horas
Actividade a distancia: aprendizaxe individual do alumno ___ 66 horas
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxicos ___ 2 horas
Sergio Rios Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- sergiorios.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
| Venres | ||
|---|---|---|
| 09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 04.06.2024 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| 09.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIOS VAZQUEZ, SERGIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIOS VAZQUEZ, SERGIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIOS VAZQUEZ, SERGIO | Galego |