Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 14 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Obxetivos xerais:
a) Achegar ao alumnado á importancia do patrimonio documental e a paisaxe humanizada como memoria viva dos procesos históricos que forxaron a sociedade actual.
b) Proporcionarlle claves de interpretación dese patrimonio documental e físico e dos seus posibles valores,usos e aplicacións.
2- Obxetivos específicos:
a)Capacitar ao/á alumno/a para dispor dunha axeitada percepción histórica e social da documentación e o espacio físico como elementos patrimoniais relevantes.
b) Capacitar ao/á alumno/a no manexo de ferramentas teóricas e estratexias prácticas para a análise, xestión e posta en valor do patrimonio documental e da paisaxe histórica.
Bloque I: Patrimonio Documental.
PD1- Definición de patrimonio documental.
PD2- A xestión do patrimonio documental.
PD3- Os usos do patrimonio documental.
Bloque II. Paisaxe Histórica:
PH1.- A paisaxe como constructo e testemuño da Historia: arqueoloxía da paisaxe e toponimia histórica.
PH2.- As concepcións espaciais como construccións sociais: o caso de Galicia.
PH3.- A posta en valor da paisaxe histórica: estratexias e retos.
Bloque I:
- Bello Urgellès, Carme: El patrimonio bibliográfico y documental: claves para su conservación preventiva. Gijón: Trea, 2001
- Casal Reyes, María Isabel: Implementación dun sistema de innovación na xestión do persoal en centros xestores do patrimonio documental e bibliográfico: fundamentos para unha guía. Ourense: Duen de Bux, 2009
- Código del patrimonio cultural gallego. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2005
- El patrimonio documental: fuentes documentales y archivos. Cuenca: Universidad de Castilla La Mancha, 1999
- El patrimonio documental y los archivos nacionales. Madrid: Dirección General de Bellas Artes y Archivos, 1994
- García Pita, Marina: “A xestión do patrimonio documental”, En: Os profesionais da historia ante o patrimonio cultural: liñas metodolóxicas.” Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 1996, pp. 23-34
- Hernández Hernández, Francisca: El patrimonio cultural: la memoria recuperada. Gijón: Trea, 2002
- Quiroga Barro, Gabriel: “Patrimonio documental e patrimonio etnográfico: papel dos arquivos, a función dos museos”, En: Imaxes de Galicia: fotografía etnográfica. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2004, pp. 11-16
Bloque II:
Alvarez Blanco, R. e outros, Lingua e territorio, Santiago, 2006.
Barceló, M., Arqueología medieval.En las afueras del medievalismo, Barcelona, 1988.
Boullón Agrelo, A.I., Antroponimia medieval galega (ss. VIII-XII), Tubinga, 1999.
Cabeza Quiles, F., Toponimia de Galicia, Vigo, 2008.
De Torres Luna, M.P. e outros, Municipios y parroquias de Galicia, Santiago, 1989.
Costas González, X.H., Os xentilicios de Galicia, Vigo, 2016.
Ferreira Priegue, E., Los caminos medievales de Galicia, Ourense, 1988.
Méndez Ferrín, X.L., Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, Vigo, 2007.
Moralejo Alvarez, J.J., Callaica Nomina: estudios de onomástica gallega, A Coruña, 2008
Rippon, S., Historical Landscape Analysis: Deciphering the countryside, York, 2012.
1.Básicas e Xerais:
CB1, CB2, CB3, CB4, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10
2. Transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5 CT7, CT8, CT10, CT12
3 Específicas:
CE14, CE15 , CE16, CE 17,
Traballarase especialmente nas seguintes competencias e habilidades:
1. Capacitar ao alumnado para comprender e tratar as múltiples manifestacións socio-culturais do mundo actual. (CB1)
2. Formar e capacitar ao alumnado para desenrolar proxectos culturais de distinto tipo e finalidade. (CT3; CE2)
4. Coñecer os diferentes ámbitos profesionais e de investigación vencellados aos servizos culturais, tomando en consideración a especificidade das entidades públicas, semipúblicas e privadas. (CE14; CE15)
5. Capacitar ao alumnado para traballar no ámbito da cultura con grupos humáns con necesidades específicas e/ou con risco de exclusión (CB5; CE6; CE10)
6. Adquirir as aptitudes e destrezas precisas para organizar equipos humáns e formar parte deles. (CT3)
7. Adquirir as destrezas precisas para deseñar estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións culturais. (CE4; CE18)
8. Estimular a creatividade para dar respostas axeitadas aos problemas plantexados e fomentar o gusto pola innovación a partires do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas. (CB2; CT10)
O ensino desta materia participa dun sistema mixto que orienta o proceso de aprendizaxe, combinando contidos de carácter teórico e contidos de carácter práctico. O alumnado poderá seguir as exposicións en aula, ben de xeito presencial, ben en "streaming" por MS Teams, dispoñendo en ambos casos do mesmo acceso ós contidos, recursos e materiais do curso.
O/A alumno/a disporá a traverso da plataforma virtual dun guión amplio de cada apartado do programa, xunto cunha bibliografía específica,mapas e gráficos complementarios, links a recursos académicos, educativos e lexislativos para ampliar a información recibida, así como textos e casos prácticos para comentar e practicar. Nas sesións presenciais, non obrigatorias para o alumnado pero recomendables no caso de poder asistir a elas, os docentes exporán as grandes liñas teóricas de cada apartado e proporcionarán materiais para o seu desenrolo e aplicación polo/a alumno/a (estes guións e materiais serán igualmente expostos no campus virtual para os que non poidan asistir ás aulas presenciais, garantizando que todos teñan acceso ós mesmos contidos). As dúbidas e aclaracións realizaranse a traverso do foro virtual e a titoría en liña, que servirán igualmente para o seguimento particularizado da participación do/a alumno/a e a súa aprendizaxe.
Dado que o obxetivo da materia é introducir ao alumnado á percepción histórica e social do documento histórico e o espazo físico como elementos patrimoniais fundamentais, proporcionando aos estudantes ferramentas teóricas e estratexias prácticas para a súa análise, interpretación e posta en valor, un exame teórico non ten senso. De aí que o exame final obrigatorio teña un carácter fundamentalmente práctico. En consecuencia, o/a alumno/a terá que realizar ao finalizar o curso un traballo persoal e individual (poderíanse admitir traballos colectivos de demandalo así os obxetivos propostos, pero sempre con determinación do traballo específico de cada un dos autores), consistente na presentación dun proxecto de iniciación á investigación sobre o emprego da documentación para a análise e coñecemento da paisaxe histórica ou un caso práctico de posta en valor do patrimonio histórico espacial. A calificación deste exame final obrigatorio (consistente na realización dun traballo academicamente dirixido) suporá o 75% da calificación final.
A realización das tarefas específicas a realizar a traverso da plataforma virtual (lecturas de materiais colgados, actividades prácticas de comprensión e aplicación dos contidos dos diversos apartados, etc.) suporá o 15% da calificación final.
O seguimento da materia segundo os ritmos propostos polos docentes, a participación activa nas actividades do curso e a iniciativa e interese individual do alumno serán valoradas ata o 10% restante da calificación final.
O sistema de calificación é válido tanto para a primeira oportunidade de Maio/Xuño como para a segunda oportunidade de Xuño/Xullo A avaliación positiva das actividades do curso poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos (alumnos repetidores), sempre que así o solicite o alumno interesado e o profesor dea a súa aprobación.
Actividade presencial: clases teóricas para a presentación de contidos e a súa discusión (sesións expositivas): 12 horas
Actividade presencial: clases prácticas (seminario, actividade práctica); 8 horas
Actividade a distancia: aprendizaxe e traballo individual do alumno: 120 horas
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxicos: 6 horas
Actividade presencial: actividades de avaliación: 4 horas
Tendo en conta a variedade dos contidos da materia é altamente recomendable adicar un tempo diario a consultar, ler e manexar os contidos suministrados polos docentes e á realización pautada das tarefas propostas.
De igual forma, é case imprescindible o recurso á bibliografía e material de apoio xeral e específico de cada apartado para complementar e suplementar a docencia maxistral , así como as indicacións de lectura dos profesores, asi como manexo de atlas, diccionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou informatizadas, sen excluír a lectura, visión e análise dos medios de comunicación diaria, como unha maneira de relacionar coñecementos e procesos históricos. Asimesmo, é fundamental, de cara á realización do traballo de curso obrigatorio, coidar tanto a expresión escrita como a presentación no aspecto formal, ao igual que a creatividade persoal e o rigor crítico na elección e desenrolo dos contidos.
NOTA: A detección de plaxio nos traballos académicos será penalizada segundo indica o art. 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e Revisión de Cualificacións.
Jose Carlos Baliñas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carlos.balinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mariña Bermudez Beloso
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812620
- Correo electrónico
- marinha.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 29.05.2024 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| 21.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS | Galego |
| BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS | Galego |
| BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS | Galego |
| BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA | Galego |