Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Capacitar ao alumno para identificar os factores ambientais más importantes relacionados co proceso saúde-enfermidade.
- Fomentar no alumno o recoñecemento e valoración das relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.
- Concienciar ao alumno da necesidade e importancia que ten a protección da saúde para aumentar o benestar e a calidade de vida.
Docencia expositiva (9 horas):
1. Saúde ambiental. Desigualdades en saúde ambiental.
2. Riscos asociados ós alimentos. Seguridade alimentaria.
3. Contaminación ambiental: aire, auga, solo.
Docencia interactiva (12 horas):
Traballo en equipo e visita a centros de interese (como estacións depuradoras de augas residuais e estacións de xestión de residuos)
Titorías (3 horas)
Diaz J, Linares C. Las causas de la contaminación atmosférica y los contaminantes atmosféricos más importantes. En: DKV Salud. Estado de la Cuestión: Contaminación atmosférica y Salud. Barcelona: DKV; 2010 Disponible en: https://dkvsalud.com/es/instituto/observatorio/contaminacion-atmosferic…
European Environmental Agency. Air quality in Europe — 2022. Disponible en: Air quality in Europe 2022 — European Environment Agency (europa.eu)
Ministerio para la Transición Ecológica. Informe de la calidad del aire en España 2021. https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/atmos…
Ministerio para la Transición Ecológica. Perfil Ambiental de España 2021. Disponible en:
https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/servicios/informacion/pae2021_e…
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Programa estatal de prevención de residuos 2014-2020. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-es…
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Plan estatal marco de gestión de residuos (PEMAR) 2016-2022. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-es…
Observatorio de la Sostenibilidad. Disponible en: https://www.observatoriosostenibilidad.com/
Red Española de Ciudades Saludables. Disponible en: http://recs.es/
Vida sostenible. Disponible en: http://www.vidasostenible.org/
WHO Regional Office for Europe. Social inequalities and their influence on housing risk factors and health. Copenhagen: WHO Regional Office for Europe; 2014. Disponible en: https://apps.who.int/iris/bitstream/handle/10665/107955/E92729.pdf?sequ…
Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG) 2010-2020. Disponible en: https://sirga.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=190428&nam…
Competencias da titulación as que contribúe a materia:
- Os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en entornas novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Saúde Pública
- Os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, incluía reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
Competencias específicas da materia:
- Adquirir unha visión ampla do concepto de saúde e dos principais modelos e sistemas sanitarios.
- Identificar os factores de risco que poden afectar á saúde e coñecer como estes actúan.
- Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade
- Ser quen de sintetizar a evidencia científica dispoñible dun modo rigoroso e transparente e trasladar o resultado á mellora da asistencia sanitaria
Nas clases expositivas indicaranse os obxectivos que o alumno deberá alcanzar e o profesor presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais, fomentando a participación dos alumnos. Ademais, empregaranse as ferramentas proporcionadas pola plataforma Moodle do campus virtual (lección, tarefas, etc.) e/ou de Microsoft Teams. Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo.
Nas sesións interactivas traballarase en grupo e realizarase a visita a centros relacionados cos contidos tratados nas sesións expositivas. Con anterioridade ás sesións interactivas o profesor comunicará os obxectivos das mesmas, facilitará a bibliografía, e organizará o traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo en equipo. O alumno deberá traballar previamente sobre o tema.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia.
Para alcanzar a suficienci,a o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos (suma da proba final e do traballo nas sesións interactivas).
- Proba final escrita (peso do 70% da cualificación final). Proba que medirá os contidos teóricos adquiridos, a cal pode incluir preguntas tipo test, pegunta curta ou tema. É necesario que a cualificación obtida na proba final supere o 50% do máximo correspondente a esta proba, para poder avaliar o traballo das sesións interactivas.
- Traballos das sesións interactivas (peso do 30% na cualificación final).
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade manterá a nota das sesións interactivas. Unicamente terá que realizar o exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumno dedicará un mínimo de 45 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, e a búsqueda bibliográfica e preparación de presentacións da docencia interactiva.
A preparación da materia non presenta dificultades especiais.
A asistencia as clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas xunto coa dedicación do tempo necesario a lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materiais entregados nas clases, así como a búsquea bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas, é suficiente para superar a materia.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maruxa Zapata Cachafeiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- maruxa.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Julia Rey Brandariz
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- juliarey.brandariz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rey Brandariz, Julia | Castelán |
| ZAPATA CACHAFEIRO, MARUXA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rey Brandariz, Julia | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rey Brandariz, Julia | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rey Brandariz, Julia | Castelán |