-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 11.5
Clase Interactiva: 4.5
Total: 16Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Dereito Público e Teoría do Estado, Economía Financeira e Contabilidade, Enxeñaría Química, Economía AplicadaÁreas:
Dereito Administrativo, Economía Financeira e Contabilidade, Enxeñaría Química, Economía AplicadaCentro
Facultade de Ciencias Económicas e EmpresariaisConvocatoria:
Traballos Fin de Grao e MásterDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Ao finalizar esta materia, o alumnado deberá adquirir as competencias de elaboración e defensa dun traballo orixinal no que demostre os coñecementos e destrezas adquiridas na titulación e aplíqueos á temática abordada.
Así, debe demostrar a capacidade de analizar, interpretar e integrar información, así como a capacidade de comunicar argumentos e conclusións, tanto verbalmente como por escrito utilizando as formalidades da redacción académica.O Traballo Fin de Máster (TFM) consiste na elaboración dun traballo orixinal de carácter individual no que se demostren os coñecementos e destrezas adquiridos nas materias que conforman o plan de estudos , baixo a supervisión dun/a titor/a académico/a.
O traballo debe integrar e desenvolver os contidos formativos recibidos, e as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Máster, deberá ter un carácter claramente aplicado.
Os traballos deben estar orientados á aplicación das competencias específicas da titulación, a capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes da súa área de estudo, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
Os temas propostos e instrucións sobre estrutura, formato e presentación pública detallaranse cada curso académico.
O documento presentado mostrará o traballo desenvolvido polo/la alumno/a e a súa aplicación a un contexto profesional. Os temas propostos e instrucións sobre estrutura, formato e presentación pública detallaranse cada curso académico pola Comisión Académica do Máster. A lista de temas propostos non ten carácter restritivo, podendo propoñer o alumnado temas do seu interese relacionados cos contidos da titulación, sempre que conten co visto e prace dun profesor/a da titulación.Como a bibliografía depende do tema específico do traballo, o/a titor/a recomendaralle as lecturas oportunas.
Coñecer e comprender críticamente as diferentes teorías económicas da innovación e do desenvolvemento sustentable, o carácter multidimensional e global dos procesos de cambio económico e as súas crises, así como dos motores dos devanditos procesos.
Localizar, seleccionar e analizar información e fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación no estudo do desenvolvemento económico, da innovación e a sustentabilidade.
Coñecer e aplicar as técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa en economía e das ferramentas de diagnóstico para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da sustentabilidade, a economía ecolóxica, a economía circular e a innovación.
Coñecer os diferentes instrumentos para deseñar, analizar, avaliar e xestionar plans estratéxicos e programas para promover a I+D, a innovación, a sustentabilidade e a economía circular nos diferentes niveis de goberno (europeo, estatal, rexional e local).
Formular, integrar e sintetizar ideas novas e complexas en procesos colaborativos e participativos para a elaboración de plans estratéxicos.
Concibir, deseñar, pór en práctica e xestionar programas e accións de I+D, economía circular, innovación ou desenvolvemento sectorial nos ámbitos propios de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial).
Comunicar cos colegas, coa comunidade académica, coa profesional, coa Administración Pública e coa sociedade en xeral acerca das diversas áreas de coñecemento no campo da sustentabilidade, a economía circular e a innovación.
Avaliar, planificar, orzar e xestionar proxectos de I+D e de innovación tanto en organismos públicos como nas empresas.
Concibir, deseñar e implementar Modelos de Negocio Circulares, Plans de Empresa Circulares e iniciativas sociais circulares para unha transición ecolóxica xusta.Esta materia supón un traballo autónomo por parte do/a alumno/a, que debe orientar e planificar o seu traballo tutelado por un/a titor/a, que será o/a profesor/a co perfil máis axeitado para poder asesorar e facer o seguimento axeitado do traballo.
Dado o carácter aplicado desta materia e a necesaria tarefa de titorización do/a profesor/a, as sesións presenciais serán en titorías individuais. Se un/ha mesmo/a titor/a dirixe varios traballos pode organizarse algunha sesión de traballo en grupo reducido.
O traballo realizado debe defenderse ante un tribunal, nas datas establecidas anualmente ao efecto.
A asignación de temas e titores do TFM realizarase seguindo o procedemento descrito no Regulamento de Traballos Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, nos prazos establecidos en cada curso académico. En calquera caso, antes do inicio do segundo cuadrimestre, publicarase a convocatoria co listado de temas proposto polo profesorado, para que o novo alumnado indique os temas o/a titor/a seleccionados por orde de preferencia. A asignación de temas realízase tendo en conta as preferencias expresadas polo/la alumno/a, a afinidade temática e a distribución entre o profesorado da titulación. De ser necesario, teranse en conta criterios académicos.
No caso dos/as estudantes repetidores, considérase que manteñen o/a titor/a asignado, agás que o alumno/a e/ou o titor/a soliciten un cambio.
Dada a natureza da materia, as actividades presenciais e titorías son individuais ou en grupo moi reducido.
Para as titorías telemáticas utilizaranse a plataforma MS Teams, os foros do Campus Virtual e o correo electrónico.O TFM debe defenderse publicamente na data establecida e será avaliado por un tribunal formado por tres profesores/as da titulación, segundo o establecido no Regulamento de Traballos Fin de Máster.
O traballo realizado avaliarase segundo os criterios de orixinalidade, rigor e calidade, utilización de fontes bibliográficas e estatísticas actualizadas, a achega propia, a claridade expositiva e a capacidade de resposta ás preguntas realizadas polo tribunal designado pola Comisión Académica. Os aspectos formais, así como a asistencia a titorías ou reunións para realizar un mellor seguimento do traballo e os seus avances tamén se terán en conta.
Seguindo o procedemento establecido no Regulamento de Traballos Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, cada membro do tribunal avaliará de 0 a 10, os seguintes aspectos:
a) Calidade do proxecto: orixinalidade, interese da temática, formulación e claridade dos obxectivos, capacidade para delimitar ben o ámbito de estudo, cumprimento dos obxectivos propostos, estrutura, adecuación da metodoloxía, manexo de bibliografía e de información empírica, desenvolvemento das tarefas formuladas, contribucións, resultados e conclusións;
b) Presentación escrita: presentación formal (expresión escrita, redacción, ortografía,...) e formalidade da redacción académica (citas, referencias bibliográficas, fontes de datos, táboas e gráficos, …);
c) Defensa pública: concisión, claridade expositiva e capacidade de resposta ás preguntas e comentarios formulados polo Tribunal.
A cualificación final outorgada por cada membro do tribunal ao TFM obterase de acordo coa seguinte ponderación:
a) Calidade do TFM (C): 65%
b) Presentación escrita do TFM (PE): 15%
c) Defensa Pública (DP): 20%
Cualificación Final: 0,65*C+0,15*PE+0,20*DP (indicada cunha cifra decimal)
A cualificación final do TFM obterase como media aritmética das cualificacións outorgadas polos membros do tribunal.
O tribunal poderá ter en conta, no momento de cualificar o traballo, o informe que debe emitir o titor/ra do TFM no modelo establecido.
A Comisión do Máster aprobará os períodos de depósito e avaliación do TFM, que se comunicarán ao alumnado con suficiente antelación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.6 créditos ECTS, correspondente principalmente ao traballo autónomo do/a alumno/a, ademais das horas correspondentes ás titorías.
De acordo coa normativa da USC, o Traballo Fin de Máster só poderá ser defendido e avaliado unha vez que o/a alumno/a supere todos os créditos necesarios para a obtención do título de Máster, agás os correspondentes a esta materia.
-