Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central da materia é identificar as liñas máis relevantes de investigación e innovación nas didácticas das Ciencias Experimentais, e desenvolver a competencia de participar nelas. Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
- Ser capaz de identificar as liñas máis relevantes de investigación e innovación sobre a aprendizaxe e o ensino das ciencias, identificar os problemas que abordan e os seus marcos teóricos de referencia.
- Ser capaz de realizar unha procura bibliográfica sobre un problema ou cuestión, tanto nas revistas máis relevantes de cada área, como nas bases de datos educativas.
- Ser capaz de acreditar unha competencia básica no uso de recursos para a investigación e innovación, tanto bibliográficos como electrónicos.
- Ser capaz de propoñer cuestións a estudar, preguntas de investigación sobre problemas da aprendizaxe das ciencias.
- Ser capaz de identificar distintas perspectivas metodolóxicas para a investigación en didáctica das ciencias e de recoñecer a súa posta en práctica en estudos publicados.
- Ser capaz de analizar traballos de investigación e innovación, e valoralos aplicando criterios contrastables.
- Ser capaz de deseñar ou adaptar un proxecto de investigación ou innovación a pequena escala.
- Ser capaz de seleccionar e analizar datos, e extraer conclusións a partir deles.
- Ser capaz de comunicar, tanto oralmente como por escrito, as súas análises, reflexións, deseños ou resultados, utilizando os xéneros adecuados á comunicación nas comunidades académica e docente.
1. Investigación e innovación en didáctica das ciencias
O papel da teoría na investigación científica
O método científico aplicado á investigación educativa.
Outras perspectivas na investigación educativa
2. Liñas relevantes de investigación e innovación en didáctica das ciencias.
Investigacións sobre a aprendizaxe das ciencias
Innovacións no ensino das ciencias.
3. Recursos de información en didáctica das Ciencias
Recursos bibliográficos no catálogo BUSC: libros e revistas (impresas, electrónicas).
Bases de datos nacionais (DIALNET, CSIC) e internacionais (ERIC, WOS).
Indicadores bibliométricos nacionais e internacionais
Recursos de información en acceso aberto (open access): Scholar Google, SCIRUS
4. Enfoques teóricos e metodolóxicos na investigación
Métodos de investigación
Metodoloxía de recollida de datos
Análise de datos
Análise de exemplos de investigacións en didáctica das ciencias
5. A comunicación da investigación e da innovación
Como escribir un artigo de investigación ou de innovación: estrutura canónica, rexistros
O proceso de revisión e publicación
Programa actividades nas clases interactivas
Análise de artigos de investigación e innovación en didácticas das Ciencias
Realización de búsquedas bibliográficas en bases de datos
Realización de búsquedas de recursos bibliográficos e da rede para a investigación e a innovación.
Recensión de artigos
Realización de propostas de problemas a investigar e deseños para levalos a cabo.
Bibliografía básica:
Cohen, L. e Manion, L. (2002). Métodos de investigación educativa. La Muralla.
Denzin, N. K., e Lincoln, Y. S. (2000). Handbook of Qualitative Research. SAGE Publications.
Fox, D.(1987). El proceso de investigación en educación. EUNSA
Bibliografía complementaria
Gutiérrez Pérez J. (2000) Fundamentos pedagógicos y didácticos, en J. Perales e P. Cañal (Eds.), Didáctica de las ciencias experimentales (pp 109–137). Editorial Marfil.
Revistas de didáctica das ciencias en castelán e galego: Enseñanza de las Ciencias; Alambique; Enseñanza de las Ciencias de la Tierra; Boletín de Enciga.
Revistas de didáctica das ciencias en inglés no JCR do SSCI: Science Education; Journal of Research in Science Teaching, International Journal of Science Education; Research in Science Education.
Revistas de didáctica das ciencias en inglés indexadas noutras bases de datos: Journal of Biological Education; Physics Education; Journal of Chemical Education.
Que as e os estudantes sexan capaces de:
Xerais
- CG12. Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
Específicas asociadas ao módulo específico
- CE-E14. Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
Transversais:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
C. COMPETENCIAS BÁSICAS
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para
emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
A metodoloxía baséase na participación do alumnado e o seu protagonismo na aprendizaxe en todas as clases, mesmo as que pretenden a presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. Empregaráse o estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas relacionados coa investigación e a innovación sobre o ensino e a aprendizaxe das Ciencias en Secundaria. Esta metodoloxía pretende a participación activa do alumnado, constituíndo un modelo para a súa futura actuación como docentes. Emprégase unha variedade de recursos: audiovisuais, informáticos, problemas, estudos de caso, análise de textos e artigos; experiencias de laboratorio.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso do ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo docente. O alumnado, coa orientación do docente, analisará criticamente artigos e proxectos didácticos; realizará propostas de investigación e innovación; levará a cabo búsquedas en bases de datos.
Ao estar centrada nunha metodoloxia práctica, é convinte a asistencia á clase, pois a realizacion, posta en común e avaliacion conxunta de exercicios e tarefas é dificilmente substituida polo traballo individual.
A orientación por parte do docente terá lugar tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias. Terá os seguintes apartados:
a.Elaboración dun traballo práctico en relación coa investigación ou a innovación. Contribución á nota final: 20%.
b. Exposición pública do traballo do apartado a. Contribución á nota final: 15 %.
c. Avaliación continua: asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula; asistencia ás sesións interactivas. Realización escrita de informes e análises. Contribución á nota final: 30%.
d.Proba final sobre os contidos da materia tanto da parte expositiva como interactiva. Contribución á nota final: 35 %.
Aclaracións:
-Se a asistencia é menos ao 80 %, o apartado c non contará para a cualificación final.
-O alumnado con dispensa de asistencia deberá poñerse en contacto co/coa docente na 1ª semana de clase (ou de solicitar a dispensa) para que se lle suministre o plan de traballo. En todo caso, o alumnado con dispensa de asistencia deberá asistir á proba final (apartado d), realizando o mesmo exame que o resto do alumnado. Tamén realizará un traballo práctico (apartado a), pero non terá que asistir a ningunha sesión de clase. A puntuación final para o alumnado con dispensa de asistencia será: 50 % apartado a e 50 % apartado d.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisisón de cualificacións.
-Os alumnos repetidores seguirán o mesmo sistema de avaliación que os alumnos que cursan a materia por primeira vez.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: total 24 horas
- Clase expositiva presencial en grupo completo: 9 horas.
- Clases Interactivas: 12 horas.
- Tutorías: 3 horas.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (NON presencial): total 51 horas.
Recomendacións:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 22 horas.
- Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia (individual ou en grupo): 7 horas.
- Actividades en biblioteca, ou procuras bibliográficas: 8 horas.
- Lecturas recomendadas: 10 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar (se as houbese): 4 horas.
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
Responsabilidade medioambiental:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Outras:
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Por último, os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Carlos Emilio Reigosa Castro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821028
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Venres | ||
|---|---|---|
| 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 26 |
| 20.05.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
| 01.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REIGOSA CASTRO, CARLOS EMILIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REIGOSA CASTRO, CARLOS EMILIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REIGOSA CASTRO, CARLOS EMILIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REIGOSA CASTRO, CARLOS EMILIO | Castelán |