Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 3 Clase Interactiva: 18 Total: 24
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Deseñar accións innovadoras no ámbito da comunicación. O alumnado afondará no estudo da comunicación nas democracias e a súa específica relación co xornalismo. A materia dotará ao alumnado de habilidades para analizar ou traballar nos diferentes sectores comunicativos da democracia. Deste xeito, practicarase a relación entre xornalistas, sector político e cidadanía. No curso formarase ao alumnado para exercer a actividade comunicativa en todos os sectores.
Deseño e execución de estratexias de comunicación nos medios de comunicación, no sector político e na ciudadanía. Elaboración de plans de comunicación en redes sociais. Innovación en campañas electorais. Compromiso, participación do público e movementos sociais. Discursos, intervencións e debates públicos na rede.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Estratexias de comunicación no sector político e a súa relación cos medios de comunicación
1.1 A nova cultura e comunicación política
1.2 Partidos políticos e mediatización
1.3 Tendencias e riscos da comunicación política actual
TEMA 2. Comunicación cidadá e movementos sociais
2.1 Teledemocracia e cibercidadanía
2.2 Ciberactivismo e democracia
TEMA 3. Plans de comunicación en redes sociais
3.1 Plan de medios sociais
3.2 Etapas do plan de medios sociais
3.3 Ferramentas para a xestión de redes sociais
TEMA 4. Debates públicos online e participación da audiencia nos medios de comunicación
4.1 Media framing
4.2 Participación da audiencia nos medios de comunicación
4.3 Debate público e polarización nas redes sociais
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos a traballar nas clases interactivas orientaranse á análise de estratexias de comunicación do sector político, da cidadanía e dos medios de comunicación.
Nas sesións de laboratorio o alumnado deberá deseñar plans de acción e comunicación dende a posición do sector político, da cidadanía e as organizacións sociais, así como dos medios informativos ante medidas políticas e movementos sociais comúns. Traballarase sobre a integración da participación cidadá na comunicación política, a visibilización dos movementos cidadáns e a súa cobertura xornalística.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Álvarez Teijeiro, C. (2000). Comunicación, democracia y ciudadanía. Fundamentos teóricos del Public Journalism. Buenos Aires: CiCCUS-La Crujía.
Cotarelo, R. e Crespo, I. (2012). La comunicación política y las nuevas tecnologías. Madrid: Los Libros de La Catarata.
García Orosa, B. (2021). Ciberciudadanía. Retos de la democracia digitalizada. Comunicación Social.
Gil Calvo, E. (2018). Comunicación política: caja de herramientas. Madrid: Libros de la Catarata.
Rey Morató, F. J. (2007). Comunicación política, Internet y campañas electorales: de la teledemocracia a la ciberdemocracia. Madrid: Tecnos.
Sixto, J. (2018). Gestión profesional de redes sociales. Rutinas y estrategias de Community Management. Salamanca: Comunicación Social.
Yanes Mesa, R. (2009). Comunicación política y periodismo: apuntes para la eficacia del mensaje persuasivo. Madrid: Fragua Editorial.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Coyer, K. (2008). The alternative media handbook. London: Routledge.
Díezhandino Nieto, M. P. (2007). Periodismo y poder: Politicos, periodistas y ciudadanos voluntariamente desinformados. Madrid: Pearson, 2007.
Feenstra, Ramón A. (2016). La reconfiguración de la democracia: el laboratorio político español. Granada: Comares.
Galindo Arránz, F. (1998). Fundamentos de comunicación política. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.
López, X. e Otero, M. (2007). Bitácoras. La consolidación de la voz del ciudadano. Sada (A Coruña): Netbiblo.
Rúas-Araújo, J. e Fontenla-Pedreira, J. (2021). Debates electorales en televisión y redes sociales en España. Salamanca: Comunicación Social.
Soria Ibáñez, M. M. (2017). La gestión estratégica de las relaciones públicas en organizaciones sociales. Barcelona: UOC.
XERAIS (CX)
CX02 - Detectar, coñecer, interpretar e aplicar as novas tendencias no xornalismo, en particular, e na comunicación, en xeral.
TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Elaborar e xestionar contidos informativos.
CT04 - Planificar e executar estratexias de comunicación innovadoras en democracia.
ESPECÍFICAS (CE)
CEO-06 - Deseñar accións innovadoras no campo da comunicacións, especialmente na súa relación cos públicos e coas audiencias.
As clases expositivas servirán para a explicación, estudo e análise dos contidos de carácter teórico da materia. Nelas o alumnado deberá participar de maneira activa.
As sesións de laboratorio orientaranse ao traballo sobre os conceptos e tendencias tratadas nas clases expositivas. Traballarase sobre a análise de casos e o deseño de estratexias de comunicación no ámbito político, xornalístico e cidadán.
O alumnado traballará tanto de maneira individual como en equipo. Buscarase o debate, a reflexión colectiva e individual e a posta en común dos coñecementos adquiridos.
Establecerase un plan de titorización para o alumnado. As titorías poderán realizarse presencialmente ou vía MS Teams.
O campus virtual empregarase como plataforma para a comunicación co alumnado, a disposición dos materiais bibliográficos complementarios necesarios e a entrega das tarefas establecidas.
Os instrumentos de avaliación dos contidos e aptitudes serán:
- Traballos finais grupais: 80%
- Traballos individuais: 10%
- Participación activa nas clases interactivas: 10%
Segunda oportunidade: o sistema de avaliación será o mesmo que o da primeira oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado coa profesora da materia. O sistema de avaliación adaptarase, de maneira que os traballos prácticos individuais se corresponderán co 100% da nota final da materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
- Clases expositivas: 3h.
- Clases interactivas: 18h.
- Titorías en grupo: 3h.
- Actividades de avaliación: 2h.
- Traballo persoal do alumnado: 49h.
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo do curso que permita non só adquirir coñecementos, senón tamén habilidades e aptitudes que unicamente se poden acadar cun seguimento constante e permanente.
Maria Cruz Negreira Rey
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| Venres | ||
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| 24.05.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
| 01.07.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |