Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 9 Total: 24
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O alumnado profundizará na capacitación teórica, superior ao grao que anteriormente teña realizado, para comprender o fluxo de produtos culturais na sociedade en rede e no estudo das canles máis empregadas para os produtos culturais. Tamén na análise da retroalimentación entre os produtos culturais na sociedade en rede. Adquirirán competencias para entender os procesos que seguen os produtos culturais no ecosistema comunicativo da sociedade en rede.
A materia estruturarase nos seguintes contidos:
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. O acceso á información e ao coñecemento, primeiro estadio no proceso de construcción democrática.
Tema 2. Tensión ideolóxica, económica e mediática na sociedade global da información e do coñecemento. Ameazas e oportunidades.
Tema 3. Internet, democracia electrónica e cidadanía participativa. Intermediarios en crise.
Tema 4. A dimensión política dos medios e a revalidación política da mediación profesional, poñendo en cuestión o obxectivismo,
a neutralidade e o profesionalismo.
Tema 5. O xornalismo como modo de coñecemento e os xornalistas como mediadores necesarios e axentes integradores de coñecementos para afrontar a complexidade e os riscos do mundo actual.
Tema 6. Xornalismo de significación e de sentido: do modelo cívico ao de anticipación e especializado
CONTIDOS PRÁCTICOS
O alumnado elaborará un traballo persoal de investigación vencellado a algún dos temas enunciados, cunha extensión mínima de 15 folios e máxima de 25 e formato homologable ao dun artigo de investigación cientifica, sinalando obxectivos, hipóteses de traballo, metodoloxía, resultados e conclusións.
Bibliografía básica:
Abellán, Gemma & Mayugo, Carme (2008). “La dimensión comunitaria de la educación en comunicación”, en Comunicar, 31; XVI, 129-136
Álvarez Pousa, Luis (1999): A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na Sociedade da Información. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Callejo, Javier (2008). “El derecho de acceso a los medios: reflexiones metodológicas sobre su seguimiento”, en Comunicar, 30, v. XV, 107-112
Early, J. (2005) “Patrimonio y diversidade cultural, ciudadanos y Estado en la era de la globalización”, en Diversidad cultural: el valor de la diferencia. Santiago de Chile: LOM Ediciones, 79-90
Lull, James (2008). “Los placeres activos de expresar y comunicar”, en Comunicar, 30, v. XV, 21-26
Neira Cruz, Xosé A. (2013).”campUSCulturae: una experiencia multimedia desde las Ciencias de la Comunicación a favor de la diversidad cultural”, en Las Media Enterprises y las industrias culturales. Investigar la Comunicación y los nuevos medios. Libro de actas del III Congreso Internacional Comunicación 3.0 (Salamanca, 10-11 de octubre de 2012. Salamanca: Universidad de Salamanca, 87-98 (http://comunicacion3punto0.files.wordpress.com/2013/06/comunicacion3pun…)
Pérez Tornero, José Manuel (2008). “La sociedad multipantallas: retos para la alfabetización mediática”, en Comunicar, 31; XVI, 15-25
Tyner, Kathleen (2008). “Audiencias, intertextualidad y nueva alfabetización en medios”, en Comunicar, 30, v. XV 79-85
Bibliografía complementaria
Bernard, H. Russell (1994). Research methods in anthropology: qualitative and quantitative approaches (2ª ed.). Walnut Creek, CA: AltaMira Press
De Munck, Victor C. & Sobo, Elisa J. -ed.- (1998). Using methods in the field: a practical introduction and casebook. Walnut Creek, CA: AltaMira Press
Kawulich, Barbara B. (2006) “La observación participante como método de recolección de datos”, en Forum Qualitative Sozialforschung / Forum: Qualitative Social Research [On-line Journal], 6(2), Art. 43, http://nbn-resolving.de/urn:nbn:de:0114-fqs0502430
Neira Cruz, Xosé A. (2013): “Xornalismo e literatura en Galicia 2010-2012; 6 w’s ao servizo dos contadores de historias”, en López García, Xosé et al. (coord.): A Comunicación en Galicia 2013. Consello da Cultura Galega, ISBN 978-84-92923-47-2, pp. 203-214
Neira Cruz, Xosé A. (2016): “Alfabetización mediática e integración social de la población reclusa anciana”.Revista Latina de Comunicación Social, 71, pp. 197 a 210. http://www.revistalatinacs.org/071/paper/1091/11es.html DOI: 10.4185/RLCS-2016-1091
Schensul, Stephen L.; Schensul, Jean J. & Lecompte, Margaret D. (1999). Essential ethnographic methods: Observations interviews, and questionnaires (Book 2 en Ethnographer's Toolkit). Walnut Creek, CA: AltaMira Press
Vanderbosch, Heidi & Eggermont, Steven (2002). “Elderly people’s media use: at the crossroads of personal and societal developments”, en The European Journal of Communication Research, vol. 27, 4/02. Berlín: Walter de Gruyter GmbH & Co., 437-455
BÁSICAS E XERAIS
CG04 - Coñecer a estrutura de produtos para a rede, a edición de produtos multimedia e a arquitectura e o deseño en rede.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
ESPECÍFICA
CEO-02: "Coñecer os procesos que seguen os produtos culturais no ecosistema comunicativo da sociedade en rede."
Clases expositivas
Clases interactivas
Titorías en grupo
Debates e posta en común de temáticas de actualidade
Identificación e deseños de fórmulas comunicativas
Actividades de avaliación
Para a avaliación da aprendizaxe teranse en conta os seguintes criterios:
Traballo final individual
Realización de traballos individuais ou grupais de seguimento ou de comentario de lecturas.
Participación activa nas clases interactivas.
Examen final opcional, en función dos criterios que expoña o profesor na presentación inicial da materia.
No caso desta materia procede a concesión de exención se o/a alumno/a o solicitase cumprindo coas esixencias establecidas para este tipo de procedementos. En caso de serlle concedida a exención, o profesor proporá á/ao dita/o alumna/a un programa alternativo de entrega de exercicios prácticos, que poderá incluir, asemade, unha axenda de titorías personalizadas a acordar entre a/o alumna/o e mailo profesor, e un sistema de avaliación personalizado.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Clases Expositivas: 12 horas.
Clases Interactivas: 9 horas.
Titorias en grupo: 3 horas.
Actividades de avaliación: 2 horas.
Traballo persoal do alumnado (estudo autónomo, escritura de exercicios, programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 49 horas.
Seguimento das clases expositivas e interactivas, participación activa e lectura da bibliografía recomendada e/ou doutra complementaria aberta tamén ás suxestións/propostas do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Xose Antonio Neira Cruz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816531
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| Xoves | ||
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| Venres | ||
| 16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Aula 6 |
| 15.01.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 3 |
| 17.06.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 3 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |