A implantación do Máster en Biofabricación responde a unha necesidade estratéxica da Comunidade Autónoma de Galicia de formar a profesionais en ámbitos de coñecemento incipientes e cunha importante proxección de futuro, e en sectores económicos cun potencial de crecemento relevante e con demanda laboral crecente.
Tal como recolle o catálogo “Propostas de Novas Titulacións para o SUG”, elaborado pola Xunta de Galicia e FEUGA, identificouse o rol de deseñador de órganos e tecidos como un dos perfís profesionais de futuro que non está cuberto polo actual mapa de titulacións do SUG, nin existen referentes a nivel nacional, o que xustifica a creación da titulación.
Este Máster conta coa participación das tres universidades públicas galegas e estará conformado por un grupo interdisciplinar de persoal docente e investigador de diversos ámbitos do coñecemento (enxeñaría, bioloxía, farmacia, medicina etc.), asociado a grupos de investigación de referencia en Galicia e vinculados aos tres Institutos de Investigación Sanitaria e a Centros de Investigación Singulares de Galicia. Desta forma, este Máster conxunto proporcionará unha formación excelente e interdisciplinar, que aproveita todo o potencial das infraestruturas máis punteiras existentes en Galicia que traballan no ámbito da biofabricación, bioimpresión, enxeñaría de tecidos e medicina rexenerativa.
Máster Universitario en Biofabricación
Duración:
1 ano académico
Código RUCT: 3500262
Número de ECTS: 60
Número prazas: 7
Decano/a ou director/a do centro:
Mª de los Reyes Laguna Francia
Coordinador-a do título:
Carlos Alberto Garcia Gonzalez
carlos.garcia [at] usc.es
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Universidade coordinadora:
Universidade de Vigo
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña
Universidade de Vigo
Data de publicación no BOE:
28/11/2024
Duración:
1 ano académico
Código RUCT: 3500262
Número de ECTS: 60
Número prazas: 7
Decano/a ou director/a do centro:
Mª de los Reyes Laguna Francia
Coordinador-a do título:
Carlos Alberto Garcia Gonzalez
carlos.garcia [at] usc.es
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Universidade coordinadora:
Universidade de Vigo
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña
Universidade de Vigo
Data de publicación no BOE:
28/11/2024
• Obrigatorias: 24
• Optativas: 12
• Prácticas externas OB: 12
• Traballo fin de máster: 12
o Total: 60
A estrutura do título consta dunha formación básica (24 créditos) de sete materias obrigatorias, que se imparten en 1º cuadrimestre, e unha formación específica (24 créditos) que inclúe 12 créditos de materias optativas e as prácticas externas (12 créditos), que se desenvolverán durante o 2º cuadrimestre. O número total de créditos complétase coa realización dun Traballo Fin de Máster de 12 créditos.
Biomateriais e biofabricación I
- P1271101
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Biomateriais e biofabricación II
- P1271102
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Bioloxía celular en biofabricación
- P1271103
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Fundamentos da enxeñaría de tecidos
- P1271104
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Introdución á medicina rexenerativa. Lexislación e bioética
- P1271105
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Bioestatística e bioinformática
- P1271106
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Emprendemento
- P1271107
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Procesos de biofabricación avanzada I
- P1271201
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Procesos de biofabricación avanzada II
- P1271202
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Ensaios pre-clínicos con cultivos celulares e tisulares
- P1271203
- Optativo
- Segundo semestre
- 6 créditos
Experimentación pre-clínica modelo animal
- P1271204
- Optativo
- Segundo semestre
- 6 créditos
Modelos clínicos en terapias avanzadas en especialidades médico-cirúrxicas
- P1271205
- Optativo
- Segundo semestre
- 6 créditos
Prácticas externas
- P1271108
- Obrigatorio
- Prácticas en Empresas de Grao e Máster
- 12 créditos
Traballo fin de máster
- P1271109
- Obrigatorio
- Traballos Fin de Grao e Máster
- 12 créditos
Os estudantes que desexen ser admitidos no título deben, prefentemente, estar en posesión de un grao científico-técnico o das ciencias da saúde, con capacidade de integración en grupos multidisciplinares e con competencias e habilidades para aplicar coñecementos fundamentais ao desenvolvemento da enxeñaría de texidos e medicina rexenerativa.
• Obrigatorias: 24
• Optativas: 12
• Prácticas externas OB: 12
• Traballo fin de máster: 12
o Total: 60
As Universidades participantes dispoñen de servizos de apoio e orientación ao estudantado, dirixidos a facilitar a incorporación de novo ingreso á universidade, e a prestar axuda ao longo do proceso de formación e aprendizaxe.
UVIGO https://www.uvigo.gal/es/estudiar/te-asesoramos
USC https://www.usc.gal/gl/servizos/oiu/
UDC https://udc.gal/gl/sape/
O alumnado do Máster conta tamén con acceso a infraestruturas singulares de investigación asociadas ás universidades participantes, que permite o desenvolvemento de actividades formativas complementarias e asegura unha docencia de calidade e a adquisición de coñecementos, competencias e habilidades dos futuros especialistas en Biofabricación, como son:
• Cinbio – Centro de Investigacións Biomédicas (Uvigo) (https://cinbio.es/)
• Cintecx (Uvigo) (http://cintecx.uvigo.es/)
• INIBIC (UDC) Instituto de Investigacion Biomedica da Coruña (www.inibic.es/)
• CICA – Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (https://cica.udc.gal)
• iMATUS – Instituto de Materiais (USC) (https://imatus.usc.es
Acceso
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de Master:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
REQUISITOS ESPECÍFICOS
Titulacións de acceso preferente:
a) 8 prazas para titulacións en Bioloxía, Biotecnoloxía e Bioquímica.
b) 7 prazas para Farmacia, Fisioterapia, Veterinaria e Medicina
c) 6 prazas para Física e Enxeñaría Biomédica
Admisión
Segundo a nota media do expediente académico. No caso que queden vacantes nalgunha cuota, cubriranse as prazas co alumnado en lista de agarda das outras cuotas. No caso de que non se cubran todas as prazas coas titulacións preferentes poderanse admitir alumnos/as doutras titulacións universitarias diferentes ás identificadas como preferentes para o acceso ao Máster, que se detallan por ámbitos de coñecemento:
a) Ámbito científico: Química, Bioloxía Molecular e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
b) Ámbito de Ciencias da Saúde: Ciencias Biomédicas e Biomedicina.
c) Ámbito Tecnolóxico: Nanociencia e Nanotecnoloxía, Enxeñería Química, Enxeñería Química Industrial, Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e Telecomunicacións.
O obxectivo principal do Máster consiste en dotar ao alumnado das competencias teórico-prácticas no ámbito da biofabricación, a enxeñería de tecidos e a medicina rexenerativa; en particular, no deseño de estadas ou estruturas que sirvan de base para a rexeneración ou xeración de órganos e tecidos humanos, preórganos que sexan de utilidade para a práctica médica ou o ensaio de medicamentos. Tamén se abordan os produtos sanitarios a medida, que reduzan os riscos de infección, melloren a usabilidade e ofrezan prestacións clínicas superiores.
Entre os obxectivos formativos proponse:
a) Desenvolver competencias e habilidades para o traballo interdisciplinar dado o carácter específico do ámbito da biofabricación que integra coñecementos propios da enxeñería, ciencia de materiais, bioloxía e medicina, entre outras.
b) Potenciar o desenvolvemento de habilidades de investigación, innovación e emprendemento, como resposta á rápida e constante evolución desta disciplina e o seu potencial comercial.
CG1: Dominar técnicas de recuperación de información, análise crítica da información e ser capaz de identificar teorías científicas e aproximacións metodolóxicas adecuadas para o deseño e a avaliación crítica en procesos de biof.
CG2: Saber aplicar os coñecementos á resolución de problemas no ámbito multidisciplinar da investigación e a innovación relacionada con biof.
CG3: Ter capacidade para comprender as responsabilidades sociais e éticas que se derivan da investigación, o desenvolvemento e a innovación na área da biofabricación.
CG4: Ter capacidade de liderado, creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e dispoñer de habilidades para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas, en contextos interdisciplinares e cun alto compoñente de transferencia do coñecemento.
CG5: Coñecer, comprender e capacitar para aplicar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento da lexislación relativa en biof. que permitan utilizar con seguridade os procesos de biofabricación.
CG6: Ter capacidade de comunicación oral e escrita e interacción científica con profesionais doutras áreas de coñecemento.
CG7: Capacitar para a organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
CT1: Saber expor un proxecto de investigación de forma autónoma en contornas multidisciplinares e ter capacidade para a xestión da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en biof.
CT2: Usar as TICs como ferramenta para a transmisión de coñecementos, resultados e conclusións en ámbitos especializados de modo claro e rigoroso.
CT3: Ter iniciativa para a formación continuada e a abordaxe de novos retos científicos e tecnolóxicos.
CT4: Usar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) como ferramenta para a transmisión de coñecementos, resultados e conclusións en ámbitos especializados de modo claro e rigoroso.
CT5: Practicar a sustentabilidade e o compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
CE1: Coñecer os biomateriais poliméricos, cerámicos, vítreos, metálicos e híbridos, incluíndo nanomateriais, o seu procesado e caracterización, así como a obtención das capacidades para o seu manexo na biofabricación.
CE2: Coñecer as ferramentas básicas do deseño 3D e procesos de fabricación aditiva, así como a obtención das capacidades para a súa aplicación na biof.
CE3: Coñecer os biomateriais con propiedades avanzadas e intelixentes, así como a obtención de capacidades para o seu manexo na biofabricación.
CE4: Coñecer as técnicas avanzadas de deseño 3D, así como a obtención de capacidades para a súa aplicación na biofabricación.
CE5: Coñecer as principais tecnoloxías de fabricación e caracterización de scaffolds 2D, 3D e órganos, así como a obtención de capacidades para a súa aplicación na biofabricación avanzada.
CE6: Coñecer os tipos celulares utilizados en procesos de biof., comprender as súas características específicas e os posibles efectos da interacción entre células e biomateriais.
CE7: Desenvolver técnicas e protocolos básicos de cultivos celulares.
CE8: Coñecer as características e organización dos distintos tipos de tecidos humanos, así como adquirir ferramentas para a elaboración de protocolos de construción de tecidos artificiais e terapias avanzadas en terapia humana, coñecendo os desafíos que levan consigo.
CE9: Coñecer os principais modelos animais utilizados en enxeñería de tecidos.
CE10: Desenvolver os protocolos máis axeitados para a avaliación pre-clínica das propiedades e o comportamento dos biomateriais segundo o contexto e aplicación. CE11: Coñecer os principios, normas e modelos da experimentación pre-clínica animal, así como a obtención das capacidades para a análise, manexo e deseño de procedementos e proxectos para fins científicos.
CE12: Adquirir unha visión xeral dos diferentes tipos de terapias avanzadas baseadas en células, orgánulos celulares ou xénica de diferentes orixes e as súas aplicacións.
CE13: Adquirir un sentido ético da investigación en ciencias da saúde.
CE14: Coñecer os fundamentos e proc para o desenvolvemento e aplicación dun sistema de terapia avanzada aplicable aos trastornos da rexeneración tisular na práctica clínica.
CE15: Adquirir a capacidade para elixir e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas á investigación ou o deseño experimental exposto.
CE16: Avaliar e testar as aplicabilidades dos diferentes modelos matemáticos, estatísticos ou de intelixencia artificial en bioinformática para analizar e integrar datos nunha contorna clínica.
CE17: Coñecer as bases do funcionamento empresarial, así como a obtención de capacidades para a análise, manexo, deseño e avaliación dos resultados científicos e a transferencia tecnolóxica.
CE18: Reforzar a formación recibida polo estudantado mediante o desenvolvemento formativo titorizado pola univ en institucións e empresas.
CE19: Dominar os coñecementos, competencias e habilidades que alcanzou
HD1 Adquirir coñecementos avanzados no campo da biofabricación e demostrar unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos-prácticos e da metodoloxía de traballo que a sustentan
HD2 Saber aplicar e integrar coñecementos en biofabricación na resolución de problemas en contornas novas e de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados.
HD3 Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa a utilizar no campo da biofabricación para formular xuízos incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
HD4 Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo no campo da biofabricación
HD5 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada no campo da biofabricación.
HD6 Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas no campo da biofabricación, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
HD7 Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización no campo da biofabricación.
CON1 Clasificación, propiedades e aplicacións de biomateriais e procesos básicos para a biofabricación.
CON2 Fundamentos e técnicas da bioloxía celular de interese na biofabricación.
CON3 Fundamentos das ciencias da vida aplicadas á enxeñería de tecidos.
CON4 Fundamentos da medicina rexenerativa. Lexislación e Bioética.
CON5 Bases da bioestadística e bioinformática.
CON6 Bases do emprendemento e a súa aplicación no ámbito biomédico.
CON7 Deseño e aplicación de procesos en biofabricación avanzada.
CON8 Deseño e aplicación de ensaios pre-clínicos con células e tecidos de interese na biofabricación.
CON9 Deseño e aplicación de ensaios pre-clínicos en modelo animal de interese na biofabricación.
CON10 Deseño e aplicación dos modelos clínicos para terapias avanzadas.
Mobilidade
As universidades participantes publican nas seguintes ligazóns a información sobre os programas de mobilidade de estudantes, persoal docente e investigador (PDI) e persoal de administración e servizos (PAS):
UVIGO https://www.uvigo.gal/es/estudiar/movilidad
USC https://www.usc.gal/es/normativa/alumnado/index.html
UDC https://www.udc.es/es/ori/
Prácticas
O título contempla a realización de prácticas académicas externas que se desenvolverían en centros de investigación, hospitais ou empresas con actividade investigadora ou profesional no ámbito da Biofabricación.
Identificáronse un importante número de grupos de investigación e empresas que poden acoller ao estudantado polo que se garante a posibilidade de que todo o alumnado poida realizar un período de prácticas de dous meses a tempo completo.
De conformidade co RD 592/2014, as universidades dispoñen dun mecanismo de organización para a realización de prácticas académicas externas, onde se publicita a oferta de prácticas, a normativa vixente, os convenios e as convocatorias:
UVIGO https://www.uvigo.gal/es/estudiar/empleabilidad/practicas
USC https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13514
UDC https://www.udc.es/es/emprego/practicas/
As Universidades dispoñen xa de convenios de cooperación educativa con empresas e centros de investigación (por exemplo, Beta Implants, Cinbio, Cintecx,..) que serven de acordo marco para a realización de prácticas externas do alumnado do título. Ademais, formalízanse novos convenios de cooperación educativa e acordos internos específicos que recollen o proxecto formativo a desenvolver e as condicións de implementación das anteditas prácticas. A continuación, indícase a ligazón da universidade coordinadora onde se atopa dispoñible toda a documentación referida a:
a) Modelos e documentos de formalización (convenios e acordos específicos)
b) Documentación de xestión das prácticas académicas externas (condicións, declaración responsable, compromiso do alumno/a, informes de titor/a, certificados de realización de prácticas)
https://www.uvigo.gal/es/estudiar/empleabilidad/practicas-academicas-ex…
O/a estudante debe realizar un Traballo Fin de Máster (TFM) relacionado con algún dos aspectos tratados no Máster. Resulta un traballo de síntese dos coñecementos adquiridos e ademais favorece a planificación e estruturación dun proxecto. O estudante debe organizar, baixo a supervisión do titor/a específico/a, a estrutura e organización dos contidos e resultados obtidos. A realización deste TFM rexerase pola normativa: “realización do traballo de fin de máster”.
C.G. 15/06/16 modificada non C.G. 13/11/18
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/283
A defensa do TFM farase en acto público, seguindo a normativa que establece o artigo 17.4 do RD 822/2021.