Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Formación básica na caracterización das ondas sonoras e nas súas propiedades de propagación
- Fundamentos da audición do son, tanto dende o punto de vista fisiolóxico coma dende o psicolóxico (percepción)
- Introdución á acústica arquitectónica e á acústica ambiental
Magnitudes acústicas: Impedancia acústica. Intensidade acústica. Atenuación. Nivel de intensidade. Nivel de Presión. Nivel de potencia. Superposición de ondas sonoras
Reflexión e Transmisión: Condicións de fronteira. Coeficiente de absorción de potencia. Resonancia. Materiais e dispositivos absorbentes
Análise do son: Mostraxe dixital. Reconstrución de sinais. Filtrado de sinal. Resoadores. Análise en bandas de frecuencia
Propagación do son: Factores que inflúen na propagación. Fontes puntuais estacionarias. Fontes puntuais en movemento. Fontes lineais e superficiais
Acústica fisiolóxica e psicolóxica: Propiedades mecánicas do oído. Mecanismo da audición. Percepción sonora. Albores auditivos. Niveis de sonoridade. Ton e timbre dun son. Enmascaramento. Audición binaural
Acústica arquitectónica: Modos propios de vibración dun recinto. Función de transferencia dunha sala. Campo difuso. Tempo de reverberación. Modelos de cálculo do tempo de reverberación
Acústica ambiental: Sonómetros. Medida de niveis sonoros ambientais. Lexislación sobre protección ante a contaminación acústica. Illamento acústico de recintos. Pantallas acústicas
- "Ingeniería Acústica". Manuel Recuero López. Ed. Paraninfo
- "Fundamentals of noise and vibration". F. Fahy and J. Walker. Ed. E & FH Spon
- "Engineering Noise Control", de D.A. Bies y C.H. Hansen. Ed. Spon Press
- "Acústica arquitectónica y urbanística". A. Llopis, A. Ramis y M. Sancho. Ed. Universidad de Valencia
Básicas:
- Aprender a realizar o cálculo das magnitudes físicas características do campo acústico
- Comprender as características subxectivas da percepción sonora
Específicas:
- Coñecer os fundamentos dos materiais utilizados no acondicionamento e no illamento acústico
- Uso de recursos informáticos e instrumentais para a estimación do illamento acústico ou do impacto acústico ambiental
Os temas teóricos exporanse en clases maxistrais, utilizando todos os medios audiovisuais dispoñibles. As clases de seminario utilizaranse na realización de exercicios e na discusión de temas específicos de aplicación. Activarase unha Aula Virtual na plataforma Moodle do Campus Virtual da USC á que se subirá información de interese para o alumno así como os recursos necesarios para o estudo da materia (apuntamentos, documentos específicos e direccións web).
A avaliación da materia estará composta por:
- Asistencia a clases interactivas (20%)
- Presentación de boletíns de exercicios (40%)
- Redacción e exposición de traballos (40%)
O alumnado que non acceda ao sistema de avaliación continua será avaliado mediante un exame final composto por 3 exercicios (100%).
O traballo de aula se desglosa en 20 horas de clases expositivas, 10 horas de seminários e 1 hora de titoria.
Recomenda-se que o alumno dedique 44 horas adicionais de traballo persoal.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Ramon Balsa Rua
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814054
- Correo electrónico
- ramon.balsa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| Martes | ||
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| Mércores | ||
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| Xoves | ||
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| Venres | ||
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| 08.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| 28.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BALSA RUA, RAMON | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BALSA RUA, RAMON | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BALSA RUA, RAMON | Castelán |