Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (47%), Galego (52%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Física Aplicada, Área externa M.U en Física
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Que o estudante se familiarice con este tipo de materiais tan importantes no mundo de hoxe.
Que saiba caracterizar os polímeros e analizar como inflúen as características macromoleculares sobre as propiedades físicas dos polímeros que os fan útiles como materiais para moitas aplicacións diferentes.
Que o alumno aplicar os coñecementos de Física adquiridos en Termodinámica, Mecánica e Física Estatística no campo da Física de Polímeros, entre elas a
1) simular a xeometría e enerxía das macromoléculas
2) a elasticidade entrópica, que non ten ningún outro material
3) os comportamentos asociados á transición vítrea, a resposta retardada elástica e inelástica e a viscoelasticidade.
Que o alumno domine os conceptos da memoria dos materiais e a superposición temperatura-tempo que ten gran importancia tanto do punto de vista fundamental como aplicado.
Aspectos básicos na ciencia dos polímeros. Definicións básicas. Arquitectura molecular. Clasificación e nomenclatura. Polimerización. Pesos moleculares: medición, distribución e determinación. Conformación da cadea en polímeros. Dimensións características. Estrutura das macromoléculas. Conformacións Fundamentais. Modelos para o cálculo da distancia media extremo-extremo. Interaccións de longo alcance. A cadea de Ising.
Termodinámica e Física Estatística de solucións poliméricas. As condicións de estabilidade das solucións. Modelo reticular de Flory-Huggins
Comportamento mecánico de materiais poliméricos. Transición vítrea. Cristalinidade. Plasticidade. Polímeros amorfos. Elasticidade do caucho. Comportamento termoelástico e termodinámico dos elastómeros: forzas elásticas e enerxéticas e entrópicas. Modelos Mecanoestadísticos da elasticidade do Caucho. Inchazo.
Viscoelasticidade de polímeros. Modelos mecánicos da viscoelasticidade. Principio de superposición de Boltzmann. Dependencia da frecuencia do comportamento viscoelástico. Superposición temperatura-tempo.
BOYD, R.H.; PHILIPS, P.J. The Science of Polymer Molecules. Cambridge University Press, 1996.
BOWER, D. I. An Introduction to Polymer Physics. Cambridge University Press, 2002.
CLEGG, D.W., COLLYER, A.A. The Structure and Properties of Polymer Materials. The Institute of Materials, London, 1993.
DOI, M. Introduction to Polymer Physics. Clarendon Press, Oxford, 1996.
EISELE, U. Introduction to Polymer Physics. Springer, 2011.
GEDDE, U. W. Polymer Physics. Chapman & Hall, London, 1995.
MARK, J.E.et al. Physical Properties of Polymers, Cambridge University Press, 3rd Ed. 2004.
SPERLING, L.H. Introduction to Physical Polymer Science. John Wiley & Sons, New York, 2005.
STROBL, G. The Physics of Polymers. Springer, Berlin, 2010.
YOUNG, R. J.; LOVELL, P. A. Introduction to Polymers. 3rd Ed. CRC Press, Boca Raton, 2011.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE01 - Coñecer os sistemas operativos e linguaxes de programación relevantes en física.
CE02 - Resolver problemas alxebraicos, de resolución de ecuacións e de optimización mediante métodos numéricos.
CE03 - Modelar e simular fenómenos físicos complexos por ordenador.
CE04 - Manexar aplicacións informáticas de cálculo simbólico.
CE05 - Adquirir unha formación avanzada orientada á especialización investigadora e académica, que lle permitirá adquirir os coñecementos necesarios para acceder ao doutorado.
CE06 - Familiarizarse co modelo estándar das interaccións fundamentais e coas súas posibles extensións.
CE07 - Adquirir a capacitación para o uso das principais ferramentas computacionais e o manexo das principais técnicas experimentais da Física Nuclear e de Partículas.
CE08 - Adquirir un coñecemento en profundidade da estrutura da materia no réxime de baixas enerxías e a súa caracterización..
CE09 - Dominar o conxunto de ferramentas necesarias para que poida analizar os diferentes estados en que pode presentarse a materia.
CE10 - Comprender e asimilar tanto aspectos fundamentais como máis aplicados da Física da luz e a radiación.
CE11 - Adquirir coñecementos e dominio das estratexias e sistemas de transmisión da luz e a radiación.
CE12 - Proporcionar unha formación especializada, nos distintos campos que abarca a Física Fundamental: desde a física medioambiental, a física de fluídos ou a acústica ata fenómenos cuánticos e de radiación coas súas aplicacións tecnolóxicas, médicas, etc.
CE13 - Dominar ferramentas interdisciplinares, tanto a nivel teórico como experimental ou computacional, para desenvolver con éxito calquera actividade de investigación ou profesional enmarcada en calquera campo da Física.
CE14 - Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo, así como realizar as aproximacións requiridas co obxecto de reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrará posuír pensamento crítico para construír modelos físicos.
Activarase un curso na plataforma Moodle do Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así como material docente diverso.
A materia será desenvolvida en horas de clase maxistrais, utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer e que fagan amena e formativa a materia para o alumno. Realizaranse prácticas de simulación de cadeas de polímeros. Entregaráselle ao estudante todo o material base necesario para o estudo da materia así como para a realización deas prácticas.
A avaliación da materia será unha combinación de:
Asistencia participativa a clases presenciais 25 %
Realización de traballos e/ou exercicios 50 %
Exposición oral e defensa de traballos 25 %
Excepcionalmente poderase realizar un exame final da materia 100%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ao recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
"Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes."
Tal como reflicte a memoria do Máster en Física, referido ao traballo persoal do alumno, o número de horas estimadas para estudo e traballo persoal é de 75, cuxa distribución é a seguinte:
- Traballo presencial:
Clases expositivas: 20 horas
Clases interactivas de seminario: 6 horas
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 4 horas
Titorías: 1 hora
- Traballo persoal e outras actividades non presenciais: 44 horas
Recoméndase un estudo continuado desde o primeiro tema, o uso da titoría como medio de aclaración de conceptos e sobre todo, como orientación da aprendizaxe e a utilización de abundante material bibliográfico para consolidar e ampliar o subministrado na clase.
Gerardo Prieto Estévez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814039
- Correo electrónico
- xerardo.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Josefa Fernandez Perez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814046
- Correo electrónico
- josefa.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| Martes | ||
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| Xoves | ||
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| Venres | ||
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| 18.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| 26.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA | Castelán |
| Prieto Estévez, Gerardo | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Prieto Estévez, Gerardo | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA | Castelán |
| Prieto Estévez, Gerardo | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA | Castelán |