- Código
- FD0413
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 3.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 102,28€
- Centro
- Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
- Dirección
- Mª Angeles Lopez Cabarcos
- Contacto
angeles.lopez.cabarcos [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural
Mª ANGELES LOPEZ CABARCOS
angeles.lopez.cabarcos [at] usc.es
Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]
Datas
Duración: 02/02/2026 - 29/05/2026
Preinscrición: 02/01/2026 - 12/01/2026
Matrícula: 15/01/2026 - 23/01/2026
Número alumnos/as mínimo: 8
Número alumnos/as máximo: 10
Comentarios: Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds:
O importe do SEGURO OBRIGATORIO será aboado directamente polo curso, sen que supoña ningún custo para o estudantado.
Existen exención ao pagamento do prezo público da matrícula. Máis información en https://www.usc.gal/gl/centro/centro-estudos/exencions-prezo-matricula
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulación universitaria
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
A selección inicial faina a Asociación Síndrome de Down (GALICIA-LUGO); ou a Federación de Asociaciones de Personas con Discapacidad – COGAMI (GALICIA-LUGO). A selección final faina unha comisión académica da acción formativa (Directora, 2 profesores, 2 empresas) involucrados no Curso TROYA. Os criterios de selección son: - Tener entre 25 e 64 anos cumplidos en el momento de comenzar o curso. - Estar en situación de desempleo ou en búsqueda dunha mellora de empleo no momento de comenzar o curso. - Tener unha porcentaxe de discapacidade (física ou intelectual) mínima do 33%.
-Identificar as necesidades e os problemas da empresa e a determinación das solucións para promover o seu bo funcionamento.
- Analizar a situación económico-financeira da empresa mediante a aplicación de técnicas de análise financeira e o uso adecuado de ferramentas e conceptos financeiros.
- Utilizar de forma eficaz programas de ofimática e de apoio á toma de decisións, así como ferramentas TIC orientadas á xestión empresarial para procesar información e elaborar documentación profesional.
- Realizar tarefas relacionadas coa administración empresarial de maneira eficiente, xestionando sistemas e procedementos para organizar información, tramitar documentación e asegurar o correcto funcionamento dos procesos internos da empresa.
- Comunicar de maneira clara, estruturada e eficaz con distintos públicos para informar de feitos, así como para presentar e promover ideas, produtos e/o servizos.
Avaliación
O alumnado terá que superar un exame/actividade para cada unha das materias que conforman o curso. É necesario superar todos os exames/actividades propostas para que o alumnado poida obter a ‘microcredencial’ USC.
Titorías
A FASE FORMATIVA, que terá unha duración de 30 horas a impartir de forma presencial, levarase a cabo na contorna universitaria (Facultade de Administración e Dirección de Empresas, USC). Expertos pertencentes ao ámbito universitario ou externos a ela impartirán sesións teórico-prácticas para que o alumnado adquira coñecementos fundamentais relacionados coa temática propia de cada unha das materias que integran o curso. A FASE PRÁCTICA-MENTORING (optativa) levarase a cabo na contorna empresarial para que xestores pertencentes a este ámbito mentoricen ao alumnado en relación ás tarefas, obrigacións e responsabilidades que conleva o desempeño dun traballo real. As empresas mentoras comprométense a acompañar ao alumnado durante todo o curso, pero especialmente durante a FASE PRÁCTICA-MENTORING. Haberá tantas empresas mentoras TROIA como alumnos/AS TROIA decidan facer a fase de prácticas. Na FASE FORMATIVA, as sesións presenciais servirán para facilitar ao alumnado a comprensión dos contidos fundamentais de cada módulo, así como as relacións entre eles. A interacción directa profesorado-alumnado permitirá profundar na asimilación de conceptos, a aclaración de dúbidas e a solución de casos e problemas en tempo real. A fase de formación será totalmente inclusiva e adoptará enfoques didácticos acordes coas necesidades do alumnado TROIA. A FASE PRÁCTICA-MENTORING, servirá para poñer en práctica e en contextos de traballo reais os coñecementos adquiridos na FASE FORMATIVA. A FASE PRÁCTICA-MENTORING, que adoptará tamén unha perspectiva totalmente inclusiva, será avaliada polos xestores das empresas mentoras. O alumnado que realice ditas prácticas e ademais obteña unha avaliación positiva nas mesmas, verá recoñecido devandito período de prácticas nun informe final. Durante o desenvolvemento da FASE FORMATIVA, o alumnado contará co apoio personalizado do profesorado e dos Voluntarios/as TROIA. Durante a FASE PRÁCTICA-MENTORING o alumnado contará, ademais de con o apoio personalizado do profesorado e dos Voluntarios/as TROIA, co apoio dos xestores das empresas mentoras. Os Voluntarios/as TROIA serán alumnos/as de últimos cursos de titulacións da USC que conten, non só cos coñecementos suficientes de todas as materias do curso, senón tamén coas habilidades humanas e sociais necesarias para interactuar co público obxectivo da acción formativa. Designaranse entre un e cinco Voluntarios/as TROIA. A FASE FORMATIVA, estruturada en 2 módulos, 10 materias e impartida en 10 semanas cun total de 30 horas (3 horas por semana), céntrase no desenvolvemento de habilidades e competencias relacionadas coa xestión empresarial e o benestar persoal; en concreto: Organización empresarial, Comercialización e márketing, Finanzas empresariais, Contabilidade empresarial, Tecnoloxía, Habilidades sociais, Xestión da diversidade, Benestar persoal e Acceso ao mercado laboral. A FASE PRÁCTICA-MENTORING (optativa), estruturada en 1 módulo, 1 materia e desenvolvida en 5 semanas cun total de 50 horas (10 horas á semana), céntrase no desenvolvemento de habilidades e competencias relacionadas coas tarefas, obrigacións e responsabilidades que conleva o desempeño dun traballo real
Formación teórica Universidad: 2 de febrero 2026 – 24 de abril 2026 Martes de 16:00 a 19:00 horas Formación práctica: 27 de abril 2026 – 29 de mayo 2026 Lunes-Viernes (3 días a determinar) de 9:00 a 13:00 horas
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Desenvolvemento de Habilidades Empresariais para Persoas Pertencentes a Colectivos en Risco de Exclusión Social. | 3.0 |
| 2 | Practica-Mentoring. | 2.0 |