- Código
- FE0144
- Tipo
- Diploma de Experto/a
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 29.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 1.740,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
-
Maria Isabel Neira Gomez
Sergio Lago Varela - Contacto
isabel.neira [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Departamento de Economía Cuantitativa
MARIA ISABEL NEIRA GOMEZ
11547
isabel.neira [at] usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Datas
Duración: 04/10/2024 - 16/05/2025
Preinscrición: 02/09/2024 - 15/09/2024
Matrícula: 02/05/2024 - 31/08/2024
Número alumnos/as mínimo: 30
Número alumnos/as máximo: 35
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso engloba os seguintes cursos de posgrao ou formación continua:
Código | Nome do curso |
---|---|
FE0144-FD0227 | Curso de Formación Específica: Análise e planificación estratéxica no sector cultural e creativo |
FE0144-FD0228 | Curso de Formación Específica: Deseño e xestión de proxectos culturais |
FE0144-FD0229 | Curso de Formación Específica: Mediación, comunidades e comunicación cultural |
Requisitos de acceso
Os requisitos de acceso sos os mesmos que para os másteres oficiais da USC (www.usc.gal/gl/admision/master) . Poderá ser admitido nun Diploma de Experto/a o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida. Neste caso, non poderá obter o Diploma de Experto/a quen previamente non obtivera o título de Grao
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Valoración de curriculum vitae. Entrevista persoal.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 895,00€ | 02/09/2024 - 15/09/2024 |
2 | 845,00€ | 11/11/2024 - 21/11/2024 |
Os contidos estrutúranse en tres bloques, que se ofrecen tamén como Cursos de Formación Específica:
1) Análise e planificación estratéxica no sector cultural e creativo
Obxectivos:
- Comprender a configuración actual do ecosistema cultural e creativo, tanto desde a acción e políticas públicas como na esfera privada, empresarial e sociocultural.
- Coñecer o marco profesional da xestión cultural, as diferentes formas xurídicas nas que se opera e os seus perfís especializados.
- Adquirir as ferramentas para realizar diagnoses de ecosistemas culturais, entidades -públicas e privadas- e equipamentos.
- Identificar e analizar as principais vías de financiamento para iniciativas culturais.
2) Deseño e xestión de proxectos culturais
Obxectivos:
- Coñecer diferentes estratexias e metodoloxías de traballo práctico no sector cultural.
- Identificar as singularidades na programación de contidos das diferentes disciplinas creativas.
- Adquirir as ferramentas para deseñar, xestionar e avaliar proxectos e programas culturais.
- Aproximarse a necesidades e perfís máis técnicos da xestión cultural: produción, xestión económica, plans de sustentabilidade e dereito cultural.
3) Mediación, comunidades e comunicación cultural
Obxectivos:
- Coñecer estratexias e metodoloxías de mediación cultural situada, con impacto social no territorio, para construír comunidades.
- Adquirir as ferramentas para deseñar e implementar un plan de comunicación cultural.
- Incorporar unha visión integral da estratexia dixital nunha organización cultural.
En canto ás metodoloxías pedagóxicas, combínanse clases presenciais dialogadas con traballos en grupo na aula, visitas guiadas a centros culturais, mesas redondas con axentes do sector e titorías personalizadas. Facilitando ás alumnas e alumnos que así o desexen a posibilidade de realizar prácticas opcionais en institucións culturais de referencia.
Un elemento vertebral do Curso é o deseño en equipo por parte do alumnado dun proxecto integral de xestión cultural, que será tamén o traballo final a avaliar e que supón a parte de traballo non presencial do curso, sempre baixo unha atención titorizada. Empregaranse para este proceso en equipo as mesmas canles e ferramentas telemáticas que nun entorno profesional, introducindo por parte dos titores contidos adicionais de aplicación directa nos proxectos do alumnado.
Avaliación
A) Entrega de proxecto grupal ou individual (traballo práctico).
B) Sesión de presentación dos proxectos ante comité de profesionais en activo.
C) Traballo individual de resumo sobre a temática dunha sesión do curso.
Titorías
As titorías fixaranse persoalmente entre o equipo docente e o alumnado, xa que existe unha atención personalizada. Empregaranse para este proceso en equipo as mesmas canles e ferramentas telemáticas que nunha contorna profesional, introducindo por parte dos titores contidos adicionais de aplicación directa nos proxectos do alumnado.
As aulas desenvolveranse de 16:30 a 20:30 todos os venres lectivos do 04-10-2024 ao 16-05-2025, ademais dalgunha sesión un xoves ao mes no mesmo horario. As materias de "prácticas optativas" poderán desenvolverse entre o 10/01/2025 e o 30/09/2025.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Marco Profesional da Xestión Cultural. | 5.0 |
2 | Análise e Planificación Estratéxica. | 5.0 |
3 | Estratexias e Metodoloxías na Xestión Cultural. | 4.0 |
4 | Deseño de Proxectos Culturais. | 6.0 |
5 | Mediación Cultural e Comunidades. | 4.0 |
6 | Comunicación Cultural e Estratexia Dixital. | 5.0 |
7 | Prácticas Tuteladas en Entidades (1). | 5.0 |
8 | Prácticas Tuteladas en Entidades (2). | 5.0 |