Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

Diploma de Experto/a en Xestión de Operacións Internacionais

  • Curso 2024-2025
  • (Cancelado)
  • Código
    MP0202-FE0150
    Tipo
    Diploma de Experto/a
    Modalidade
    Híbrido
    Duración
    1 ano
    Créditos
    18.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    1.450,00€
    Centro
    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
    Dirección
    Maria Emilia Vazquez Rozas
    Miguel Angel Otero Simon
    Contacto

    mascomex@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

    Información:

    Miguel Ángel Otero Simón

    647 73 44 76

    mascomex@usc.es

    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

    Procedemento

    Datas
    Duración: 03/02/2025 - 20/06/2025
    Preinscrición: 18/11/2024 - 21/01/2025
    Matrícula: 22/01/2025 - 26/01/2025

    Número alumnos/as mínimo: 1
    Número alumnos/as máximo: 5

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

    Este curso forma parte de:

    Código Nome do curso
    MP0202 Máster de Formación Permanente en Dirección e Xestión do Comercio Exterior
  • Requisitos de acceso

    Estar en posesión dun título universitario. Poderá ser admitido o alumnado ao que lle falte para obter esta titulación a realización do TFG, ou como máximo, 9 créditos ECTS. Neste caso, non poderá obter o título do curso se previamente non obtivese o título universitario que lle habilita para realizalo. A USC está inscrita no catálogo de especialidades da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE), polo que as empresas que inscriban aos seus traballadores no mesmo poderán beneficiarse de bonificacións nas súas cotizacións á Seguridade Social.

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    Expediente académico. Coñecemento de idiomas. Experiencia profesional. Estancias no estranxeiro e entrevistas persoais en castelán e inglés.

  • Para poder acceder a un mercado laboral cada vez máis competitivo, non é suficiente posuír un título universitario, necesítase unha formación especializada, práctica e adaptada ás necesidades e demandas da empresa actual.

    Desde os nosos inicios, no curso 1991-1992, a nosa misión é formar aos futuros directivos e técnicos especialistas en internacionalización de empresas, comercio exterior e negocios internacionais que demandan as empresas para desenvolver os seus negocios en mercados internacionais.

    MASCOMEX pon ao dispor dos seus alumnos, a súa experiencia e o seu prestixio, para ofrecerlles un programa formativo pensado para as necesidades dos directivos internacionais do século XXI, co obxectivo último de conseguir a súa inserción laboral e contribuír significativamente á súa futura progresión e desenvolvemento profesional neste ámbito, altamente demandado polas empresas.

  • Avaliación

    Para a avaliación e cualificación do alumnado teranse en consideración os seguintes aspectos:
    - A asistencia. Para superar o curso será necesario a asistencia, como mínimo, ao 70% das clases.
    - Os exames que se realicen ao longo do curso. Para superar o curso será necesario obter polo menos o 50% da puntuación das probas avaliativas.
    - Os casos, traballos e proxectos que se realicen ao longo do curso. Para superar o curso será necesario realizar e obter unha avaliación positiva en polo menos a metade das tarefas que se encomenden.

    Metodoloxía

    Ademais dos seminarios que se imparten nas distintas materias que compoñen o contido do curso, o alumno poderá acceder a titorías presenciais personalizadas de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.

  • “FULL TIME” ou Tempo Completo: De luns a venres de 9:30 a 14:00 horas e/ou de 15:30 a 20:00 horas.

    Observacións

    A docencia impártese en formato “Face to Face”, de forma que o alumno poida participar e interactuar en todas as sesións cos profesores e os demais alumnos da clase, para que así poida obter o máximo proveito da nosa metodoloxía.

    Ademais, para que o alumno poida completar plenamente a súa formación, todas as sesións serán gravadas para que aquelas a as que o alumno non puidese asistir de forma presencial no momento de impartirse (on-site ou on-line), poida acceder posteriormente a través da aula virtual, coa única excepción das ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á DOCENCIA como visitas a empresas, instalacións portuarias, institucións, etc.

    Con carácter xeral, as clases das distintas materias impartiranse 3 ou 4 días á semana en horario de tarde.

  • Código Materia Créditos
    1 Negociación e Técnicas de Venda. 1.0
    2 Xestión de Compras e Aprovisionamento Internacional. 1.0
    3 Proxectos Colaborativos e Licitacións Internacionais. 1.0
    4 IncoterMS e Sistemas Legais no Comercio Internacional. 1.0
    5 Contrato de Compravenda Internacional. 1.0
    6 Contratos de Axencia, Distribución e Franquicia. 1.0
    7 International Banking. 1.0
    8 Cobertura de Riscos e Medios de Pagamento Internacionais. 1.0
    9 O Financiamento de Operacións Internacionais. 1.0
    10 Cadeas de Abastecemento Globais e Transporte Internacional. 1.0
    11 Operadores Loxísticos e Medios de Transporte Internacionais. 2.0
    12 Operacións Triangulares e Xestión da Loxística Internacional. 1.0
    13 Xestión Aduaneira. 2.0
    14 Fiscalidade Internacional. 2.0
    15 Apoios a Internacionalización. 1.0
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2024.