- Código
- MP0206-FD0217
- Tipo
- Curso de Formación Específica
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 5.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 500,00€
- Centro
- Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
- Dirección
- Javier Bueno Lema
- Contacto
javier.bueno [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Enxeñaría Agroforestal
Javier Bueno Lema
javier.bueno [at] usc.es
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Datas
Duración: 28/03/2025 - 03/05/2025
Preinscrición: 08/07/2024 - 22/07/2024
Matrícula: 01/06/2024 - 30/06/2024
Número alumnos/as mínimo: 3
Número alumnos/as máximo: 3
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso forma parte de:
Código | Nome do curso |
---|---|
MP0206 | Máster de Formación Permantente en Produción de Leite |
Requisitos de acceso
acceso sen titulación universitaria
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Establecerase unha prelación de candidatos atendendo ós seguintes criterios: Graduados, máster, diplomados, licenciados, enxeñeiros técnicos e superiores. Alumnos de titulacións universitarias vencellados ao sector agropecuario ou titulados dos ciclos formativos de grao medio ou superior da rama profesional agropecuaria. 1) Expediente académico (ata 5 puntos). Procederase a ponderar a nota media do expediente entre 5 puntos para a nota media máis elevada e 2 puntos para a nota media máis baixa. 2) Experiencia profesional e currículo relacionado co sector gandeiro en xeral e vacún leiteiro en particular (ata 3 puntos). 3) Orde de inscrición (ata 2 puntos). Procederase a ponderar entre 2 puntos para a primeira inscrición e 0 para a última.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 250,00€ | 08/07/2024 - 22/07/2024 |
2 | 250,00€ | 20/02/2025 - 02/03/2025 |
Formar a futuros técnicos para que desenvolvan a súa actividade no sector da produción de leite. Coa finalidade de
posibilitar o acceso a persoas que non teñen dispoñibilidade para relaizar o máster de xeito íntegro, nun curso académico, ou incluso para aqueles que pola seu perfíl laboral tan só queren completar a súa formación en eidos mais concretos da producción de leite, iniciamos un proceso para ofertar módulos derivados do mesmo. É por esto que propoñemos o curso de Economía de la Explotación de Leche como curso derivado do Máster en Produción de Leite.
O noso enfoque metodolóxico baséase en tres piares:
- Clases presenciais con contidos teóricos e prácticos
- Estudos de casos e realización de exercicios con aplicación de programas informáticos.
- Conferencias maxistrais de expertos nacionais e/ou internacionais.
Avaliación
Avaliacion continua das actividades realizadas nas aulas (participación activa, presentación de traballos, resolución de
problemas e casos prácticos). Ó remate realizarase un examen sobre os contidos teóricos e prácticos da mesma.
Titorías
Independentemente das presenciais nos días de clase, abriranse titorias a través das TIC´s, podendo concertarse citas presenciais
venres de 16:00 a 21:00 h e sábados de 9:00 a 14:00 h
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Economía da Explotación de Leite. | 5.0 |