- Código
- MP0206
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 2 anos
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 3.050,00€
- Centro
- Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
- Dirección
- Javier Bueno Lema
- Contacto
javier.bueno [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Enxeñaría Agroforestal
Javier Bueno Lema
javier.bueno [at] usc.es
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Datas
Duración: 13/09/2024 - 10/03/2026
Preinscrición: 08/07/2024 - 22/07/2024
Matrícula: 01/06/2024 - 30/06/2024
Número alumnos/as mínimo: 12
Número alumnos/as máximo: 12
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso engloba os seguintes cursos de posgrao ou formación continua:
Código | Nome do curso |
---|---|
MP0206-FD0216 | Curso de Formación Específica de Alimentación na Produción de Leite |
MP0206-FD0217 | Curso de Formación Específica de Economía da Explotación de Leite |
Requisitos de acceso
Graduados, máster, diplomados, licenciados e enxeñeiros técnicos e superiores. Poderán ser admitidos os alumnos aos que lles reste por superar o TFG e, como máximo de 9 créditos ECTS para obter a titulación de acceso requirida. Non obstante, o título de máster propio expedirase unicamente para aqueles alumnos que acrediten a titulación de acceso requirida antes de acabar o ano académico no que remata o máster.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Establecerase unha prelación de candidatos atendendo ós seguintes criterios: 1) Expediente académico (ata 5 puntos). Procederase a ponderar a nota media do expediente entre 5 puntos para a nota media máis elevada e 2 puntos para a nota media máis baixa. 2) Experiencia profesional e currículo relacionado co sector gandeiro en xeral e vacún leiteiro en particular (ata 3 puntos). 3) Orde de inscrición (ata 2 puntos). Procederase a ponderar entre 2 puntos para a primeira inscrición e 0 para a última.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 2.000,00€ | 08/07/2024 - 22/07/2024 |
2 | 1.050,00€ | 20/02/2025 - 02/03/2025 |
O Máster de Produción de Leite formúlase como resposta a unha demanda do sector produtor de leite de Galicia e da cornixa Cantábrica. A falla de técnicos cun perfil acaido as necesidades das explotacións é evidente, na actualidade non existe no eido universitario galego ningunha titulación que abranga a produción de leite dun xeito integral, como se fará no Master proposto. Os obxectivos xerais do Máster, tendo presente o séu carácter profesionalizante, defínense a partir das funcións e tarefas que o alumno deberá realizar co seu traballo técnico, de desenvolvemento e transferencia tecnolóxica.
A combinación de materias de produción de leite, xunto con outras de produción de forraxes, calidade e economía fan que este Master profesionalizante encaixe coa demanda de técnicos que ten o sector, sometido neste momento a unha dinámica empresarial moi esixente no referido a profesionalizacion dos técnicos.
Por último salientar que a oferta formativa ten un enfoque multidisciplinar e integral na que se conta con profesionais docentes de alto prestixio no eido da produción de leite, investigadores, docentes de Universidade e técnicos de empresas privadas, o que permite formular contidos interesantes, actuais e aplicables na produción de leite.
O noso enfoque metodolóxico baséase en cinco piares básicos:
- Clases presenciais con contidos teóricos e prácticos
- Estudos de casos e realización de exercicios
- Conferencias maxistrais de expertos nacionais e internacionais
- Visitas a instalacións.
- Prácticas tuteladas en empresas e cooperativas que están prestando os seus servizos no sector da Produción Leiteira en Galicia.
Avaliación
Avaliacion continua das actividades realizadas tanto nas clases teóricas como prácticas (participación activa na aula, presentación de traballos, resolución de problemas e casos prácticos). Ó remate de cada materia realizarase unha proba sobre os contidos teóricos e prácticos da mesma. Unha vez teñan finalizado tódalas actividades docentes realizaráse un examen final dos contidos e unha avaliación do traballo fin de master que será exposto ante un tribunal constituido por tres docentes do Máster. Cabe a posibilidade de recoñecemento da experiencia profesional do alumnado como prácticas académicas externas (Prácticas en empresa).
Titorías
Independentemente das presenciais nos días de clase, abriranse titorias a través das TIC´s, podendo concertarse citas presenciais
Os venres de 16:00-21:00 H. e os sábados de 9:00-14:00 H.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Produción de Forraxes. | 5.0 |
2 | Morfoloxía, Fisioloxía e Manexo Sanitario da Vaca de Leite. | 5.0 |
3 | A Alimentación na Produción de Leite. | 5.0 |
4 | Instalacións e Benestar Animal. | 5.0 |
5 | Calidade do Produto. | 5.0 |
6 | Economía da Explotación de Leite. | 5.0 |
7 | Actividades Prácticas. | 5.0 |
8 | Traballo Fin de Máster. | 12.5 |
9 | Prácticas Tuteladas en Empresas. | 12.5 |