- Código
- MP0202
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 2 anos
- Créditos
- 90.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 7.900,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
-
Maria Emilia Vazquez Rozas
Miguel Angel Otero Simon - Contacto
mascomex [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Miguel Ángel Otero Simón
647 73 44 76
mascomex [at] usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Datas
Duración: 02/10/2024 - 22/12/2025
Preinscrición: 20/09/2024 - 24/09/2024
Matrícula: 02/05/2024 - 19/09/2024
Número alumnos/as mínimo: 20
Número alumnos/as máximo: 26
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso engloba os seguintes cursos de posgrao ou formación continua:
Requisitos de acceso
Estar en posesión dun título universitario. Poderá ser admitido o alumnado ao que lle falte para obter esta titulación a realización do TFG, ou como máximo, 9 créditos ECTS. Neste caso, non poderá obter o título do curso se previamente non obtivese o título universitario que lle habilita para realizalo. A USC está inscrita no catálogo de especialidades da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE), polo que as empresas que inscriban aos seus traballadores no mesmo poderán beneficiarse de bonificacións nas súas cotizacións á Seguridade Social.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Expediente académico. Coñecemento de idiomas. Experiencia profesional. Estancias no estranxeiro e entrevistas persoais en castelán e inglés.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 4.000,00€ | 20/09/2024 - 24/09/2024 |
2 | 3.900,00€ | 03/03/2025 - 13/03/2025 |
Para poder acceder a un mercado laboral cada vez máis competitivo, non é suficiente posuír un título universitario, necesítase unha formación especializada, práctica e adaptada ás necesidades e demandas da empresa actual.
Desde os nosos inicios, no curso 1991-1992, a nosa misión é formar aos directivos e técnicos especialistas en internacionalización de empresas, comercio exterior e negocios internacionais que demandan as empresas para desenvolver os seus negocios en mercados internacionais. Por iso, hoxe en día, a práctica totalidade das empresas galegas con proxección internacional contan con directivos e técnicos formados por MASCOMEX.
MASCOMEX pon ao dispor dos seus alumnos, a súa experiencia e o seu prestixio, para ofrecerlles un programa formativo pensado para as necesidades dos directivos internacionais do século XXI, co obxectivo último de conseguir a súa inserción laboral e contribuír significativamente á súa futura progresión e desenvolvemento profesional neste ámbito, altamente demandado polas empresas.
Por iso, máis do 95% dos alumnos que realizan MASCOMEX conseguen a súa inserción laboral en multinacionais e empresas exportadoras antes de finalizar o máster, a través do noso programa de prácticas remuneradas. Ademais, a nosa bolsa de emprego fai posible o crecemento profesional de moitos deles, mesmo anos despois de finalizar o máster.
Actualmente, a nosa rede MASCOMEX está formada por un milleiro de alumnos, presentes en todos os continentes e nunha ampla variedade de sectores e profesións vinculadas ao comercio internacional: CEOs e Xerentes de empresas e filiais no exterior, Directores Comerciais e Directores Internacionais e Exportación, Country Managers, Directores de Marketing e Desenvolvemento de Negocio, Directores de Loxística E Transporte Internacional, Directores de Compras, Técnicos Comerciais e de Exportación, Técnicos de Loxística e Transporte Internacional, Transitarios e Axentes de Aduanas, etc.
A o longo de máis de 30 anos fomos desenvolvendo nosa propia metodoloxía, para preparar aos nosos alumnos para tomar as decisións adecuadas e para resolver, de maneira exitosa, as complexas situacións que se presentan ás empresas que operan no ámbito internacional. Para iso combinamos as ferramentas da formación tradicional, como as clases maxistrais ou o método do caso, con outras metodoloxías máis novidosas que desenvolvemos, como “Da aula a empresa” ou os Plans de Internacionalización reais, co obxectivo de aproximar ao máximo aos nosos alumnos ás situacións que se lles exporán no mundo real, incorporando ademais o manexo do inglés comercial e de negocios.
Para facer a nosa metodoloxía totalmente práctica, as empresas están sempre presentes en todas as actividades formativas que realizamos, adaptando totalmente a nosa formación á realidade empresarial:
• O noso temario, que cobre desde unha perspectiva totalmente práctica e especializada todos os coñecementos que debe manexar un directivo ou un técnico especializado que opera no mercado internacional.
• O noso claustro de profesores está formado maioritariamente por directivos con ampla experiencia internacional, que orientan a aplicación dos conceptos á realidade dos negocios internacionais.
• A nosa propia metodoloxía, como os seminarios da “Da aula á empresa”, permítenos desenvolver o método do caso nas propias empresas protagonistas do mesmo, incorporando aos seus directivos como relatores ou profesores, ou a realización de Plans de Internacionalización reais nos que os nosos alumnos exercitan os coñecementos adquiridos, baixo a dirección de consultores especializados e en colaboración cos directivos da empresa, para a que elaboramos o Plan.
• O noso programa de prácticas remuneradas, de 6 meses de duración, en empresas exportadoras facilita a inserción laboral dos nosos alumnos. Por iso, máis do 95% son contratados polas empresas que os reciben ao finalizalas.
A través da nosa metodoloxía conseguimos que os nosos alumnos, ademais de recibir unha excelente formación, desenvolvan diversas capacidades fundamentais para o seu progreso profesional, como:
• Obter unha visión totalmente práctica da realidade empresarial.
• Desenvolver unha elevada capacidade de síntese e análise.
• Conseguir unha alta capacidade de decisión en múltiples contornas e situacións.
• Elevada capacidade de negociación en contornas multiculturais.
• Alta capacidade de comunicación en español e inglés.
• Capacidade de liderado, coordinación e traballo en equipos multiculturais.
Avaliación
Para a avaliación e cualificación do alumnado teranse en consideración os seguintes aspectos:
- A asistencia. Para superar o curso será necesario a asistencia, como mínimo, ao 70% das clases.
- Os exames que se realicen ao longo do curso. Para superar o curso será necesario obter polo menos o 50% da puntuación das probas avaliativas.
- Os casos, traballos e proxectos que se realicen ao longo do curso. Para superar o máster será necesario realizar e obter unha avaliación positiva en polo menos a metade das tarefas que se encomenden.
Titorías
Ademais dos seminarios que se imparten nas distintas materias que compoñen o contido do curso, o alumno poderá acceder a titorías presenciais personalizadas de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.
“FULL TIME” ou Tempo Completo: De luns a venres de 9:30 a 14:00 horas e/ou de 15:30 a 20:00 horas.
Observacións
A docencia impártese en formato “Face to Face”, de forma que o alumno poida participar e interactuar en todas as sesións cos profesores e os demais alumnos da clase, para que así poida obter o máximo proveito da nosa metodoloxía.
Ademais, para que o alumno poida completar plenamente a súa formación, todas as sesións serán gravadas para que aquelas a as que o alumno non puidese asistir de forma presencial no momento de impartirse (on-site ou on-line), poida acceder posteriormente a través da aula virtual, coa única excepción das ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á DOCENCIA como visitas a empresas, instalacións portuarias, institucións, etc. Entre outras que poidan xurdir ao longo do máster citamos as actividades máis regulares que se desenvolven no marco do máster: Visita á Feira Conxemar en Vigo, visita á Adega Martín Códax en Cambados, visita á sede central de Inditex en A Coruña, visita ás instalacións portuarias do Porto de Vigo, etc.
Con carácter xeral, as clases das distintas materias impartiranse 3 ou 4 días á semana en horario de tarde, salvo as da materia “Business English” que se impartirán 2 días á semana en horario reducido de mañá.
O período de docencia no curso académico 2024-25 será desde o 02/10/2024 ata 27/06/2025, quedando para o 2º curso académico a superación do traballo fin de máster.
O período para a realización das prácticas remuneradas en empresas exportadoras será de 6 meses e poderá iniciarse entre o 01/07/2025 e o 30/09/2025 (Actividade Voluntaria).
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Desenrolo Internacional da Empresa. | 2.0 |
2 | Análise Económico de Países. | 2.0 |
3 | Economía Internacional. | 2.0 |
4 | Finanzas Internacionais. | 2.0 |
5 | Política Comercial e Institucións Internacionais. | 2.0 |
6 | Internacionalización e Competitividade. | 1.0 |
7 | Cross-Cultural Management. | 2.0 |
8 | Deseño de Estratexias en Empresas Internacionais. | 2.0 |
9 | Preparación da Empresa para a Internacionalización. | 2.0 |
10 | Barreiras de Entrada e Formas de Acceso aos Mercados Internacionais. | 1.0 |
11 | O Estudo de Mercados Exteriores. | 1.0 |
12 | Intelixencia Comercial e Selección de Mercados Exteriores. | 1.0 |
13 | Dirección Comercial e Plan de Marketing Internacional. | 2.0 |
14 | Marketing Dixital e Ia. | 1.0 |
15 | Proposta de Valor e Experiencia do Cliente. | 1.0 |
16 | Innovación e Carteira de Produtos para Mercados Globais. | 2.0 |
17 | International Branding. | 2.0 |
18 | Publicidade e Comunicación Internacional. | 1.0 |
19 | Desenrolo da Rede Comercial no Exterior. | 1.0 |
20 | Distribución Global e Xestión de Canles de Venda. | 2.0 |
21 | Merchandising e Xestión de Puntos de Venda. | 1.0 |
22 | Tendencias do Ecommerce e Venda en Market Place. | 1.0 |
23 | Pricing Management International Markets. | 2.0 |
24 | Negociación e Técnicas de Venda. | 1.0 |
25 | Xestión de Compras e Aprovisionamento Internacional. | 1.0 |
26 | Proxectos Colaborativos e Licitacións Internacionais. | 1.0 |
27 | IncoterMS e Sistemas Legais no Comercio Internacional. | 1.0 |
28 | Contrato de Compravenda Internacional. | 1.0 |
29 | Contratos de Axencia, Distribución e Franquicia. | 1.0 |
30 | International Banking. | 1.0 |
31 | Cobertura de Riscos e Medios de Pagamento Internacionais. | 1.0 |
32 | O Financiamento de Operacións Internacionais. | 1.0 |
33 | Cadeas de Abastecemento Globais e Transporte Internacional. | 1.0 |
34 | Operadores Loxísticos e Medios de Transporte Internacionais. | 2.0 |
35 | Operacións Triangulares e Xestión da Loxística Internacional. | 1.0 |
36 | Xestión Aduaneira. | 2.0 |
37 | Fiscalidade Internacional. | 2.0 |
38 | Apoios a Internacionalización. | 1.0 |
39 | Business English. | 6.0 |
40 | Workshop con Empresarios e Directivos. | 2.0 |
41 | Prácticas en Empresas I. | 12.0 |
42 | Traballo Fin de Master. (2º Curso) | 24.0 |
43 | Soft Skill. (2º Curso) | 6.0 |
44 | Prácticas en Empresas II. (2º Curso) | 24.0 |