Ir o contido principal
STG

Área de Valorización Transferencia e Emprendemento (AVTE)

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE), dependente do Vicerreitorado de Investigación e Innovación da USC, é o servizo encargado da xestión integral do proceso de transferencia dos resultados de investigación e mais da difusión e a promoción da cultura emprendedora entre a comunidade universitaria.

A misión da AVTE é multiplicar o impacto social e económico dos resultados de investigación e impulsar o emprendemento universitario.

As principais funcións da AVTE son:

  • Identificar e rexistrar os resultados de investigación transferibles.
  • Avaliar o potencial comercial e a utilidade social dos resultados de investigación.
  • Protexer os resultados de investigación e a súa xestión mediante patentes e outras formas de protección.
  • Propoñer e dinamizar procesos de valorización e maduración dos resultados de investigación.
  • Negociar, xestionar e facer o seguimento dos contratos de transferencia de resultados de investigación.
  • Apoiar e asesorar as iniciativas de creación de empresas con base en resultados de investigación (spin-offs).
  • Fomentar e difundir a transferencia de coñecemento e o emprendemento entre a comunidade universitaria.
  • Achegar formación relacionada co proceso de transferencia e emprendemento.

Os destinatarios da carta de servizos da AVTE son os membros da comunidade universitaria e as empresas interesadas nos resultados de investigacións realizadas na Universidade. A AVTE, singularmente, presta os seu servizos a:

  • Persoal investigador da USC para que o coñecemento xerado a través do seu labor de investigación teña un maior impacto socioeconómico.
  • Empresas innovadoras ou investidores interesados no desenvolvemento de novos produtos, procesos ou servizos.
  • Emprendedores e emprendedoras da comunidade universitaria que desexen poñer en marcha novos proxectos empresariais baseados no coñecemento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2023.