Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Castelán (20%), Galego (80%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Tras cursar esta materia os/as alumnos/ as han de ser capaces de:
1. Aplicar os coñecementos teórico-xurídicos adquiridos no desempeño das actividades propias da xestión cultural.
2. Adquirir certa destreza no emprego de termos e conceptos xurídicos relacionados co sector da cultura.
3. Coñecer e manexar as principais fontes normativas nos diferentes ámbitos da cultura e nos distintos niveis de actuación.
4. Coñecer, comprender e valorar o papel da Propiedade Intelectual no progreso da sociedade e o crecemento económico.
5. Coñecer aos axentes, públicos e privados, que impulsan e difunden a cultura.
6. Examinar e valorar a contribución das políticas culturais á sociedade contemporánea.
Tema 1 A cultura como obxecto de dereito na Constitución Española. A cultura no Estatuto de Autonomía de Galicia.
Tema 2 A liberdade de produción e creación literaria, artística, científica e técnica. O reparto de competencias en materia de cultura.
Tema 3 Instrumentos internacionais de recoñecemento e protección dos dereitos culturais.
Tema 4 Ámbito subxectivo da xestión da cultura. As Administracións Públicas como xestoras de cultura. A xestión de cultura no sector privado. A profesión de xestor cultural.
Tema 5 Contratación administrativa. Convenios.
Tema 6 Subvencións. Patrocinio. Mecenado. Outras formas de fomento no sector cultural.
Tema 7 Patrimonio cultural. Clases de bens do patrimonio cultural. Réxime de protección e conservación dos bens do patrimonio cultural.
Tema 8 Patrimonio cultural inmaterial. Camiños de Santiago. Bens culturais específicos. Actividade inspectora, réxime sancionador e delitos contra o patrimonio. Arquivos. Museos
Tema 9 Libro e bibliotecas. Cinema. Outros sectores. Espectáculos públicos.
Tema 10 A propiedade intelectual. Dereitos de autor.
Tema 11 Outros dereitos de propiedade intelectual. Protección dos dereitos de propiedade intelectual. Xestión colectiva dos dereitos de propiedade intelectual.
A bibliografía básica e complementaria está recollida en cada un dos temas redactados polo profesor, localizada no concreto ámbito material analizado pola obra de referencia.
Sen prexuízo disto, indícase a continuación a seguinte bibliografía básica e complementaria:
Prieto de Pedro, Jesús (2013) Cultura, culturas y Constitución. Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. Madrid.
Timón Herrero, Marta (2022). El derecho a la libertad de creación artística y su singularidad. Teoría y derecho.
Ruiz Palazuelos, Nuria (2021) La libertad de creación artística, ¿un derecho autónomo? (Lóiseau rebelle en la constitución y en la jurisprudencia constitucional). Revista de Administración Pública.
Bercovitz Rodríguez Cano, R. Manual de Propiedad Intelectual. Tirant lo Blanch, última edición.
Bustamante Ramírez, E., Alzaga Ruiz, I. (coords.) (2017). Informe sobre el estado de la cultura en España: igualdad y diversidad en la era digital [ICE-2017]. Observatorio de Cultura y Comunicación Observatorio de Cultura y Comunicación.
Fernando Pablo, M. (dir.) (2012). Patrimonio cultural y nuevas tecnologías. Entorno jurídico. Ratio Legis.
Martinell, A. y Barreiro, B., (2020). Los derechos culturales: Hacia una nueva generación de políticas públicas. Situación y compromisos de España con la comunidad internacional. Documento de Trabajo 20/2020. Fundación Alternatives.
Pedro, J. P. d. (2004). P. cultural, dualismo competencial y comunicación cultural en la Constitución. Revista PH, 48 Especial.
Gamero Casado, Eduardo y Fernández Ramos, Severiano, Manual Básico de Derecho Administrativo, Tecnos, Madrid, ultima edición.
Vaquer Caballería, M. (1998). Estado y cultura: la función cultural de los poderes públicos en la Constitución Española. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.
Código de Derecho Cultural (BOE) https://www.boe.es/biblioteca_juridica/codigos/codigo.php?id=428&modo=2…
1. BÁSICAS E XENERAIS
CG2 - Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CG3 - Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderado, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa.
CG4 - Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
2. TRANSVERSAIS
CT1 - Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
CT6 - Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
CT7 - Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
CT9 - Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade cara a temas sociais ou ambientais.
3. ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial.
CE13 - Identificar e analizar as distintas políticas culturais, con especial atención á súa proxección económica e as súas posibilidades para o desenvolvemento das comunidades.
Poderanse empregar os seguintes métodos docentes:
- Utilización de recursos e fontes bibliográficas, proporcionadas polo profesorado en formato
dixital.
- Elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de curso, individualmente ou en grupo, a través da aula
virtual.
- Utilización de tecnoloxía streaming para o desenvolvemento de encontros entre o alumnado e encontros e aulas de profesorado e alumnado.
- Vídeos breves nos que se profunda nalgún aspecto concreto da contidos.
- Ligazóns dixitais que dean acceso a materiais audiovisuais
- Utilización e activación de calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe do alumnado en remoto
- Presentación oral de traballos.
- Traballo colaborativo
Nesta modalidade haberá 14 horas de docencia presencial e programaranse 12 horas de titorías en grupo reducido.
Nos horarios oficiais está programada unha hora semanal de clases presenciais, que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades ou ben mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) utilizada para compartir a sesión docente. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais se poñerán a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
O profesor facilitará ao inicio do curso a planificación de 12 sesións de titoría en grupo reducido destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Hai que sinalar que estas 12 sesións de titoría se planificarán en 12 semanas diferentes e atendendo ás franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado, que se celebrarán mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams).
O docente responderá ás dúbidas e cuestións plantexadas mediante correo electrónico nun prazo non superior ás 72 horas (días lectivos), sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso.
- Participación activa na aula virtual: 10%
- Actividades de avaliación continua: 50%
- Exame: 40%
O 10% da cualificación final procederá da participación activa na aula virtual a través de titorías, chats, foros e debates, e outras ferramentas virtuais.
A actividade práctica (resolución de casos, análise de textos traballo de investigación etc) será obxecto de ponderación polo sistema de avaliación continua, representando o 50% da cualificación final.
A cualificación da avaliación continua será o resultado de valorar as tarefas entregadas en cada quenda dos sucesivos temas, e a participación do alumno ou alumna nas actividade interactiva (achegas, anticipación de estudos, actitude participativa e respectuosa cos compañeiros). Na avaliación terá especial peso o procedemento lóxico de argumentación seguido e a motivación das conclusións.
Para os efectos deste apartado avaliaranse 10 entregas. A cualificación desta actividade representará o 30% da cualificación final.
Coa idea de potenciar o reforzo práctico e cohesionado dos contidos, o alumnado realizará unha actividade, consistente na elaboración dun traballo de investigación de cara á posta en marcha dunha iniciativa de xestión cultural con especial énfase na perspectiva dos seus aspectos xurídicos.
O traballo será realizado consonte as condicións que fixará e comunicará o profesor na primeira sesión lectiva.
O traballo de investigación computará un 20% da cualificación final.
A cualificación obtida nas tarefas realizadas ao longo do curso e a correspondente ao traballo de investigación serán conservadas na fase de segunda oportunidade.
No caso de que a alumna ou o alumno non realizara tarefas durante o semestre, será posible a súa achega na fase de segunda oportunidade. A entrega será realizada coa antelación que fixe o profesor respecto do exame. A extensión e contidos das tarefas a achegar non serán inferiores aos propios das realizadas durante o semestre e computará un máximo do 50% respecto da valoración correspondente en orixe a este criterio na cualificación final (30%) de modo que a puntuación máxima que se poderá obter será a de 1,5 puntos. Neste caso o traballo de investigación computará un 50% da puntuación máxima que representa en orixe respecto da cualificación final (20%), de modo que polo traballo de investigación na segunda fase se poderá obter unha cualificación máxima de 1 punto.
Os coñecemos adquiridos serán, igualmente, avaliados no exame final, puntuando sobre o 40% da nota global da materia.
Será obxecto de exame o material teórico que figura nos temas elaborados polo profesor e que están a disposición dos alumnos no campus virtual, excluíndose o contido que figura en notas a pé de páxina.
Para superar a materia será necesario obter unha cualificación mínima de 1,6 puntos respecto dos 4 que achega esta proba de cara á cualificación final (equivalente a un 4 nunha puntuación sobre 10). Este requisito é de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 120 horas
- Participar activamente nas actividades propostas.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Pablo Jose Lopez Paz
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- pablo.lopez.paz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Alejandro Villanueva Turnes
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- alejandro.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
| Martes | ||
|---|---|---|
| 19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 06.06.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| 04.07.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ PAZ, PABLO JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO | Castelán |
| LOPEZ PAZ, PABLO JOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO | Castelán |
| LOPEZ PAZ, PABLO JOSE | Galego |