Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
(a) Acadar un nivel de comprensión profunda dos textos do período augusteo mediante o traballo continuado con algúns dos autores máis representativos.
(b) Adquirir un dominio fluído dos mecanismos lingüísticos característicos dos textos latinos do período augusteo, tanto en prosa coma en verso.
(c) Aprender a descubrir as peculiaridades literarias dos textos, con particular incidencia nos procedementos retóricos da súa elaboración.
(d) Coñecer o trasfondo ideolóxico, cultural e simbólico dos textos desta época.
A. Teóricos:
1. Tito Livio (59 a. C. - 17 d. C.) e a súa obra historiográfica.
2. Horacio (65 a.C.- 8 a.C.).
3. Ovidio (43 a. C. - 18 d. C.).
B. Teórico-prácticos
Lectura e interpretación de partes escollidas das obras seguintes:
1. Tito Livio, Ab urbe condita.
2. Horacio, Odas.
3. Ovidio, Tristes e Metamorfoses.
Outros textos poderán ser comentados de forma complementaria.
C. Prácticos
1. Utilización de instrumentos filolóxicos: dicionarios, léxicos, comentarios e bibliotecas electrónicas; obras de consulta de gramática e literatura.
2. Prácticas de adquisición e fixación do vocabulario.
LECTURA OBRIGATORIA:
HORACIO: Epodos (en tradución)
1. Edicións, traducións e comentarios dos autores:
Tito Livio:
A. FONTÁN, Historia de Roma desde la fundación de la ciudad (ab urbe condita): libros I y II, Madrid, 1997
R. M. OGILVIE, A Commentary on Livy. Books 1-5, Oxford, 1965.
TITE LIVE, Histoire romaine, t. I-XXXIII, l. I e XXI, Paris (Col. Guillaume Budé).
TITI LIVI Ab urbe condita, t. 1-III, Oxford (Oxford Classical Texts).
M. PÉREZ GONZÁLEZ, Tito Livio, Los orígenes de Roma, Madrid, 1989.
TITO LIVIO, Historia de Roma desde su fundación, 8 vols., Madrid (Biblioteca Clásica Gredos).
Horacio:
HORACIO, Epodos y Odas. Traducción, introducción y notas de V. Cristóbal López, Madrid, 1985.
Q. HORATI FLACCI Opera. Recognovit brevique adnotatione critica instruxit E. C. Wickham. Editio altera curante H. W. Carrold, Collegii Mertomensis Socio, Oxford, 1901.
Ovidio:
J. ANDRÉ, Ovide. Tristes, Paris, 1968.
E. BAEZA ANGULO, Tristezas. Introducción, edición crítica, traducción y notas, Madrid, 2005.
R. EHWALD-F. W. LEVY, P. Ovidius Naso III.1. Tristium libri V. Ibis. Ex Ponto libri IV, Leipzig, 1922.
J. GONZÁLEZ VÁZQUEZ, Ovidio. Tristes. Pónticas, Madrid, 1992.
J. B. HALL, P. Ovidii Nasonis Tristia, Stuttgart-Leipzig, 1995.
C. LANDI, Tristia, Torino, 1917.
G. LUCK, P. Ovidius Naso. Tristia, Heidelberg, 1967.
S. G. OWEN, P. Ovidi Nasonis Tristium libri quinque. Ibis. Ex Ponto. Halieutica. Fragmenta, Oxford, 1915.
A. L. WHEELER-G. P. GOOLD, Ovid VI. Tristia. Ex ponto, London, 19882.
2. Edicións dos Epodos de Horacio:
HORACIO, Epodos y Odas. Traducción, introducción y notas de V. Cristóbal López, Madrid, 1985.
HORACIO, Odas. Canto secular. Epodos. Introducción general, traducción y notas de J. L. Moralejo Álvarez, Madrid, 2007.
3. Obras complementarias:
Con independencia das que se poidan facilitar puntualmente ao longo do curso, serán de utilidade nalgún momento as seguintes:
J. M. ANDRÉ-A. HUS, La historia en Roma, Madrid, 1983.
M. BASSOLS DE CLIMENT, Sintaxis latina, 2 vols., Madrid, 1956.
L. BIELER, Historia de la literatura romana, Madrid, 1968 (hai varias reproducións).
A. ERNOUT-F. THOMAS, Syntaxe latine, Paris, 1933 (2ª ed.)
P. GRIMAL, Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona, 1991 (hai varias reproducións).
H. LAUSBERG, Manual de retórica literaria: fundamentos de una ciencia de la literatura, Madrid, 1966 (hai varias reproducións)
L. D. REYNOLDS-N. G. WILSON, Copistas y filólogos, Madrid, 1986.
(a) Capacidade metodolóxica para a comprensión directa dos textos latinos da época augustea, tanto poéticos coma en prosa.
(b) Competencia para o manexo da gramática dos textos.
(c) Habilidade na utilización dos instrumentos filolóxicos: léxicos e dicionarios, bases de datos, estudos históricos, estudos gramaticais, tratados de retórica e poética, dicionarios mitolóxicos.
(d) Desenvolvemento da sensibilidade literaria e da capacidade para a interpretación dos textos.
A actividade presencial incluirá os seguintes apartados:
(a) Os temas teóricos serán obxecto dunha presentación de carácter xeral por parte do profesor.
(b) As clases interactivas consistirán na presentación xeral dun texto e no contraste das diferentes interpretacións propostas polos alumnos, ata acadar a compresión profunda dese texto.
(c) As clases prácticas orientadas á adquisición do manexo de instrumentos filolóxicos terán lugar na parte inicial do curso e levaranse a cabo traballando directamente cos grandes dicionarios e materiais informáticos. As destinadas á adquisición e á fixación dos coñecementos léxicos faranse mediante exercicios sobre os textos xa traballados en clases anteriores.
Poderase facer uso da aula virtual.
Nas dúas oportunidades oficiais, os criterios de avaliación serán os seguintes:
(a) A asistencia e participación activa nas clases presenciais representará o 20% da cualificación final. Tomarase en consideración a regularidade da asistencia e as intervencións mediante preguntas e comentarios, así como a preparación dos textos utilizados na aula. Dentro da porcentaxe atribuída a este apartado, o 15% corresponderá á verificación da lectura dos Epodos de Horacio.
(b) Na proba final de avaliación, os alumnos darán conta da súa capacidade de comprensión lingüística e de valoración literaria dos textos propostos. No conxunto da cualificación, esta proba representará o 80%.
En calquera dos dous apartados será preciso acadar unha cualificación mínima de 5 sobre 10 para poder superar a materia.
N. B.: Os alumnos que teñan dispensa de asistencia, someteranse á proba prevista no apartado b), que suporá o 100% da cualificación final. Estes estudantes deberán poñerse en contacto co profesor a principio de curso.
Os estudantes que teñan coincidencia horaria entre materias deberán tamén contactar co profesor a principio de curso. Tamén deberán comunicar o antes posible eventuais coincidencias nos exames.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A materia consta de 6 créditos ECTS equivalentes a 150 horas de traballo do estudante: 75 horas (50%) serán de traballo obrigatorio dirixido polo profesor e 75 horas (50%) serán de traballo autónomo do estudante.
As 75 horas de traballo dirixido distribuiranse en 51 horas presenciais e 24 horas non presenciais :
1. Clases expositivas: 15 horas presenciais e 11 horas non presenciais.
2. Clases interactivas: 30 horas presenciais e 13 horas non presenciais. Pola natureza das clases interactivas, recoméndase que a maior parte do tempo de traballo autónomo se dedique á preparación dos textos, polo menos 1 hora por cada clase.
3. Titorías programadas en grupo: 3 horas presenciais.
4. Avaliación: 3 horas presenciais.
É recomendable que os alumnos sigan a orde sucesiva establecida no plano de estudos do Grao en Filoloxía Clásica para cursar as materias de lingua.
Joel Varela Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- joel.varela.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | C05 |
| Venres | ||
| 12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
| 13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
| 19.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
| 19.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
| 18.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B10 |
| 18.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B10 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VARELA RODRIGUEZ, JOEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VARELA RODRIGUEZ, JOEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VARELA RODRIGUEZ, JOEL | Castelán |