Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Ofrecer ao alumno os instrumentos teóricos e prácticos que lle permitan coñecer e entender a evolución de cada unha das clases de palabras, alargando así a súa comprensión do cambio lingüístico e facilitándolle a lectura e o comentario filolóxico dos textos casteláns da Idade Media.
1. A natureza do cambio gramatical.
2. O substantivo.
2.1. A evolución das desinencias de caso.
2.2. A evolución do xénero e do número.
3. O adxectivo.
4. Os pronomes.
4.1. O pronome persoal.
4.2. O demostrativo e a creación do artigo.
4.3. O posesivo.
4.4. O pronome relativo.
4.5. Os indefinidos.
5. O verbo.
5.1. A evolución das categorías verbais.
5.2. A creación das formas románicas.
5.3. A evolución morfolóxica do paradigma verbal.
5.4. As formas non persoais.
6. O adverbio e os elementos de relación.
7. A "oración simple": a cláusula e os seus argumentos.
8. A "oración composta": estruturas coordenativas e bipolares.
Alvar, M. & B. Pottier, Morfología histórica del español, Madrid, Gredos, 1983.
Cano Aguilar, R., El español a través de los tiempos, Madrid, Arco/Libros, 1988.
----- (coord.), Historia de la lengua española, Barcelona, Ariel, 2004.
Corominas, J., Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Madrid, Gredos, 1973.
----- & J. A. Pascual, Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico, Madrid, Gredos, 6 vols., 1980-91.
Eberenz, R., El español en el otoño de la Edad Media. Sobre el artículo y los pronombres, Madrid, Gredos, 2000.
Echenique Elizondo, M. T. & M. J. Martínez Alcalde, Diacronía y gramática histórica de la lengua española, Valencia, Tirant lo Blanch, 2000.
García de Diego, V., Gramática histórica española, Madrid, Gredos, 1970.
Herrero Ruiz de Loizaga, F. J., Sintaxis histórica de la oración compuesta en español, Madrid, Gredos, 2005.
Lapesa, R., Historia de la lengua española, Madrid, Gredos, 1981.
-----, Estudios de morfosintaxis histórica del español, Madrid, Gredos, 2 vols., 2000.
Lathrop, T. A., Curso de gramática histórica española, Barcelona, Ariel, 1984.
Lleal, C., La formación de las lenguas romances peninsulares, Barcelona, Barcanova, 1990.
Lloyd, P. M., Del latín al español, vol. 1: Fonología y morfología históricas de la lengua española, Madrid, Gredos, 1993.
Menéndez Pidal, R., Manual de gramática histórica española, Madrid, Espasa-Calpe, 1941.
-----, "Cantar de Mio Cid". Texto, gramática y vocabulario, Madrid, Espasa-Calpe, 3 vols., 1944-46.
-----, Orígenes del español, Madrid, Espasa-Calpe, 1950.
*Penny, R., Gramática histórica del español, Barcelona, Ariel, 2006.
Rivas, E. & M. J. Rodríguez Espiñeira, La cláusula en castellano medieval: constituyentes funcionales, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1997.
Torrens Álvarez, M. J., Evolución e historia de la lengua española, Madrid, Arco/Libros, 2007.
Urrutia Cárdenas, H. & M. Álvarez Álvarez, Esquema de morfosintaxis histórica del español, Bilbao, Universidad de Deusto, 1983.
Väänänen, V., Introducción al latín vulgar, Madrid, Gredos, 1968.
*NOTA. O manual básico para o estudo sistemático desta materia é o de Penny (2006), en concreto o seu capítulo 3, intitulado "Morfosintaxis" (válido para practicamente todos os temas do noso programa). O estudante terá que manexar ese libro con asiduidade e regularidade, como complemento ás actividades lectivas.
Este aviso resulta tanto máis importante canto que a utilización do devandito manual se tornará totalmente imprescindible no caso de que a docencia presencial (prevista no escenario 1, "normalidade adaptada") fique restrinxida (escenario 2, "distanciamento") ou mesmo suprimida (escenario 3, "peche das instalacións"). Recomendamos, por conseguinte, que o estudante teña a man ese libro e o consulte de forma regular.
Na aula e/ou por medio do campus virtual daranse outras indicacións bibliográficas adicionais acerca dalgúns temas e subtemas do programa (especialmente, os temas 2 [substantivo] e 5 [verbo]).
Competencias básicas:
CB1. Capacidade para conectar os coñecementos previos con outros máis avanzados no ámbito da lingüística hispánica.
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
Competencias xerais:
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profisional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento inductivo e deductivo, combinando a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer ideas xerais a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
Competencias específicas:
CE4. Identificación e comprensión dos elementos que definen e articulan os estudos lingüísticos como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE9. Desenvolvemento dun coñecemento máis profundo da lingua española grazas ao estudo reflexivo da gramática e dos usos discursivos dos falantes.
CE10. Comprensión da complexidade dos feitos lingüísticos.
CE11. Capacidade para aplicar os coñecementos da gramática española tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
Dende o curso 2022-23 esta materia non será impartida na Facultade de Humanidades. Mantéñense as datas de exames para os alumnos que non a aprobasen en convocatorias anteriores.
Exame global da materia (100 % da cualificación) na(s) data(s) comunicada(s) pola dirección do centro (para as dúas oportunidades).
.
.
Alejandro S Veiga Rodriguez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 982824755
- Correo electrónico
- a.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| 08.01.2024 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 11 |
| 18.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 11 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Veiga Rodriguez, Alejandro S | Galego |