Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Historia da Arte, Área externa M.U en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer o desenvolvemento histórico das funcións do museo e as transformacións que se produciron dende a visión tradicional até as últimas propostas.
2. Desenvolver a investigación e estudo da función social do museo até a actualidade.
3. Proporcionar as ferramentas básicas para acceder á actividade investigadora no campo da nova museoloxía.
TEMA 1. O museo como institución permanente ao servizo da sociedade: unha visión histórica. Funcións do museo: adquirir, conservar, estudar, expoñer, difundir. Desenvolvemento e transgresións.
TEMA 2. Cambios nas funcións tradicionais do museo. Repercusión das transformacións sociais na redimensión do museo a partir dos anos sesenta do século XX. Museos vs. centros de Arte.
TEMA 3. O museo a partir dos anos oitenta do século XX: a eclosión de factores condicionantes externos (políticos, económicos e ideolóxicos). O novo museo e as exposicións temporais como paradigma socio-cultural. Do aval científico á promoción de valores lúdicos: o museo-espectáculo.
TEMA 4. Os museos no século XXI: novos retos sociais e oportunidades. Museos globalizados, cultura e novas tecnoloxías. O museo como lugar de encontro, debate, educación e esparcemento.
TEMA 5. Alteracións substanciais no concepto museo a partir dos novos perfís sociais dos seus usuarios. Paisano ou turista, quen ten prioridade? Os últimos cambios do museo.
ALONSO FERNÁNDEZ, L. (1999). Introducción a la nueva museología. Madrid: Alianza.
ALONSO FERNÁNDEZ, L. (1993). Introducción a la teoría y práctica del museo. Madrid: Istmo.
CUNO, J. e MACGREGOR, N. (eds.) (2004). Whose Muse?: Art Museums and the Public Trust. New Jersey: Princeton University Press.
DELOCHE, B. (2002). El museo virtual. Gijón: Trea.
DESVALLEES, A. (1992). Vagues. Une anthologie de la nouvelle muséologie. Macon: Éditions W.
EDSON, G. e DEAN, D. (1994). The handbook for museums. Londres: Routledge.
FREY, B. e POMMEREHNE, W. (1995). Musas e mercado. Noia: Edicións Laiovento.
HERNÁNDEZ HERNÁDEZ, F. (1994). Manual de Museología. Madrid: Síntesis.
HERNANDEZ HERNANDEZ, F. (1998). El museo como espacio de comunicación. Gijón: Ediciones Trea.
HOOPER-GREENHILL, E. (1992). Museums and the Shaping of Knowledge. Nueva York: Routledge.
LAPAIRE, C. (1983). Petit manuel de muséologie. Berne-Stuttgar: Paul Haupt.
LEÓN, A. (1990). El museo: teoría, praxis y utopía. Madrid: Cátedra.
MONTANER, M. (1990). Nuevos Museos. Espacios para el arte y la cultura. Barcelona: Gustavo Gili.
RIVIÈRE, G. H. (1993). La museología. Madrid: Akal.
ZUBIAUR CARREÑO, F. J. (2004). Curso de Museología. Gijón: Ediciones Trea.
1. Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas, dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa área de estudo.
2. Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos e reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á área de estudo.
3. Saber comunicar os coñecementos e conclusións propias a públicos especializados e non especializados dun modo claro e adaptado.
4. Desenvolver destrezas de xestión e deseño de proxectos, adquisición de ferramentas para traballar en equipos multidisciplinares, tomar decisións, e aplicar o coñecemento á práctica.
A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe é teórico-práctica, resultado da combinación de:
1. Actividades formativas presenciais:
1.1. Clases expositivas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Serán impartidas polo profesorado, que solicitará nas exposicións a participación activa dos alumnos. Para as súas explicacións empregarase a lección maxistral e os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) que se estimen oportunos.
1.2. Clases interactivas dedicadas á lectura e comentario de textos, realización de exercicios e análise práctica de diferentes ferramentas informáticas e recursos electrónicos, aplicando os conceptos estudados nas sesións expositivas. As clases serán orientadas polo profesorado e contarán coa participación activa dos alumnos.
1.3. Titorías: en grupos reducidos e individualizadas, nelas ofrecerase aos alumnos orientacións para o seguimento da materia e para afondar nos contidos estudados, así como orientacións bibliográficas e metodolóxicas para a realización dos traballos.
2. Actividades formativas non presenciais: Preparación de pequenos traballos individuais ou colectivos por escrito (comentarios críticos, recensións, busca de información, resolución de exercicios...), conforme á solicitude dos diferentes docentes. Estes traballos poderán ser expostos e/ou presentados na aula. As datas de entrega serán marcadas polos docentes nas clases presenciais, sempre fixadas dentro do período lectivo da materia.
3. Práctica de campo: Sempre e cando sexa posible, contémplase a saída da aula para levar a cabo visitas a determinados centros museísticos respectivamente en Santiago de Compostela e Las Palmas (no mesmo día e hora), con semellantes características.
• Avaliación:
• A avaliación será continua. A nota final será o resultado das dúas puntuacións dos instrumentos de avaliación a razón dos seguintes porcentaxes:
- Actividades formativas presenciais (expositivas e interactivas): Suporán un 40% da cualificación total. Todos os alumnos deberán asistir e participar obrigatoriamente nas clases presenciais, tanto expositivas como interactivas. Valorarase a asistencia, participación activa, intervención oral, interese amosado e a preparación previa dos temas a tratar indicados con antelación polo profesorado.
- Actividades formativas non presenciais: Suporán o 60% da cualificación total. Todos os alumnos deberán entregar obrigatoriamente unha serie de traballos individuais ou colectivos por escrito (comentarios críticos, recensións, busca de información, resolución de exercicios...), conforme á solicitude dos diferentes docentes. Valorarase a capacidade de planificación e organización do traballo, a expresión escrita, a orde, a busca de fontes, a correcta citación bibliográfica, e a formulación de conclusións críticas.
• Para superar a materia con avaliación continua será necesario aprobar os dous apartados por separado cunha puntuación mínima de 5/10. A avaliación continua perderase pola non asistencia ou non intervención nas actividades formativas presenciais (expositivas e interactivas), e/ou por non entregar os traballos e actividades non presenciais no tempo establecido. En ambos casos a materia considerarase suspensa:
- Actividades formativas presenciais (expositivas e interactivas) suspensas: Esta parte considerarase suspensa se o alumno/a ten unha ausencia non xustificada maior que o 30% das horas de asistencia presenciais (expositivas e interactivas), e/ou se non participa nas actividades propostas nas clases interactivas.
- Actividades formativas non presenciais suspensas: Esta parte considerarase suspensa se o alumno/a non entrega máis dun 30% das actividades requiridas polo profesorado, ou as entregadas non cumpren coa calidade esperada e explicada con antelación polo profesorado.
• Se o alumno/a está exento da asistencia mediante a concesión dunha dispensa, segundo os criterios estipulados na normativa da USC (segundo a Instrución núm. 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba escrita específica que suporá un 100% da cualificación.
• O alumnado que tivera que repetir esta materia por non habela superado nun curso anterior estará sometido aos mesmos criterios de avaliación que no caso ordinario, se ben estará exento de asistir ás clases en caso de que superara esa avaliación continua no curso pasado correspondente, debendo aportar soamente os traballos prácticos conforme ás características e datas de entrega do sistema ordinario. Pola contra, se xa ten superados os traballos prácticos, unicamente deberá superar nesta convocatoria a avaliación continua mediante a súa asistencia e participación activa nas clases presenciais.
Tempo de docencia e traballo persoal:
Presencial: 24 horas (docencia expositiva: 9 horas, docencia interactiva: 12 horas, titorías: 3 horas).
Non presencial: 51 horas (preparación das sesións expositivas: 18 horas, preparación das sesións interactivas: 24 horas, titorías non presenciais: 9 horas).
Total: 75 horas.
Para un bo seguimento da materia é imprescindible ter motivación e capacidade de traballo, asistindo ás sesións presenciais e cumprindo as actividades non presenciais nos tempos establecidos. Recomendamos que o alumno/a consulte a bibliografía proposta no programa, e que acuda as titorías sempre que o necesite. Sería conveniente que o alumno/a tivese a capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira, ademais de coñecementos básicos de informática.
- Atención á diversidade: Darase cumprimento ao Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o “Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social”, publicado no BOE (3 de decembro de 2013)
- Realización fraudulenta de probas: aplicarase o estipulado na normativa da USC en canto a “Avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións”, publicada no DOGA (21 de xullo de 2011)
Ana Perez Varela
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ana.perez.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Venres | ||
|---|---|---|
| 16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 06.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 25.06.2024 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREZ VARELA, ANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREZ VARELA, ANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREZ VARELA, ANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREZ VARELA, ANA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREZ VARELA, ANA | Castelán |