Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer, analizar e valorar individualmente a(s) función(s) dos diversos órganos, aparellos e sistemas do organismo.
• Analizar cada función e os seus mecanismos en cada un dos niveis de organización que a Fisioloxía consiga describir.
• Comprender as posibilidades funcionais do organismo que o condicionan e o posibilítan respecto do ambiente.
• Coñecer os diversos sistemas de adaptación ao ambiente con que conta o organismo.
• Coñecer e comprender o significado biolóxico de todas as funcións en circunstancias normais, en diferentes etapas especiais da vida, así como en circunstancias especiais.
• Poder aplicar os coñecementos adquiridos sobre funcións e a súa regulación ante circunstancias anormais que tendan a modificalas.
• Poder valorar criticamente as hipóteses emitidas para explicar cientificamente o mecanismo dunha función definida.
• Poder valorar as funcións alteradas dun organismo en función da análise dunha serie de parámetros fisiolóxicos.
CAPÍTULO I.- FISIOLOXÍA XERAL E MOLECULAR
T01 Concepto de Homeostase.
T02 Membranas e Transporte.
T03 Potencial de Membrana.
T04 Células Nerviosas. Potencial de Acción e Transmisión Sináptica.
T05 Comunicación intercelular e receptores
T06 Segundos Mensaxeiros
T07 Células Musculares. Contracción do Músculo Estriado, Músculo Liso e Músculo cardíaco.
S01 Seminario
CAPÍTULO II.- SISTEMA CARDIOCIRCULATORIO:
T08 Electrofisioloxía cardíaca.
T09 O corazón como bomba. Ciclo cardíaco.
T10 Regulación da actividade cardíaca.
T11 Fisioloxía vascular. Hemodinámica.
T12 Presión arterial e a súa regulación.
T13 Fisioloxía da microcirculación. Intercambio transcapilar
S02 Seminario
CAPÍTULO III.- SISTEMA RESPIRATORIO.
T14 Mecánica respiratoria. Traballo respiratorio.
T15 Intercambio gasoso. Transporte de gases. Hemoglobina.
T16 Circulación pulmonar. Equilibrio ventilación-perfusión.
T17 Regulación da respiración.
S03 Seminario
CAPÍTULO IV.- SISTEMA EXCRETOR RENAL
T18 Organización do sistema excretor renal. Filtración glomerular.
T19 Manexo tubular do filtrado. Reabsorción. Transporte máximo. Secreción.
T20 Mecanismos de concentración de urina. Balance hidrosalino.
S04 Seminario
CAPÍTULO V.- EQUILIBRIO ÁCIDO-BÁSICO
T21 Equilibrio ácido básico (I).
T22 Equilibrio ácido básico (II).
S05 Seminario
Prácticas:
1. Mecanismos de transporte e permeabilidade celular
2. Fisioloxía do músculo esquelético
3. Fisioloxía e dinámica cardiovascular
4. Mecánica do sistema respiratorio
5. Fisioloxía renal
6. Equilibrio ácido-básico
Human Anatomy and Physiology. Marieb, Hoehn. 9th ed. Pearson 2013
Fisiología. (6º edición), 2009. Berne y Levy. Edit. Elsevier-Mosby
Tratado de Fisiología Médica. (12ª edición). 2011. Guyton & Hall. Edit. Elsevier-Saunders
Fisiología Humana (6ª edición), 2014, Silverthorn. Edit. Médica Panamericana
Fisiología Animal (1ª edición), 2006. Hill-Wyse-Anderson. Edit. Méd. Panamericana.
PhysioEx 9.0: Laboratory Simulations in Physiology. 2012. Zao - Stabler - Smith - Lokuta - Griff. Ed. Pearson.
Competencias básicas
CB1.- Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda da súa área de estudo.
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a o seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG3.- Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG29.- Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias transversais
CT1.- Capacidade de análise e síntese.
CT3.- Capacidade para traballar en equipo (incluída en CG2)
CT5.- Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluída en CG5)
CT6.- Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT9.- Capacidade para transmitir conocimientos (incluida en CG5)
CT10.- Capacidade para o razonamento crítico e a argumentación
CT11.- Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída en CG3)
CT12.- Capacidade para utilizar información en lingua estranxeira.
Competencias específicas
CE2.- Coñecer a estrutura e a función do corpo humano desde o nivel molecular ao organismo completo nas distintas etapas da vida
CE7.- Adquirir habilidades de traballo en equipo como base para a colaboración multi e interdisciplinar no campo da dietética e a nutrición
ME1.- As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, coa axuda da pizarra e dos medios audiovisuais que considere oportunos, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
ME3.- As de ordenador servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia.
ME6.- Os seminarios serán preparados polos alumnos divididos en grupo, realizando revisións do estado actual de aspectos avanzados da asignatura, recompilando, analizando criticamente e presentando a información con soporte de tecnoloxías da información.
Todas as tarefas dos estudantes (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría en grupo (ME4) ou individuais (ME8).
Como recurso fundamental de soporte á docencia utilizarase o Campus Virtual da USC (Moodle).
A calificación de cada estudante farase en base a tres criterios:
1.- Calificación teórica (SE1, SE3, 70% da puntuación final). Exames tipo test, pregunta curta e/ou tema (SE1). En caso de que se fagan exames parciais (SE3), para o cálculo da media final é indispensable que ningún dos exames parciais teña unha calificación inferior a 3,5. Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG3, CT10, CT11, CE2.
2.- Calificación práctica (20% da puntuación final): Exame tipo test e obligatoriedade de asistencia ás prácticas. Competencias avaliadas: CB1, CT10, CT11, CE2.
3.- Calificación seminarios (ata un 10% da puntuación final): a realización e exposición de traballos en grupo permitirá obter unha nota adicional que se sumará linealmente á calificación teórico-práctica ata completar o 100%. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG29, CT1, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11, CT12, CE2, CE7.
4.- Calificación evaluación continua (ata un 10% a maiores da puntuación final): terase en conta para a avaliación desta parte a asistencia activa á clase (asistencia, realización de cuestionarios e outras actividades). Competencias avaliadas: CB3, CB4, CT1, CT9, CT10, CE2.
O exame final é obrigatorio para todo o alumnado matriculado na materia.
A ponderación final farase cun coeficiente do 70% para a nota teórica, do 20% para a nota práctica e do 10% para os seminarios. Para realizar a ponderación final é requisito indispensable que a calificación teórica sexa dun mínimo de 5 puntos, e a calificación práctica, sexa dun mínimo de 4 puntos.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
O número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 40% e as horas de traballo do alumno do 60%, que se distribuirán da seguinte forma:
Clases expositivas: 34 h presenciais / 66 h traballo autónomo
Clases prácticas: 11 h presenciais / 11 traballo autónomo
Seminarios: 4 h presenciais / 12 h traballo autónomo
Titorias: 2 h presenciais / 1 h traballo autónomo
Exames e revisión: 9 h presenciais
Total presencialidade: 60h
Total traballo autónomo: 90h
Coñecementos previos de Anatomía e Bioquímica
As actividades académicas impartiranse nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma (castelán e galego).
O sistema de avaliación dos alumnos que se presenten á 2ª oportunidade será idéntico ao dos alumnos de 1ª oportunidade (Examen final, 70%, Examen práctico, 20%, Seminarios, 10% e Evaluación continua, 10%).
María Mercedes Rodríguez Vieytes
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mmercedes.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Camiña Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- merchi.camina [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Pablo Cabezas Sainz
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- pablo.cabezas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rebeca Alvariño Romero
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- rebeca.alvarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |