Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Romano
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Na actualidade é comunmente aceptada a idea de que o Dereito Romano foi un dos elementos que conformaron a civilización europea. Polo que atinxe ao máis concreto eido xurídico, o Dereito Romano foi a “fonte” da que xurdiron, directa ou indirectamente, tódolos ordenamentos xurídicos occidentais, de xeito que aínda se pode afirmar que, vinteún séculos despois, cada un deses ordenamentos seguen a vivir da terminoloxía e da orde conceptual e sistemática que se estableceran polo Dereito Romano.
Deste xeito, para un xurista dos nosos días, o estudio do Dereito Romano supón un elemento básico fundamental para ser quén de afrontar o do seu propio ordenamento xurídico. Así, pois, o obxectivo que tenta conseguir o estudio do Dereito Romano é o de valer como unha introducción para o mellor estudio do dereito privado. Neste senso, trátase, principalmente, de proporcionar unha linguaxe técnica e conceptual que terá que ser o fundamento da expresión habitual de calquera xurista digno deste nome.
BLOQUE I. HISTORIA E FONTES
Nestas primeiras leccións, de aproximación ao estudo do Dereito Romano, requírese unha expresa referencia a determinados aspectos histórico-políticos da sociedade romana, que se fan imprescindibles para unha axeitada comprensión das “institucións” que se desenvolven ao longo do Programa.
Xa que logo, despois dunha explicación sobre as distintas formas de organización constitucional (prestando especial atención ao sistema republicano), enfróntase o estudo das fontes de creación do dereito (leis, edictos, senadoconsultos e responsa xurisprudenciais) nas diferentes etapas da historia xurídica romana, tomando como central a chamada “época clásica”.
1. ORGANIZACIÓN POLÍTICA DE ROMA. Monarquía.- República. Órganos constitucionais: Populus Romanus (comicios e concilios; triple status personal); Maxistraturas (elección e características); Senado.- Principado.- Dominado.
2. HISTORIA XURÍDICA DE ROMA. Periodificación.- Época clásica: autoridade e potestade nas fontes do Dereito Romano. Leis. Edictos. Senadoconsultos. Xurisprudencia: primeira xurisprudencia (responsa); xurisprudencia clásica alta (o ius respondendi); derradeira xurisprudencia clásica (rescriptos imperiais).- O ius: ius civile, ius honorarium, ius gentium, ius naturale, ius singulare, ius publicum, ius privatum.
3. Época postclásica. Fontes de creación e literatura xurídica.- Provincialización e vulgarismo.- A “Lei de Citas”.- O Código Teodosiano.
4. O CORPUS IURIS DE JUSTINIANO. Clasicismo oriental.- Institucions. Digesto. Código. Novelas.- A recepción do Dereito Romano en Europa.
BLOQUE II. DEREITO PROCESUAL ROMANO
As leccións relativas ao dereito procesual romano resultan, tamén, necesariamente previas ao estudo das particulares figuras xurídicas. Tendo en conta que o Dereito Romano é un “sistema de accións”, a análise de cada institución debe facerse dende a perspectiva dos distintos recursos procesuais que a configuran. Polo tanto, débese ter un preciso coñecemento dos variados instrumentos procesuais que permiten facer valer unha concreta posición xurídica. De entre as diversas formas de organización do sistema procesual romano, tomarase como eixe o procedemento formulario da época clásica.
5. ORGANIZACIÓN PROCESUAL ROMANA. Xuizos públicos e xuizos privados; formas de organización procesual.- A Lei Ebucia; iudicium legitimum e iudicium quod imperio continetur.
6. O PROCEDEMENTO FORMULARIO. Partes ordinarias da fórmula: intentio, demonstratio, adiudicatio, condemnatio; clasificacións das accións segundo a intentio. Partes extraordinarias: praescriptio, exceptio.
7. A IURISDICTIO DO MAXISTRADO. Recursos complementarios da xurisdicción pretoria: estipulacións, embargos e interdictos.- Desenvolvemento do litixio. Fase in iure: a citación; a causae cognitio (capacidade e lexitimación procesuais); a representación procesual; modos de interrupción do litixio (transacción, confessio in iure, xuramento decisorio).- A litis contestatio e os seus efectos.
8. Fase apud iudicem. As probas. As presuncions. A sentencia.- A execución da sentencia; execución “forzosa” e outras formas de execución.- A revocación dos actos fraudulentos.
9. A COGNITIO EXTRA ORDINEM. Características xerais.- O procedemento arbitral.
BLOQUE III. DEREITOS REAIS
Estas leccións supoñen xa o estudo dalgunhas “institucións”, é dicir, particulares figuras contempladas polo ordenamento xurídico, e ás que éste outorga un determinado réxime xurídico. Máis concretamente, este bloque dedícase ao estudo dos “dereitos reais”, entre os que o máis paradigmático é o dereito de propiedade. Analízanse tamén outras figuras conceptuais (posesión interdictal, posesión civil), así como os supostos nos que, sobre un mesmo obxecto, concorren a propiedade e outros dereitos reais (copropiedade, servidume, usufructo).
10. A PROPIEDADE. As cousas e as suas clasificacións.- Contido do dereito de propiedade: uti, frui, habere e possidere. – Solidariedade e divisibilidade dos actos xurídicos do propietario.
11. A POSESIÓN. A posesión pretoria e a sua protección interdictal; a posesión viciosa.- A posesión civil: corpus e animus.- A posesión natural.
12. CLASES DE PROPIEDADE. A propiedade civil: a acción reivindicatoria; lexitimación; restitución. -Outros recursos do propietario.
13. ADQUISICIÓN DA PROPIEDADE. Adquisición universal e particular.- Clasificacións dos modos de adquirir.- Modos de atribución formal. A addictio do maxistrado e as suas aplicacións. A mancipatio; responsabilidade por auctoritas; mancipatio nummo uno. O legado vindicatorio.
14. Modos de apropiación posesoria. Conceptos de ocupación, accesión e especificación. A traditio, acto causal.- A causa; causa adquirendi e causa retinendi.- A usucapio; requisitos (boa fe e xusto título).- A propiedade pretoria: a acción Publiciana.- A longi temporis praescriptio.
15. CONCORRENCIA DE DEREITOS REAIS. A copropiedade: réxime xurídico; accións divisorias; divisibilidade xurídica e divisibilidade material.- As servidumes: clasificacións; defensa procesual; constitución e extinción.- O usufructo: contido; defensa procesual; constitución e extinción; a caución usufructuaria; o cuasiusufructo.
16. Dereitos reais de garantía. O pignus; pactos engadidos; a hipoteca; concorrencia de hipotecas.- Otros dereitos “reais”: enfiteusis e superficies.
Manual básico recomendado:
D’ORS, Elementos de Derecho Privado Romano, EUNSA, Pamplona 2010
Bibliografía complementaria:
A que se vaia indicando en cada unha das partes do Programa.
Como libros de apoio á docencia práctica:
VV. AA., El Digesto de Justiniano, Aranzadi, Pamplona 1968-75, 3 volúmenes
R. DOMINGO (coord.), Textos de derecho romano, Navarra 2002
- coñecemento da terminoloxía técnico-xurídica
- comprensión axeitada dos conceptos xurídicos
- orde sistemática das institucións xurídicas
- capacidade de aplicación práctica dos coñecementos
- iniciación á técnica do razoamento xurídico
- obtención da “mentalidade xurídica”
A metodoloxía para a ensinanza e o aprendizaxe da asignatura combinará duas modalidades: a docencia expositiva e a docencia interactiva.
A docencia expositiva da asignatura consistirá na explicación polo Profesor das diferentes cuestións do Programa, centrándose naquelas que, pola sua importancia ou dificultade a requiran.
A docencia interactiva, pola sua parte, se levará a cabo coa utilización de distintos instrumentos nos que o alumno terá que participar activamente: elaboración e discusión de casos prácticos, ben de forma individual ou en grupo; presentacións orais dalguna parte do Programa, etc.
A avaliación farase mediante un único exame final escrito dunha duración aproximada de unha hora e media. Comporase de cinco preguntas, de diferente amplitude, referidas ós distintos bloques do Programa: unha de Historia e Fontes; dous de Dereito procesual romano; e dous de Dereitos Reais.
A cualificación final resultará da valoración ponderada das preguntas de cada un dos bloques, de tal xeito que será necesario, para supera-lo exame, que non exista unha manifesta insuficiencia en ningún deses bloques.
Para esa cualificación terase en conta:
- os coñecementos substanciais das cuestións preguntadas
- o emprego preciso da terminoloxía xurídica
- a axeitada comprensión conceptual
- a integración sistemática dos coñecementos
- a correcta expresión das ideas (tanto na súa consideración de fondo como de forma).
Unha vez que o alumno teña superado o examen final escrito, a súa cualifición poderá incrementarse (cun máximo do 10%) en función do rendemento acadado nas clases interactivas, nos grupos nos que se impartan.
Consideraranse avaliables, polo tanto, a máis do exame final, a presentación por escrito das tarefas encomendadas nas clases interactivas.
Recórdase ós alumnos que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): Art. 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
No caso de exención de docencia, a cualificación corresponderase ca nota obtida no examen final escrito.
Conforme o actual Plan de Estudos, a carga en créditos ECTS da asignatura supón un total de 112’5h., que se distribúen en horas de traballo presencial na Aula (45h.) e horas de traballo autónomo do alumno (67’5h.), ca distribución oficialmente prevista no dito Plan.
Co fin de orientar o traballo autónomo do alumno, e para conquerir o mellor rendimento, compre ter presentes certas recomendacións a seguir:
-Asistencia ordinaria ás clases
-Estudio diario da materia
-Emprego dos libros de texto como base para o estudio; os “apuntamentos” das explicacións de clase nunca poden ser base dabondo para o estudio, nin sustituir ós libros
-Aplicar á aprendizaxe un método de estudio no que se mesturen axeitadamente a comprensión razoada e a memorización
-Integración progresiva dos novos coñecementos nunha orde sistemática xeral
-Participación nas actividades docentes que a requiran
-Aproveitamento das “titorías” como canle para, no seu caso, solventar as dúbidas e superar os atrancos que xurdiran no estudo autónomo
l
Maria Esperanza Sixto Da Silva
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Romano
- Teléfono
- 881814639
- Correo electrónico
- m.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Gonzalez Bustelo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Romano
- Teléfono
- 881814636
- Correo electrónico
- a.bustelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo A- horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
16:30-18:00 | Grupo B- horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 1 |
18:00-19:30 | Grupo C- horario de tarde (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo A- horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
16:30-18:00 | Grupo B- horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 1 |
18:00-19:30 | Grupo C- horario de tarde (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
08.01.2025 10:00-12:00 | Grupo A- horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
08.01.2025 13:00-15:00 | Grupo B- horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo C- horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
09.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A- horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
09.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B- horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
09.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C- horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |