Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En primeiro lugar, en relación cos obxectivos relacionados co coñecemento, prioritariamente perséguese que o alumnado, empregando a terminoloxía e o vocabulario técnico pertinente, sexa capaz de manexar os conceptos teóricos máis importantes en relación coas institucións da responsabilidade administrativa, a expropiación forzosa e a garantía xurisdicional do administrado.
En segundo lugar, dentro dos obxectivos que se refiren ao desenvolvemento de competencias, perséguese que o alumnado:
- Manexe correctamente as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doutrinais, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- Sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- Estea en condicións de planificar e conducir o propio aprendizaxe e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a grande velocidade.
- Resolva supostos prácticos de dificultade media.
- Emita informes técnicos.
Parte I. A garantía patrimonial do administrado
I.- A responsabilidade patrimonial da Administración. Presupostos e efectividade da reparación (a acción de responsabilidade e a forma de reparación).
II.- A expropiación forzosa. Caracterización xeral e réxime xurídico da potestade expropiatoria.
III.- A expropiación forzosa. O procedemento expropiatorio e a reversión expropiatoria.
Parte II. A garantía xurisdicional do administrado
IV.- O control xurisdicional da actuación administrativa. Caracterización xeral.
V.- Ámbito e extensión da orde xurisdicional contencioso-administrativa. Órganos e distribución de competencias.
VI.- O proceso contencioso-administrativo: partes e obxecto.
VII.- Tutela cautelar. O procedemento contencioso-administrativo.
VIII.- Réxime de recursos e execución de sentenzas no proceso contencioso-administrativo.
IX.- Procedementos especiais e conflitos entre Administración e órganos xurisdicionais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Sánchez Morón, M., Derecho Administrativo. Parte General, Tecnos, Madrid, última edición.
- Esteve Pardo, J., Lecciones de Derecho administrativo, Marcial Pons, Madrid, última edición.
- Velasco Caballero, F. e Darnaculleta Gardella, M. (dirs.), Manual de Derecho administrativo, Marcial Pons, última edición.
LEXISLACIÓN:
- Base de datos de legislación y jurisprudencia Westlaw-Aranzadi.
Competencias xerais:
- CG1, Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- CG2, Capacidade de organización e planificación.
- CG5, Capacidade de obtención e xestión da información.
- CG6, Capacidade de resolución de problemas.
- CG7, Capacidade de decisión.
- CG8, Razoamento crítico.
- CG9, Compromiso ético e deontolóxico.
- CG10, Traballo en equipo, incluidos os equipos de carácter interdisciplinar.
- CG12, Capacidade de relación interpersonal nun contexto profesional.
- CG13, Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
- CG14, Aprendizaxe autónomo.
- CG15, Adaptación a novas situacións.
- CG16, Creatividade.
- CG17, Liderazgo.
- CG19, Iniciativa e espíritu emprendedor.
- CG20, Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
- CG21, Sensibilidade cara temas da realidade social, económica e ambiental.
- CG22, Espíritu de superación.
Competencias específicas:
- CE1, Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza, e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais.
- CE2, Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos.
- CE3, Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- CE4, Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, personais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
- CE5, Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
- CE6, Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
- CE7, Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas.
- CE8, Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento.
- CE9, Comprender y coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais.
- CE11, Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluida e técnica, utilizando términos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- CE12, Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito.
Na impartición da materia poderanse empregar os seguintes métodos docentes:
- Leccións maxistrais programadas, coa implicación do alumnado.
- Clases prácticas ou interactivas.
- Prácticas de campo: visitas programadas polo profesorado a administracións, xulgados, institucións ou servizos públicos que poidan ser de interese para a materia impartida.
GRUPO A (PROFESORA DIANA SANTIAGO IGLESIAS)
A avaliación dos alumnos levarase a cabo mediante:
- A realización dun exame teórico-práctico, oral e escrito (mínimo 80% da cualificación final).
- A asistencia e a participación activa nas clases interactivas, así como a realización das actividades propostas polo profesor durante as mesmas (máximo 20% da cualificación final).
GRUPO B (MARCOS ALMEIDA CERREDA)
A avaliación dos alumnos levarase a cabo mediante:
- A realización dun exame teórico-práctico oral e escrito (mínimo 80% da cualificación final).
- A asistencia e a participación activa nas clases interactivas, así como a realización das actividades propostas polo profesor durante as mesmas (máximo 20% da cualificación final).
GRUPO C (PROFESORA ALBA NOGUEIRA LÓPEZ E PROFESOR BELTRÁN PUENTES COCIÑA)
A avaliación do alumnado levarase a cabo mediante:
- A realización dun exame teórico-práctico, escrito (mínimo 80% da cualificación final).
- A asistencia e a participación activa nas clases interactivas, así como a realización das actividades propostas polo profesor durante as mesmas (20% da cualificación final).
TODOS OS GRUPOS
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ao alumnado que non concorra a ningunha das dúas oportunidades oficiais faráselle constar na acta a mención de "Non presentado".
O alumnado que teña concedida exención de docencia poderá suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas ou das tarefas indicadas, de acordo coas instrucións que lle imparta o profesorado responsable da materia nas correspondentes titorías.
Total de horas de traballo presencial na aula: 60 hrs.
Total de horas de traballo persoal do alumnado: 90 hrs.
Recoméndase ter cursado as materias de Dereito Administrativo I e II.
Ademais, suxírese:
- Asistir á clase regularmente.
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Estudar con tempo e regularidade.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
María Da Alba Nogueira López
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814683
- Correo electrónico
- alba.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marcos Almeida Cerreda
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814738
- Correo electrónico
- marcos.almeida [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Diana Santiago Iglesias
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814682
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Beltrán Puentes Cociña
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- beltran.puentes.cocina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Alba Lorenzo García
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- albalorenzo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
16:00-17:00 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
16:30-18:00 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
16:30-18:00 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
15.01.2025 10:00-12:00 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
15.01.2025 13:00-15:00 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Aula 1 |