Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En primeiro lugar, en relación cos obxectivos relacionados co coñecemento, prioritariamente perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e vocabulario técnico pertinente sexa capaz de manexar os conceptos teóricos máis importantes en relación co réxime xurídico das sancións administrativas.
En segundo lugar, dentro dos obxectivos que se refiren ao desenvolvemento de competencias, perséguese que o alumno:
-Manexe correctamente as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doctrinales, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
-Sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
-Estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a gran velocidade.
-Resolva supostos prácticos de dificultade media.
-Emita informes técnicos.
Concepto de sanción administrativa. Principios substantivos do Dereito administrativo sancionador. Relacións entre a potestade administrativa sancionadora e a potestade punitiva penal. O procedemento administrativo sancionador. As medidas sancionadoras administrativas.
Gosálbez Pequeño, Humberto: La denuncia administrativa. el régimen de la ley 39/2015, de 2 de octubre, de procedimiento administrativo común de las administraciones públicas, Aranzadi, 2019.
Garberí Llobregat, José/ Buitrón Ramírez, Guadalupe: Procedimiento administrativo sancionador. Comentarios, jurisprudencia y formularios, Tirant lo Blanch, 7º ed., 2021.
Gómez Tomillo, Manuel/ Sanz Rubiales, Iñigo: Derecho administrativo sancionador: parte general, Aranzadi, 4º ed., 2017.
García Gómez de mercado, Francisco: Sanciones administrativas. garantías, derechos y recursos del presunto responsable, Comares, 4º ed., 2017.
Cobo Olvera, Tomás: Procedimiento administrativo sancionador tipo. legislación, jurisprudencia, doctrina y formularios, Bosch, 4º ed.,2014.
Básicas e xerais:
CG2 - CG Instrumental: capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e
razonadamente.
CG4 - CG Instrumental: Adquisición dunha conciencia crítica na análise do ordenamento xurídico, situándose nunha
perspectiva plenamente respectuosa cos principios do respecto e a promoción dos dereitos humanos, de igualdade e da
accesibilidade universal.
CG6 - CG Instrumental: capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular a través da rede
informática), dentro da súa área de estudo.
CG7 - CG Instrumental: capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado
como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta.
Específicas:
CE5 - Comprensión e coñecemento das principais institucións do Dereito Público e da estrutura e fundamento dos
sistemas políticos.
CE20 - Tomar conciencia da importancia do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
Na impartición da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
-Lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
-Clases prácticas.
A avaliación dos alumnos levará a cabo a través dos seguintes instrumentos:
-O control da asistencia ás sesións presenciais, que poderá supoñer ata un 5% da cualificación.
-A memoria de prácticas, que supoñerá un 25% da cualificación.
-A realización dun exame teórico-práctico, que supoñerá un 70% da cualificación.
A efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que aos alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo faráselles constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instrucións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
Traballo presencial na aula
Docencia expositiva:25
Docencia interactiva:10
Titorías en grupo reducido:5
Traballo persoal do alumno
Estudo individual ou en grupo:55
Resolución de casos prácticos ou outros traballos:15
Asistencia a conferencias:2,5
Ter cursado a materia Introdución ao dereito público e ao sistema de xustiza penal
Beltran Puentes Cociña
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- beltran.puentes.cocina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
| Venres | ||
|---|---|---|
| 18:00-21:00 | Grao en Criminoloxía | Aula 16 |
| 19.12.2023 16:00-18:00 | Grao en Criminoloxía | Aula 1 |
| 20.06.2024 18:00-20:00 | Grao en Criminoloxía | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PUENTES COCIÑA, BELTRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PUENTES COCIÑA, BELTRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PUENTES COCIÑA, BELTRAN | Galego |