Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Os obxectivos propostos na materia son:
-. Coñecer os métodos e técnicas de análise estática e dinámica das comunidades vexetais.
-. Coñecer os principais ecosistemas terrestres e as súas características.
-. Coñecer os fundamentos ecolóxicos da paisaxe.
-. Recoñecer a influencia humana na dinámica e no estado actual da paisaxe vexetal.
O contido desta materia complementa o da materia de "Bioxeografía" do terceiro curso do Grado de Xeografía e Ordenación do Territorio, e ten un carácter esencialmente práctico. Trátanse os seguintes temas:
I. As clasificacións, métodos e técnicas de estudo das comunidades vexetais.
II. A paisaxe vexetal no seu conxunto.
III. A antropización da biosfera a través da análise dos diferentes tipos de actuación humana e a súa evolución histórica.
IV. A estrutura e dinámica das paisaxes, e a súa ordenación en relación cos procesos ecolóxicos e históricos.
Os contidos da materia organízanse en catro unidades:
I. OBXECTIVOS E CONTIDOS DA MATERIA
II. MÉTODOS E TÉCNICAS DE ESTUDO DA VEXETACIÓN
1. Clasificacións e métodos fisionómicos
2. Clasificacións e métodos florísticos e ecolóxicos
3. O método de Bertrand
4. Métodos e técnicas analíticas e de síntese en Bioxeografía
5. Métodos e técnicas de estudo da dinámica vexetal a diferentes escalas
6. Métodos e técnicas cartográficas
III. A PAISAXE VEXETAL
1. Os conceptos de paisaxe
2. Estrutura, características e propiedades da paisaxe
3. Factores físicos e humanos da organización das paisaxes
4. A dinámica da paisaxe
5. Organización e historia da paisaxe vexetal galega
IV. MÉTODOS DE AVALIACIÓN DA VEXETACIÓN E A PAISAXE
Bertrand, C. e Bertrand,G. (2006): Geografía del Medio Ambiente. El sistema GTP: Geosistema, territorio y paisaje. Universidad de Granada, Granada.
Braque, R. (1987): Biogéographie des continents. Masson, Paris.
Burel, F. e Baudry, J. (2002): Ecología del Paisaje. Conceptos, métodos y aplicaciones. Ediciones Mundi- Prensa, Madrid.
Castroviejo, M. (Coord.) (1991): Prácticas para la planificación de Espacios Naturales.ICONA, Madrid.
Duchaufour, P. (1984): Edafología 1. Edafología y clasificación. Masson, París
Davigneaud, P. (1978): La síntesis ecológica. Alhambra, Madrid.
Elhai, A. (1968): Biogéographie. Armand Colin, París
Farina, A. (1998): Principles and methods in Landscape ecology. Chapman & Hall, London
Ferreras, C. e Fidalgo, C. (1991): Biogeografía y Edafogeografía. Síntesis, Madrid.
Forman, R.T.T. (1995): Land mosaic. The ecology of landscapes and regions. Cambridge University Press, Cambridge.
Forman, R.T.T. e Godron, M. (1986): Landscape ecology. John Wiley & Sons, New York.
González Bernáldez, F. (1981): Ecología y paisaje, Blume Ediciones, Madrid.
Lacoste, Y. e Salanon, R. (1977): Biogeografía. Oikos-Tau, Vilassar de Mar (Barcelona).
Lemee, G. (1967): Précis de Biogéographie. Masson, París.
Lizet, B. et Ravignan, F. de (1987): Comprendre un paysage. Guide pratique de recherche, INRA, París
Meaza Rodríguez, G. (Coord.) (2000): Medodología y práctica de la Biogeografía. Ediciones del Serbal, Barcelona.
Ozenda, P. (1964): Biogéographie végetale. Doin, París.
Pears, N. (1977): Basic Biogeography. Longman, London.
Sevilla Martínez, F. (2008): Una teoría ecológica para los montes ibéricos. IRMA, S.L., León.
Simmons, I.G. (1982): Biogeografía natural y cultural. Omega, Barcelona.
Tivy, J. (1982): Biogeography. Longman, London.
Walter, H. (1977): Zonas de vegetación y clima. Omega, Barcelona.
Básicas e Xerais
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista con unha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións
CG7 - Comprender as relación espaciais
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostren poseer e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación
secundaria xeral, e se soe encontrar nun nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúa tamén algúns
aspectos que impliquen coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posean as
competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro
da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de
estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudiantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un
alto grado de autonomía
Transversais
CT2 - Espazos xeográficos rexionais, Xeografía Humana, Económica e Social; Xeografía Física e Medio Ambiente
CT3 - Ordenación do territorio
CT4 - Métodos de información xeográfica
CT5 - Metodoloxía e traballo de campo
CT6 - Utilizar a información xeográfica como instrumento de interpretación do territorio
CT7 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT8 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT9 - Realizar propostas de xestión territorial; Xestionar a localización de servizos e actividades; Realizar diagnoses integradas da
acción pública; Explicar os procesos da actualidade mediática
CT10 - Expresar información cartográficamente
CT11 - Traballo de campo e coñecemento directo do territorio
CT12 - Elaborar e interpretar información estatística
Específicas
CE1 - Ordenar e sintetizar a información
CE3 - Entender os problemas de forma multidimensional; Xestionar a complexidade; Ofrecer explicacións sinxelas a problemas
complexos
CE5 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares; Capacidade de entender a linguaxe e as propostas de outros especialistas
CE6 - Exposición e transmisión dos coñecementos xeográficos
CE7 - Ofrecer novos usos a saberes tradicionais
O traballo cotiá da materia seguirá un esquema no que se combinan as exposicións docentes, o traballo individual, en pequenos grupos e a posta en común nun contexto de interactuación entre docente e estudantes. A docencia articúlase en:
A. SESIÓNS EXPOSITIVAS, destinadas a:
- Presentación da información básica por parte do/a profesor/a.
- Explicación de conceptos, técnicas e métodos de traballo.
- Proxeccións audiovisuais sobre contidos e novas de interese.
- Conferencias e charlas de especialistas sobre a materia.
- Práctica/s de campo. A docencia incluirá alomenos unha práctica de campo, a realizar nas datas indicadas no calendario oficial, na
que se aplicarán os contidos teóricos sobre o terreo. A asistencia á práctica de campo é obrigatoria, salvo xustificación. Sempre que
sexa posible se realizarán outras saídas de campo na contorna de Santiago.
- Outras actividades que o profesor considere oportunas.
B. SESIÓNS INTERACTIVAS, destinadas a:
- Interpretación de inventarios, transectos, pirámides de vexetación, diagramas, etc...
- Prácticas de laboratorio
- Presentacións orais por parte do estudantado.
- Debates e defensas de traballos en público.
- Actividades de avaliación grupal.
- Práctica/s de campo. A docencia incluirá alo menos unha práctica de campo, a realizar nas datas indicadas no calendario oficial, na
que se aplicarán os contidos teóricos sobre o terreo. A asistencia á Práctica de campo é obrigatoria, salvo xustificación. Sempre que
sexa posible se realizán outras saídas de campo na contorna de Santiago.
- Outras actividades que o profesor considere oportunas.
C. SESIÓNS DE TITORÍAS, destinadas a:
- Prestar apoio na realización de tarefas.
- Presentar informes de avance dos traballos de grupo.
- Resolver dúbidas persoais.
- Outras actividades que o profesor considere oportunas.
Sendo unha materia en extinción, o alumnado terá que pórse en contacto coa docente.
Con todo, desde comezo do curso estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar as actividades e o material de estudo, entregar as tarefas e comunicarse coa docente.
A asignatura consta de 6 créditos ECTS repartidos equilibradamente entre teoría, práctica e actividade académicamente dirixida non presencial na aula. O alumnado deberá dedicar como traballo autónomo a parte alícuota do total de créditos do curso, e en función das súas necesidades persoais para un coñecemento axeitado da materia.
-. Tendo en conta o alto contido práctico da materia e a ausencia de manuais específicos, considérase necesaria a comunicación directa co/coa docente e a realización das actividades que se programen.
-. Indispensable a asistencia ás clases e a saída de campo.
-. Non é recomendable presentar traballos que non teñan sido orientados e supervisados polo docente.
-. Utilización de bibliografía recomendada.
Recoméndase encarecidamente cursar os Cursos de Competencias en Información ofertados pola Biblioteca Universitaria:
(https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html)
-. Non existirá unha separación clara entre as clases expositivas e as interactivas. Se intercalarán explicacións teóricas por parte da profesora, cando sexa pertinente e tamén se buscará a participación continuada do alumnado.
-. As saídas de campo son de gran importancia nesta materia. Cando menos, se fará unha que abrangue o día completo. Sempre e cando sexa posible, tentarase programar a saída en colaboración con outros membros do profesorado, que imparten outras materias.
Manuela Costa Casais
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- manuela.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Docente | Idioma |
|---|---|
| COSTA CASAIS, MANUELA | Galego |