Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Esta materia achega algunhas das principais dinámicas da xeografía social e cultural desenvolvida a partir da eclosión do postmodernismo e do postestructuralismo. Ambas as dúas presentan unha tradición dilatada, pero nesta materia a énfase ponse no pensamento, na investigación e no activismo experimentados na xeografía orientada aos temas sociais e culturais desde a década de 1970.
A pesar de que a división entre xeografía social e cultural é unha convención moi estendida, non é doado delimitalas. Por iso nesta materia óptase por un bloque común inicial con aquelas cuestións básicas que son compartidas. Despois, os dous bloques específicos afondan nalgúns temas considerados característicos de cada unha, sen por iso perder de vista as múltiples interconexións.
Priviléxiase unha escolma coherente de temas determinantes da xeografía social e cultural. Porén, tamén se pretende espertar no alumnado o interese por outros ámbitos destas materias situadas na fronteira do coñecemento, en constante evolución e sometidas a cambiantes olladas, que non son abordábeis dadas as limitacións de tempo: ciberespazo, xeografías da vida cotiá, espazos de lecer, antiglobalización, comercio xusto, integrismo, etc.
I. INTRODUCIÓN
1. Historia e teoría de xeografía social e cultural.
2. O postmodernismo na xeografía. Xiro cultural, xiro espacial e nova teoría social.
3. A dobre realidade (material e ideal) na xeografía social e cultural.
4. Espazo, paisaxe e sexualidades.
II. XEOGRAFÍA SOCIAL
5. Espazos, temporalidades e actores.
6. Formacións socioespaciais urbanas. Integración e exclusión nas cidades.
7. Formacións socioespaciais nos territorios. Minorías, diásporas e migracións.
8. Movementos sociais.
III. XEOGRAFÍA CULTURAL
9. A paisaxe en xeografía cultural: a superación da escola saueriana polos estudos actuais. A paisaxe como ideoloxía.
10. A identidade. A noción de alteridade e a tese do orientalismo. Cultura global e resistencias locais? Multiculturalismo e identidade.
11. Xeohumanidades e xeografía creativa: literatura, cine e arte.
12. Xeografía das relixións e dos espazos sagrados.
Bibliografía básica
- CLAVAL, P. (2003): Géographie culturelle. Une approche des sociétés et des milieux. Paris: Armand Colin.
- DI MÉO, G. & BULÉON, P. (2005): L’espace social. Lecture géographique des sociétés. Paris: Armand Colin.
- DEAR, M., et al. (2011): Geohumanities. Art, history, text at the edge of place. London and New York: Routledge.
- DUNCAN, J.S.; JOHNSON, N.C. & SCHEIN, R.H. (2004): A Companion to Cultural Geography. Malden/Oxford/Carlton: Blackwell.
- HIERNAUX, D. & LINDÓN, A. (dirs.) (2006): Tratado de Geografía Humana. Rubí/Iztapalapa: Anthropos/Universidad Autónoma Metropolitana.
- JORDAN, T.G. & ROWNTREE, L. (1986): The Human Mosaic: A Thematic Introduction to Cultural Geography. New York: Harper & Row.
- LINDÓN, A. & HIERNAUX, D. (dirs.) (2010): Los giros de la geografía humana. Desafíos y horizontes. Rubí/Iztapalapa: Anthropos/Universidad Autónoma Metropolitana.
- NOGUÉ, J. & ALBET, A. (2008): “Cartografía de los cambios sociales y culturales”, en ROMERO, J. (coord.): Geografía humana. Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona: Ariel. pp. 173-219.
- NOGUÉ, J. & ROMERO, J. (eds.) (2006): Las otras geografías. València: Tirant lo Blanc.
Bibliografía complementaria
- BANINI, T. (2019): Geografíe Culturali. Milán: FrancoAngeli.
- BONAZZI, A. (2011): Manuale di Geografia Culturale. Bari: Editori Laterza.
- BONIFACE, P. (2020): Géopolitique du Covid-19. Paris: Éditions Eyrolles.
- DELLA DORA, V. (2021): The Mantle of the Earth. Genealogies of a Geographical Metaphor. Chicago and London: University of Chicago Press.
- DOMOSH, M. et al. (2010): The Human Mosaic. A Cultural Approach to Human Geography. New York, W. H. Freeman and Company
- DURING, R. (2010): Cultural Heritage Discourses and Europeanisation. Wageningen: Alterra.
- GRAHAM, B., HOWARD, P. (eds.) (2008): The Ashgate Research Companion to Heritage and Identity. Aldershot: Ashgate
- GROENSTEEN, T. (1997): The System of Comics. The University of Mississippi Press.
- HAWKINS, H. (2021): Geography, Art, Research. Artistic Research in Geohumanitites. London and New York: Routledge.
- KITCHIN, R. & THRIFT, N. (eds.) (2009): International Encyclopedia of Human Geography. Oxford: Elsevier
- LODA, M. (2015): Geografia Sociale. Storia,teoria e metodi di ricerca. Roma: Carocci Editore.
-MUZAINI, H., MINCA, C. (2020): After heritage, critical perspectives on heritage from below. Cheltenham, UK, Northampton, MA, USA,: Edward Elgar Publishing.
- OBERHAUSER, A.M. et al. (2018): Feminist Spaces. Gender and Geography in a Global Context. London and New York: Routledge.
Escolma de revistas especializadas
- Antipode: http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1111/%28ISSN%291467-8330
- Cultural Geographies: http://cgj.sagepub.com/
- Environment and Planning D. Society and Space: http://www.envplan.com/D.html
- Espaces et Sociétés: https://www.cairn.info/revue-espaces-et-societes.htm
- Literary Geography: https://www.literarygeographies.net/index.php/LitGeogs
- Social & Cultural Geography: http://www.tandfonline.com/toc/rscg20/current#.VW73N8-vGM8
Competencias Xerais
CG2. Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3. Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4. Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5. Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6. Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións
CG7. Comprender as relacións espaciais
CG8. Analizar e interpretar as paisaxes
CG9. Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
Competencias Básicas
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias Transversais
CT2. Espazos xeográficos rexionais, Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3. Ordenación do territorio
CT4. Métodos de información xeográfica
CT5. Metodoloxía e traballo de campo
CT6. Utilizar a información xeográfica como ferramenta interpretación do territorio
CT7. Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT8. Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT9. Realizar propostas de xestión territorial; Xestionar a localización de servizos e actividades; Realizar diagnoses integradas da acción pública; Explicar os procesos da actualidade mediática
CT10. Expresar información cartográficamente
CT11. Traballo de campo e coñecemento directo do territorio
CT12. Elaborar e interpretar información estatística
Competencias Específicas
CE1. Ordenar e sintetizar a información
CE3. Entender os problemas de forma multidimensional; Xestionar a complexidade; Ofrecer explicacións sinxelas a problemas complexos
CE5. Xerar acordos en equipos interdisciplinares; Capacidade de entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas CE6. Exposición e transmisión dos coñecementos xeográficos
CE7. Ofrecer novos usos a saberes tradicionais
Sendo unha materia en extinción, o alumnado terá que poñerse en contacto coa docente.
Con todo, desde comezo do curso estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar as actividades e o material de estudo, entregar as tarefas e comunicarse coa docente.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en dúas compoñentes obrigatorias:
• Probas de avaliación de coñecementos e competencias: na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, realizarase unha proba final de avaliación non presencial (complementaria á avaliación continua). Computará o 50% da nota final.
• Avaliación continua das actividades prácticas interactivas. Computará o 50% da nota final.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de
aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Diego Cidras Fernandez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CIDRAS FERNANDEZ, DIEGO | Galego |