Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
En España o termo “rexión” acada unhas dimensións particulares que superan o significado clásico en xeografía. Ese uso tradicional do concepto frecuentemente resúmese no traballo ao redor dun ámbito de estudo a escala intermedia (situado entre o nivel local e o do conxunto do territorio estatal) que é tomado como unha realidade predeterminada incuestionábel e transmitido polos resortes do poder, institucións académicas incluídas. Non é estraño, neste sentido, que na actualidade se asuman acriticamente as delimitacións autonómicas e provinciais vixentes como perímetros axeitados e aproblemáticos. No entanto, como recentemente sinalou Gómez Mendoza (2013: 30), neste eido “a contribución xeográfica ten que chegar moito máis alén”. Así, esta materia constitúe unha oportunidade para cuestionar a idea de “rexión” en España, na súa polisemia, de xeito que o alumnado dea reflexionado criticamente sobre a realidade xeográfica do país nunhas coordenadas a miúdo preteridas. Asemade, procuramos que o alumnado sexa quen de formarse unha opinión motivada sobre a actual conxuntura xeopolítica de profundo debate e cuestionamento do modelo territorial de 1978, cun uso axeitado de información xeográfica, e de facer propostas concretas no eido da organización territorial a múltiples escalas, en coherencia coa progresiva maior implicación do/a xeógrafo/a nas tarefas de delimitación territorial. Neste sentido, as aulas nesta materia irán destinadas principalmente ao debate sobre xeopolítica e organización territorial de España, como vertentes aplicadas da xeografía en xeral, e da rexional en particular.
I. ESPAÑA INACABADA? A EVOLUCIÓN DO MAPA REXIONAL
1. O complexo entramado territorial do antigo réxime na Península Ibérica
2. Nacemento e consolidación do modelo territorial liberal español: provincias, partidos xudiciais e concellos
3. A longa reconfiguración do mapa rexional. A emerxencia dos territorios dos nacionalismos e dos rexionalismos contemporáneos
4. O debate territorial na Constitución de 1978: rexións, nacionalidades e comunidades autónomas
II. ESPAÑA INVERTEBRADA? A ARTICULACIÓN XEOPOLÍTICA DO TERRITORIO
5. As razóns da crise da chamada “España das autonomías”
6. O denominado “proceso catalán” post-2010
7. O xurdimento de novos territorios ao redor das fronteiras: eurorrexións ou irredentismos?
III. ESPAÑA ORGANIZADA? A XEOGRAFÍA DOS NIVEIS POLÍTICO-ADMINISTRATIVOS
8. O mapa municipal e os concellos: a inevitabilidade das fusións?
9. As áreas metropolitanas: as “entidades areladas” entre os concellos e as comunidades autónomas
10. As comarcas e outras divisións asimilábeis: percorridos desiguais
11. A sustentabilidade de provincias e deputacións provinciais: inercias e disfuncións
12. As comunidades autónomas: “segunda descentralización” e recentralización da Administración Xeral do Estado
13. Os territorios da nova gobernanza
Bibliografía básica
- BEL, G. (2013): Anatomía de un desencuentro. La Cataluña que es y la España que no pudo ser. Barcelona: Destino.
- BURGUEÑO, J. (1996): Geografía política de la España constitucional. La división provincial. Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
- BURGUEÑO, J. (2011): La invención de las provincias. Madrid: Catarata.
- FARINÓS, J. (coord.) (2017, no prelo): Geografía Regional de España. València: Tirant lo Blanc.
- GARCÍA ÁLVAREZ, J. (2002): Provincias, regiones y comunidades autónomas. La formación del mapa político de España. Madrid: Senado.
- GÓMEZ MENDOZA, J.; LOIS, R. & NEL•LO, O. (eds.) (2013): Repensar el Estado: crisis económica, conflictos territoriales e identidades políticas en España. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
- LOYER, B. (2006): Géopolitique de l’Espagne. Paris: Armand Colin.
- ROMERO, J. (2006): España inacabada. València: Universitat de València.
- ROMERO, J. (2009): Geopolítica y gobierno del territorio en España. València: Tirant lo Blanc.
- ROMERO, J. (2012): “España inacabada. Organización territorial del Estado, autonomía política y reconocimiento de la diversidad nacional”, Documents d’Anàlisi Geogràfica, 58(1): 13-49. <http://ddd.uab.cat/pub/dag/dag_a2012m1-4v58n1/dag_a2012m1-4v58n1p13.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- ROMERO, J. (coord.) (2017): Geografía Humana de España. València: Tirant lo Blanc.
Bibliografía complementaria
- ÁLVAREZ JUNCO, J. (2001): Mater dolorosa. La idea de España en el siglo XIX. Madrid: Taurus.
- BEL, G. (2010): España, capital París. Origen y apoteosis del Estado radial: del Madrid sede cortesana a la “capital total”. Barcelona: Destino.
- BURGUEÑO, J. & GUERRERO, M. (2014): “El mapa municipal de España. Una caracterización geográfica”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 64: 11-36. <http://www.boletinage.com/articulos/64/01_BURGUENO.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- BURGUEÑO, J. & LASSO DE LA VEGA, F. (2002): Història del mapa municipal de Catalunya. Barcelona: Direcció General d’Administració Local.
- BURGUEÑO, J. (1995): “La génesis de la división territorial contemporánea en la España atlántica (Galicia, Asturias, Cantabria y El Bierzo)”, Ería, 36: 5-33. <http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=34814> (Acceso: 24/12/2014).
- BURGUEÑO, J. (1995): De la Vegueria a la Província: la formació de la divisió territorial contemporània als Països Catalans (1790-1850). Barcelona: Rafael Dalmau.
- BURGUEÑO, J. (2001): “Geografía y administración. Proyectar territorios en el siglo XXI”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 32: 191-207. <http://www.boletinage.com/articulos/32/3210.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- BURGUEÑO, J. (2003): Història de la divisió comarcal. Barcelona: Rafael Dalmau.
- FARINÓS, J. (coord.) (2002): Geografia regional d’Espanya. Una nova geografia per a la planificació i el desenvolupament regional. València: Universitat de València.
- FERIA, J.M. (2004): “Problemas de definición de las áreas metropolitanas en España”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 38: 85-99. <http://www.boletinage.com/articulos/38/05%20FERIA%2085-99.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- FERIA, J.M. (coord.) (2006): Los procesos metropolitanos: materiales para una aproximación inicial. Sevilla: Centro de Estudios Andaluces/Junta de Andalucía.
- FONT, J. & PUJADAS, R. (1998): “La política regional española”, en Ordenación y planificación territorial. Madrid: Síntesis. pp. 117-133.
- GARCÍA ALVARADO, J.M. & SOTELO NAVALPOTRO, J.A. (coords.) (1999): La España de las Autonomías. Madrid: Síntesis.
- GARCÍA ÁLVAREZ, J. & MARÍAS, D. (1997): Nacionalismo y educación geográfica en la España del siglo XX. Una aproximación a través de los manuales de Bachillerato. Santiago de Compostela: IDEGA. <http://otega.usc.es/docs_idega/documentos_de_traballo/xeografia/xeograf…> (Acceso: 24/12/2014).
- GARCÍA ÁLVAREZ, J. & TRILLO SANTAMARÍA, J.M. (2013): “Between Regional Spaces and Spaces of Regionalism: Cross-border Region Building in the Spanish ‘State of the Autonomies’”, Regional Studies, 47(1): 104-115.
- GARCÍA ÁLVAREZ, J. (2009): “Geografía, política y territorio en la España de las Autonomías: un intento de balance y una agenda de exploración futura”, en FERIA, J. M.; GARCÍA GARCÍA, A. & OJEDA, J. F. (eds.): Territorios, sociedades y políticas. Sevilla/Madrid: Universidad Pablo de Olavide/Asociación de Geógrafos Españoles. pp. 457-480.
- GÓMEZ MENDOZA, J. & GARCÍA ÁLVAREZ, J. (2000): “Los geógrafos y la regionalización de la política de España (siglos XIX y XX)”, en Vivir la diversidad en España. Madrid: Asociación de Geógrafos Españoles. pp. 281-300.
- GÓMEZ MENDOZA, J. & GARCÍA ÁLVAREZ, J. (2001): “Organización política y administrativa”, en GIL OLCINA, A. & GÓMEZ MENDOZA, J. (coords.): Geografía de España. Barcelona: Ariel. pp. 575-593.
- GONZÁLEZ MARIÑAS, Pablo (1994): Territorio e identidade. Galicia como espacio administrativo. Santiago: Xunta de Galicia.
- LOIS, R.C. (2009): “La geografía y el análisis territorial en España: argumentos para la reflexión”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 50: 7-42. <http://www.boletinage.com/articulos/50/01%20LOIS.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- LOIS, R.C. et al. (2001): “Galicia y la polisemia del término región”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 32: 209-226. <http://www.boletinage.com/articulos/32/3211.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- MEMBRADO-TENA, J.C. (2016): “Entes territoriales de escala comarcal en la Administración local española”, Documents d’Anàlisi Geogràfica, 62(2): 347-371. <http://dag.revista.uab.es/article/view/v62-n2-membrado-tena/300-pdf-es> (Acceso: 28/6/2016).
- NADAL, F. (1987): Burgueses, burócratas y territorio. La política territorial en la España del siglo XIX. Madrid: Instituto de Estudios de Administración Local.
- PAÜL, V. & PAZOS, M. (2009): “Els darrers capítols al voltant del mapa immutable de Galícia. Qüestions actuals d’organització territorial gallega”, Treballs de la Societat Catalana de Geografia, 67-68: 199-229. <http://publicacions.iec.cat/repository/pdf/00000108/00000045.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- PAÜL, V. (2007): “Trocos e perseveranzas en liñas herdadas e recentes. Notas sobre as divisións territoriais en Galiza e Catalunya”, en GONZÁLEZ, H. & LAMA, M.X. (eds.): Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Sada: Ediciós do Castro/Asociación Internacional de Estudos Galegos/Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona). pp. 1123-1138. <http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2944931> (Acceso: 24/12/2014).
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, R. (2005): Territorio y gobierno local en España. Un planteamiento de reestructuración por fusión como realidad necesaria. Cizur Menor: Aranzadi.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, R. (dir.) (2004): Os concellos galegos para o século XXI. Análise dunha reestruturación do territorio e do goberno local. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 2 vol.
- SALA I MARTÍN, X. (2014): És l’hora dels adéus? Barcelona: Rosa dels Vents.
- TERÁN, M. de & SOLÉ I SABARÍS, L. (1968): Geografía regional de España. Esplugues de Llobregat: Ariel.
- TORT, J.; PAÜL, V. & MALUQUER, J. (eds.) (2008): L’organització del territori. Un repte per al segle XXI? Barcelona: Fundació Universitat Catalana d’Estiu/Galerada.
- TRILLO SANTAMARÍA, J.M. & LOIS, R. (2014): “Estrategias para cuestionar el control central del espacio estatal. Acción exterior y cooperación transfronteriza”, Scripta Nova. Revista Electrónica de Geografía y Ciencias sociales, 493(49). <http://www.ub.edu/geocrit/coloquio2014/JuanMTrilloSantamaria.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- VILA-VÁZQUEZ, J.I.; TRILLO-SANTAMARÍA, J.M. & PAÜL, V. (2015): “La recomposition des échelles territoriales en Galice (Espagne) : enjeu économique ou alibi idéologique ?”, Espaces et sociétés, 160-161: 115-133.
- ZOIDO, F. et al. (2013): Diccionario de urbanismo, geografía urbana y ordenación del territorio. Madrid: Cátedra.
- Valorar as distintas realidades e propostas de división territorial do actual territorio español, desde o Antigo Réxime até a conformación do chamado “Estado das autonomías”.
- Comprender e emitir xuízos razoados sobre as controversias existentes ao redor do modelo territorial da Constitución de 1978.
- Xulgar a conveniencia de reformar a actual arquitectura político-administrativa multinivel (organización territorial) en España, a efectos dunha mellor administración das políticas territoriais (ordenación territorial).
- Intervir nos procesos de toma de decisións e de redacción de recomendacións en materia de delimitación territorial.
- Empregar con rigor argumentos xeográficos en xeral, e xeopolíticos en particular, nos debates mediáticos sobre a organización territorial de España.
- Apreciar a evolución do estudo da xeografía rexional de España, deducindo a pertinencia das súas achegas para a actual análise xeográfica en termos de ordenación e organización territoriais.
- Desenvolver habilidades comunicativas de información xeográfica.
TRANSVERSAIS
CT2 - Espazos xeográficos rexionais, Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3 - Ordenación do territorio
CT4 - Métodos de información xeográfica
CT5 - Metodoloxía e traballo de campo
CT6 - Utilizar a información xeográfica como instrumento de interpretación do territorio
CT7 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT8 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT9 - Realizar propostas de xestión territorial; Xestionar a localización de servizos e actividades; Realizar diagnoses integradas
da acción pública; Explicar os procesos da actualidade mediática
CT10 - Expresar información cartográficamente
CT11 - Traballo de campo e coñecemento directo do territorio
CT12 - Elaborar e interpretar información estatística
ESPECÍFICAS
CE1 - Ordenar e sintetizar a información
CE3 - Entender os problemas de forma multidimensional; Xestionar a complexidade; Ofrecer explicacións sinxelas a problemas complexos
CE5 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares; Capacidade de entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas
CE6 - Exposición e transmisión dos coñecementos xeográficos
CE7 - Ofrecer novos usos a saberes tradicionais
Tratándose dunha materia en extinción, o alumnado terá que poñerse co docente.
Con todo, desde o comezo do curso académico na aula Virtual estará activa a Aula Virtual da materia. Na cal o alumnado poderá consultar o material de estudo como as actividades programadas, entregar as tarefas e comunicarse co profesor.
Tratándose dunha materia en extinción, o alumnado terá que poñerse co docente.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dous compoñentes, cos pesos seguintes: entregas de actividades 50%; e exame, 50%.
En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e da internet como entre alumnos/as, comportarán suspender.
O exame será presencial para todo o alumnado, na data establecida pola Facultade de Xeografía e Historia.
En cada un dos compoñentes da avaliación (tarefas e exame) é imprescindible obter unha nota superior a 5 para poder facer a media final.
Tratándose dunha materia en extinción, o traballo do alumno será basicamente de carácter autónomo. Toda a documentación para o mesmo estará colgada no Campus Virtual.
O alumnado dispoñerá do horario de titorías do profesor para poder esclarecer calquera cuestión relacionada coa materia.
Tratándose dunha materia en extinción, o alumnado terá que poñerse co docente.
Lucrezia Lopez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Lopez , Lucrezia | Galego |