Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Eclesiástico do Estado
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecemento do contido esencial do dereito constitucional de liberdade relixiosa e das normas de desenvolvemento de dito dereito no ordenamento español, así como as relacións entre o Estado e as confesións relixiosas.
Estudo do dereito matrimonial relixioso no dereito hispano e a súa eficacia civil.
PRELECCIÓN: PROPEDÉUTICA PARA O ESTUDO DO DEREITO ECLESIÁSTICO DO ESTADO
1.- Rudimentos antropolóxicos e sociais: a relixión na sociedade humana.
2.- As relacións entre o poder político e a relixión.
3.- Especial referencia ós tipos de relación entre Estado e relixión.
PARTE XERAL
TEMA I. O Dereito Eclesiástico do Estado. Definición
1.- Autonomía e obxecto do Dereito Eclesiástico do Estado
2.- Lexislación eclesiástica do estado: - Constitución Española.- Lei Orgánica de Liberdade Relixiosa.- Normas internacionais.- Acordos coa Igrexa Católica.- Acordos con confesións minoritarias
3.- O valor interpretativo da xurisprudencia.
PRIMEIRA PARTE. AS LIBERDADES INDIVIDUAIS
TEMA II. A liberdade relixiosa
1.- A liberdade relixiosa: réxime xurídico: titularidade, contido e límites. Os límites á luz da sentencia do TEDH de 13 de febreiro do 2024.
2.- Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas.
3.- Garantías xurídicas: Constitucionais.- Lexislativas.- Procesuais.- Parlamentarias.
TEMA III. A obxección de conciencia
1.- A obxección de conciencia: Xuramento, Mesas Electorais, Xurado, Ensinanza, Fiscal, Descanso laboral e festividades relixiosas,
2.- Dilemas éticos: o principio e fin da vida. : reproducción asistida, aborto, transfusións de sangue, obxección farmacéutica.
3.- As recentes sentencias sobre a obxección de conciencia do Tribunal Constitucional: 19/2023, sobre a Lei Orgánica da Eutanasia; e sentencia do 2023 sobre o aborto.
TEMA IV. A liberdade de expresión
1. Diferenza entre liberdade de expresión e a liberdade de información. As diferentes formas de liberdade de expresión: informativa, científica, artística, humorística...- Límites: información e honor, veracidade e verdade ,sentimentos relixiosos.
2.- A cláusula de conciencia e os medios de comunicación social de titularidade pública.
TEMA V. A liberdade de educación
1.- Lexislación en materia de educación: Dereito dos pais a elexir a formación relixiosa para os seus fillos.
2.- Acordo sobre Ensinanza asinado coa Igrexa Católica en 1979.- Os Acordos con evanxélicos, xudeos e islámicos asinados en 1992 (art. 10).
3.- O exercicio da liberdade de cátedra. O Ideario das institucións educativas. A
4.- A sentencia 34/2023 do Tribunal Constitucional sobre a Lei Orgánica 3/2020, de Educación.
SEGUNDA PARTE. AS LIBERDADES COLECTIVAS
TEMA VI.As entidades relixiosas
El registro de entidades religiosas: Real Decreto 594/2015, de 3 de julio por el que se regula el Registro de Entidades Religiosas.- Inscripción, Denegación, Función cualificadora.- Real Decreto 593/2015, de 3 de julio por el que se regula la declaración de notorio arraigo en España.-Efectos xurídicos.
1.- O rexistro de entidades relixiosas:Real Decreto 594/2015, de 3 de xullo polo que se regula o Rexistro de Entidades Relixiosas.- Inscrición, Denegación de inscrición, función cualificadora.- Real Decreto 593/2015, de 3 de xullo polo que se regula a declaración de notorio arraigo en España.-Efectos xurídicos.
2.- Movementos pseudorrelixiosos.- As sectas e medios de protección das persoas integradas nas mesmas.
TEMA VII. Confesións relixiosas e patrimonio cultural
1.- O patrimonio cultural da Igrexa Católica.
Lexislación estatal.- Código de Dereito Canónico. As competencias autonómicas na materia.
Acordo sobre ensinanza e asuntos culturais de 1979
2. As confesións non católicas e os seus bens culturais.
TEMA VIII. O financiamento das confesións relixiosas.
1.- A igrexa católica: Acordo sobre asuntos económicos de 1979.- Dotación, asignación tributaria, autofinanciamento.
Confesións minoritarias: acordos de 1992 (art. 11).
2. La administración do culto: Funcións e festas relixiosas.
TEMA IX. Matrimonio Relixioso
1.- Matrimonio canónico.- Capacidade.- Limites.- Consentimento.- Forma xurídica
2.- Nulidade canónica.-Proceso abreviado.- Eficacia civil
3.- Matrimonio evanxélico.- Matrimonio xudeo.- Matrimonio islámico
4.- Eficacia civil dos matrimonios de mormons, testigos de Xehová, ortodoxos e budistas.
LEXISLACIÓN ECLESIÁSTICA
Actualmente a maioría de compilacións lexislativas de Dereito Eclesiástico do Estado que existen se atopan desactualizadas. Incluso o compendio da Biblioteca Xurídica Dixital que edita o BOE está incompleto. Polo tanto, aínda sendo recomendable o seu uso, o máis conveniente será a descarga da lexislación actualizada dende a páxina do BOE.
As últimas edicións actualizadas do Código de Dereito Canónico son bastante recentes, e, aínda que con mínimas variacións, son actuais, podendo usarse as do 2.022, das editoriais BAC e Eunsa. Con todo, pode accederse á versión máis recente na páxina: https://www.vatican.va/archive/cod-iuris-canonici/cic_index_sp.html
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA
En primeiro lugar, o estudo universitario caracterízase pola liberdade do alumno, que debe elixir que manual ou manuais se axeitan máis á súa forma de estudar, polo que non existe ningún manual obrigatorio, sendo esta lista unha simple recomendación, posto que as explicacións das aulas axéitanse bastante ó contido destes manuais:
FERREIRO GALGUERA, J.: Derecho y religión en el ordenamiento jurídico español. Tirant lo Blanch. 2.022.
PALOMINO LOZANO, R.: Manual Breve de Derecho Eclesiástico del Estado. Madrid, Universidad Complutense, 2.020.
PALOMINO LOZANO, R.: Derecho y Religiones. Aranzadi, Cizur Menor, 2.022.
PORRAS RAMÍREZ, J.M. (coord,): Derecho de la libertad religiosa, Madrid. Tecnos, 2.022.
ROSSEL GRANADOS, J. & GARCÍA GARCÍA, R. (coords.): Derecho y religión. UCV-Edisofer, 2.020.
SUAREZ PERTIERRA, G. (coord.): Derecho Eclesiástico del Estado. Madrid. Tirant lo Blanch, última edición
SUAREZ PERTIERRA, G. (coord.): Derecho Matrimonial Comparado. Valencia: Tirant lo Blanch, última edición .
SUAREZ PERTIERRA, G.(coord.) Gestión pública del Hecho Religioso. Madrid: UNED, última edición.
SOUTO PAZ, J. A.: Comunidad política y la libertad de creencias. Madrid: Marcia Pons, última edición.
SOUTO PAZ, J. A.: El derecho de libertad de creencias. Madrid: Marcial Pons, última edición.
SOUTO PAZ, J. A.: Derecho matrimonial, Madrid, Barcelona: Marcial Pons, última edición.
AA. VV.: Manual de Derecho eclesiástico del Estado. Madrid: Colex, última edición.
AA. VV: Derecho eclesiástico del Estado. Pamplona: Eunsa, última edición.
ESCRIVÁ IVARS, J., OLMOS ORTEGA, M. E., Causas matrimoniales canónicas. Valencia: Tirant lo Blanch, 2019.
GARCIA GÁRATE, A.; LORENZO VIAN, R.: Práctica de procesos matrimoniales. Villaviciosa de Odón: Ediciones de la Universidad Europea de Madrid-CEES, última edición.
JUSDADO RUIZ-CAPILLAS, M. A. (et al.): Derecho eclesiástico del Estado. Majadahonda: Colex, última edición.
LOPEZ ALARCÓN, M.; NAVARRO VALLS, R. (et al.): Curso de Derecho Matrimonial Canónico y Concordado. Madrid: Tecnos, última edición.
LLAMAZARES FERNANDEZ, D.: Derecho de la Libertad de Conciencia. Madrid: Aranzadi.
MARTÍNEZ-TORRÓN, J., RODRIGO LARA, B. (coords.): Covid-19 y libertad religiosa. Madrid: Dykinson, 2021.
PORRAS RAMIREZ, J. M. (coord.): Derecho de Libertad Religiosa. Madrid: Tecnos, última edición.
RODRÍGUEZ GARCÍA, J. A.: Derecho eclesiástico del Estado: manual de Grado, Madrid: Tecnos.
VIVÓ DE UNDABARRENA, E.: Causa matrimoniales. Estudio, resolución de casos y formularios, Valencia: Tirant lo Blanch.
Ademais poderán sinalarse certos artigos científicos publicados en revistas xurídicas, e que serán mencionados ó longo das explicacións nas aulas, como complementarios dos manuais recollidos neste programa.
Estudo dos principios inspiradores do Dereito Eclesiástico, tal e como se atopan formulados na Constitución española e desenvoltos na normativa vixente.
Análise das fontes do Dereito Eclesiástico español, principalmente das fontes de carácter pacticio, en especial aquelas que teñen rango de tratado internacional.
Coñecemento das distintas manifestacións do dereito fundamental da liberdade relixiosa na súa dobre dimensión: individual - obxeccións de conciencia; dereito á educación e ensinanza relixiosa; límites ó exercicio do dereito de liberdade relixiosa- e comunitaria - réxime xurídico das confesións relixiosas e os seus entes; réxime económico e fiscal das confesións relixiosas; normativa aplicable ó patrimonio cultural das Confesións...-.
Estudo do Dereito matrimonial canónico e das confesións minoritarias e a súa eficacia no ordenamento español. Adquirir os coñecementos de dereito sustantivo e procesual para comprender a práctica nas causas matrimoniais ante os tribunais civís e eclesiásticos.
-Enténdense as clases teóricas coma o marco idóneo para introducir ó alumnado nas liñas mestras da materia.
-Polo que se refire ás clases prácticas, traballarase en casos prácticos, botando man da doutrina, a lexislación, a xurisprudencia, e dende o punto de vista do debate e incluso a confrontación de varios puntos de vista sobre o mesmo caso.
RÉXIME ORDINARIO:
Terase en conta a participación do alumnado nas clases prácticas así como a súa asistencia ás clases teóricas.
Exame final escrito.
Calificación: 70%, teórica; 30%, práctica. É imprescindible aprobar a parte teórica (3,5 puntos sobre 7).
Na realización dos casos prácticos avaliables e a súa presentación, ante posibles supostos de plaxio, atenderase á normativa da USC na materia, con advertencia das severas sancións que se prevén na mesma.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final, cualificado sobre 10 puntos como máximo. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NORMATIVA DA USC EN RELACIÓN Á REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE PROBAS E ACTIVIDADES:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase a mesma en ambas as dúas convocatorias.
En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que, segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 5 de xuño de 2012 (artigo 5.2), "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
- Entre 45 e 60 minutos por hora teórica de clase.
- Tres horas de preparación por cada clase interactiva.
Consulta, en paralelo, das notas tomadas na clase e dos manuais da materia.
Manexo sistemático dunha colección lexislativa propia.
A avaliación continua será como mínimo do 30% da nota final.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ivan Arias Balsa
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Eclesiástico do Estado
- Teléfono
- 881814657
- Correo electrónico
- ivan.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo C- horario de mañá (P-Z) | Galego | Salón de Actos |
12:00-13:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 4 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo C- horario de mañá (P-Z) | Galego | Salón de Actos |
12:00-13:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 4 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo C- horario de mañá (P-Z) | Galego | Salón de Actos |
12:00-13:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 4 |
18:00-19:00 | Grupo A- horario de tarde (A-F) | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo A- horario de tarde (A-F) | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
18:00-19:30 | Grupo A- horario de tarde (A-F) | Galego | Aula 4 |
14.01.2025 10:00-12:00 | Grupo C- horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
14.01.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
14.01.2025 16:00-18:00 | Grupo A- horario de tarde (A-F) | Aula 1 |