Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
GRUPOS A e B (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
Na materia de Organización Xudicial e Proceso preténdese que o alumnado coñeza os principios básicos e os conceptos fundamentais que serven de base dogmática ao moderno Dereito Procesual. Tres son os conceptos sobre os que se estrutura a materia: xurisdición, acción e proceso. O Dereito Procesual é “un Dereito para o Dereito, é dicir, un Dereito que serve para que se poidan tutelar os dereitos que teñen non só os cidadáns senón todos os integrantes dunha determinada comunidade social organizada”. En definitiva, que “o proceso é o instrumento encargado de garantir que a norma material que define un dereito se cumpra efectivamente -de forma coercitiva se fixese falta– (...)”.
GRUPO C: Profesora Mª ÁNGELES CATALINA BENAVENTE
Na materia de Organización Xudicial e Proceso preténdese que o alumno coñeza os principios básicos e os conceptos fundamentais que serven de base dogmática ao moderno Dereito Procesual. Tres son os conceptos sobre os que se estrutura a materia: Xurisdición, Acción e Proceso. O Dereito Procesual é “un Dereito para o Dereito, é dicir, un Dereito que serve para que se poidan tutelar os dereitos que teñen non só os cidadáns senón todos os integrantes dunha determinada comunidade social organizada”. En definitiva, que “o proceso é o instrumento encargado de garantir que a norma material que define un dereito se cumpra efectivamente -de forma coercitiva se fixese falta– a través do proceso”. O alumno vai coñecer as leis procesuais básicas, sobre todo a Lei Orgánica do Poder Xudicial, de 1 de xullo de 1985, que constitúe a base fundamental da materia.
No marco da Xurisdición o obxectivo fundamental é a análise da organización xurisdicional española, a súa estrutura interna e o estatuto do Poder Xudicial, desde unha perspectiva tanto orgánica como constitucional, así como o persoal colaborador e ao servizo da función xurisdicional.
Préstase especial atención ao estudo dos distintos métodos de resolución de conflitos ten un especial interese o coñecemento de métodos alternativos á resolución dos conflitos. As formas heterocompositivas para as resolución de conflitos previstas nos modernos ordenamentos xurídicos son dous: a arbitraxe e o proceso xurisdicional. Tanto nun como noutro caso a imparcialidade do terceiro permitirá a composición “desinteresada” do conflito mediante a aplicación do Dereito obxectivo. Con todo, na actualidade cobran cada día máis importancia as fórmulas autocompositivas de resolución de conflitos, nas que son as partes en litixio, ben por un sacrificio unilateral, ben por mutuo acordo, as que poñen fin ao conflito. Estas vías autocompositivas, do mesmo xeito que a arbitraxe, preséntanse como unha alternativa ao proceso. Entre estas vías alternativas destacan a negociación, a conciliación e a mediación.
Dentro do concepto de Acción centrarémonos de xeito detido no estudo do dereito fundamental á tutela xudicial efectiva (art. 24.1 CE), así como no dereito á asistencia xurídica gratuíta. O contido e alcance do art. 24.1: “Todos teñen dereito á tutela xudicial efectiva sen que en ningún caso poida producirse indefensión”, debe ser coñecido polo alumnado. Analizaremos tamén de forma detida o dereito á xustiza gratuíta respecto daquelas/es que acrediten insuficiencia de recursos para litigar, recoñecido no art. 119 CE, que malia non atoparse dentro dos dereitos fundamentais entronca directamente co dereito á tutela xudicial efectiva do art. 24.1 CE. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional vincula de forma absoluta o dereito á tutela efectiva e o de defensa coa posibilidade de exercicio da acción aínda naqueles supostos nos que non se poida facer fronte aos gastos que iso ocasione.
No relativo ao Proceso estudaranse os aspectos comúns e básicos que servirán de soporte á hora de abordar o ensino das distintas ramas procesuais. Para iso, estudaremos tanto a estrutura básica do proceso no sistema español como os principios que o informan.
GRUPOS A e B (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
LECCIÓN 1. O Dereito procesual. 1. Concepto e características do Dereito Procesual. 2. A eficacia das normas procesuais no tempo e no espazo. 3. As fontes do Dereito Procesual. 4. A interpretación do Dereito Procesual. 5. Leis procesuais básicas.
LECCIÓN 2. A mediación. 1. A mediación en asuntos civís e mercantís. 2. A mediación penal.
LECCIÓN 3. A xurisdición e o Poder Xudicial. 1. Os conflitos xurídicos e os seus modos de solución. 2. A potestade xurisdicional. 3. As funcións da xurisdición. 4. A economía da Xustiza.
LECCIÓN 4. O Poder Xudicial. 1. O Poder Xudicial: formación; Poder Xudicial e Administración de Xustiza; responsabilidade do Estado polo funcionamento da Xustiza. 2. A independencia do Poder Xudicial. 3. A organización do Poder Xudicial. 4. O Poder Xudicial no Estado das autonomías. 5. O Poder Xudicial e os outros poderes do Estado.
LECCIÓN 5. A esixencia constitucional do exercicio da xurisdición: a exclusividade. 1. O monopolio estatal da xurisdición. 2. A atribución da potestade xurisdicional a xulgados e tribunais. 3. As funcións exclusivas dos xulgados e tribunais.
LECCIÓN 6. Os límites da xurisdición española. 1. O principio xeral establecido na LOPX. 2. Os criterios de atribución da competencia xurisdicional internacional: os foros exclusivos. 3. A competencia xurisdicional española na orde civil. 4. A competencia xurisdicional española na orde penal. 5. A competencia xurisdicional española na orde contenciosa-administrativo. 6. A competencia xurisdicional española na orde social.
LECCIÓN 7. Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional. 1. Introdución. Normativa aplicable. 2. Os órganos xudiciais: multiplicidade de órganos xudiciais; criterios para a súa creación; a división dos tribunais en salas e seccións; órganos colexiados e órganos unipersoais. 3. O Tribunal Constitucional: composición; competencias; carácter xurisdicional do Tribunal Constitucional.
LECCIÓN 8. O goberno do Poder Xudicial. 1. Introdución. 2. O Consello Xeral do Poder Xudicial: concepto; composición, designación e estatuto dos seus membros; organización e atribucións. 3. As Salas de Goberno. 4. Os/As Presidentes/as dos Tribunais e das Audiencias. 5. Os/As Presidentes/as das Salas de Xustiza e os/as xuíces/zas. 6. Os/As Decanos/as e as Xuntas de xuíces/zas e de maxistrados/as. 7. A inspección dos tribunais.
LECCIÓN 9. As garantías constitucionais dos/as xuíces/zas e maxistrados/as. 1. Concepto. 2. A independencia dos/as xuíces/zas e maxistrados/as. 2.1. Independencia respecto das partes procesuais e do obxecto litixioso. 2.2. Independencia respecto dos superiores e dos órganos de goberno. 2.3. Independencia dos outros poderes do estado e de presións sociais. 3. A inamobilidade. 4. A responsabilidade persoal de xuíces/zas e maxistrados/as. 5. A submisión do/da xuíz/a á lei.
LECCIÓN 10. O estatuto de xuíces/zas e maxistrados/as.1. Concepto e regulación. 2. Aplicación: a carreira xudicial; adscrición territorial, provisión temporal, suplencias e substitucións; os/as xuíces/zas de Paz. 3. O ingreso na carreira xudicial: requisitos xerais; as distintas modalidades de ingreso. 4. Incapacidades, incompatibilidades e prohibicións. 5. Traslados, ascensos e formación. 6. Situacións administrativas. 7. O asociacionismo xudicial. 8. Selección e estatuto dos/as cidadáns/ás que integran o Tribunal do Xurado.
LECCIÓN 11. A oficina xudicial, os/as Letrados/as da Administración de Xustiza e o persoal ao servizo da Administración de Xustiza. 1. A Oficina Xudicial. 2. Os/As Letrados/as da Administración de Xustiza: estatuto e funcións. 3. Os corpos de funcionarios/as ao servizo da Administración de Xustiza que integran a oficina xudicial. 4. Outros corpos e institutos ao servizo da Administración de Xustiza. 5. A Policía Xudicial.
LECCIÓN 12. O Ministerio Fiscal.1. Concepto e natureza. 2. Funcións. 3. Principios de organización. 4. Principios de actuación. 5. Organización e estatuto dos membros do Ministerio Fiscal.
LECCIÓN 13. Os/As avogados/as e procuradores/as. 1. A postulación. 2. O sistema dual da postulación: representación e defensa. Procurador/a e avogado/a. 3. Supostos excepcionais de capacidade de postulación. 4. A delegación da postulación. 5. A garantía constitucional da postulación. 6. A relación xurídica existente entre avogados/as e procuradores/as e as partes. 7. Os Colexios de Avogados/as, Procuradores/as e Graduados/as Sociais. 8. Os/As Avogados/as do Estado. 9. Os/As Graduados/as Sociais.
LECCIÓN 14. O dereito á tutela xudicial efectiva. 1. A acción. Acción e xurisdición. 2. Da acción ao dereito á tutela xudicial efectiva. 3. Contido esencial. 4. O dereito a un proceso con todas as garantías e o dereito ao xuíz legal. 5. A acción popular. 6. A defensa de intereses colectivos ou intereses difusos.
LECCIÓN 15. O dereito de asistencia xurídica gratuíta. 1. Fundamento constitucional. 2. Ámbito subxectivo. 3. Requisitos obxectivos. 4. Contido material do dereito. 5. O recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta. 6. O servizo de asistencia xurídica gratuíta.
LECCIÓN 16. O proceso. 1. Concepto. 2. O fin do proceso. 3. A estrutura básica do proceso derivada da constitución. 4. O proceso como relación xurídica. 5. Clases de procesos.
LECCIÓN 17. Os actos procesuais. 1. Concepto. 2. Clases de actos procesuais. 3. Actos do órgano xudicial: actos do/a xuíz/a; actos do/a Letrado/a da Administración de Xustiza; actos dos/as funcionarios/as dos corpos de xestión procesual, de tramitación procesual e de auxilio xudicial. 4. Os actos de parte. 5. Características dos actos procesuais. 6. Lugar de realización dos actos procesuais.7. Tempo dos actos procesuais. 8. A forma dos actos procesuais. 9. A nulidade dos actos procesuais.
LECCIÓN 18. Actos de comunicación e de auxilio xudicial.1. As comunicacións procesuais en xeral. 2. Práctica das comunicacións. 3. Tipos de comunicacións. 4. Nulidade e corrección dos actos de comunicación. 5. O auxilio xudicial. 6. A cooperación cos órganos xurisdicionais.
GRUPO C: Profesora Mª ÁNGELES CATALINA BENAVENTE
LECCIÓN 1. O Dereito procesual. 1. Concepto e características do Dereito Procesual. 2. A eficacia das normas procesuais no tempo e no espazo. 3. As fontes do Dereito Procesual. 4. A interpretación do Dereito Procesual. 5. Leis procesuais básicas.
LECCIÓN 2. A xurisdición e o Poder Xudicial. 1. Os conflitos xurídicos e os seus modos de solución. 2. A potestade xurisdicional. 3. As funcións da xurisdición. 4. A economía da Xustiza.
LECCIÓN 3. O Poder Xudicial. 1. O Poder Xudicial: formación; Poder Xudicial e Administración de Xustiza; responsabilidade do Estado polo funcionamento da Xustiza. 2. A independencia do Poder Xudicial. 3. A organización do Poder Xudicial. 4. O Poder Xudicial no Estado das autonomías. 5. O Poder Xudicial e os outros poderes do Estado.
LECCIÓN 4. A esixencia constitucional do exercicio da xurisdición: a exclusividade. 1. O monopolio estatal da xurisdición. 2. A atribución da potestade xurisdicional a xulgados e tribunais. 3. As funcións exclusivas dos xulgados e tribunais.
LECCIÓN 5: Os límites da xurisdición española. 1. O principio xeral establecido na LOPX. 2. Os criterios de atribución da competencia xurisdicional internacional: os foros exclusivos. 3. A competencia xurisdicional española na orde civil. 4. A competencia xurisdicional española na orde penal. 5. A competencia xurisdicional española na orde contenciosa-administrativo. 6. A competencia xurisdicional española na orde social.
LECCIÓN 6. Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional. 1. Introdución. Normativa aplicable. 2. Os órganos xudiciais: multiplicidade de ó rganos xudiciais; criterios para a súa creación; a división dos tribunais en salas e seccións; órganos colexiados e órganos unipersonales. 3. O Tribunal Constitucional: composición; competencias; carácter xurisdicional do Tribunal Constitucional.
LECCIÓN 7. O goberno do Poder Xudicial. 1. Introdución. 2. O Consello Xeral do Poder Xudicial: concepto; composición, designación e estatuto dos seus membros; organización e atribucións. 3. As Salas de Goberno. 4. Os Presidentes dos Tribunais e das Audiencias. 5. Os Presidentes das Salas de Xustiza e os xuíces. 6. Os Decanos e as Xuntas de xuíces e de maxistrados. 7. A inspección dos tribunais.
LECCIÓN 8. As garantías constitucionais dos xuíces e maxistrados. 1. Concepto. 2. A independencia dos xuíces e maxistrados. 3. Independencia respecto das partes procesuais e do obxecto litixioso. 4. Independencia respecto dos superiores e dos órganos de goberno. 5. Independencia dos outros poderes do estado e de presións sociais. 6. A inamovilidade. 7. A responsabilidade persoal de xuíces e maxistrados. 8. A submisión do xuíz á lei.
LECCIÓN 9. O estatuto de xuíces e maxistrados.1. Concepto e regulación. 2. Aplicación: a carreira xudicial; adscrición territorial, provisión temporal, suplencias e substitucións; os Xuíces de Paz. 3. O ingreso na carreira xudicial: requisitos xerais; as distintas modalidades de ingreso. 4. Incapacidades, incompatibilidades e prohibicións. 5. Traslados, ascensos e formación. 6. Situacións administrativas. 7. O asociacionismo xudicial. 8. Selección e estatuto dos cidadáns que integran o Tribunal do Xurado.
LECCIÓN 10. A oficina xudicial, os Letrados da Administración de Xustiza e o persoal ao servizo da Administración de Xustiza. 1. A Oficina Xudicial. 2. Os Letrados da Administración de Xustiza: estatuto e funcións. 3. Os corpos de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza que integran a oficina xudicial. 4. Outros corpos e institutos ao servizo da Administración de Xustiza. 5. A Policía Xudicial.
LECCIÓN 11. O Ministerio Fiscal.1. Concepto e natureza. 2. Funcións. 3. Principios de organización. 4. Principios de actuación. 5. Organización e estatuto dos membros do Ministerio Fiscal.
LECCIÓN 12. Os avogados e procuradores. 1. A postulación. 2. O sistema dual da postulación: representación e defensa. Procurador e avogado. 3. Supostos excepcionais de capacidade de postulación. 4. A delegación da postulación. 5. A garantía constitucional da postulación. 6. A relación xurídica existente entre avogados e procuradores e as partes. 7. Os Colexios de Avogados, Procuradores e Graduados Sociais. 8. Os Avogados do Estado. 9. Os Graduados Sociais.
LECCIÓN 13. O dereito á tutela xudicial efectiva. 1. A acción. Acción e xurisdición. 2. Da acción ao dereito á tutela xudicial efectiva. 3. Contido esencial. 4. O dereito a un proceso con todas as garantías e o dereito ao xuíz legal. 5. A acción popular. 6. A defensa de intereses colectivos ou intereses difusos.
LECCIÓN 14. O dereito de asistencia xurídica gratuíta. 1. Fundamento constitucional. 2. Ámbito subxectivo. 3. Requisitos obxectivos. 4. Contido material do dereito. 5. O recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta. 6. O servizo de asistencia xurídica gratuíta.
LECCIÓN 15. O proceso. 1. Concepto. 2. O fin do proceso. 3. A estrutura básica do proceso derivada da constitución. 4. O proceso como relación xurídica. 5. Clases de procesos.
LECCIÓN 16. Os actos procesuais. 1. Concepto. 2. Clases de actos procesuais. 3. Actos do órgano xudicial: actos do xuíz; actos do Letrado da Administración de Xustiza; actos dos funcionarios dos corpos de xestión procesual, de tramitación procesual e de auxilio xudicial. 4. Os actos de parte. 5. Características dos actos procesuais. 6. Lugar de realización dos actos procesuais.7. Tempo dos actos procesuais. 8. A forma dos actos procesuais. 9. A nulidade dos actos procesuais.
LECCIÓN 17. Actos de comunicación e de auxilio xudicial.1. As comunicacións procesuais en xeral. 2. Práctica das comunicacións. 3. Tipos de comunicacións. 4. Nulidade e corrección dos actos de comunicación. 5. O auxilio xudicial. 6. A cooperación cos órganos xurisdicionais.
GRUPOS A e B (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
Bibliografía básica
-CORTÉS DOMÍNGUEZ e MORENO CATENA, Introducción al Derecho Procesal, Valencia, Tirant lo Blanch, (última edición). Manual preferente.
-GIMENO SENDRA, Introducción al Derecho Procesal, ediciones jurídicas Castillo de Luna, Madrid, (última edición).
-GÓMEZ COLOMER e BARONA VILAR (Dirs.), Introducción al Derecho Procesal. Derecho Procesal I, Valencia, Tirant lo Blanch, (última edición).
Para acceder aos textos legais máis relevantes, debidamente actualizados, pode empregar: https://www.boe.es/buscar/ayudas/legislacion_actualizada.php.
Entra dentro do ámbito de responsabilidade do alumnado proveerse dende o comezo do curso de, alomenos, un dos manuais da materia. Nótese que todos os recomendados, están dispoñibles na biblioteca da Universidade.
Bibliografía complementaria
Ademais da bibliografía que se vaia salientando a medida que agromen os debates na clase:
* CARNELUTTI, Cómo nace el derecho, edición Temis, 2018. Esta edición está dispoñibles na biblioteca da Universidade.
GRUPO C: Profesora Mª ÁNGELES CATALINA BENAVENTE
-CORTÉS DOMÍNGUEZ, MORENO CATENA, “Introducción al Derecho Procesal”, “Tirant lo Blanch”, Valencia (última edición).
-ASENCIO MELLADO, “Introducción al Derecho Procesal”, “Tirant lo Blanch”, Valencia (última edición).
-GIMENO SENDRA, “Introducción al Derecho Procesal”, “Ediciones jurídicas Castillo de Luna”, Madrid, (última edición).
-MONTERO AROCA, GÓMEZ COLOMER, MONTÓN REDONDO, BARONA VILAR, “Derecho Jurisdiccional, Parte General”, “Tirant lo Blanch”, Valencia (última edición).
GRUPOS A e B (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
Preténdese que o alumno ou a alumna relacione distintos contidos da materia, o que con toda seguridade lle facilitará a súa actividade perante os tribunais de Xustiza. Ademais, co manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina, preténdese que sexan quen de se facer coa terminoloxía procesual, o que contribuirá a unha mellor claridade expositiva e a unha tamén mellor corrección lingüística. Coa súa participación nas clases interactivas, obterán unha visión global do proceso, dos problemas forenses e das institucións estudadas, comprobando a súa aplicación en situacións reais e as distintas formas de interpretación das normas xurídicas.
GRUPO C: Profesora Mª ÁNGELES CATALINA BENAVENTE
• Capacidade de análise e síntese
• Capacidade de xestión da información
• Capacidade de organización e planificación
• Resolución de problemas
• Traballo en equipo
• Razoamento crítico
• Aprendizaxe autónoma
• Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais)
GRUPOS A e B (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
A planificación docente da materia persegue un axeitado equilibrio entre o coñecemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumno ou a alumna poida adquirir unha perspectiva completa da materia.
Clases EXPOSITIVAS: o seu obxecto non é o de referir integramente o contido do programa, o que soamente sería posible de forma moi esquemática e, conseguintemente de utilidade dubidosa. Por iso, con independencia de que se expliquen ou non todos os seus epígrafes, esíxese o coñecemento de todas as leccións para aprobar a materia. Porén, nelas procurarase salientar os temas ou cuestións máis relevantes, obxecto de reforma, ou de actualidade e/ou polémica, que son precisamente aqueles que máis frecuentemente se preguntan nos exames. A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións do/a docente poidan servir de guía para o estudo do programa por un manual, e para a axeitada comprensión da materia.
Clases INTERACTIVAS: teñen como finalidade formular os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas, ademais de contribuír a completar o programa, para que o alumnado obteña unha visión global de todo o proceso.
TITORÍAS: as consultas ou titorías teñen como finalidade orientar ao alumnado na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que se lles susciten en relación co seu estudo. Atenderanse por parte da/o docente encargado da materia no horario que se indique.
GRUPO C: Profesora Mª ÁNGELES CATALINA BENAVENTE
Cada unha das sesións lectivas ten unha duración aproximada dunha hora e media. O desenvolvemento e afondamento no contido dos distintos temas farase ben a través de clases teóricas, de clases prácticas, exposicións do alumnado ou seminarios. Estes últimos realizaranse fóra do horario lectivo, e avisaranse coa suficiente antelación para que o alumnado poida organizarse. Unha correcta metodoloxía do Dereito Procesual trata de conseguir a participación activa do alumnado (motivación do estudantado), que non pode limitarse a desempeñar un papel pasivo, como mero receptor de datos, senón que debe contar cos medios necesarios para que a Universidade se converta no medio idóneo no que manifestar as súas inquietudes formativas, co que se propicia tamén que a relación profesorado-alumnado sexa máis estreita e enriquecedora para ambos. Ademais, neste materia perséguese que o alumnado manexe axeitadamente as fontes da disciplina, profunde nelas e complete e aclare as dúbidas con apoio na doutrina xurisprudencial. Trátase de mostrar os camiños polos que ha de discorrer posteriormente un coñecemento máis detallado e concreto da materia, e cuxo coñecemento lle será de utilidade ao longo da súa vida profesional.
Perséguese un adecuado equilibrio entre o coñecemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumnado poida adquirir unha perspectiva suficientemente ampla e completa da materia. A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia do alumnado ás clases, de modo que as explicacións teóricas poidan servir de guía para o estudo do programa e comprensión axeitada da materia. Nas clases teóricas exporanse os diferentes temas do programa, sen prexuízo de que existan determinados apartados que se deixen para a preparación individual do alumnado.
As clases prácticas teñen como obxectivo completar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas, coa finalidade de comprobar se o alumnado é quen de aplicar os devanditos coñecementos aos problemas que na práctica se formulan. As prácticas requiren un traballo individual do alumnado (en ocasións tamén en grupo) fóra do horario lectivo, e constituirán un elemento fundamental para a valoración final do traballo e coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso.
GRUPOS A e B (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
O examen final será escrito e consistirá en dar resposta a unha serie de preguntas de extensión variable. Para superar o exame e ter a condición de aprobado/a, esíxese un coñecemento xeral de todo o contido do programa, que abarque cada unha das súas partes.
En canto á valoración das diversas actividades docentes:
-Exame final escrito presencial: 7 puntos.
-Realización das actividades prácticas: 3 puntos (a sumar tan só no caso de ter superado o exame final).
O/A docente encargado/a da materia publicará as listas coas cualificacións, con indicación da data e horario na que o alumnado poderá exercitar o seu dereito de revisión, para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias.
A concesión á alumna ou ao alumno da exención de docencia suporá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvoltas no decurso das sesións interactivas) por outras tarefas análogas que a/o docente estime oportunas (comentario de sentenzas, resolución de casos prácticos, lectura de traballos doutrinais, etc.).
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, estabelecerase polas canles telemáticas que a/o docente e a/o alumna/o estabelezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de tres puntos, sendo o valor do exame final escrito (ao igual que acontece co alumnado non exento) de sete puntos.
A efectos da normativa de permanencia, só se considera actividade avaliable o exame final.
GRUPO C: Profesora Mª ÁNGELES CATALINA BENAVENTE
1. Materia obxecto de exame.
Ó ser unha materia cuadrimestral, só se realizará un exame final. A materia correspondente ao exame comprende a totalidade das leccións que figuran no programa oficial, esixible co grao de profundidade que resulta das explicacións realizadas pola profesora nas clases expositivas e interactivas, e dacordo co estabelecido nos apartados anteriores.
2. Datas de exame.
Dacordo co establecido pola Xunta da Facultade de Dereito, o exame oral terá lugar nas datas, hora e aula aprobadas e que figuran nos taboleiros de anuncios da Facultade de Dereito para cada grupo. Ademais arbitraranse outras datas dentro do período de exames a fixar entre profesor e alumnos.
3. Regras para a realización do exame.
Os/As alumnos/as deberán acreditar a súa identidade, para o que acudirán ao exame provistos do seu DNI, carné da Universidade, pasaporte ou permiso de conducir.
No exame poderá empregarse o programa oficial. No entanto, calquera anotación ou comentario contido no material anterior, estea ou no relacionado coas preguntas do exame, suporá a expulsión automática do mesmo.
4. Modalidades de exame.
O exame final será escrito e consistirá nun exame tipo test. Para a súa realización o alumno dispoñerá de 60 minutos. O test terá 50 preguntas, divididas en dous bloques de 25 preguntas. A nota máxima do test é de 8 puntos. Deben aprobarse as dúas partes do tipo test. Será necesario obter polo menos 4 puntos no test para sumar a nota das interactivas.
Non se poderá empregar o programa, nen a guía docente, nen ningún outro material, na realización do exame.
Para superar o exame oral e ter a cualificación de aprobado esíxese un coñecemento xeral de toda a materia do exame e equilibrado de cada unha das súas partes. Non será posible superar a materia cando o exame demostre que o/a alumno/a descoñece partes esenciais do programa. Aprobar o exame final será requisito para superar a materia.
A nota final que determinará o rendemento académico do alumno/a en relación coa materia será a que resulte de sumar os puntos obtidos nas preguntas do exame e a cualificación acadada nas prácticas, casos prácticos e simulacións realizadas nas clases interactivas, nas seguintes proporcións: 80% exame escrito, 20% prácticas, casos prácticos, simulacións (incluída a asistencia ás clases interactivas).
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Grao e de Máster, todas as actividades realizadas ao longo do curso durante as clases interactivas, así como a asistencia ás clases serán valoradas. Polo tanto, para que o alumno figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será preciso que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade interactiva nin realice o exame.
5. Revisión de exames.
En cumprimento da normativa da USC, a profesora encargada da materia publicará, no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual, as listaxes coas cualificacións de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame, con indicación da data e horario no que o/a alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro de anuncios.
6. Réxime para o alumnado con exención de docencia
A concesión á alumna ou alumno da exención de docencia suporá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvoltas no transcurso das sesións interactivas) por outras tarefas análogas que a/o docente estime oportunas (comentario de sentenzas, resolución de casos prácticos, lectura de traballos doctrinais, etc.).
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, establecerase polas canles telemáticas que o docente e o alumno exento establezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de dous puntos, sendo o valor do exame escrito (do mesmo xeito que acontece co alumnado non exento) de oito puntos.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), toda vez que a realización destas tarefas será obxecto de avaliación, a nota final da/o estudante que levara a cabo todas ou algunha delas será de "suspenso/a", e en ningún caso de "non presentado/a".
GRUPOS A e B (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
Considérase que o tempo de estudo que debe dedicar a/o estudante para superala, como mínimo esixible, é de dúas horas por cada unha de docencia, polo que, tendo en conta que se trata dunha materia de 4,5 créditos, estímase nunhas 90 horas de estudo.
GRUPO C: Profesora Mª ÁNGELES CATALINA BENAVENTE
Docencia expositiva: 22,5 horas
Docencia interactiva: 17,5 horas
Titorías grupo reducido: 5 horas
Total horas de traballo presencial aula: 45 horas
Estudo individual ou en grupo: 55 horas
Resolución de casos prácticos ou outros traballos. Lecturas recomendadas: 7,5 horas
Preparación de traballos e exposicións: 5 horas
Total horas de traballo persoal do alumnado: 67,5 horas
Volume de traballo global mínimo: 112,5 horas
GRUPOS A e B (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións do/a docente poidan servir de guía para o estudo do programa e comprensión axeitada da materia. Así mesmo, é recomendable para o estudo da materia, cumprir debidamente coas encomendas formuladas, xa que teñen como finalidade, entre outras, a de contribuír a completar o programa para que o alumnado obteña unha visión global de toda a materia.
Por último a este mesmo respecto, o alumnado debe seguir as indicacións docentes salientadas a través do Campus virtual, e do Correo electrónico, de conformidade cos tempos marcados polo profesorado. Máis en concreto: forma parte do ámbito de responsabilidade do alumnado facer un seguimento das diversas comunicacións que a docente poida efectuar polas diversas vías que ofrece a institución (campus virtual, correo electrónico, etc.).
GRUPO C: Profesora Mª ÁNGELES CATALINA BENAVENTE
Recoméndase para a preparación e superación da materia o estudo diario, o uso das titorías e a realización das prácticas.
Ana Rodriguez Alvarez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814708
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Almudena Valiño Ces
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- almudena.valino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Maria De Los Angeles Catalina Benavente
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- angeles.catalina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo A-horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo B-horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo A-horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo B-horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
13.01.2025 10:00-12:00 | Grupo B-horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
13.01.2025 13:00-15:00 | Grupo A-horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |