Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia é dotar aos futuros mestres e mestras de coñecementos, recursos e habilidades para que tomen conciencia da necesidade de coñecer os referentes teóricos, conceptuais e normativos que fundamentan e regulan a dirección e xestión de institucións educativas nun contexto determinado.
Para acadar este obxectivo e desenvolver as competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia propóñense os seguintes obxectivos específicos:
Obxectivos referidos ao saber
• Coñecer os marcos normativos que regulan a dirección de centros educativos e as súas función
• Coñecer as formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
• Coñecer os modelos e referentes teóricos que fundamentan a dirección e xestión de institucións educativas.
• Construír o coñecemento do campo da dirección e xestión de centros desde distintas concepcións e perspectivas que contribúan á configuración do estado actual da cuestión e da investigación neste campo.
Obxectivos referidos ao saber facer
• Examinar as características específicas do exercicio da dirección en diferentes contextos.
• Identificar, formular e facer propostas de solución de problemas propios da dirección de centros educativos, mediante a selección e uso das fontes e datos pertinentes.
• Analizar os significados do liderado no exercicio da dirección
Obxectivos referidos ao saber ser
• Adquirir habilidades e actitudes facilitadoras desta función: capacidade para o traballo en equipo, saber tomar decisións, habilidades para negociar, análises de conflitos, xestión de reunións, etc.
• Aproximarse ao funcionamento dos centros escolares de forma reflexiva e crítica.
• Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade, así como actitudes de confianza, sentido crítico e iniciativa persoal.
• Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro escolar.
• Habilidades directivas.
• Estilos e funcións da dirección.
• Liderazgo organizativo, dinamización de procesos e coordinación de proxectos.
• Administración e xestión dos centros escolares.
*Nota: a secuencia poderá sufrir variacións debido ás peculiaridades de cada grupo.
Bibliografía básica
• Bolívar, A. (2012). Políticas actuales de mejora y liderazgo educativo. Málaga: Aljibe.
• Fullan, M. (2016). La dirección escolar. Tres claves para maximizar su impacto. Recuperado de https://michaelfullan.ca/books/the-principal/
• Santos Guerra, M. A. (2010): El proyecto de centro: Una tarea comunitaria, un proyecto de viaje compartido. En Vázquez Recio, R. (2013). La dirección de centros: gestión, ética y política. Madrid: Morata.
Bibliografía complementaria
• Ball, S. La micropolítica de la escuela. Paidós. Madrid. 1989.
• BernalL, J.L. (2006): Comprender nuestros centros educativos. Perspectiva micropolítica. Zaragoza. Edit.: Mira.
• Fernandez Serrat, M. L. (2002). Dirigir centros educativos. Granada: GEU.
• Hoyle, J. R.; English; F. W. e Steffy, B. (2002). Aptitudes del directivo de centros docentes. Madrid: Ramón Areces.
• Hargreaves, A. y Fink, D. (2008). El liderazgo sostenible: siete principios para el liderazgo en centros educativos innovadores. Madrid: Morata.
• López Yáñez, J. et al. (2003). Dirección de centros educativos. Un enfoque basado en el análisis del sistema organizativo. Madrid: Síntesis
• Martín Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Madrid: Sanz y Torres.
• Rosales, C. (2017). Alumnos, maestros, colegios e incidentes. Santiago: Andavira.
• Santos Guerra, M. A. (Coord.) (2009). Escuelas para la democracia. Cultura, organización y dirección de centros escolares. Madrid: Wolters Kluwer.
• Santos Guerra, M. A. (2000). Dirección escolar e innovación educativa. Madrid: Educación XXI,
• Vera, J. M.; Mora, V. y Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes: guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. Barcelona: Graó.
• VV.AA. (2010). Monográfico Liderazgo educativo. Organización y gestión educativa.
Bibliografía periódica
• Cuadernos de Pedagogía. CISSPRAXIS. http://www.cuadernosdepedagogia.com/
• Organización y Gestión Educativa. Feae. http://www.oge.net/
• Revista Galega de Educación. Consellería de Cultura e Educación.
• Revista Innovación Educativa. USC. http://www.usc.es/revistas/index.php/ie
A) COMPETENCIAS XERAIS
X2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
X6 - Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
X7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para una cidadanía activa.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E8 - Coñecer os fundamentos da educación primaria.
E10 - Coñecer la evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
E18 - Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
E22 - Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
C) COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
D) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A configuración dos novos graos destaca a importancia do papel do alumnado como axente activo no seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como o rol de facilitador e mediador que debe asumir o profesorado. Neste senso, no desenvolvemento da materia combinaranse sesións de carácter teórico-conceptual con sesións de carácter práctico-interactivo, así como traballo autónomo, tal e como se explica a continuación:
Aulas expositivas, que se realizarán fisicamente na Facultade, ou de forma virtual, a través de TEAMS; dirixiranse ao traballo co alumnado sobre os contidos de natureza teórico-conceptual. Accións en gran grupo que inclúen clases de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos temas, aclarar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques. Empregaranse materiais de apoio didáctico para facilitar o seguimento e comprensión do contido por parte do alumnado.
Aulas interactivas, que se realizarán fisicamente na Facultade, ou de forma virtual, a través de TEAMS; desenvolveranse discusións en grupo e postas en común de diferentes temas ou obxectos de traballo. Accións en grupo mediano que inclúen sesións para afondar nos contidos da materia mediante actividades de carácter grupal.
Traballo autónomo fora da aula, dirixido á realización de traballos individuais e/ou de grupo, segundo o caso, que reforcen o desenvolvemento teórico-práctico da materia; empregando a plataforma TEAMS, o correo electrónico, ou ben o espazo propio de traballo para a materia, habilitado no Campus Virtual.
*Os traballos do alumnado, tanto os individuais como os de grupo, deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación dese alumnado na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
O alumnado repetidor, ou non presentado, avaliarase seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
*Se as condicións e restricións sanitarias o permiten, valorarase a posibilidade de realizar algunha práctica de campo, ben sexa específica da materia ou en coordinación con outras do curso na perspectiva dunha actividade interdisciplinar.
A avaliación será continua e formativa tratando de valorar o traballo cotiá do alumno, tanto o realizado de forma individual como en grupo, na que prime a valoración da capacidade para relacionar contidos, analizalos criticamente, buscar información e xerar novo coñecemento, por enriba de capacidades memorísticas. Terase en conta, por conseguinte, o esforzo pola adquisición e dominio de certas competencias básicas para o desenvolvemento persoal e profesional do mestre/a: análise e síntese, expresión escrita, comunicación oral e traballo colaborativo.
Todos estes aspectos, a pesar da dificultade para telos en conta en grupos tan numerosos, serán considerados na avaliación.
*AVALIACIÓN para o ALUMNADO ASISTENTE:
a) PROBA FINAL (60 %): esta proba poderá consistir en cuestións curtas e/ou tipo test e/ou en comentarios críticos sobre os contidos da materia. NON se poderá utilizar na proba ferramentas tecnolóxicas (ordenadores, tablets, smartphones, etc.). Non se poderá empregar ningún material impreso e/ou dixital para a súa realización.
b) PRESENTACIÓN ORAIS de traballos de diversa índole (20 %): de carácter colectivo, desenvolveranse empregando algunha dinámica de grupo. A temática seleccionada estará vinculada cos contidos asociados á materia é a propia etapa educativa. As pautas para a súa elaboración serán indicadas convenientemente ao inicio da materia e caberá a posibilidade de exposición oral ao grupo clase.
c) ASISTENCIA e PARTICIPACIÓN NA AULA (20%): valoración da asistencia asidua a clase e a participación activa a través do control de asistencia, diario da/o docente, realización de comentarios escritos recollidos na aula, etc.
*AVALIACIÓN para o ALUMNADO NON ASISTENTE/EXENTO: estarán nesta situación, tanto o alumnado con faltas de asistencia non xustificadas superior ao 20% do total de horas da materia, como aquel alumnado que por algún motivo considerado non poida asistir a clase de forma continuada. Neste último caso, estes alumnos/as deberán contar cunha “Dispensa de asistencia” (véxase o apartado de “Observacións”).
O alumnado con exención oficial de asistencia a clase deberá solicitar unha SESIÓN DE TITORÍA antes do 09 de febrero de 2024, na que se fixarán individualmente os criterios xerais de desenvolvemento da materia e da súa avaliación.
a) PROBA FINAL (60 %): realización exame final completo (na data estipulada oficialmente) con elevada carga teórica sobre os contidos da materia. Esta proba poderá consistir en cuestións curtas, tipo test e un comentario crítico sobre os contidos da materia. Para a súa elaboración contará coas indicacións docentes acerca da documentación teórica máis importante que cubra os contidos da materia. NON se poderá utilizar na proba ferramentas tecnolóxicas (ordenadores, tablets, smartphones, etc.). Non se poderá empregar ningún material impreso e/ou dixital para a súa realización.
b) TRABALLO XERAL (40 %): de carácter individual, desenvolverase atendendo á temática e planificación individualizada que considere o/a docente para o alumnado non asistente en relación coa materia. As pautas para a súa elaboración serán indicadas convenientemente ao inicio da materia.
**NOTAS ACLARATORIAS:
1) RECUPERACIÓN DA MATERIA: para aprobar esta materia será necesaria a superación da proba final e acadar globalmente unha puntuación de 5.
2) PASO do GRUPO de ASISTENTES ao de NON ASISTENTES: para que o alumnado poida acollerse ao sistema de avaliación indicado para o alumnado asistente, deberá acudir ao 80% das clases (véxase o apartado de “Observacións”). Se algún alumno incumpre este criterio, automaticamente será incluído no grupo de “alumnado non asistente/exento”, debendo realizar a proba escrita baixo as condicións establecidas para o citado grupo.
3) COPIA/PLAXIO: a detección por parte do docente de producións e traballos copiados/plaxiados ou sen a debida citación de fontes (Normativa APA), incorrerá na SUSPENSIÓN AUTOMÁTICA DA MATERIA e a concorrencia á convocatoria extraordinaria de xullo, nas condicións indicadas no apartado “Recuperación da Materia” (nota aclaratoria núm. 1).
4) ASPECTOS IMPORTANTES A VALORAR NO ALUMNADO: terase especialmente en conta na cualificación a entrega das tarefas e traballos en tempo e forma, xunto coa participación activa, dispoñibilidade, boa actitude, interese e cumprimento das obrigas propias do alumnado.
5) CASOS PARTICULARES DO ALUMNADO: aqueles/as alumnos/as que teñan determinadas circunstancias particulares (diversidade funcional, necesidades educativas, situacións persoais excepcionais, etc.) deberán realizar unha TITORÍA o antes posible para expoñer o seu caso ao profesorado (véxase o apartado “Observacións”). Estas circunstancias particulares serán valoradas en profundidade polo/a docente e negociará co/a alumno/a o desenvolvemento da materia de xeito máis individualizado.
6) CONVOCATORIAS SEGUINTES (cursos académicos posteriores ao actual): aquel alumnado que teña que acudir a segunda e sucesivas convocatorias para a superación desta materia deberán facer un exame completo dos contidos da materia. Por tanto, NON se lles gardarán as cualificacións dos apartados de avaliación e traballos realizados en convocatorias e/ou anos anteriores.
7) O alumnado coa materia pendente do curso pasado pode optar por un dos seguintes sistemas de avaliación:
1º O xeral establecido para todo o alumnado na Guía da Materia que consta no Campus Virtual.
2º Realizar o Exame Final. Non sendo necesario acudir as sesións de seminario.
O exame final é o mesmo para todo o alumnado e as súas características constan na Nota aclaratoria sobre o exame.
O alumnado pode optar por un dos dous sistemas de avaliación ata o día 09 de febrero. Despois desta data non se admiten cambios. O xeito de comunicar por que sistema de avaliación se opta, será enviando un correo electrónico ao profesor da materia expoñendo claramente por cal sistema de avaliación se opta.
No caso de non comunicar o sistema de avaliación polo que se opta, ou si se comunica despois do día 09 de febrero, o sistema de avaliación que se empregará será o xeral establecido para todo o alumnado na Guía da Materia que consta no Campus Virtual.
8) As persoas que teñan que realizar o Traballo Xeral tamén deberán acadar unha puntuación mínima do 50% nesta tarefa.
Ao tratarse dunha materia de 4,5 créditos ECTS, correspóndenlle 12,5 horas de traballo do alumnado, distribuídas do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 39.
o Aulas expositivas: 18
o Aulas interactivas: 18
o Actividades de titoría e supervisión programadas: 3.
Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 74,5
Traballar e participar activamente nas diversas actividades propostas tanto dentro como fóra da aula. A aula enténdese como un espazo para a construción de coñecementos, mediante a interacción entre as persoas participantes.
Considerando estas cuestións establécense unha serie de recomendacións para o aproveitamento da mesma:
- Asistencia regular as aulas expositivas e interactivas, así como a participación nas mesmas e a realización das tarefas propostas, tanto para os tempos de clase presencial como para os momentos de traballo autónomo.
-Ética, responsabilidade e compromiso á hora de afrontar o estudo e máis as actividades propostas.
- Contacto e comunicación coa docente, sobre todo en casos de dúbidas ou preocupacións (sobre todo no caso do alumnado de dispensa ou exención de docencia), mais tamén se son pertinentes suxestións ou peticións.
- Dominio das compencias dixitais básicas (manexo básico do ordenador e programas de edición de texto, deseño de presentacións, etc.).
- Realización de actividades complementarias que poidan recomendarse desde a materia, ou ben coñecerse a través das propostas da Facultade, ou doutras Facultades, organismos formativos, etc.
- Consulta de publicacións e revistas especializadas en educación.
- Unha lectura detida e reflexiva do programa da materia nos seus diversos apartados.
Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
1. Observacións de carácter xeral
Este programa segue as normas da Instrución Núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis….
Nesta expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre os que se indica que esta: facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, -excepto nos casos nos que se conte coa aprobación da exención de docencia-. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen no apartado de avaliación en relación coa asistencia ás clases.
A materia baséase, entre outros, nun principio de responsabilidade ambiental que fundamenta a seguinte recomendación, en relación á entrega dos traballos individuais ou de grupo: empregarase o soporte dixital, - Campus Virtual ou o que se indique, segundo o caso-, para a devandita entrega.
Ademais, en atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, e máis cumprindo cun principio feminista, recoméndase, -e fomentarase-, o emprego dunha linguaxe inclusiva e non sexista tanto no traballo cotiá nas aulas expositivas e interactivas, como nos traballos académicos propostos.
*Pode obterse información ao respecto no seguinte enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/.
Os horarios das titorías poderán concretarse, en día e hora, a partir da súa demanda por correo electrónico.
Maria Eugenia Gomez Andre
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- meugenia.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | - | Aula de Idiomas |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula de Idiomas |
04.06.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
08.07.2025 14:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 28 |