Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 170 Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 40 Total: 250
Linguas de docencia Alemán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Filoloxía Alemá, Área externa M.U Erasmus Mundus Máster Europeo en Lexicografía
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Como principal obxectivo perséguese que o alumnado sexa capaz de
- aplicar as nocións, ferramentas e destrezas adquiridas nos cuadrimestres previos.
- entender e recoñecer a evolución da lexicografía e dos sistemas teóricos e metodolóxicos.
- recoñecer e abordar de modo crítico diferentes cuestións do mundo lexicográfico.
- resolver diferentes cuestións lexicográficas e propor novas vías de análise.
- expresarse mellor en linguas estranxeiras e emitir e comunicar os seus xuízos de valor.
Nesta materia abordaranse problemas vinculados coa lexicografía, sexa na súa dimensión teórica ou práctica. Entre os principais contidos destacan:
• Lexicografía en internet
• Dicionarios dixitais
• Uso de dicionarios
• Tradución e ferramentas lexicográficas
• Lexicografía especializada.
• Estrutura dos dicionarios
• Dicionarios especiais e novos e tipoloxía (dicionarios colaborativos, plataformas, etc.)
• Áreas de traballo do lexicógrafo
• Ferramentas con aplicación lexicográfica
• Lexicografía e outras áreas/disciplinas.
Trátase dunha serie de videoconferencias, workshops, ciclos ou outras actividades científicas impartidas tamén por profesores de diferentes universidades. O alumnado terá a posibilidade de traballar de modo individual ou en grupo en diferentes aspectos do seu interese (de entre os citados arriba) e de discutir cos/coas docentes e compañeiros/as as conclusións das súas tarefas, que van desde a resolución de cuestións concretas, a elaboración de entradas, a redacción de reseñas científicas, a aproximación crítica a estudos teórico ou prácticos, etc. Todo iso será acordado previamente e de modo individualizado con cada un dos/das estudantes. Deste xeito, preténdese seguir un procedemento de traballo, tal e como é práctica habitual nos equipos de investigación.
Cada unha das unidades E-Learning da plataforma achega bibliografía básica e complementaria relacionada coa súa temática central.
Atendendo á selección de temas a analizar por cada estudante, estes recibirán unha listaxe bibliográfica adecuada á temática elixida.
Básicas e xerais: CG1, CG2, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10
Transversais: CT2, CT5
Específicas: CE1, CE2, CE3, CE9
A metodoloxía aséntase en dous eixos centrais:
a) a aprendizaxe mediante e-learning. Para tal efecto está habilitada unha plataforma Moodle - http://www.emlex.eu/moodle/ - na que de modo conxunto traballarán os docentes e o alumnado.
A metodoloxía aséntase nos seguintes procedementos:
• Método inductivo e deductivo
• Sesións de Internet. Inclúense aquí as sesións nas que o alumno utiliza o computador como ferramenta (na propia aula ou na aula de informática)
• Sesións de tutorías
As unidades están elaboradas en inglés e/ou alemán.
b) Participación en clase e actividades de investigación. Esta modalidade consiste na participación activa nas clases así como en actividades científicas relacionadas coa temática do curso.
Para superar esta materia os estudantes han de cumprir os seguintes requisitos:
1. Primeira Oportunidade
a) Participación activa e regular na aula, actividades e na plataforma (20%)
b) Realización das tarefas acordadas (80%)
2. O alumnado con dispensa de asistencia tendrá que facer un traballo académico final/2 traballos breves que representarán o 100% da nota.
3. Segunda 0portunidade
- As mesmas condicións que na primeira oportunidade. OU BEN
- As mesmas condicións que para o grupo 2.
No caso que o alumando supere o apartado a) na primeira oportunidade, na segunda oportunidade terán que superar somentes b).
Para superar a asignatura cómpre aprobar todos e cada un dos apartados da avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Presencialidad do alumnado: 28 horas
Traballo autónomo para estudo e elaboración de tarefas propostas polo docente: 222 horas
Recoméndase a asistencia continuada ao curso, o estudo progresivo e continuado así como o uso dos recursos de aprendizaxe recomendados.
Dos/Das estudantes espérase:
-Participación activa e regular na aula
- Traballo continuado.
- Preparación - previa e posterior- das horas de clase.
- Lectura da bibliografía recomendada.
Ter superados 60 ECTS.
Maria Jose Dominguez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811834
- Correo electrónico
- majo.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | B06 |
| 19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
| 18.12.2023 09:30-13:50 | Grupo /CLE_01 | B13-Sala de videoconferencias |
| 18.12.2023 09:30-13:50 | Grupo /CLIS_01 | B13-Sala de videoconferencias |
| 22.01.2024 09:30-13:50 | Grupo /CLE_01 | B06 |
| 22.01.2024 09:30-13:50 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DOMINGUEZ VAZQUEZ, MARIA JOSE | Alemán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DOMINGUEZ VAZQUEZ, MARIA JOSE | Alemán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DOMINGUEZ VAZQUEZ, MARIA JOSE | Alemán |