Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
GRUPO A (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
A finalidade docente xira ao redor do coñecemento das institucións básicas do proceso civil e de familiarizar ao alumnado co funcionamento práctico dos procesos declarativos ordinarios na primeira/única instancia.
Dun xeito máis concreto, preténdese a aprendizaxe polo alumnado dos conceptos máis relevantes que integran as devanditas institucións e, en particular, dos principios que as inspiran, os suxeitos que interveñen no proceso civil, os posibles feitos xuridicamente relevantes que poden someterse a este método de solución de conflitos e a forma (fases) na que se desenrola. Todo isto tendo en conta que o proceso é un método dialéctico e formalizado, e polo tanto hai que posuír un coñecemento claro da orde e da forma que seguen as actuacións. Trátase tamén de que o alumnado adquira un dominio da linguaxe xurídica procesual, unha destreza no manexo dos textos procesuais de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos da súa interpretación e aplicación, así como as habilidades necesarias para a resolución de supostos prácticos cun nivel básico, unha adecuada capacidade de análise e de síntese, de xestión e selección da información, de organización e de planificación, de razoamento crítico, de toma de decisións, de aprendizaxe autónomo, de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, e de inclinar a súa sensibilidade cara a temas da realidade social cotiá relacionados coa materia.
GRUPO B (Catalina Benavente)
A finalidade docente xira ao redor do coñecemento das institucións básicas do proceso civil e de familiarizar ao alumnado co funcionamento práctico dos procesos declarativos ordinarios na súa primeira/única instancia.
Dun xeito máis concreto, preténdese a aprendizaxe polo alumnado dos conceptos máis relevantes que integran as devanditas institucións e, en particular, dos principios que as inspiran, os suxeitos que interveñen no proceso civil, os posibles feitos xuridicamente relevantes que poden someterse a este método de solución de conflitos e a forma (fases) na que se desenrola. Todo isto tendo en conta que o proceso é un método dialéctico e formalizado, e polo tanto hai que posuír un coñecemento claro da orde e da forma que seguen as actuacións.
Trátase tamén de que o alumnado adquira un dominio da linguaxe xurídica procesual, unha destreza no manexo dos textos procesuais de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos da súa interpretación e aplicación, así como as habilidades necesarias para a resolución de supostos prácticos cun nivel básico, unha adecuada capacidade de análise e de síntese, de xestión e selección da información, de organización e de planificación, de razoamento crítico, de toma de decisións, de aprendizaxe autónomo, de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, e de inclinar a súa sensibilidade cara a temas da realidade social cotiá relacionados coa materia.
Grupo "C" (Prof. Vilaboy Lois):
Adquiridos os coñecementos xerais sobre a Xurisdición, a Acción e o Proceso que proporciona a materia "Organización Xudicial e Proceso", débese profundar nos métodos de solución de conflitos no campo do dereito privado, cuxo estudo é propio do Dereito Procesual Civil.
A finalidade docente da materia DEREITO PROCESUAL CIVIL I é explicar ao alumnado o método do que se vale o Estado para solucionar este tipo de conflitos que ocupan unha boa parte das experiencias vividas pola comunidade: o proceso civil. Con todo, nesta materia o estudo do proceso limitarase ao modelo de xustiza civil contemplado na Lei de Axuizamento Civil de 2000, aos requisitos procesuais e ás fases e actos que compoñen os procesos declarativos ordinarios na primeira e/o única instancia; sendo abordados os medios de impugnación, os procesos declarativos especiais, o proceso de execución e o proceso cautelar na materia de Dereito Procesual Civil II.
Preténdese así que o alumnado adquira coñecementos básicos sobre os suxeitos que interveñen no proceso civil, dos posibles feitos xuridicamente relevantes que poden someterse ao método, e da forma en que se leva a cabo o mesmo.
Neste sentido, cabe indicar que, se todas as materias que forman parte do plan de estudos do Grao en Dereito son importantes, o Dereito Procesual presenta a singularidade que del depende a eficacia última de todo o sistema xurídico, xa que é o chamado a restaurar, mesmo pola forza se fose necesario, a orde xurídica quebrantada; é dicir, serve para que os tribunais repoñan nos seus dereitos aos prexudicados e castiguen a quen descoñeceu a advertencia normativa, facendo efectivo o dereito fundamental á tutela xudicial efectiva dos dereitos e intereses lexítimos dos cidadáns. Por iso, descoñecer o Dereito Procesual supón para o estudante de Dereito ignorar cales son os modos xurisdicionais de solución dos conflitos e, máis en profundidade, cales son os procedementos que deben seguirse en cada conflito e cales son as mellores estratexias de litigación.
Así, no mundo dos tribunais, para gañar un proceso, non só hai que ter a razón, senón tamén demostrala, polo que sendo a Lei de Axuizamento Civil a norma básica en materia procesual (de aplicación directa no proceso civil e supletoria nas restantes ordes xurisdicionais), o seu coñecemento teórico e aplicabilidade práctica deveñen necesarios.
Máis concretamente, o obxectivo da materia é que o alumnado:
a) Aprenda e manexe con fluidez os conceptos e institucións básicas do proceso civil e familiarícese co funcionamento teórico-práctico dos procesos declarativos ordinarios; o que conleva a análise do modelo de xustiza civil actual, dos principios que inspiran este modelo e dos diferentes tipos de procesos civís; xunto cos suxeitos que interveñen no proceso (tribunal e partes) e as súas vicisitudes, os posibles feitos xuridicamente relevantes que poden someterse a este método, e as distintas fases e actos que compoñen o proceso (desde as actuacións previas ou preparatorias ata a sentenza) e que fan efectivo o método. Todo iso tendo en conta que o proceso é un método dialéctico e formalizado, polo que se debe posuír un coñecemento claro da orde e da forma que seguen as actuacións.
b) Adquira un dominio da terminoloxía e vocabulario procesual; unha destreza no manexo dos textos procesuais de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos da súa interpretación e aplicación; e afágase ao traballo constante, tanto individual como en grupo.
c) Obteña as habilidades necesarias para a correcta redacción dos escritos de uso máis habitual no proceso civil e para a intervención nas actuacións orais propias das principais audiencias de que consta a tramitación procesual; á vez que tamén sexa capaz de resolver supostos prácticos cun nivel de complexidade básico.
d) Utilice as ferramentas, tradicionais e modernas, de procura de información xurídica; alcance unha adecuada capacidade de análise e de síntese, de xestión e selección da información, de organización e de planificación, de razoamento crítico, de toma de decisións, de aprendizaxe autónoma, de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos; e de inclinar a súa sensibilidade cara a temas da realidade social cotiá relacionados coa materia.
GRUPO A (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
PARTE PRIMEIRA: O PROCESO CIVIL. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS.
Lección 1: Introdución. Principios do proceso e do procedemento.
1. A Lei de axuizamento civil 1/2000, de 7 de xaneiro: A) O modelo de xustiza civil; B) Estrutura e contido básico.- 2. Os principios do proceso civil.- 3. Os principios do procedemento.
Lección 2: A competencia.
1. A xurisdición e a competencia dos tribunais da orde xurisdicional civil.- 2. Competencia obxectiva.- 3. Competencia funcional.- 4. Competencia territorial.- 5. O reparto de asuntos.
Lección 3: As partes procesuais.
1. As partes procesuais: A) Concepto. Dualidade de posicións; B) Capacidade para ser parte e capacidade procesual; C) Lexitimación; D) Postulación.- 2. Pluralidade de partes: A) Concepto; B) Litisconsorcio; C) A intervención procesual.- 3. Sucesión procesual.
Lección 4: O obxecto do proceso civil.
1. O obxecto do proceso.- 2. A ampliación do obxecto procesual: os supostos de acumulación.- 3. As cuestións prexudiciais.- 4. As cuestións incidentais.
Lección 5: Tipoloxía dos procesos civís.
1. Procesos declarativos: A) Tipoloxía e liñas xerais da LAC; B) Os procesos declarativos ordinarios: ámbito e fases; C) Os procesos declarativos ordinarios con especialidade: liñas xerais da LAC; D) Os procesos declarativos especiais: liñas xerais da LAC.- 2. Proceso cautelar: liñas xerais da LAC.- 3. Proceso de execución: tipoloxía e liñas xerais da LAC.
PARTE SEGUNDA: OS PROCESOS DECLARATIVOS ORDINARIOS.
Lección 6: Actos previos ao proceso.
1. O acto de conciliación.- 2. As dilixencias preliminares.- 3. Outras actuacións previas (reclamación administrativa previa, medidas cautelares, aseguranza da proba, etc.).- 4. Mediación.
Lección 7: A fase de alegacións.
1. A demanda: A) Concepto; B) A pretensión; C) Documentos; D) Admisión, inadmisión e efectos.- 2. Posicións do demandado ante a demanda: A) Chamamento do demandado ao proceso e posturas que pode adoptar; B) A rebeldía; C) A falta de contestación á demanda; D) O acto procesual de contestación á demanda; E) A reconvención.- 3. Outros actos de alegación.
Lección 8: A fase intermedia e a fase de xuízo ou vista.
1. A audiencia previa no proceso ordinario e a fase inicial da vista no xuízo verbal: xustificación, principios reitores e estrutura.- 2. A audiencia previa: A) Comparecencia das partes. B) Funcións.- 3. Funcións da fase inicial da vista no xuízo verbal.- 4. O xuízo e a vista nos xuízos ordinario e verbal: A) Principios reitores; B) Comparecencia e suspensión; C) Desenvolvemento ou estrutura.
Lección 9: A fase probatoria (I).
1. A proba: concepto, natureza, clases e medios.- 2. A proba ilícita.- 3. O obxecto da proba.- 4. A valoración da proba.- 5. As presuncións.- 6. A carga da proba.- 7. O procedemento probatorio.- 8. Aseguranza e anticipación da proba.
Lección 10: A fase probatoria (II).
1. O interrogatorio das partes.- 2. A proba por documentos.- 3. O ditame de peritos.- 4. O interrogatorio de testemuñas.- 5. O recoñecemento xudicial.- 6. Medios audiovisuais e instrumentos de arquivo.- 7. As dilixencias finais.
Lección 11: La fase de conclusións e a finalización da primeira instancia.
1. Os actos de conclusión.- 2. A sentenza.- 3. A cousa xulgada.- 4. A terminación anticipada do proceso por vontade das partes ou dalgunha delas.- 5. A paralización do proceso e a perda total ou parcial dos autos.
Lección 12: Os custos do proceso civil.
1. Os gastos da xustiza.- 2. Os gastos procesuais.- 3. As costas procesuais.- 4. As taxas xudiciais.- 5. Os depósitos para recorrer.
GRUPO B (Catalina Benavente)
Lección 1: Introdución. Principios do proceso e do procedemento.
1. A Lei de axuizamento civil 1/2000, de 7 de xaneiro: A) O modelo de xustiza civil; B) Estrutura e contido básico.- 2. A Lei de axuizamento civil de 1881: preceptos vixentes.- 3. Os principios do proceso civil.- 4. Os principios do procedemento.
Lección 2: A competencia.
1. A xurisdición e a competencia dos tribunais da orde xurisdicional civil.- 2. Competencia obxectiva.- 3. Competencia funcional.- 4. Competencia territorial.- 5. O reparto de asuntos.
Lección 3: As partes procesuais.
1. As partes procesuais: A) Concepto. Dualidade de posicións; B) Capacidade para ser parte e capacidade procesual; C) Lexitimación; D) Postulación.- 2. Pluralidade de partes: A) Concepto; B) Litisconsorcio; C) A intervención procesual.- 3. Sucesión procesual.
Lección 4: O obxecto do proceso civil.
1. O obxecto do proceso.- 2. A ampliación do obxecto procesual: os supostos de acumulación.- 3. As cuestións prexudiciais.- 4. As cuestións incidentais.
Lección 5: Tipoloxía dos procesos civís.
1. Procesos declarativos: A) Tipoloxía e liñas xerais da LAC; B) Os procesos declarativos ordinarios: ámbito e fases; C) Os procesos declarativos ordinarios con especialidade: liñas xerais da LAC; D) Os procesos declarativos especiais: liñas xerais da LAC.- 2. Proceso cautelar: liñas xerais da LAC.- 3. Proceso de execución: tipoloxía e liñas xerais da LAC.
PARTE SEGUNDA: OS PROCESOS DECLARATIVOS ORDINARIOS.
Lección 6: Actos previos ao proceso.
1. O acto de conciliación.- 2. As dilixencias preliminares.- 3. Outras actuacións previas (reclamación administrativa previa, medidas cautelares, aseguranza da proba, etc.).- 4. Mediación.
Lección 7: A fase de alegacións.
1. A demanda: A) Concepto; B) A pretensión; C) Documentos; D) Admisión, inadmisión e efectos.- 2. Posicións do demandado ante a demanda: A) Chamamento do demandado ao proceso e posturas que pode adoptar; B) A rebeldía; C) A falta de contestación á demanda; D) O acto procesual de contestación á demanda; E) A reconvención.- 3. Outros actos de alegación.Lección
8: A fase intermedia e a fase de xuízo ou vista.
1. A audiencia previa no proceso ordinario e a fase inicial da vista no xuízo verbal: xustificación, principios reitores e estrutura.- 2. A audiencia previa: A) Comparecencia das partes. B) Funcións.- 3. Funcións da fase inicial da vista no xuízo verbal.- 4. O xuízo e a vista nos xuízos ordinario e verbal: A) Principios reitores; B) Comparecencia e suspensión; C) Desenvolvemento ou estrutura.
Lección 9: A fase probatoria (I).
1. A proba: concepto, natureza, clases e medios.- 2. A proba ilícita.- 3. O obxecto da proba.- 4. A valoración da proba.- 5. As presuncións.- 6. A carga da proba.- 7. O procedemento probatorio.- 8. Aseguranza e anticipación da proba.
Lección 10: A fase probatoria (II).
1. O interrogatorio das partes.- 2. A proba por documentos.- 3. O ditame de peritos.- 4. O interrogatorio de testemuñas.- 5. O recoñecemento xudicial.- 6. Medios audiovisuais e instrumentos de arquivo.- 7. As dilixencias finais.
Lección 11: La fase de conclusións e a finalización da primeira instancia.
1. Os actos de conclusión.- 2. A sentenza.- 3. A cousa xulgada.- 4. A terminación anticipada do proceso por vontade das partes ou dalgunha delas.- 5. A paralización do proceso e a perda total ou parcial dos autos.
Lección 12: Os custos do proceso civil.
1. Os gastos da xustiza.- 2. Os gastos procesuais.- 3. As costas procesuais.- 4. As taxas xudiciais.- 5. Os depósitos para recorrer.
Grupo "C" (Prof. Vilaboy Lois):
Os contidos mínimos desta materia agrúpanse en nove leccións que fan referencia as áreas temáticas e descritores que figuran no Plan de Estudos do Grao en Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
PARTE PRIMEIRA: O PROCESO CIVIL. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS E TIPOS DE PROCESOS
Lección 1: Introdución. Principios do proceso e do procedemento. Tipos de procesos civís.
1. A Lei de axuizamento civil 1/2000, de 7 de xaneiro: a) O modelo de xustiza civil actual; b) Estrutura e contido básico; c) As súas principais reformas; d) Reformas proxectadas.- 2. Os principios do proceso civil e do procedemento.- 3. Tipos de procesos civís: a) Os procesos declarativos, de execución e cautelar; b) Os procesos ordinarios e especiais, plenarios e sumarios; c) Os procesos declarativos ordinarios: O xuízo ordinario e o xuízo verbal (ámbito e fases).
PARTE SEGUNDA:OS PRESUPOSTOS PROCESUAIS
Lección 2: Os presupostos procesuais.
1. Presupostos procesuais do órgano xurisdicional: a) Xurisdición: contido e límites; b) Competencia civil xenérica; c) Competencia obxectiva; d) Competencia funcional; e) Competencia territorial; f) O reparto de asuntos; g) Tratamento procesual dos presupostos do órgano.- 2. Presupostos procesuais das partes: a) Concepto e clases; b) Capacidade para ser parte; c) Capacidade procesual; d) Supostos especiais; e) Tratamento procesual; f) Postulación: Representación procesual e defensa técnica. Tratamento procesual.- 3. A lexitimación: concepto, clases e tratamento procesual.- 4. Pluralidade de partes: a) Concepto; b) Litisconsorcio; c) Intervención procesual.- 5. A sucesión procesual.- 6. A Administración e o Ministerio fiscal como parte.- 7. Os presupostos procesuais do obxecto procesual.
PARTE TERCEIRA: O OBXECTO PROCESUAL
Lección 3: O obxecto do proceso civil.
1. Concepto, fundamento e relevancia.- 2. A pretensión: a) Elementos identificadores: b) Clases de pretensións.- 3. A ampliación do obxecto procesual: a) Acumulación de pretensións inicial e sucesiva; b) Acumulación de procesos.- 4. Os actos de disposición do obxecto procesual.- 5. As cuestións prexudiciais.- 6. As cuestións incidentais.
PARTE CUARTA: ACTOS PREVIOS, PREPARATORIOS E ASEGURATORIOS DO PROCESO E DA PROBA
Lección 4: Actos previos, preparatorios e aseguratorios do proceso e da proba.
1. A mediación.- 2. O acto de conciliación.- 3. As dilixencias preliminares.- 4. A proba anticipada e o aseguramento da proba.- 5. As medidas cautelares previas.- 6. Outras actuacións previas.- 7. A actividade negocial previa como requisito de procedibilidade (PLMEPSPJ).
PARTE QUINTA: A PRIMEIRA INSTANCIA DOS PROCESOS DECLARATIVOS ORDINARIOS
Lección 5: A fase de alegacións.
1. Os actos de alegación: delimitación e obxecto.- 2. A demanda: a) Concepto e notas esenciais; b) Estrutura e requisitos; c) Documentos; d) Admisión e inadmisión; e) Efectos procesuais e materiais.- 3. Posicións do demandado ante a demanda: a) Chamamento do demandado ao proceso e posturas que pode adoptar; b) A rebeldía; c) A falta de contestación á demanda; d) O acto procesual de contestación á demanda: contido; e) A reconvención e as excepcións reconvencionais.- 3. Outros actos de alegación.
Lección 6: A fase intermedia e a fase de xuízo ou vista.
1. A audiencia previa no proceso ordinario e a fase inicial da vista no xuízo verbal: xustificación, principios reitores e estrutura.- 2. A audiencia previa: a) Fundamento; b) Presupostos e requisitos; c) Finalidades.- 3 Funcións da fase inicial da vista no xuízo verbal.- 4. A mediación intraxudicial.- 5. O xuízo e a vista nos procesos ordinario e verbal: A) Finalidade e notas esenciais; b) Comparecencia e suspensión; d) Desenvolvemento e estrutura.
Lección 7: A fase probatoria.
1. A proba: concepto, natureza, clases e funciópn da proba.- 2. A proba prohibida.- 3. O obxecto da proba.- 4. A carga da proba.- 5. As fontes e os medios de proba.- 6. A valoración da proba.- 7. O procedemento probatorio.- 8. As presuncións.
Lección 8: Os medios concretos de proba.
1. O interrogatorio das partes.- 2. A proba por documentos.- 3. O ditame de peritos.- 4. O interrogatorio de testemuñas.- 5. O recoñecemento xudicial.- 6. Medios audiovisuais e instrumentos de arquivo.- 7. Medios de proba innominados.- 8. As dilixencias finais.
Lección 9: A fase de conclusións e a finalización da primeira instancia.
1. Os actos de conclusión.- 2. A sentenza: a) Nocións xerais; b) Formación interna; c) Requisitos internos e externos.- 3. A terminación anticipada do proceso por vontade das partes ou dalgunha delas.- 4. A paralización do proceso e a perda total ou parcial dos autos.- 5. A cousa xulgada.- 6. Os custos do proceso civil: a) Gastos da xustiza e taxas xudiciais; b) Gastos e custas procesuais; c) Os depósitos para recorrer; d) As multas.
O contido da materia complétase co correspondente PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS (PRÁCTICAS), determinado nun calendario propio. O seu contido concreto será facilitado aos alumnos ao principio do curso, e consistirá basicamente na realización de casos prácticos, escritos procesuais, simulacións de actuacións procesuais orais, exposicións de temas, etc.
GRUPO A (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
Bibliografía básica
A bibliografía está comprendida por un manual actualizado da materia, un exemplar igualmente actualizado da Constitución española de 1978, da Lei Orgánica do Poder Xudicial e da Lei de Axuizamento Civil, coas súas normas complementarias. Para todos os textos legais de necesario manexo, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.
Para acceder aos textos legais máis relevantes, debidamente actualizados, pode empregar: https://www.boe.es/buscar/ayudas/legislacion_actualizada.php.
Entra dentro do ámbito de responsabilidade do alumnado proveerse dende o comezo do curso de, alomenos, un dos manuais da materia. Nótese que todos os recomendados, están dispoñibles na biblioteca da Universidade.
Entre os manuais que se recomendan, saliéntanse:
*MORENO CATENA e CORTÉS DOMÍNGUEZ, “Derecho Procesal Civil. Parte General”, Tirant lo Blanch, Valencia (última edición). Manual preferente.
*GIMENO SENDRA, “Derecho Procesal Civil I”, Edicións xurídicas Castillo de Luna (última edición).
Bibliografía complementaria
Ademais da bibliografía que se vaia salientando a medida que agromen os debates na clase:
* CARNELUTTI, Cómo nace el derecho, edición Temis, 2018. Esta edición está dispoñible na biblioteca da Universidade.
Grupo B (Catalina Benavente)
Bibliografía BÁSICA:
- Un manual actualizado da materia (edición 2023).
Recoméndanse, pola súa sistemática e actualización, o dos profesores Cortés Domínguez e Moreno Catena, "Derecho Procesal Civil. Parte General", Tirant lo Blanch (última edición); e o dos profesores Gómez Colomer y Barona Vilar (coordinadores)
Grupo "C" (Prof. Vilaboy Lois):
A Bibliografía BÁSICA recomendada comprende:
- Un manual actualizado da materia (edición 2023).
Recoméndanse, pola súa sistemática e actualización, o dos profesores Cortés Domínguez e Moreno Catena, "Derecho Procesal Civil. Parte General", Ed. Tirant lo Blanch (última edición); e o dos profesores Gómez Colomer e Barona Vilar (coordinadores), “Proceso Civil. Derecho Procesal II", Ed. Tirant el Blanch (última edición).
- Un exemplar da Constitución española de 1978, da Lei orgánica do poder xudicial e da Lei de axuizamento civil.
Recoméndase adquirir edicións recentes e actualizadas, acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.
- As notas tomadas por cada alumno/a durante as clases expositivas e interactivas.
Como Bibliografía COMPLEMENTARIA pode usarse:
- Manuais doutros profesores:
Asencio Mellado (director), Derecho Procesal Civil. Parte General, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
Armenta Deu, Lecciones de Derecho Procesal Civil, Ed. Marcial Pons (última edición).
Gimeno Sendra, Díaz Martínez, Calaza López, Derecho Procesal Civil. Parte General, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
Nieva Fenoll, Derecho Procesal II. Proceso Civil, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
Oliva Santos, Diez-Picazo, Vega Torres, Curso de Derecho Procesal Civil I. Parte General, Ed. Ramón Areces (última edición).
Ortells Ramos (director), Derecho Procesal Civil, Ed. Aranzadi (última edición).
Manuais de outros autores (última edición).
- Bases de datos: Os estudantes poden acceder a xurisprudencia e a outros recursos (lexistativos e doutrinais) a través das bases de datos máis habituais, por medio dos servizos da biblioteca que proporciona a USC. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranza
GRUPO A (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
Preténdese que o alumnado de Dereito Procesual Civil I adquira as seguintes competencias:
a) Instrumentais:
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Comunicación oral e escrita fluída.
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de decisión.
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético e deontolóxico.
b) Interpersoais:
- Traballo en equipo.
- Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
c) Sistémicas:
- Aprendizaxe autónomo.
- Adaptación a novas situacións. Creatividade.
- Liderado. Iniciativa e espírito emprendedor.
- Motivación pola calidade e pola excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental.
- Espírito de superación.
d) Específicas:
- Empregar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais.
- Percibir o carácter unitario do ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos.
- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
- Comprender as distintas normas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas.
- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do ordenamento.
- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais en Dereito.
- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito.
GRUPO B (Catalina Benavente)
Co estudo desta materia o alumnado obterá unha serie de coñecementos básicos que lle permitirán valorar os feitos sociais conforme as principais normas procesuais que resulten de aplicación, ter a capacidade necesaria para comprender cuestións xurídicas relevantes e para expoñer as posibles resolucións dun caso concreto e de actuar cun compromiso ético e deontolóxico.
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarano coa terminoloxía procesual e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e tecnicamente correcta.
Coa súa participación nas clases prácticas interactivas obterá unha visión global do proceso civil e dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais, así como as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expor os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
En definitiva, dun xeito mais detallado pretendese que o alumnado adquira as seguintes competencias:
a) Instrumentais:
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Comunicación oral e escrita fluída.
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de decisión.
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético e deontolóxico.
b) Interpersoais:
- Traballo en equipo.
- Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
c) Sistémicas:
- Aprendizaxe autónomo.
- Adaptación a novas situacións.
- Creatividade.
- Liderado. Iniciativa e espírito emprendedor.
- Motivación pola calidade e pola excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental.
- Espírito de superación.
d) Específicas:
- Empregar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais.
- Percibir o carácter unitario do ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos.
- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
- Comprender as distintas normas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas.
- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do ordenamento.
- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais en Dereito.
- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito.
Grupo "C" (Prof. Vilaboy Lois):
Co estudo desta materia o alumnado obterá unha serie de coñecementos básicos que lle permitirán valorar os feitos sociais conforme as principais normas procesuais que resulten de aplicación, ter a capacidade necesaria para comprender cuestións xurídicas relacionadas co proceso civil, expoñer as posibles resolucións dun caso concreto e de actuar cun compromiso ético e deontolóxico.
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarano coa terminoloxía procesual civil e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e tecnicamente correcta.
Coa súa participación nas clases prácticas interactivas obterá unha visión global do proceso civil e dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais, así como as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos e realizar actuacións procesuais orais básicas, o que lle facilitará tamén as competencias necesarias para expor os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
En definitiva, dun xeito máis detallado preténdese que o alumnado adquira as seguintes competencias:
a) Instrumentais:
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Comunicación oral e escrita fluída.
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de decisión.
- Razoamento crítico.
- Compromis o ético e deontolóxico.
b) Interpersoais:
- Traballo en equipo.
- Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
c) Sistémicas:
- Aprendizaxe autónomo.
- Adaptación a novas situacións. Creatividade.
- Liderado. Iniciativa e espírito emprendedor.
- Motivación pola calidade e pola excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental.
- Espírito de superación.
d) Específicas:
- Empregar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais.
- Percibir o carácter unitario do ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos.
- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
- Comprender as distintas normas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas.
- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do ordenamento.
- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais en Dereito.
- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito.
GRUPO A (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
A planificación docente da materia persegue un axeitado equilibrio entre o coñecemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumno ou a alumna poida adquirir unha perspectiva completa da materia.
Clases EXPOSITIVAS: o seu obxecto non é o de referir integramente o contido do programa, o que soamente sería posible de forma moi esquemática e, conseguintemente de utilidade dubidosa. Por iso, con independencia de que se expliquen ou non todos os seus epígrafes, esíxese o coñecemento de todas as leccións para aprobar a materia. Porén, nelas procurarase salientar os temas ou cuestións máis relevantes, obxecto de reforma, ou de actualidade e/ou polémica, que son precisamente aqueles que máis frecuentemente se preguntan nos exames. A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións do/a docente poidan servir de guía para o estudo do programa por un manual, e para a axeitada comprensión da materia.
Clases INTERACTIVAS: teñen como finalidade formular os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas, ademais de contribuír a completar o programa, para que o alumnado obteña unha visión global de todo o proceso civil.
TITORÍAS: as consultas ou titorías teñen como finalidade orientar ao alumnado na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que se lles susciten en relación co seu estudo. Atenderanse por parte da/o docente encargado da materia no horario que se indique.
GRUPO B (Catalina Benavente)
A planificación docente da materia persegue un axeitado equilibrio dos seus fundamentos teórico-xurídicos e a iniciación na súa aplicación práctica, de xeito que o alumnado poida adquirir unha perspectiva básica e axustada da materia. Unha correcta metodoloxía do Dereito Procesual Civil I trata de conseguir a participación activa do alumnado (motivación do alumnado), que non pode limitarse a desempeñar un papel pasivo, como mero receptor de datos, senón que debe contar cos medios precisos para que a Universidade se converta no medio idóneo no que manifestar as súas inquedanzas formativas, co que se propicia tamén que a relación profesorado- alumnado sexa mais estreita e enriquecedora para ambos.
Ademais, nesta materia perséguese que o alumnado manexe axeitadamente as fontes da disciplina, afonde nelas e complete e aclare as dúbidas co apoio na doutrina e na xurisprudencia. Trátase de amosar os camiños polos que debe discorrer posteriormente un coñecemento máis detallado e concreto da materia, e cuxo coñecemento lle será de utilidade ao longo da súa vida profesional.
Durante o cuadrimestre facilitaráselle ao alumnado material documental de apoio para a comprensión da materia e como complemento imprescindíbel das explicacións teóricas e prácticas. Tamén se utilizarán os medios técnicos instalados nas aulas para facilitar a comprensión da materia.
A devandita planificación está baseada fundamentalmente nas clases expositivas, clases interactivas e consultas ou titorías:
1. Clases expositivas:
Sen a pretensión de referir integramente o contido do programa da materia, excepto naquelas partes que sexa difícil estudar polos manuais, tratarase de que as explicacións del profesor poidan servir de guía para o estudo do devandito programa e para a comprensión de toda a materia, propondo un intercambio de ideas, de interpretacións e de informacións, así como formulando preguntas ao alumnado sobre as cuestións abordadas. De tal forma que seguir as devanditas explicacións poida servirlle ao alumno/a para facilitar o estudo do manual e da lexislación ao uso, pois, por un lado, permiten deliñar mediante a exposición sistemática e clara as liñas mestras do ordenamento procesual civil, dos seus principios e institucións, adquirir capacidade de análise, de síntese, de organización, planificación, xestión da información, comunicación oral e escrito, razoamento crítico; e, por outro, salientar a relación da materia coa realidade e analizar cuestións baixo distintas perspectivas e entender as de máis difícil comprensión.
2. Clases interactivas:
As clases prácticas interactivas teñen como finalidade primordial expor os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas (a clase expositiva é pois soporte da clase práctica), ademais de contribuír a completar o programa da materia para que o alumnado obteña unha visión global do proceso civil de declaración no relativo aos seus conceptos fundamentais e o seu funcionamento na primeira ou única instancia.
Traerase ás aulas a realidade coa que se vai enfrontar o alumno/a na súa vida profesional dende a óptica da xudicatura ou da avogacía, polo que o réxime destas prácticas basearase na realización de exercicios de aplicación do dereito positivo a supostos de feito, na elaboración de documentos procesuais e outros traballos de contido práctico, e na presenza de actuacións procesuais en vivo ou simuladas, que serán obxecto de estudo previo e posterior análise.
Con elas o alumno adquirirá capacidade de análise e de síntese, de xestión e de información, de organización e de planificación, de resolución de problemas, de negociación e de conciliación; facilidade de comunicación oral e escrita; traballo en equipo, razoamento crítico, toma de decisión; e capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legal, xurisprudencial e doutrinal).
Impartiranse as clases prácticas que corresponden á materia conforme establece o plan de estudos. A data na que se realizará cada actividade práctica será a fixada no almanaque académico aprobado pola Xunta da Facultade; e procurarase, na medida do posíbel, que o contido das prácticas verse sobre os contidos xa analizados nas clases expositivas.
As prácticas realizaranse polo alumnado dentro e fóra do horario lectivo, segundo os casos, e requiren un traballo individual do alumnado (en ocasións tamén en grupo). Para tal efecto, o profesor orientará aos alumnos/as sobre o manexo de fontes legais, doutrinais e xurisprudenciais, que constitúen os materiais básicos para a resolución de casos prácticos, a elaboración de documentos procesuais e a comprensión das actuacións procesuais que se van presenciar ou realizar. As prácticas realizadas polos alumnos/as serán resoltas na clase, entregadas polos asistentes a cada sesión e cualificadas polo profesor.
As clases prácticas serán impartidas polo mesmo profesor das clases expositivas.
A realización das prácticas computará na nota final da materia sempre e cando a asistencia a estas fora superior ao 70% das sesións programadas. Nas prácticas que supoñan, ademais da asistencia e participación na clase, a entrega dalgún tipo de traballo, só poderán entregar o devandito traballo os alumnos/as que asistiran ás sesións nas que se levou a cabo a referida práctica. A data de entrega dos diferentes traballos será fixada polo profesor ao final de cada sesión práctica.
A cualificación de cada práctica semanal oscilará entre cero e cero coma cinco puntos. A suma máxima será de dous puntos, que é a nota máxima final que pode obterse nas clases interactivas.
A nota final das clases interactivas sumarase á nota do exame escrito, sempre que a nota do exame sexa superior a catro puntos.
3. Titorías:
As titorías teñen como finalidade orientar ao alumnado na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que suscite o seu estudo, e posibilitan a mellora da comunicación oral, da capacidade de xestión da información, de organización e de planificación, de razoamento crítico, de toma de decisións e do manexo das fontes xurídicas.
Atenderanse por parte do profesor encargado da materia no horario que se indique no taboleiro de anuncios da Área. Para consultas fora do referido horario, os interesados poderán concertar a oportuna cita na hor a de clase ou de titoría.
Grupo "C" (Prof. Vilaboy Lois):
A planificación docente da materia persegue un adecuado equilibrio entre o dominio dos seus fundamentos teórico-xurídicos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumnado poida adquirir unha perspectiva básica e adecuada da materia.
Unha correcta metodoloxía do DREITO PROCESUAL CIVIL I trata de conseguir a participación activa do alumnado (motivación do estudantado), o cal non pode limitarse a desempeñar un papel pasivo como mero receptor de datos, senón que debe contar cos medios necesarios para que as clases convértanse no medio idóneo no que manifestar as súas inquietudes formativas, co que se propicia tamén que a relación profesorado-alumnado sexa máis estreita e enriquecedora para ambos.
Nesta materia perséguese tamén que o alumnado manexe axeitadamente as fontes da disciplina, profundice nelas e complete e aclare as dúbidas con apoio na doutrina e na xurisprudencia. Trátase de mostrar os camiños polos que ha de discorrer posteriormente un coñecemento máis detallado e concreto da materia, e cuxo entendemento lle será de utilidade ao longo da súa vida profesional.
Durante o cuadrimestre facilitaráselle ao alumnado material documental de apoio para a aprendizaxe dos contidos e complemento imprescindible das explicacións teóricas e prácticas. Tamén se utilizarán os medios técnicos instalados nas aulas para facilitar a comprensión da materia.
De maneira máis concreta, a planificación está baseada fundamentalmente nas clases expositivas, clases interactivas e consultas ou titorías:
A) Clases expositivas.
O seu obxecto non é referir integramente o contido do programa da materia, o que só sería posible de forma moi esquemática e, consiguientemente, de utilidade dubidosa. Por iso é polo que aquelas partes que non sexan obxecto de explicación polo profesor haberán de estudarse coa lei e cos manuais correspondentes.
Pola contra, esta modalidade de ensino aproveitarase para explicar máis detidamente as partes e contidos que resulten de difícil estudo polos manuais e a lexislación ao uso; e para destacar os temas ou cuestións máis relevantes, obxecto de reforma, de actualidade e/o polémica. Trátase de que as explicacións do profesor ofrezan unha visión de conxunto da materia e sirvan de guía para o estudo do devandito programa e para a comprensión de toda a materia, propoñendo un periódico intercambio de ideas, de interpretacións e de informacións, así como formulando constantemente preguntas ao alumnado sobre as cuestións abordadas.
Desta maneira, o seguimento das devanditas explicacións poida servirlle ao alumno/a para facilitar o estudo do manual e da lexislación ao uso, pois permiten delinear mediante a exposición sistemática e clara as liñas mestras do ordenamento procesual civil, dos seus principios e institucións; adquirir capacidade de análise, de síntese, de organización, planificación, xestión da información, comunicación oral e escrita, razoamento crítico; e destacar a relación da materia coa realidade e analizar cuestións baixo distintas perspectivas e entender as de máis difícil comprensión.
As clases expositivas reservarán uns minutos finais para o debate ou a formulación de preguntas, sen prexuízo de que, ao longo da clase e sen interromper excesivamente o ritmo, o alumnado poida preguntar ao docente sobre cuestións dubidosas ou relacionados cos contidos da exposición.
Semanalmente, impartiranse dúas clases expositivas cunha duración de 90 minutos cada unha (excepción feita do establecido no apartado seguinte respecto das clases interactivas), de acordo co horario oficial publicado pola Facultade de Dereito.
A asistencia habitual ás clases expositivas, xunto coa participación activa nas devanditas clases (colaborando na exposición do temario, nas actividades que programe o profesor, etc.) será valorada polo profesor positivamente de cara á nota final, segundo o indicado no apartado desta Guía relativa ao “Sistema de Avaliación”. Para ese efecto, semanalmente controlarase a asistencia mediante procedementos aleatorios.
B) Clases interactivas.
As clases prácticas interactivas teñen como finalidade primordial expor os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas (a clase expositiva é pois soporte da clase práctica); ademais de contribuír a completar o programa da materia. En consecuencia, posibilitan ao alumnado obter unha visión global do proceso civil de declaración no relativo aos seus conceptos fundamentais e o seu funcionamento na primeira e/ou única instancia.
O docente traerá ás aulas a realidade coa que se vai enfrontar cada alumno/a na súa vida profesional dende a óptica da xudicatura ou da avogacía. Por iso e polo que o réxime destas prácticas basearase, fundamentalmente, na realización de exercicios de aplicación do dereito positivo a supostos de feito, na elaboración de documentos procesuais e outros traballos de contido práctico, e no desenvolvemento de actuacións procesuais en vivo ou simuladas, que serán obxecto de estudo previo e posterior análise. En síntese, trátase de "aprender facendo".
Con estas actividades cada alumno/a adquirirá capacidade de análise e de síntese, de xestión e de información, de organización e de planificación, de resolución de problemas, de negociación e de conciliación; facilidade de comunicación oral e escrita; traballo en equipo, razoamento crítico, toma de decisións; e capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
Impartiranse as clases prácticas que corresponden á materia conforme establece o plan de estudos. A data na que se realizará cada actividade práctica será a fixada no calendario académico aprobado pola Xunta da Facultade. Procurarase, na medida do posible, que o contido das prácticas verse sobre os contidos xa analizados nas clases expositivas.
O contido básico das prácticas está programado polo profesor dende o comezo do curso e serán:
- 1ª semana: Leccións 1, 2 e 3
- 2ª semana: Lección 4
- 3ª semana: Lección 5
- 4ª semana: Leccións 6, 7, 8 e 9
As prácticas realizaranse polo alumnado dentro e fóra do horario lectivo, segundo os casos, e requiren un traballo individual do alumnado (en ocasións tamén en grupo). Para tal efecto, o profesor orientará ao alumnado acerca do manexo de fontes legais, doutrinais e xurisprudenciais, que constitúen os materiais básicos para a resolución de casos prácticos, a elaboración de documentos procesuais e a comprensión das actuacións procesuais que se van presenciar ou realizar. As prácticas realizadas polo alumnado serán resoltas na clase, entregadas polos asistentes a cada sesión e cualificadas polo profesor.
As clases prácticas serán impartidas polo mesmo profesor das clases expositivas ou, eventualmente, poderán contar coa participación de profesionais colaboradores da Escola de Práctica Xurídica para dar un maior realismo as mesmas.
Para participar nas clases interactivas é imprescindible acreditar unha asistencia habitual ás clases expositivas dun mínimo do 80%.
A realización das prácticas computará na nota final da materia sempre e cando a asistencia a estas fose superior ao 80% das sesións programadas. Nas prácticas que supoñan, ademais da asistencia e participación na clase, a entrega dalgún tipo de traballo, só poderán entregar o devandito traballo os/as alumnos/as que asistiran ás sesións nas que se levou a cabo a devandita práctica. A data de entrega dos diferentes traballos será fixada polo profesor ao remate de cada sesión práctica.
Ao longo do cuadrimestre realizaranse un total de catro grupos de prácticas que serán desenvolvidas nun total de oito sesións interactivas, durante catro semanas. A cualificación de cada grupo de prácticas oscil ará entre cero e dez puntos. Dependendo da media, a nota final resultante sumará ata un máximo dun 15% da cualificación final da materia, sempre que a nota do exame escrito ou oral sexa de catro ou máis puntos.
C) Consultas.
As consultas ou titorías teñen como finalidade orientar ó alumnado na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que suscite o seu estudo. Posibilitan tamén a mellora da comunicación oral, da capacidade de xestión da información, de organización e de planificación, de razoamento crítico, de toma de decisións e do manexo das fontes xurídicas.
Atenderanse por parte do profesor encargado da materia no horario que se indique na primeira clase e no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurñidica e da Área. Para consultas fóra do devandito horario, os/as interesados/as poderán concertar a oportuna cita na hora de clase ou de titoría.
Excepcionalmente, establecerase un apoio titorial periódico para aqueles/as alumnos/as que encontren unha especial dificultade na aprendizaxe da materia manifestada no número de convocatorias esgotadas, na indecisión á hora de presentarse ao exame, etc.), tendente a proporcionarlles a orientación necesaria para que adquiran os coñecementos suficientes para superar a materia. Este apoio titorial extraordinario debe solicitarse por escrito ao profesor da materia antes de transcorridas a tres primeiras semanas de clase. O profesor, en función das dispoñibilidades, procurará atender todas as solicitudes presentadas.
GRUPO A (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
O examen final será escrito e consistirá en dar resposta a unha serie de preguntas de extensión variable. Para superar o exame e ter a condición de aprobado/a, esíxese un coñecemento xeral de todo o contido do programa, que abarque cada unha das súas partes.
En canto á valoración das diversas atividades docentes:
-Exame final escrito presencial: 7 puntos.
-Realización das actividades prácticas: 3 puntos (a sumar tan só no caso de ter superado o exame final).
O/A docente encargado/a da materia publicará as listas coas cualificacións, con indicación da data e horario na que o alumnado poderá exercitar o seu dereito de revisión, para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias.
A concesión á alumna ou ao alumno da exención de docencia suporá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvoltas no decurso das sesións interactivas) por outras tarefas análogas que a/o docente estime oportunas (comentario de sentenzas, resolución de casos prácticos, lectura de traballos doutrinais, etc.).
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, estabelecerase polas canles telemáticas que a/o docente e a/o alumna/o estabelezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de tres puntos, sendo o valor do exame final escrito (ao igual que acontece co alumnado non exento) de sete puntos.
A efectos da normativa de permanencia, só se considera actividade avaliable o exame final.
GRUPO B (Catalina Benavente)
1. Materia obxecto de exame.
Ó ser unha materia cuadrimestral, só se realizará un exame final. A materia correspondente ao exame comprende a totalidade das leccións que figuran no programa oficial, esixible co grao de profundidade que resulta das explicacións realizadas pola profesora nas clases expositivas e interactivas, e dacordo co estabelecido nos apartados anteriores.
2. Datas de exame.
Dacordo co establecido pola Xunta da Facultade de Dereito, o exame oral terá lugar nas datas, hora e aula aprobadas e que figuran nos taboleiros de anuncios da Facultade de Dereito para cada grupo. Ademais arbitraranse outras datas dentro do período de exames a fixar entre profesor e alumnos.
3. Regras para a realización do exame.
Os/As alumnos/as deberán acreditar a súa identidade, para o que acudirán ao exame provistos do seu DNI, carné da Universidade, pasaporte ou permiso de conducir.
No exame poderá empregarse o programa oficial. No entanto, calquera anotación ou comentario contido no material anterior, estea ou no relacionado coas preguntas do exame, suporá a expulsión automática do mesmo.
4. Modalidades de exame.
O exame final será escrito e consistirá nun exame tipo test. Para a súa realización o alumno dispoñerá de 60 minutos. O test terá 50 preguntas, divididas en dous bloques de 25 preguntas. A nota máxima do test é de 8 puntos. Deben aprobarse as dúas partes do tipo test. Será necesario obter polo menos 4 puntos no test para sumar a nota das interactivas.
Non se poderá empregar o programa, nen a guía docente, nen ningún outro material, na realización do exame.
Para superar o exame oral e ter a cualificación de aprobado esíxese un coñecemento xeral de toda a materia do exame e equilibrado de cada unha das súas partes. Non será posible superar a materia cando o exame demostre que o/a alumno/a descoñece partes esenciais do programa. Aprobar o exame final será requisito para superar a materia.
A nota final que determinará o rendemento académico do alumno/a en relación coa materia será a que resulte de sumar os puntos obtidos nas preguntas do exame e a cualificación acadada nas prácticas, casos prácticos e simulacións realizadas nas clases interactivas, nas seguintes proporcións: 80% exame escrito, 20% prácticas, casos prácticos, simulacións (incluída a asistencia ás clases interactivas).
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Grao e de Máster, todas as actividades realizadas ao longo do curso durante as clases interactivas, así como a asistencia ás clases serán valoradas. Polo tanto, para que o alumno figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será preciso que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade interactiva nin realice o exame.
5. Revisión de exames.
En cumprimento da normativa da USC, a profesora encargada da materia publicará, no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual, as listaxes coas cualificacións de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame, con indicación da data e horario no que o/a alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro de anuncios.
6. Réxime para o alumnado con exención de docencia
A concesión á alumna ou alumno da exención de docencia suporá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvoltas no transcurso das sesións interactivas) por outras tarefas análogas que a/o docente estime oportunas (comentario de sentenzas, resolución de casos prácticos, lectura de traballos doctrinais, etc.).
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, establecerase polas canles telemáticas que o docente e o alumno exento establezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de dous puntos, sendo o valor do exame escrito (do mesmo xeito que acontece co alumnado non exento) de oito puntos.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), toda vez que a realización destas tarefas será obxecto de avaliación, a nota final da/o estudante que levara a cabo todas ou algunha delas será de "suspenso/a", e en ningún caso de "non presentado/a".
Grupo "B" (Vilaboy Lois):
1. Materia obxecto de exame.
Ao ser unha materia cuadrimestral, só se realizará un exame final.
A materia correspondente ao exame comprende a totalidade das leccións que figuran no programa oficial, con independencia de que se expliquen ou non todos os seus apartados e contidos.
A esixencia de coñecementos será proporcional ao grao de profundidade que resulta das explicacións realizadas polo profesor nas clases expositivas e interactivas e da bibliografía recomendada para o seu estudo, de acordo co establecido nos apartados anteriores.
2. Datas de exame.
Conforme ao establecido pola Xunta da Facultade de Dereito, os exames escritos terán lugar nas datas, horas e aulas aprobadas e que figuran nos taboleiros de anuncios da Facultade de Dereito para o grupo "C".
3. Modalidades de exame.
O alumnado poderá optar entre o exame escrito e o exame oral, de acordo coas normas que se detallan a continuación.
Corresponderá a cada alumno/a a decisión final sobre a forma na que desexa examinarse, aínda que no caso do exame oral estará suxeito á dispoñibilidade de datas e cantidade de alumnos/as que queiran examinarse baixo esta modalidade. En todo caso, animarase a presentarse á modalidade oral a quen asistise con regularidade ás clases e participado activamente nas actividades programadas ao longo do curso.
A) Regras para a realización do exame.
O alumnado deberá acreditar a súa identidade, para o que acudirán ao exame provistos do seu DNI, carné da Universidade, pasaporte ou permiso de conducir.
No exame poderá utilizarse o programa oficial e, en determinados momentos as leis (en edición orixinal) relacionadas coa materia. Con todo, calquera a notación ou comentario contido no material anterior, estea ou non relacionado coas preguntas do exame, supoñerá a expulsión automática do mesmo.
Ao exame non poderá accederse con teléfono móbil, nin con outros dispositivos electrónicos.
Os exames escritos deberán realizarse con bolígrafo, preferentemente de tinta negra ou escura, coidando a ortografía, sintaxe e precisión da linguaxe; a caligrafía terá que ser clara e pulcra.
B) Exame escrito.
Constará de catro partes:
- A primeira parte trataráse de responder a vinte preguntas tipo test, sen apoio documental e durante un máximo de 30 minutos. Esta parte terá carácter eliminatorio no caso de non acertarse, polo menos, o 60% das preguntas, polo que impedirá realizar as restantes partes do exame. De non superar esta parte, a cualificación final será unicamente a correspondente ao resultado alcanzado nas preguntas test, nas clases interactivas e nas actividades realizadas nas clases expositivas.
- A segunda parte consistirá en responder a nove preguntas curtas, para o que se dispoñerá de 45 minutos. O alumnado deberá sintetizar tanto conceptos como institucións esenciais do programa da materia e responder de maneira breve, clara e concisa ó que se lle pregunta, con apoio lexislativo. De non responderse, polo menos, á metade das preguntas, esta parte terá tamén carácter eliminatorio.
- A terceira parte abarcará o desenvolvemento, durante 30 minutos, dun tema xeral, seleccionado polo profesor entre os contidos da materia. O tema poderá responder a epígrafes do programa ou formularse como preguntas de relación ou conexión entre distintos contidos comprendidos na materia obxecto de exame. Na pregunta de desenvolvemento esixirase unha exposición lóxica, intelixible e lingüisticamente correcta da resposta, tendo en conta especialmente a capacidade de relacionar distintos contidos do programa. Trátase de comprobar a claridade de ideas e expositiva do alumno/a, o manexo adecuado da terminoloxía procesual e da lexislación, xurisprudencia e doutrina, así como a súa capacidade de relación.
- A cuarta parte estará destinada a resolver un caso práctico e/ou realizar un escrito procesual, para o que o alumnado poderá utilizar os textos legais (en orixinal) que estime convenientes, pero non auxiliarse doutro material didáctico ou bibliográfico. Con todo, calquera anotación ou comentario contido no material anterior, estea ou non relacionado coas preguntas do exame, supoñerá a expulsión automática alumno/a. Dispoñerase de 30 minutos.
C) Exame oral.
A realización do exame de forma oral, suxeita á dispoñibilidade horaria e do profesor, esixe que cada alumno/a o solicite por escrito, que deberá presentar persoalmente ante o profesor, cunha antelación mínima de un mes á data fixada para o comezo do período oficial de realización de exames na Facultade.
As datas habilitadas polo profesor para esta modalidade de exame estarán comprendidas entre o primeiro día do período oficial de exames e a data fixada pola Xunta da Facultade de Dereito para o exame escrito da materia.
O exame oral realizarase seguindo a orde de inscrición, será público e axustarase aos criterios xerais de avaliación previstos para o exame escrito. O número de preguntas oscilará entre un mínimo de seis e un máximo de dez, dependendo do grao de resposta do alumno/a. A puntuación máxima que se pode obter é de sete puntos, aínda que dúas preguntas sen contestar ou máis de tres suspensas con claridade impedirá aprobar o exame. Quen se inscribiu nesta modalidade de exame e non se presente na data establecida, non poderá concorrer con posterioridade ao exame escrito na mesma convocatoria.
Esta modalidade inclúe, como criterios propios de avaliación, a expresión oral, a comprensión, a argumentación e a construción lóxica e ordenada do discurso.
As notas publicaranse cxuntamente coas cualificacións dos exames escritos.
4. Criterios de cualificación.
Para superar o exame escrito e ter a cualificación de aprobado esíxese un coñecemento xeral de toda a materia do exame e equilibrado de cada unha das suas partes.
Non será posible superar a materia cando o exame demostre que o/a alumno/a descoñece partes esenciais do programa. Para tales efectos, o exame escrito divídese en catro partes: a) Test, 2 puntos; b) Preguntas curtas, 2,5 puntos; c) Pregunta de desenvolvemento, 1 punto; e) Caso práctico, 1,5 puntos. Por tanto, aínda que a nota final do exame (sumando as catro partes) alcance a cifra de cinco, esixirase que o/a alumno/a obteña en cada unha das partes do exame escrito, polo menos, un terzo da nota máxima que é posible obter, salvo na primeira parte que deberá obter un mínimo do 60% (sendo eliminatoria), en na segunda parte debe responder, polo menos, á metade das preguntas (tendo, en caso contrario, carácter eliminatorio).
Aprobar o exame escrito (ou oral) será requisito para superar a materia. Con todo, teranse en conta as cualificacións superiores a catro cando se evidencie un excelente traballo nas clases interactivas e expositivas.
A nota final que determinará o rendemento académico do cada alumno/a en relación coa materia será a que resulte de sumar as puntos obtidos no exame escrito (ou, de ser o caso, no exame oral) e a cualificación alcanzada nas clases interactivas (prácticas, casos prácticos e simulacións), que será dun máximo de 1,5 puntos; xunto coas exposicións e traballos realizados nas clases expositivas e a asistencia ás clases, ata un máximo dun punto. Todo iso nas seguintes proporcións:
- 70% exame escrito ou oral.
- 20% clases interactivas (prácticas, casos prácticos, simulacións).
- 10% exposicións e traballos realizados nas clases expositivas (incluídas as asistencias).
Esta nota (30%) se sumará á do exame soamente se o/a alumno/a participou e realizou, polo menos, o 50% das actividades e tarefas programadas, e obtén no exame unha cualificación de 4 ou máis puntos, demostrando un coñecemento equilibrado da materia.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Grao e de Máster, só se considera avaliable o exame final. Por tanto, o/a alumno/a que realice as actividades programadas nas clases expositivas e interactivas pero que non se presente ao exame final, figurará como "non presentado" na correspondente convocatoria.
5. Revisión de exames.
En cumprimento da normativa da USC, o profesor encargado da materia comunicará a cada alumno/a, a través da plataforma móbil da USC tanto a súa cualificación como as datas nas que poderá exercer o seu dereito á revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán comunicadas a través da mesma plataforma as notas definitivas.
6. Réxime para o alumnado con exención de docencia.
A concesión ao alumno/a de a exención de docencia supoñerá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula pola realización doutras tarefas que o docente estime de interese (traballos escritos, casos prácticos, escritos profesionais, intervencións orais gravadas etc.)/ etc.). Coa finalidade de iniciar este tipo de actividades, o/a alumno/a deberá contactar, persoalmente ou vía correo electrónico, co docente nos cinco días seguintes á data da resolución decanal.
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, establecerase polas canles telemáticas que o docente e o/a alumno/a establezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de tres puntos, sendo o valor do exame oral ou escrito de sete puntos.
GRUPO A (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
A materia de Dereito Procesual Civil I ten asignados no Plan de Estudos do Grao en Dereito un total de 4,5 créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante en orde a superar a materia depende, loxicamente, das propias capacidades de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase que para afrontar cun mínimo de garantías a aprendizaxe e o sistema de avaliación desta materia, o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais sería, de media, o seguinte: 45 horas de presenza do alumno na aula (entre asistencia a clases expositivas, interactivas e titorías de grupo reducido), ás que habería que sumar 67,5 horas de traballo persoal para resolver os casos prácticos que se formulen, elaborar as presentacións de traballos e preparar o exame.
GRUPO B (Catalina Benavente)
A materia de Dereito Procesual Civil I ten asignados no Plano de Estudos do Grao en Dereito un total de 4,5 créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a. Non obstante, calcúlase como media que, para afrontar cun mínimo de garantías o exame desta materia, o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte: considéranse necesarias 45 horas de presenza do alumno na aula (entre asistencia a clases expositivas, interactivas e titorías de grupo reducido), ás que haberá que sumar 67,5 horas de traballo persoal do alumno para resolver os casos prácticos que se formulen, elaborar as presentacións de traballos e preparar o exame.
Grupo "C" (Prof. Vilaboy Lois):
A materia de Dereito Procesual Civil I ten asignados no Plan de Estudos do Grao en Dereito un total de 4,5 créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase que para afrontar cun mínimo de garantías a aprendizaxe e o sistema de avaliación desta materia, o tempo medio de distribución do traballo de cada alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte: considéranse necesarias 45 horas de presenza do alumno na aula (entre asistencia a clases expositivas, interactivas e titorías de grupo reducido), ás que haberá que sumar 67,5 horas de traballo persoal do alumno para resolver os casos prácticos que se formulen, elaborar as presentacións de traballos e preparar o exame.
GRUPO A (Profa. Valiño Ces e Profa. Rodríguez Álvarez)
Presupóñense e enténdense imprescindibles para a axeitada comprensión dos contidos da materia, os coñecementos básicos de ORGANIZACIÓN XUDICIAL E PROCESO. Igualmente, considéranse convenientes os coñecementos das materias DEREITO CIVIL e DEREITO MERCANTIL.
A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións do/a docente poidan servir de guía para o estudo do programa e comprensión axeitada da materia. Así mesmo, é recomendable para o estudo da materia, cumprir debidamente coas encomendas formuladas, xa que teñen como finalidade, entre outras, a de contribuír a completar o programa para que o alumnado obteña unha visión global de toda a materia.
Por último a este mesmo respecto, o alumnado debe seguir as indicacións docentes salientadas a través do Campus virtual e do Correo electrónico, de conformidade cos tempos marcados polo profesorado. Máis en concreto: forma parte do ámbito de responsabilidade do alumnado facer un seguimento das diversas comunicacións que a docente poida efectuar polas diversas vías que ofrece a institución (campus virtual, Teams, correo electrónico, etc.).
GRUPO B (Catalina Benavente)
Presupóñense e enténdense imprescindibles para a axeitada comprensión dos contidos da materia, os coñecementos básicos de ORGANIZACIÓN XUDICIAL E PROCESO. Igualmente, considéranse convenientes os coñecementos das materias DEREITO CIVIL e DEREITO MERCANTIL.
A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións do/a docente poidan servir de guía para o estudo do programa e comprensión axeitada da materia. Así mesmo, é recomendable para o estudo da materia, cumprir debidamente coas encomendas formuladas, xa que teñen como finalidade, entre outras, a de contribuír a completar o programa para que o alumnado obteña unha visión global de toda a materia.
Por último a este mesmo respecto, o alumnado debe seguir as indicacións docentes salientadas a través do Campus virtual e do Correo electrónico, de conformidade cos tempos marcados polo profesorado. Máis en concreto: forma parte do ámbito de responsabilidade do alumnado facer un seguimento das diversas comunicacións que a docente poida efectuar polas diversas vías que ofrece a institución (campus virtual, Teams, correo electrónico, etc.).
Grupo "C" (Prof. Vilaboy Lois):
Para cursar esta materia debe superarse con anterioridade a materia de “Organización Xudicial e Proceso”. Así mesmo, para o bo aproveitamento e comprensión da materia é recomendable cursar as materias básicas do plan de estudos adscritas ás áreas de “Dereito Civil” e de “Dereito Mercantil”.
A adecuada preparación da materia DEREITO PROCESUAL CIVIL I aconsella a asistencia do alumnado ás clases co material lexislativo apropiado aos contidos de cada lección e cunha lectura previa dos epígrafes (e das fontes recomendadas) da lección do programa que se vai a explicar. A este respecto, o complemento das notas (que non ditado de apuntamentos) recollidas nas clases, xunto coa lectura dun manual e da lexislación correspondente, demostrou bos resultados, xa que o alumnado non só aprenderá o temario, senón que será capaz de razoalo, ao establecer as conexións entre as diferentes partes que integran o programa.
É tamén recomendable para o estudo da materia. a asistencia ás clases prácticas interactivas, en canto teñen como finalidade formular os problemas máis relevantes que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas, así como completar o programa da materia.
A experiencia acumulada durante anos demostra que o alumnado que asiste de maneira habitual ás exposicións e actividades efectuadas nas clases obtén mellores resultados.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co devandito anteriormente:
a) Adquire, desde o primeiro día de clase, todos os materiais da disciplina (manuais, lexislación etc.)/ etc.).
b) Trata de introducirse e de comprender a terminoloxía procesual civil, aínda que isto supoña para el un esforzo adicional ao principio; e de ter unha participación activa nas actividades académicas presenciais.
c) É capaz de dedicarlle un tempo, cada día lectivo, ao estudo da materia, sen omitir ningunha lección do programa; e de preguntar, habitualmente, nas titorías as cuestións que non entenda ou as dúbidas que teña, evitando tratar aprender de memoria cuestiones que previamente non fosen comprendidas de maneira correcta.
d) Resulta tamén moi útil prestar atención ás noticias dos medios de comunicación e interpretalas de acordo con os ensinos que está a adquirir na materia.
Finalmente, é moi importante e forma parte do ámbito de responsabilidade do alumnado, seguir as indicacións do docente que se conteñen nesta guía, pero tamén as comunicacións que se cursen nas clases e a través do Campus Virtual, Teams ou correo electrónico etc.
Grupo "C" (Prof. Vilaboy Lois):
O profesor ten despacho propio, como docente, na área de Dereito Procesual (primeiro piso), e como director da Escola de Práctica Xurídica tamén na sede da devandita Escola (planta soto da Facultade).
Por iso, as comunicacións que realice o profesor encargado da materia expoñeranse habitualmente no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica; sen prexuízo de utilizar tamén o Campus Virtual, Teams e o correo electrónico.
As titorías serán atendidas, preferentemente, no despacho situado nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica, os xoves e venres, durante as tres horas seguintes á finalización das clases.
Lotario Vilaboy Lois
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814634
- Correo electrónico
- lotario.vilaboy [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Rodriguez Alvarez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814708
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Almudena Valiño Ces
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- almudena.valino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Maria De Los Angeles Catalina Benavente
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- angeles.catalina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
15:00-16:30 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
10:30-12:00 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
10:30-12:00 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo B-horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
10.01.2025 13:00-15:00 | Grupo C-horario de mañá (P-Z) | Salón de Actos |
10.01.2025 16:00-18:00 | Grupo A-horario de tarde (A-F) | Salón de Actos |