Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprensión dos sistemas rexistrais e da súa evolución, e coñecemento dos principios e a terminología propia do Dereito rexistral.
- Desenvolvemento da capacidade de análise crítica e argumentación respecto das normas legais e decisións xurisprudenciais sobre a materia.
- Análise e resolución de casos prácticos e problemas sobre a materia.
- Identificación das orientacións actuais e futuras en relación aos problemas básicos propios da disciplina.
- Fomento da sensibilidade cara ao contexto social, económico, científico e tecnolóxico actual
T. 1. Publicidade xurídica e publicidade rexistral. Os Rexistros xurídicos e as súas clases. Os rexistros públicos substantivos no sistema xurídico español. Rexistros de persoas e rexistros de bens.
T. 2. O Rexistro Civil. Función e efectos. Organización. Tipos de rexistros. Procedemento rexistral. A publicidade do Rexistro Civil. Clases de asentos.
T. 3. Feitos e actos obxecto de inscrición. A inscrición de nacemento. Nacionalidade e veciñanza civil. O matrimonio no Rexistro Civil. A inscrición das defuncións. Especial referencia ao cambio de nome e á alteración dos apelidos no Rexistro Civil.
T. 4. O Rexistro da Propiedade: concepto e función. Sistemas rexistrais: o sistema rexistral español. A lexislación hipotecaria española. Rasgos fundamentais do sistema rexistral español: os denominados principios hipotecarios. Inscrición declarativa, constitutiva e obrigatoria. Inscrición e tradición.
T. 5. A organización dos Rexistros. Os libros do Rexistro. O Rexistrador da Propiedade e a Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública. A publicidade formal do Rexistro.
T. 6. A finca no Rexistro. A inmatriculación: concepto e procedementos. Modificacións na finca e rectificacións na súa descrición. A dobre inmatriculación.
T.7. Delimitación da materia inscribible: actos e dereitos que teñen acceso ao Rexistro. Títulos inscribibles. O titular rexistral.
T. 8. Clases de asentos. O asento de presentación. O asento de inscrición. As anotacións preventivas: especial estudo das de demanda e embargo. Outros asentos rexistrais: as notas marxinais. Cancelación e caducidade dos asentos rexistrais. Inexactitude e rectificación dos asentos.
T. 9. O procedemento rexistral e a súas fases. O principio de rogación. O principio de legalidade. A cualificación rexistral. A denegación da inscrición e recursos fronte a ela. A prioridade rexistral e o peche rexistral.
T. 10. O principio de tracto sucesivo. Falta de tracto sucesivo: causas e consecuencias no procedemento rexistral. Tracto abreviado. Modalidades do tracto. Reanudación do tracto sucesivo interrompido.
T. 11. O principio de lexitimación rexistral. A presunción de exactitude do Rexistro. As presuncións posesorias. A acción real rexistral. A chamada tercería rexistral.
T. 12. O principio de fe pública rexistral. Ámbito. Condicións da protección rexistral: o artigo 34 L.H. Supostos de suspensión da fe pública rexistral. Eficacia negativa da inscrición rexistral: o artigo 32 L.H.
T. 13. O Rexistro de bens mobles. Especial referencia á venda de bens mobles a prazos, a hipoteca mobiliaria e o peñor sen desprazamento. O Rexistro da Propiedade intelectual.
A bibliografía básica está composta polos principais manuais (sempre última edición) dispoñibles no mercado editorial español sobre Dereitos reais: DÍEZ-PICAZO e GULLÓN BALLESTEROS; ALBALADEJO; LACRUZ BERDEJO, Derecho inmobiliario registral.
Manuais especificos sobre inmobiliario rexistral: ÁLVAREZ CAPEROCHIPI, Derecho inmobiliario registral, Comares, Granada, GÓMEZ GÁLLIGO y DEL POZO CARRASCOSA, Lecciones de derecho hipotecario, Marcial Pons, Madrid.
En relación á nova Lei do Rexistro Civil de 2011, COBACHO GÓMEZ, J. A., e LECIÑENA IBARRA, A., (dirs.), Comentarios a la Ley del Registro Civil, Aranzadi.
Como bibliografía complementaria pode consultarse: DÍEZ PICAZO, Fundamentos del Derecho Civil patrimonial, t. III, Cívitas, Madrid; PEÑA BERNALDO DE QUIRÓS, Derechos reales. Derecho hipotecario, 2 tomos, Centro de Estudios registrales; CHICO ORTIZ, Estudios sobre Derecho Hipotecario, Marcial Pons, Madrid; ROCA SASTRE y ROCA-SASTRE MUNCUNILL, Derecho Hipotecario, Bosch, Barcelona; GARCÍA GARCÍA, J.M., Derecho Inmobiliario Registral, Madrid, Civitas e Código de legislación inmobiliaria, hipotecaria y del Registro Mercantil, Thomson-Civitas, y La finca registral y el Catastro: inmatriculación, obra nueva, reanudación del tracto y restantes procedimientos de la Ley 13/2015, de 24 de junio, Civitas-Thomson Reuters.
A) Competencias xerais (CX)
a) Instrumentais:
CX1.- Capacidade de comprensión, análise e síntese
CX5.- Capacidade de obtención e xestión información
CX6.- Capacidade de resolución de problemas
CX8.- Razoamento crítico
CX9.- Compromiso ético e deontolóxico
b) Interpersoais:
CX12.- Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
CX13.- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
c) Sistémicas:
CX20.- Motivación pola calidade á excelencia profesional
CX21.- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
B) Competencias específicas (CE):
CE1.- Utilizar os principios de libertade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
CE2.- Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
CE4.- Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
CE5.- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
CE6.- Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
CE7.- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
CE8.- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
CE9.- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
CE11.- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles
CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
A docencia inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo o calendario.
Nas clases expositivas, o uso da clase maxistral complementarase con outras metodoloxías máis dinámicas, fomentando a participación activa do alumnado, como debate, comentario bibliográfico e xurisprudencial, ou resolución de casos.
As clases interactivas serán eminentemente prácticas e participativas mediante a resolución de problemas, preparación e presentación de traballos, asistencia e participación en congresos, cursos e seminarios ou visitas institucionais. Na medida do posible, fomentarase a aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo, así como o uso das TICs, especialmente a través do campus virtual. Nas clases nas que se facilite previamente ao alumnado materiais de estudo e traballo, seguirase a metodoloxía de aula invertida.
A titoría co alumnado –individual ou en pequenos grupos- poderá ser presencial ou virtual, neste último caso, a través do correo electrónico, das ferramentas do Campus Virtual, ou da aplicación Teams.
Valorarase a intervención activa nas clases, a participación en actividades, a entrega de traballos e o exame final. Os criterios de avaliación serán os mesmos na primeira e na segunda convocatoria.
A cualificación da proba escrita terá en conta o dominio dos coñecementos teóricos e a súa aplicación práctica. Esta proba corresponde a 7 puntos posibles da nota total (70%), calculados sobre un máximo de 10 puntos.
A cualificación de asistencia e actividades, cun máximo de 3 puntos (30%), súmase á nota obtida no exame a partir dunha puntuación mínima de 3 puntos. Entre as actividades terase en conta a asistencia a visitas, conferencias, seminarios e cursos relacionados cos obxectivos da materia. Por exemplo, valorarase a realización do CURSO DE HABILIDADES INFORMATIVAS, ofertado en colaboración coa Biblioteca da USC.
Só se terán en conta as actividades realizadas durante o período lectivo do cuadrimestre correspondente.
Para acadar a aprobación é necesario obter un mínimo de 5 puntos.
Ten en conta que o sistema de avaliación é unitario e mixto; é dicir, existe un único programa e unha única avaliación, aínda que esta combina dous instrumentos: avaliación continua e avaliación a partir dunha proba final obxectiva. Esta combinación permite ponderar o rendemento do alumnado dunha forma máis completa e precisa, considerando diferentes coñecementos e habilidades.
O carácter unitario da avaliación xustifica que a puntuación obtida nas actividades avaliables ao longo do cuadrimestre non sexa independente e, polo tanto, non se poida gardar para ser aplicada en cursos posteriores en caso de non acadar a nota mínima necesaria para aprobar (5).
No caso de exención da docencia, a cualificación corresponderá á obtida no exame final (nota 100%).
Este sistema de avaliación axustase ao previsto na folla de materias da memoria de grao, segundo o cal o exame final non representará menos do 70% da nota final, sendo a súa superación requisito para superar a materia (MEMORIA PARA VERIFICACIÓN DO TÍTULO OFICIAL DE LICENCIADO EN DEREITO POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO)
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións.
NOTA IMPORTANTE:
Segundo a «Normativa de permanencia nos títulos de grao e mestrado» aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 «a cualificación dunha convocatoria na que o estudante non presente, ou non supere os obxectivos establecidos, quedará «suspenso», salvo que o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable de acordo co establecido na programación ou na guía docente, caso en que constará como «non presentado». "
Así mesmo, e para os efectos do Regulamento de permanencia nos graos e mestrados, valoraranse todas as actividades realizadas ao longo do curso. Para que o alumno conste como non presentado será necesario que o alumno non asista polo menos ao 80% das clases, non realice o exame nin realice ningunha actividade.
Traballo presencial do alumnado
Clases expositivas (presentación e explicación dos temas, resolución de casos, comentario de sentenzas): 28 horas
Clases interactivas (traballo con documentos: análise, síntese e discusión; asistencia en participacíon en visitas, debates, conferencias, cursos, seminarios): 12 horas
Titorías: 3 horas
Exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial do alumno: 45
Traballo persoal do alumnado: 67,5 horas dedicadas ao estudo autónomo e a preparación das actividades, incluíndo a procura, selección e análise de materiais de apoio e complementarios (bibliografía, xurisprudencia, recursos audiovisuais, etc)
- Ter superada a materia de Dereitos Reais
- Asistir regularmente ás aulas e participar activamente na clase
- Contar cun ou varios manuais de consulta e apoio, e dispor dos materiais normativos actualizados
- Lectura dos materias bibliográficos e xurisprudencias recomendados, previa ás clases
- Preparación das actividades interactivas
- Estudo regular da materia con espírito crítico
- Uso das titorías para solucionar dúbidas
- Utilización do Campus Virtual, onde se publicarán o programa detallado da materia, o calendario de actividades, os materiais de estudo e de apoio, así como información complementaria e actualizacións sobre curso
Materias relacionadas:
Introdución ao dereito civil
Dereito da persoa
Dereitos reais
Dereito mercantil
Dereito urbanístico
Angel Luis Rebolledo Varela
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814649
- Correo electrónico
- angelluis.rebolledo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Belen Trigo Garcia
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814744
- Correo electrónico
- belen.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
20.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Salón de Actos |