Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Na materia “Métodos de resolución de conflitos e técnicas de negociación” preténdese que o alumnado coñeza os distintos métodos de resolución de conflitos, prestando un especial interese ao coñecemento de métodos alternativos de resolución de conflitos.
As formas heterocompositivas para a resolución de conflitos previstas nos modernos ordenamentos xurídicos son dúas: a arbitraxe e o proceso xurisdicional. Tanto nun como noutro caso a imparcialidade do terceiro permitirá a composición desinteresada do conflito mediante a aplicación do Dereito obxectivo.
Con todo, na actualidade cobran cada día máis importancia as fórmulas autocompositivas de resolución de conflitos, nas que son as partes en litixio, ben por un sacrificio unilateral, ben por mutuo acordo, as que poñen fin ao conflito. Estas vías autocompositivas, do mesmo xeito que a arbitraxe, preséntanse como unha alternativa ao proceso. Entre estas vías alternativas destacan a negociación, a conciliación e a mediación.
1.-Métodos alternativos de resolución de conflitos.
2.-A conciliación: concepto, diferenzas entre conciliación xudicial e extraxudicial, a conciliación no proceso civil.
3.-A mediación: concepto, mediación extraxudicial, mediación intraxudicial, mediación no proceso civil, mediación no proceso penal, técnicas para a mediación.
4.-A negociación: concepto, tipos básicos de negociación, métodos para negociar, estratexias e tácticas de negociación.
5.-A arbitraxe.
Para acceder aos textos legais máis relevantes, debidamente actualizados, pode empregar: https://www.boe.es/buscar/ayudas/legislacion_actualizada.php.
ALONSO SALGADO, C., La mediación en el proceso penal, Tirant lo Blanch, Valencia, 2018.
ALONSO SALGADO, C., La mediación en el proceso penal del menor en el sistema de Justicia español, Editorial metropolitana, Santiago de Chile, 2017.
ALZATE SAEZ DE HEREDIA, R., Análisis y resolución de conflictos: una perspectiva psicológica, Bilbao, 1998.
BARONA VILAR, S., Mediación penal. Fundamento, fines y régimen jurídico, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
BARONA VILAR, S., Mediación en asuntos civiles y mercantiles en España. Tras la aprobación de la Ley 5/2012, de 6 de julio, Tirant lo Blanch, Valencia, 2013.
CASTILLEJO MANZANARES, R. (Dir.), Nuevos debates en relación a la mediación penal, civil y mercantil, Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2018.
CASTILLEJO MANZANARES, R., “El nuevo proceso penal. La mediación”, Revista de Derecho y Proceso Penal, Aranzadi, Navarra, 2010.
CASTILLEJO MANZANARES, R., “Mediación en el ámbito familiar”, en SOLETO MUÑOZ, H., Mediación y resolución de conflictos: técnicas y ámbitos, Tecnos, Madrid 2011.
CASTILLEJO MANZANARES, R. (Dir.), “La mediación a examen: experiencias innovadoras y pluralidad de enfoques”, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico USC, Santiago de Compostela, 2017. (ACCESO ABERTO):
https://reader.xebook.es/index.php?_=Y39%252BdoiFnqlvp2WenNKbWWd8enqLhp…).
CORNELIUS, H., Tú ganas, yo gano, todos podemos ganar: cómo resolver conflictos creativamente, Gaia, Madrid, 2007.
ETXEBERRÍA GURIDI, J. F. (Dir.), Estudios sobre el significado e impacto de la mediación: ¿una respuesta innovadora en los diferentes ámbitos jurídicos?, Aranzadi Thomson Reuters, Navarra, 2012.
GONZÁLEZ CANO, I., “Los métodos alternativos de resolución de conflictos”, en SOLETO MUÑOZ, H. & OTERO PARGA, M., Mediación y solución de conflictos. Habilidades para una necesidad emergente, Tecnos, Madrid, 2007.
MUNDUATE JACA, M. L., Conflicto y negociación, Pirámide, D. L., Madrid, 2003.
REDORTA, J., Entender el conflicto: la forma como herramienta, Paidós, Barcelona, 2007.
SUARES, M., Mediación: conducción de disputas, comunicación y técnicas, Paidós, Buenos Aires, 1996.
VALIÑO CES, A., La mediación extrajudicial, intrajudicial y electrónica: una visión desde la óptica procesal civil, Colex, A Coruña, 2023.
Entra dentro do ámbito de responsabilidade do alumnado proveerse dende o comezo do curso de, alomenos, unha das obras xerais da materia. Nótese que, na relación supra referida, hai algunha publicación en aberto absolutamente gratuíta.
• Capacidade de análise e síntese.
• Comunicación oral e escrita.
• Resolución de problemas.
• Traballo en equipo.
• Razoamento crítico.
• Toma de decisións.
• Liderado.
• Aprendizaxe autónoma.
• Sensibilidade cara temas da realidade social.
• Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
• Capacidade de negociación e conciliación.
Cada unha das sesións lectivas desenvolveranse mediante a análise e afondamento no contido dos distintos temas do programa, a través de clases expositivas e clases interactivas.
A correcta metodoloxía desta materia trata de conseguir a participación activa do alumnado, que non pode limitarse a desempeñar un papel pasivo, como mero receptor de datos, senón que debe contar con medios necesarios para que a Universidade se converta no medio idóneo no que manifestar as súas inquedanzas formativas, co que se propicia tamén que a relación profesorado-alumnado sexa máis estreita e enriquecedora para ambas partes.
Con esta materia procúrase o axeitado equilibrio entre o coñecemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumnado poida adquirir unha perspectiva suficientemente ampla e completa da materia. A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia do alumnado ás clases, de modo que as explicacións teóricas poidan servir de guía para o estudo do programa e a comprensión da materia.
En particular, quérese salientar:
Clases expositivas: o seu obxecto non é o de referir integramente o contido do programa, o que sólo sería posible de xeito moi esquemático e, xa que logo, de utilidade dubidosa. Por isto, con independencia de que se expliquen ou non todos os seus epígrafes, esíxese o coñecemento de todas as leccións para aprobar a materia. Porén, nestas procúrase salientar os temas ou cuestións máis relevantes, obxecto de reforma ou de actualidade. A axeitada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicación da/o docente poidan servir de guía para o estudo do programa por un manual e para a comprensión axeitada da materia. A asistencia con regularidade ás actividades lectivas programadas, agás casos excepcionais debidamente autorizados, é un dereito, pero tamén un deber do alumnado (art. 33 dos Estatutos da USC). Terase en conta a asistencia a clase e a activa participación á hora da cualificación final.
Clases interactivas: teñen como finalidade formular os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas, ademais de contribuír a completar o programa, para que o alumnado obteña unha visión global do mesmo.
Nas sesións interactivas, a presencialidade é obrigatoria.
Titorías: teñen coma finalidade orientar ao alumnado na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que se lles susciten en relación co seu estudio. Atenderanse por parte da docente encargada da materia no horario que se indique.
As titorías, como regra xeral, terán carácter presencial. No entanto, de ser preciso, poderán programarse titorías por vía telemática.
O sistema de avaliación consistirá en:
-Un examen final escrito sobre as materias impartidas durante o curso e que constitúen o programa.
A cualificación máxima do exame será de 7 puntos. As datas e horas de revisión dos exames fixaranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.
-Os restantes 3 puntos obteranse da realización dos casos e tarefas propostos nas sesións interactivas e participación activa puntos (a sumar tan só no caso de superar o exame final).
Asemade, as/os discentes poderán ser avaliados a través dun sistema de avaliación continua sempre e cando elaboren e presenten un traballo final:
-Traballo final: ata 7 puntos.
-Os restantes 3 puntos obteranse da realización dos casos e tarefas propostos nas sesións interactivas e participación activa (a sumar tan só no caso de superar o traballo final).
Réxime para o alumnado con exención de docencia. A concesión ao alumno da exención de docencia suporá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvolvidas no transcurso das sesións interactivas) por outras tarefas que o docente estime oportunas. A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, establecerase polas canles telemáticas que o docente e o alumno exento establezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial. A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de 3 puntos, sendo o valor do exame escrito (do mesmo xeito que acontece co alumnado non exento) de 7 puntos.
A efectos da normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), tan só se considerará a realización do exame final ou do traballo final.
-Traballo presencial en aulas:
• Docencia expositiva 15h.
• Docencia interactiva 25h.
• Titorías en grupo reducido 5h.
• Total horas de traballo presencial na aula 45h.
-Traballo persoal da/o discente:
• Estudo individual ou en grupo 38h.
• Resolución de casos prácticos ou outros traballos. Lecturas recomendadas 22,5h.
• Preparación de traballos e exposicións 14,5h.
• Total horas de traballo persoal do alumno 67,5h.
A adecuada preparación da materia aconsella o seguimento da docencia a través da bibliografía proporcionada polo profesorado, para así guiar o estudo do programa e facilitar a axeitada comprensión da materia. Así mesmo, é recomendable para o estudo da materia, cumprir debidamente coas encomendas formuladas, xa que teñen como finalidade, entre outras, a de contribuír a completar o programa para que o alumnado obteña unha visión global de toda a materia.
Por último a este mesmo respecto, o alumnado debe seguir as indicacións docentes salientadas a través do Campus virtual, de conformidade cos tempos marcados polo profesorado. Máis en concreto: forma parte do ámbito de responsabilidade do alumnado facer un seguimento das diversas comunicacións que a docente poida efectuar polas diversas vías que ofrece a institución (campus virtual, Teams, correo electrónico).
Ana Rodriguez Alvarez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814708
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Almudena Valiño Ces
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- almudena.valino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
14.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Salón de Actos |