Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Como competencias específicas, canto a coñecementos, o alumnado deberá caracterizar o proceso de produción da voz, así como identificar e diferenciar os segmentos fónicos e elementos suprasegmentais do español; deberá coñecer as normas ortográficas, os mecanismos de composición de textos e as fontes de consulta sobre aspectos descritivos e normativos de fonética, gramática e léxico do español. Canto a habelencias, o alumnado deberá adquirir unha expresión correcta e fluída en varios rexistros e estilos informativos. Por último, canto a actitudes, o alumnado deberá saber avaliar e analizar textos informativos, tanto orais coma escritos, desde unha perspectiva crítica.
Esta é unha materia básica de 6 créditos ECTS semestral.
Estudo da lingua española e os seus estándares, con especial énfase no seu uso na produción da información xornalística e audiovisual, tanto na súa forma falada coma escrita. Análise da terminoloxía para a expresión das ideas e contidos. Estudo da lingua nas prácticas, contextos e técnicas xornalísticas e do audiovisual.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A EXPRESIÓN ORAL EN ESPAÑOL
1.1 A fonación humana.
1.2 Sonos vocálicos e consonánticos
1.3 Agrupacións de sons en español
1.4 Variación fonética en español: grandes zonas dialectais
1.5 As variedades estándares do español.
TEMA 2. LÉXICO, ORTOGRAFÍA E PUNTUACIÓN
2.1 1.1 Revisión de nocións de léxico
2.2 Dicionarios e outros recursos lexicográficos
2.3 Os empréstitos e neoloxismos
2.4 Ortografía da letra e da palabra. Ortotipografía
2.5 A puntuación en español
TEMA 3. A EXPRESIÓN ESCRITA
3.1 O texto escrito: introdución
3.2 Propiedades textuais: adecuación, cohesión e coherencia
3.3 A estructura do texto
3.4 Técnicas de redacción
3.5 Erros frecuentes. Listaxe de comprobación
TEMA 4. ANÁLISIS DO DISCURSO XORNALÍSTICO
4.1 O uso ideolóxico da lenguaxe xornalística
4.2 Significados implícitos: presuposicións e implicaturas
4.3 Xénero e rexistro nos textos xornalísticos
CONTIDOS PRÁCTICOS
Tema 1: Prácticas de fonación; recoñecemento das partes do aparello fonador humano e o seu papel na fonación e o artellamento do son. Exercios articulatorios dos fonemas do español e as súas combinacións nun estilo formal. Exercicios de lectura y práctica da entoación e a pronuncia de textos. Recoñecemento das particularidades fonéticas e entonativas da linguaxe xornalística das grandes zonas dialectais do español.
Tema 2: Exercicios con léxico xornalístico, formación de palabras, préstamos e anglicismos innecesarios. Análise e explotación de dicionarios. Revisión de dificultades ortográficas do español e exercicios de puntuación.
Tema 3: Desenvolvemento e práctica de diversas técnicas de escritura. Lectura e análise estrutural de textos de distintas tipoloxías e xéneros xornalísticos. Corrección e reelaboración de textos con erro ou problemas de redacción que escurecen a comprensión. Elaboración dunha listaxe de comprobación individualizada.
Tema 4: As prácticas estarán dirixidas ó fomento da lectura crítica dos textos xornalísticos como instrumentos potenciais de control e manipulación social. Exercicios de identificación de presuposicións e implicaturas subxacentes aos textos, con especial atención a aqueles que difundan contidos discriminatorios ou nesgados. Prácticas de análise do rexistro e a súa expresión lingüística nos textos xornalísticos e propostas alternativas de redacción.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
a. Bibliografía de estudo
Tema 1: Alcoba, Santiago, Aguilar, Lourdes & Mendoza, Susana (2005). La expresión oral. Ariel
Tema 2: García Platero, J. M. (2006). El léxico de los medios de comunicación. E-Excellence (Liceus)
Tema 3: Cuenca, María Josep (2010). Gramática del texto. Arco Libros.
Tema 4: Cerezo, Manuel (1997). Texto, contexto y situación. Guía para el desarrollo de las competencias textuales y discursivas. Octaedro.
b. Gramáticas descriptivas e manuais de español normativo
Academia, Real __ Española (2010). (Ponente S. Gutiérrez Ordóñez) Ortografía española. Espasa.
Academia, Real ___ Española (2010). Nueva gramática de la lengua española. Manual. Espasa.
Academia, Real __ Española (2013). El buen uso del español. Espasa.
Academia, Real__ Española (2018). Libro de estilo de la lengua española según la norma panhispánica. Espasa
c. Dicionarios da lingua
Academia, Real __ Española (2014). Diccionario de la lengua española. Espasa-Calpe. Actualización 2021: https://dle.rae.es
Asociación de Academias de la Lengua Española (ASALE): Diccionario de americanismos. https://www.asale.org/damer/
Grupo DiCE. Diccionario de colocaciones del español. Versión online: http://www.dicesp.com/paginas
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Briz, Antonio (Coord.) (2008). Saber hablar. Aguilar.
Durante, Ana (2015). Guía práctica de neoespañol. Enigmas y curiosidades del nuevo idioma. Debate.
Girón, José Luis (1993). Introducción a la explicación lingüística de textos. Edinumen.
Grijelmo, Álex (2004). El genio del idioma. Taurus.
Grijelmo, Álex (2006). La gramática descomplicada. Taurus.
Grijelmo, Álex (2014). El estilo del periodista. Taurus
Grijelmo, Álex (2019). Propuesta de acuerdo sobre el lenguaje inclusivo. Taurus.
Hidalgo, Antonio. (2006). Aspectos de la entonación española: viejos y nuevos enfoques. Arco Libros.
Mancera, Ana (2011). ¿Cómo se «habla» en los cibermedios?: el español coloquial en el periodismo digital. Peter Lang.
Montoliu, Estrella (2018). Manual de escritura académica y profesional. 2 Vols. Ariel
Pons, Lola (2020). El árbol de la lengua. Arpa.
Van Dijk, Teun (2003). Ideología y discurso: una introducción multidisciplinaria. Ariel.
Van Dijk, Teun (2003). Racismo y discurso de las élites. Gedisa.
Vellón Lahoz, Francisco Javier (2014). Lengua española para comunicadores (Periodismo). Universitat Jaume I.
Yus, Francisco (2010). Grupo DiCE. Diccionario de colocaciones del español. Versión online: http://www.dicesp.com/paginas Nuevos usos del lenguaje en Internet. Ariel.
Gramáticas descritivas e manuais de español normativo
Academia, Real ___ Española (2011). Nueva gramática básica de la lengua española. Espasa.
Gómez Torrego, L. (1998). Gramática didáctica del español. SM.
Garrido, Joaquín (2009). Manual de lengua española. Castalia.
Gómez Torrego, Leonardo (1995). El léxico en el español actual: uso y norma. Arco Libros.
Gómez Torrego, Leonardo (2011). Hablar y escribir correctamente. Gramática normativa del español actual.2 vols. 4ª edición actualizada. Arco Libros.
Dicionarios da lingua
Alvar-Ezquerra, Manuel (coord.) (1995). Diccionario ideológico de la lengua española. Biblograf.
Bosque, Ignacio (2004). Redes: diccionario combinatorio del español contemporáneo. SM.
Bosque, Ignacio (2006). Diccionario combinatorio práctico del español contemporáneo: las palabras en su contexto. SM.
Moliner, María (1966). Diccionario de uso del español. Gredos. 2 Vols.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
CB5 - Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habelencias de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1- Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE1 - Técnicas de expresión oral nos medios de comunicación audiovisuais, incluíndo técnicas de locución e redacción para os medios non escritos
CE2 - Correcto emprego da lingua española
A impartición da materia levarase a cabo a partir do desenvolvemento teórico-descriptivo que sobre cada aspecto tratado realizarán as profesoras nas sesiones expositivas. Haberá unha aula virtual operativa con materiais sobre os contidos teóricos necesarios para preparar a materia. A súa consulta será básica para a adquisición dos coñecementos fundamentais da materia xunto coa asistencia ás sesións expositivas, a toma de notas durante as explicacións e a resolución de dúbidas. A aprendizaxe estará orientada a proxectos e o estudo de casos.
Os conceptos explicados aplicaranse nas sesiones prácticas semanais mediante a realización de exercicios, pequenos proxectos ou resolución de problemas.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
1. Comentario ensaístico de textos (50%)
2. Exame final na data indicada pola facultade (50%)
Ámbalas dúas probas son obrigatorias.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O criterio será o mesmo ca na 1.ª oportunidade: comentario ensaístico de textos e exame final (50% + 50%)
NOTA:
• As dispensas á clase terán que ser autorizadas pola Comisión Académica tendo en conta que o alumnado non estará eximido en ningún caso da realización de prácticas de laboratorio (sesións interactivas). O sistema de avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia será un exame final que contará o 100% da cualificación.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas
• Clases interactivas (traballos con textos e exercicios varios): 15 horas
• Exame final: 3 horas
• Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
• Lecturas recomendadas: 25 horas
• Preparación de presentacións orais, debates etc.: 5 horas
• Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio etc.) Planificación e execución da práctica: 12 horas
Monserrat Recalde Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- montserrat.recalde [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Carmen Sampedro Mella
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
| Martes | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Xoves | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 15.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| 17.06.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RECALDE FERNANDEZ, MONSERRAT | Castelán |
| SAMPEDRO MELLA, MARIA CARMEN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RECALDE FERNANDEZ, MONSERRAT | Castelán |
| SAMPEDRO MELLA, MARIA CARMEN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RECALDE FERNANDEZ, MONSERRAT | Castelán |
| SAMPEDRO MELLA, MARIA CARMEN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RECALDE FERNANDEZ, MONSERRAT | Castelán |
| SAMPEDRO MELLA, MARIA CARMEN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RECALDE FERNANDEZ, MONSERRAT | Castelán |
| SAMPEDRO MELLA, MARIA CARMEN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RECALDE FERNANDEZ, MONSERRAT | Castelán |
| SAMPEDRO MELLA, MARIA CARMEN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RECALDE FERNANDEZ, MONSERRAT | Castelán |
| SAMPEDRO MELLA, MARIA CARMEN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RECALDE FERNANDEZ, MONSERRAT | Castelán |
| SAMPEDRO MELLA, MARIA CARMEN | Castelán |