Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: 24 Total: 75
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer a evolución das formas e técnicas de comunicación e de información nas sociedades modernas. Coñecer os conceptos fundamentais das teorías da comunicación e da información. Achegas dos autores de referencia. Coñecementos histórico dos diferentes paradigmas relacionados coas teorías da comunicación e os estudos sobre os procesos comunicativos, así como os seus fundamentos técnicos e aplicados. Coñecer as achegas realizadas polas disciplinas científicas ao estudo dos fenómenos contemporáneos da comunicación e da información.
Estudo dos elementos, formas, procesos e estruturas da comunicación e da información. Os distintos enfoques teóricos no estudo da comunicación e da información, e as características propias do proceso da comunicación e da información a través das institucións mediáticas. Evolución histórica.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A COMUNICACIÓN DE MASAS E AS DISCIPLINAS ACADÉMICAS
1.1. Disciplinas que estudan a comunicación de masas
1.2 Definicións de comunicación de masas
1.3 A comunicación e o discurso social
TEMA 2. COMUNICACIÓN, SOCIEDADE E TEORÍAS DOS MEDIOS
2.1 As sociedades orais. Os procesos de alfabetización. As sociedades orais modernas
2.2 As comunicacións electrónicas. A comunicación electrónica oral
2.3 Joshua Meyrowitz e a noción de “interacción parasocial”
2.4 Comunicación e comunidade segundo Kenneth Burke
TEMA 3. MASA, PÚBLICO E AUDIENCIA
3.1. Multitude a masa. Público e racionalidade
3.2 O concepto de opinión pública
3.3 Atracción da atención e organización grupal. Tipos de audiencias
TEMA 4. MODELOS PAA O ESTUDO DA COMUNICACIÓN
4.1. Conceptos fundamentais da teoría da comunicación. Comunicación e información. Canle, medio e códigos. Retroinformación
4.2 O modelo de Shannon e Weaver. O paradigma de Lasswell. O modelo de Newcomb. O modelo de Westley e McLean. O modelo
de Gerbner. O modelo de Jakobson. O Modelo de Maletzke
4.3 Modelos para o estudo da difusión gradual da información. O fluxo en dous banzos
TEMA 5. EVOLUCIÓN DAS INVESTIGACIÓNS
5.1 A análise funcional da comunicación e as teorías de rango intermedio. Funcionalismo e investigacións sobre comunicación.
ocións de función e disfunción
5.2 Estrutura e función segundo Lasswell. O desenvolvemento da análise funcional: P. F. Lazarsfeld, R. K. Merton e Ch. Wright
5.3 A “conexión canadense”: do determinismo técnico á ironía nihilista: H. A. Innis e Marshall McLuhan
5.4 A investigación sobre comunicacións en Europa. Os estudos de publicística e periodística. A escola de Francfort e a teoría
crítica: discusión das análises funcionais
5.5 O concepto de “industria cultural”
5.6 A investigación despois da segunda guerra mundial. Os analistas pluridisciplinarios franceses. A escola semiótica italiana
TEMA 6. MEDIOS E AUDIENCIAS
6.1 Relacións sociais e creación de significado. Investigacións sobre os efectos dos medios de comunicación
6.2 Estudos sobre usos e gratificacións
6.3 As investigacións sobre “configuración de axendas”
6.4 A teoría da espiral de silencio
6.5 Fragmentación da audiencia e novas teorías da recepción. Teorías sobre os efectos culturais dos medios.
6.6 Abraham Moles e o concepto de “cultura mosaico”
6.7 O concepto de “sociedade da información” e o novo discurso conservador estadounidense: Daniel Bell e a retórica das
“contradicións culturais do capitalismo”. Medios de comunicación e cambio social
TEMA 7. COMUNICACIÓN DE MASAS E ANÁLISE SEMIÓTICA
7.1 As tradicións do pensamento semiótico en Estados Unidos e Europa
7.2 Conceptos fundamentais da análise semiótica. As formacións significantes. Sintaxe, semántica e pragmática. Denotación e
connotación. Problemas do obxectivismo abstracto
7.3 Crítica da concepción estática dos signos. O signo e o trazo
8. IDEOLOXÍA E SIGNIFICADO
8.1 Significado e grupos sociais. Definicións de ideoloxía. Suxeición, mediación cultural e ideoloxía
8.2 Raymond Williams e a noción de “estruturas do sentir”
8.3 A tradición británica de análises culturais: Richard Hoggart e o CCCS, Raymond Williams e E. P. Thompson
8.4 Evolución dos conceptos “cultura popular” e “cultura de masas”. Hall e Whannel e o concepto de “artes populares”. Frederic
Jameson e a crítica das imaxes
8.5 A análise feminista dos medios
9. OS FLUXOS DA COMUNICACIÓN
9.1 Comunicación e dominio. As funcións das axencias internacionais e as estratexias de contención social. Exportación e
importación de productos audiovisuais
9.2 O informe McBride
9.3 As directivas sobre comunicación da Comunidade Europea. Conglomerados multinacionais de información e diversión.
Comunicación e colonialismo
9.4 O xornalismo e a Declaración universal dos dereitos humanos. A “Declaración dos dereitos e obrigas dos xornalistas” de
Munich. Os xornalistas e a factura das noticias
9.5 Tres tópicos actuais: sociedade postindustrial, globalización e sociedade rede
CONTIDOS PRÁCTICOS
É requisito escribir senllos comentarios sobre dous textos da bibliografía básica e tamén un ensaio breve sobre algúns dos temas da materia. Cómpre participar nos coloquios e debates sobre os textos da materia que se han desenvolver nas aulas prácticas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Adorno, T. W. (1998). A teoría freudiana e o modelo da propaganda fascista. A trabe de ouro. 34, 11-28.
Adorno, T. W. (1998). Resumo sobre a industria culttural. A trabe de ouro. 34. 63-68.
Anderson, C. W., Downie, L. & Schudson, M. (2016). The News Media. Oxford Univ. Press.
Bennett, T. (1992). Media, reality and signification. En T. Bennett et al. Media, Culture and Society. Routledge.
Bennet, T. (1992). Theories of Media, Theories of Society” en T. Bennett et al. Media, Culture and Society. Routledge.
Briggs, M. (2013). Journalism Next. A Practical Guide to Digital Reporting and Publishing. Sage.
Bruhn Jensen, K. (Ed.) (2014). La comunicación y los medios. Fondo de Cultura Económica.
Cagé, J. (2016). Salvar los medios de comunicación. Anagrama.
Castro Rey, I. (2019). Lluvia oblicua. Opinión y verdad en la sociedad de conocimiento. Pre-textos.
Couldry, N. & Hepp, A. (2017). The Mediated Construction of Reality. Polity.
Deery, J. & Press, A. (Eds.) Media and Class. TV, Film, and Digital Culture. Routledge.
Dijk, T. A. Van (1993). Discurso, poder e acceso. A trabe de Ouro. 16, 11-34.
Durham Peters, J. (2014). Hablar al aire. Una historia de la idea de comunicación. Fondo de Cultura Económica.
Escarpit, R. (1977). Teoría general de la información y la comunicación. Icaria.
Freedman, D. (2014). The Contradictions of Media Power. Bloomsburt.
Freedman, D. & Goblot, V. (Eds.) (2018). A Future for Public Service Television. Goldsmiths.
Gil Calvo, E. (2018). Comunicación política. Caja de herramientas. Catarata.
Goggin, G. & McLelland, M. (Eds.) (2017). The Routledge Companion to Global Internet Histories. Routledge.
Otero Pedrayo, R. (1988). A masa neutral e indefrente. En R. Otero Pedrayo. Prosa Miúda. Ediciós do Castro, 69-70.
Peters, B. (ed.) (2016). Digital Keywords. Princeton, Princeton Univ.
Peirce, Ch. S. (2014), Semiótica. Textos selectos. Universidade de Santiago de Compostela.
Pellerey, R. (2015). Comunicación. Historia, usos e interpretaciones. UOC.
Poster, M. (1997). O concepto de sociedade postindustrial: Daniel Bell e o Problema de retórica. A trabe de ouro. 31, 33- 54.
Price, V. (1996). La opinión pública. Paidós.
Tranche, Rafael R. (2019). La máscara sobre la realidad. La información en la era digital. Alianza.
Villanueva, D. (2021). Morderse la lengua. Corrección política y postverdad. Espasa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Albero, M., Fake (2020). La invasión de lo falso. Espasa.
D´Ancona, M. (2020). Posverdad. La nueva guerra en torno a la verdad y cómo contraatacar. Alianza.
Floridi, L., (2010). Information. A very Short Introduction. Oxford University Press.
Giddens, A. & Sutton, Ph. W. (2013). Sociology. Polity Press.
Han, Byung-Chul (2022). Infocracia. La digitalización y la crisis de la democracia. Taurus.
Hockney, D. & M. Gayford (2020). Una historia de las imágenes. De la caverna a la pantalla del ordenador. Siruela.
MacNair, Brian (2018). Fake News. Falsehood, Fabrication and Fantasy in Journalism. Routledge.
Outeiriño, M. (Comp.) (2011). Globalización e imperialismo cultural. Galaxia.
BÁSICAS E XERAIS
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e intepretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5-Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriors cun alto grao de autonomía.
CX1- Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CX2- Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
Cx3- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1-Capacidade de organización e planificación.
CT2-Capacidade de xestión da información.
CT3- Traballo en equipo.
CT4- Traballo autónomo.
CT5- Creatividade.
CT6- Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7- Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE19- Comprender os modelos de comunicación existentes para a súa aplicación na actualidade.
CE 20- Capacitar para poder desenvolver investigacións científicas dentro da área de ciencias sociais,
especialmente no ámbito da comunicación.
CE 21- Capacitar para a xestión da programación dun medio de comunicación audiovisual.
CE 22- Capacitar para a redacción, organización e xestión de información nos cibermedios.
A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Na primeira fase, haberá aulas teóricas nas que se presentarán os conceptos fundamentais das teorías da comunicación de masas, con especial atención a algúns textos das bibliografía básica e complementaria, dos que se facilitarán traducións. Na segunda fase, combinaranse aulas explicativas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación ha facerse segundo dúas notas, correspondentes unha ó exame final e outra ós comentarios de libros e ensaios.
O exame final achega o 50% dos puntos. Os traballos escritos achegan o outro 50% da puntuación.
Segunda oportunidade: neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
No caso de ter concedida a exención de docencia, na parte práctica o alumno/a deberá realizar un ensaio escrito por cada un dos temas do programa, con apoio da bibiligrafía e a titorización do docente (70 % da nota final), xunto coa recensión crítica e argumentada de dous libros da bibliografía (30 % da nota final). En ambos os dous casos, serán traballos escritos dun máximo de 5 páxinas e un mínimo de 3. Estes exercicios suporán o 50% da nota final. O outro 50% correspóndese ca parte teórica que se avaliará cun exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Clases expositivas: 30 horas
Traballos con textos: 15 horas
Exame final: 3 horas
Traballo autónomo do alumnado: 60 horas
Lecturas recomendadas: 25 horas
Preparación de presentacións orais e debates: 5 horas
Busca, rexistro e preparación de material de apoio: 12 horas
É importante consultar todo tipo de dúbidas segundo se vaian expondo os conceptos e textos no traballo de aula. Convén moito participar nos debates e advertir tanto as interpretacións atinadas coma as erróneas que se xeren nos comentarios e discusións dos textos fundamentais.
Para a escritura dos comentarios de artigos e do ensaio, convén examinar previamente tódolos materiais que se propoñen por mor de optar conscientemente por traballar sobre o tema e autores que se queiran comentar. O alumnado poderá propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa sempre que acheguen información sobre o programa da materia. Na escritura de ensaios e comentarios non deben evitarse nin simplificarse cuestións controvertidas.
Fernando Redondo Neira
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816563
- Correo electrónico
- fernando.redondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Martes | ||
|---|---|---|
| 09:00-10:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Xoves | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Venres | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| 19.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
| 19.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
| 21.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |