Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Capacitar ao alumnado no recoñecemento e a interpretación dos elementos visuais e sonoros do discurso audiovisual. Coñecemento dos elementos básicos relativos ao comportamento da luz en función dos espazos e localizacións. Identificar e interpretar as funcións e usos dos distintos elementos sonoros en relación coa imaxe. Voz, ruído, música e silencio. Capacitar ao alumnado na análise de como se produce unha determinada atmosfera sonora para xerar un sentido dramático e expresivo.
Conceptualización da imaxes e o son como elementos conformantes do discurso audiovisual. Estudo e análise dos conceptos esenciais da percepción e a representación audiovisuais. A súa relación coa representación do real, a memoria e o pensamento. A iluminación na representación visual. Significados, usos e funcións da luz nas representacións. Os elementos conformantes da dimensión sonora do discurso audiovisual
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A EXPRESIÓN AUDIOVISUAL. FUNDAMENTOS E CONCEPTOS
1.1 As imaxes fronte ao real: percepción e representación
1.2 O concepto de audiovisión e a dimensión naturalista da linguaxe audiovisual
1.3 Pensar e recordar coas imaxes: memoria, experiencia e coñecemento
TEMA 2. TEMPO E ESPAZO NA REPRESENTACIÓN VISUAL
2.1. A inscrición da temporalidade nas imaxes
2.2 A imaxe delimitada. Representación do espazo
2.3 Reglas de composición. Distancia focal e linguaxe das ópticas
TEMA 3. A LUZ COMO REPRESENTACIÓN CULTURAL, COMO OPERADOR FORMAL E PLÁSTICO
3.1. Significados, usos e funcións da luz nas representacións
3.2. Iluminación e concepto visual. Fundamentos e obxectivos
3.3. Clasicismo e modernidade: luz organizada vs. luz existente
TEMA 4. DESCRICIÓN E ANÁLISE DO FENÓMENO ACÚSTICO
4.1. Fundamentos do son e propiedades acústicas
4.2. Psicoacústica e resposta perceptiva
4.3. Mecanismos de escoita no proceso de aprendizaxe perceptiva
TEMA 5. LOCALIZACIÓN DOS SONS NAS REPRESENTACIÓNS AUDIOVISUAIS
5.1. Paisaxe sonora e espazo sonoro. Profundidade e perspectiva
5.2. Sons off vs. sons in
5.3. A acusmatización e as súas posibilidades expresivas
TEMA 6.AS MATERIAS DA EXPRESIÓN SONORA (I). SON ANALÓXICO E SILENCIO
6.1. O feito audiovisual como feito de linguaxe. Configuracións significantes
6.2. Os sons da realidade. Ruído ou son analóxico
6.3. Silencio: usos, funcións e significados
TEMA 7. AS MATERIAS DA EXPRESIÓN SONORA (II). VOZ
7.1. Vococentrismo e verbocentrismo: a voz humana
7.2. As voces narradoras
7.3. Distancia, memoria e reflexión da voz over
TEMA 8.AS MATERIAS DA EXPRESIÓN SONORA (III). MÚSICA
8.1. A inscrición da música no discurso audiovisual.
8.2. A música no tempo e no espazo fílmicos
8.3. Funcións expresivas da música de cine
CONTIDOS PRÁCTICOS:
Visionado e análise de fragmentos daqueles filmes máis axeitados para capacitar ao alumnado no recoñecemento e interpretación dos elementos sonoros e visuais alí incorporados, analizando o lugar que ocupan e as función que cumpren. O obxectivo será, por tanto, aprender a percibir crítica e razoadamente a as específicas achegas visuais e sonoras na conformación e a comunicación dos significados.
Elaboración dunha serie de pezas audiovisuais para realizar en grupo, que, en cada caso, centrará o seu enfoque no tratamento dun determinado elemento visual ou sonoro.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bordwell, D. & Thompson K. (2010) El arte cinematográfico. Una introducción. Paidós.
Chion, M. (1993). La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Paidós.
Chion, M. (2003). La voz en el cine. Cátedra.
Mercado, G. (2011). La visión del cineasta. Las reglas de la composición cinematográfica y cómo romperlas. Anaya Multimedia.
Mercado, G. (2020). La visión del cineasta. El lenguaje de las ópticas. Anaya Multimedia.
Puyal, A. (1996). Teoría de la comunicación audiovisual. Madrid: Fragua.
Rodríguez, A. (2001). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Paidós.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alten, S. R. (2008). El sonido en los medios audiovisuales.Escuela de Cine y Vídeo.
Aumont, J. (1992). La imagen. Barcelona: Paidós.
Català, J. M. (2008). La forma de lo real. Introducción a los estudios visuales.Editorial UOC.
Catalá, J. M. (2019). La puesta en imágenes. Conceptos de dirección cinematográfica. Shangrilá.
Casetti, F. & di Chio, F. (2007). Cómo analizar un film. Barcelona: Paidós.
Colón, C., Infante del Rosal, F. & Lombardo, M. (1997). Historia y teoría de la música en el cine. Presencias afectivas. Alfar.
Díaz, S. (2011). Voces en la pantalla. Un estudio de la voz y el sonido en relación a la imagen. Nobuku.
Chion, M. (1997). La música en el cine.Paidós.
Gardies, R. (2007). Comprender o cinema e as imagens. Texto Grafia.
Gubern, R. (1996). Del bisonte a la realidad virtual. La escena y el laberinto. Anagrama.
Gustems, J. (2012). Música y sonido en los audiovisuales. Universidad de Barcelona.
Jullier, L. (2007). El sonido en el cine. Paidós.
Katz, Steven (200). Plano a plano. De la idea a la pantalla. Plot.
Kosloff, S. (1998). Invisible Storytellers. University of California.
Labrada, J. (2009). El Sentido del sonido: la expresión sonora en el medio audiovisual. Alba.
Revault d'Allonnes, Fabrice (2003). La luz en el cine. Cátedra
Tranche, R. (2015). Del papel al plano. El proceso de la creación cinematográfica. Madrid: Alianza.
Urbizu, E. & Gómez, C. (2021). La caja de madera. Estudios sobre la puesta en escena cinematográfica. ECAM, DAMA, Caimán CdC.
Zunzunegui, S. (1992). Pensar la imagen. Cátedra / Universidad del País Vasco.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CGçX)
CX1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CX2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CX3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e planteamento de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CX4 - Fortalecer as capacidades comunicativas, tanto a nivel escrito como oral, orientadas a públicos especializados e non especializados.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPENTENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación.
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espíritu emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE04 - Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais.
CE05 - Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas producións audiovisuais
CE06 - Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
Lección maxistral:
as clases expositivas están adicadas a desenvolver os contidos teóricos do programa, propiciando a participación do alumnado e o intercambio de coñecementos e experiencias arredor dos temas tratados
Resolución de exercicios e problemas:
Visionado e análise de fragmentos daqueles filmes máis axeitados para capacitar ao alumnado no recoñecemento e a interpretación dos elementos sonoros e visuais alí incorporados, analizando o lugar que ocupan e as función que cumpren. O obxectivo será, por tanto, aprender a percibir crítica e razoadamente as específicas achegas visuais e sonoras na conformación e a comunicación dos significados.
Aprendizaxe orientada a proxectos:
Os contidos impartidos nas clases expositivas, así como os exercicios levados a cabo nas interactivas, están dirixidos a preparar dous traballos prácticos: cada alumno ou alumna realizará de modo individual unha práctica de análise fílmica dunha secuencia dunha película, tanto na súa dimensión visual como sonora, e, en segundo lugar, vaise elaborar en grupo unha serie pezas audiovisuais, que, en cada caso, centrará o seu enfoque no tratamento dun determinado elemento visual ou sonoro
Empregarase o Campus Virtual para incorporar alí material útil para a aprendizaxe e para manter actualizada calquera información relativa ao desenvolvemento do curso
As clases interactivas impártense na propia aula asignada a esta materia.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Sistema de avaliación:
Exame final: 50.0 (ponderación máxima: 50.0: ponderación mínima: 50.0 )
Prácticas de laboratorio: 50.0 (ponderación máxima: 50.0: ponderación mínima: 50.0 )
Dentro das prácticas de laboratorio establécense as seguintes tarefas:
Elaboración de pezas audiovisuais: 25 % da nota
Traballo análise fílmica: 25 % da nota final
Os prazos de entrega das dúas tarefas prácticas fixaranse a principios de curso. Será condición indispensable para superar a materia ter realizadas todas as prácticas propostas. Na segunda oportunidade de avaliación manterase a mesma ponderación para o cálculo da nota final e caberá a posibilidade de repetir algún dos traballos prácticos se o alumno desexa mellorar as súas cualificacións.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes de de revisión das cualificacións".
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Clases expositivas: 20 horas
Clases interactivas: 20 horas
Traballos con textos: 4 horas
Traballo autónomo do alumnado: 40 horas
Recoméndase o visionado completo daqueles filmes dos que na aula só se presentarán fragmentos.
Fernando Redondo Neira
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816563
- Correo electrónico
- fernando.redondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| Mércores | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| Venres | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| 11.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| 11.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
| 13.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| REDONDO NEIRA, FERNANDO | Galego |