Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecemento dos fundamentos da información xornalística. Comprensión dos valores informativos da comunicación audiovisual. Coñecer as técnicas para analizar e producir información para os medios audiovisuais. Coñecementos básicos das técnicas de produción e redacción de información. Aplicación das técnicas xornalísticas ás temáticas audiovisuais no marco da información cultural. Coñecementos dos aspectos deontolóxicos da comunicación informativa. Aplicación de contidos audiovisuais a ámbitos xornalísticos e gabinetes de comunicación.
Teoría e análise da información nos medios audiovisuais. Produción de formatos informativos e xornalísticos en medios dixitais, con especial atención ao audiovisual. Contidos audiovisuais en comunicación organizacional e redes sociais. Xornalismo especializado en cultura e audiovisual.
A materia estruturarase nos seguintes contidos:
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Teoría e análise da información nos medios audiovisuais
TEMA 2. Produción de formatos informativos e xornalísticos en medios dixitais
2.1 O papel dos medios e produtos audiovisuais na comunicación organizacional
2.2 As tecnoloxías e a súa influencia na comunicación organizacional
2.3 Narrativas dixitais, Big data e márketing de influencia
TEMA 3. Contidos audiovisuais en comunicación organizacional e redes sociales
TEMA 4. Xornalismo especializado en cultura e audiovisual
4.1 Xestión da trasmisión e da difusión do coñecemento
4.2 Educomunicación e cultura
4.3 Márketing dixital aplicado á cultura
CONTIDOS PRÁCTICOS
Consistirán nos exercicios ou prácticas que o profesor enuncie en relación aos contidos teóricos enunciados.
Bibliografía básica
Andrade, H. (2005). Comunicación organizacional interna. A Coruña: Netbiblo, S.L.
Argenti, P. (2014). Comunicación estratégica y su contribución a la reputación. Madrid: Editorial Almuzara.
Castillo, A. (2009). Comunicación organizacional, teorías y estudios. Madrid: Editorial Clave.
Cuenca, J. (2017). Comunicación interna. Barcelona: UOC.
Elías Zambrano, R. & Jiménez-Marín, G. –coord.- (2021). Reflexiones en torno a la comunicación organizacional, la publicidad y el audiovisual desde una perspectiva multicisciplinar. Madrid: Editorial Fragua.
Fernández Collado, C. (2005). La comunicación en las organizaciones. México: Editorial Trillas.
Jiménez-Marín, G.,González Boudet, I. & Elías Zambrano, R. (2019). “Influencia de la tecnología en la comunicación organizacional interna”, en Razón y Palabra, vol. 23, n. 104, pp. 174-200. Quito: Pontificia Universidad Católica de Ecuador.
Orjuela Córdoba, S.P. (2015). Comunicación organizacional. Teoría y estudios. Tesis doctoral. Universidad de Málaga.
Bibliografía complementaria
Assael, H. (2013). Marketing management. Boston: Kent Publishing Company.
Capriotti, P. (2013). Planificación estratégica de la imagen corporativa. Madrid: Instituto de Investigación en Relaciones Públicas.
Costa, J. (2006). Imagen corporativa en el siglo XXI. Madrid. Buenos Aires: La Crujia Ediciones.
Flor, J. (2015). La transformación digital como medio de creación de valor de la empresa. Madrid: Universidad de Comillas.
Levitt, T. (2013). The marketing imagination. Nueva York: The Free Press.
Orero-Blat, M. Rey Martí, A. & Palacios Marqués, D. (2021). Un enfoque práctico del marketing estratégico, operativo y digital. Valencia: Editorial de la Universidad Politécnica de Valencia.
Pagán, M. & Dias, R. (2016). “Comunicación y nuevas tecnologías: crisis de identidad organizacional e individual”, en Razón y Palabra, vol. 20, n. 3, pp. 1074-1096. Quito: Pontificia Universidad Católica de Ecuador.
Webgrafía:
American Marketing Association: https://www.ama.org/Pages/default.aspx
Adlatina en asociación con Adagehttp://www.adlatina.com
Blog de Hubspot https://blog.hubspot.es/
Webinars de Harvard Business Review: http://hbr.org/multimedia/webinars
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con
perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na
definición e planeamento de problemas como na busca das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CG4 - Fortalecer as capacidades comunicativas, tanto a nivel escrito como oral, orientadas a públicos especializados e non
especializados.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habelencias de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónomo
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE13 - Coñecer a incidencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento dos produtos audiovisuais
CE14 - Capacitar no manexo das tecnoloxías vinculadas á produción e á documentación audiovisual
Explicación teórica do programa, lecturas obrigatorias e realización de traballos prácticos relacionados cos temas enunciados.
Proporase, asemade, a realización dun proxecto, individual ou en grupo, ao longo do curso, de dimensión teórico-práctica.
A parte teórica da asignatura avaliarase mediante unha proba escrita, realizada ao final do curso, sobre os contidos do programa. A dita proba puntuarase sobre 10. A cualificación da parte teórica suporá o 50% da nota final.
A parte práctica avaliarase a través dos traballos que realice e entregue o alumnado, segundo os criterios de avaliación establecidos e formulados na aula polo profesor. A cualificación da parte práctica suporá o 50% da nota final.
Para aprobar a asignatura é necesario superala nas súas dúas partes, teórica e práctica. Suspender unha das partes suporá suspender a asignatura.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), guardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
No caso desta materia procede a concesión de exención se o/a alumno/a o solicitase cumprindo coas esixencias establecidas para este tipo de procedementos. En caso de serlle concedida a exención, o profesor proporá á/ao dita/o alumna/a un programa alternativo de entrega de exercicios prácticos, que poderá incluir, asemade, unha axenda de titorías personalizadas a acordar entre a/o alumna/o e mailo profesor, e un sistema de avaliación personalizado.
En caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemiento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/da estudante que os cumplimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 20 horas
• Clases interactivas: 20 horas
• Traballos con textos: 4 horas
• Titorías de traballos do curso: 1,5 horas
• Actividades de avaliación: 1.5 horas
• Exame final: 2 horas
• Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
• Lecturas recomendadas: 12 horas
• Planificación do seminario. Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 50 horas
• Traballo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Realización de todos os traballos prácticos propostos. Lectura de, cando menos, unha obra para cada tema da bibliografía básica recomendada.
Un excelente dominio da lingua escrita e a creatividade e capacidade de innovación á hora de formular e desenvolver os traballos previstos serán aspectos que se terán moi en conta, así como a participación activa nas clases e maila demostración de capacidade de relación de contidos, contextualización, documentación e análise crítica.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Xose Antonio Neira Cruz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816531
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Juan Manuel Prieto Arosa
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- juanma.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
| Luns | ||
|---|---|---|
| 16:00-17:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
| 17:00-18:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
| 10.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| 10.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
| 12.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| PRIETO AROSA, JUAN MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| PRIETO AROSA, JUAN MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Neira Cruz, Xose Antonio | Galego |