Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
Coñecemento sobre as empresas informativas, a súa organización e financiamento.
Coñecemento sobre os procesos de planificación, organización e xestión da empresa informativa.
Capacidade e habilidade para a presentación e negociación do currículum vítae e de proxectos para as empresas informativas.
Capacidade e habilidade para a creación, organización e xestión de proxectos empresariais informativos.
Capacidade e habilidade para analizar e avaliar as estratexias das empresas informativas.
Coñecemento e aplicación dos sistemas de xestión da calidade na empresa informativa.
Aproximación conceptual e práctica ao coñecemento da estrutura do sistema mediático e da xestión da empresa informativa no contexto da súa relación coa industria cultural e creativa e os procesos actuais de converxencia dixital.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Introdución. O contexto da empresa informativa
1.1. Economía da comunicación, estrutura do mercado da información e sistemas mediáticos
1.2. A dixitalización como punto de inflexión: da economía da atención á economía dos datos
1.3. Tendencias no mercado da comunicación e a información
Tema 2. A empresa informativa
2.1. Concepto de empresa e empresariado
2.2. Particularidades da empresa de comunicación
2.3. Tipos de empresas
2.4. A empresa e o seu entorno
2.5. Corporacións, holdings e grupos de empresas
Tema 3. O emprendemento
3.1. Emprendemento e viabilidade das ideas
3.2. Concepto e utilidade do plan de empresa
3.3. Legalización e forma xurídica
3.4. A xestión da propiedade intelectual
Tema 4. A organización e a gobernanza da empresa informativa
4.1. Modelos de xestión e organigramas
4.2. Principais departamentos da empresa informativa
4.3. Regulación, corregulación e autorregulación
4.4. A gobernanza dos medios de comunicación públicos
Tema 5. A dirección estratéxica
5.1. O concepto de estratexia
5.2. O proceso de dirección estratéxica
5.3. A orientación e os valores da empresa
5.4. Estratexias e vantaxes competitivas
5.5. A Responsabilidade Social Corporativa
Tema 6. Modelos de negocio e financiamento
6.1. O método Canvas para o desenvolvemento de modelos de negocio
6.2. A proposta de valor
6.3. Modelos de negocio dixitais
6.4. Intervención pública e fiscalidade
Tema 7. Marketing e comercialización
7.1. Marketing estratéxico, marketing mix e marketing informativo
7.2. Imaxe de marca e comunicación do produto xornalístico
Tema 8. Os recursos humanos
8.1. Normativa laboral xeral e convenios colectivos
8.2. Novos perfís profesionais
8.3. Plans de igualdade
Tema 9. Novas oportunidades de negocio
9.1. A integración da innovación da empresa informativa
9.2. A marca do xornalista: valor e desenvolvemento
9.4. Os verticais como estratexia de diversificación de negocio
9.5. O uso das newsletters para fidelizar a audiencia
9.6. O crecemento do mercado do audio
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos van encamiñados á aplicación dos contidos teóricos. O principal contido práctico será o proxecto grupal no cal se deberá elaborar un plan de negocio para unha empresa de comunicación viable. En paralelo, traballaránse tamén outros contidos prácticos:
- Traballo da marca persoal do/a xornalista (CV, redes sociais, entrevistas de traballo)
- Análise do modelo de negocio de empresas informativas
- Elaboración de comentarios críticos sobre tendencias no mercado da comunicación
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cerezo, Pepe (2018). Los medios líquidos: la transformación de los modelos de negocio. Editorial UOC
Cerezo, Pepe (2019). Los medios ante los modelos de suscripción. Editorial UOC.
Sánchez González, María (2018). Gestión estratégica, innovación y prospectiva en comunicación: bases, técnicas y casos prácticos. Editorial UOC.
Yuste, Bárbara & Cabrera, Marga (2014). Emprender en periodismo. Nuevas oportunidades para el profesional de la información. Editorial UOC.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Barrio Fraile, Estrella (2019). Responsabilidad social corporativa: de la noción a la gestión. Editorial UOC.
European Audiovisual Observatory. (2022): Yearbook. Television, cinema, video and on-demand audiovisual services - the pan European picture. European Audiovisual Observatory.
Galán Gamero, Javier & Aguado, Guadalupe (2014). Periodismo emprendedor. Planificación y desarrollo de empresas informativas. MacGraw-Hill.
García Santamaría, José Vicente (2016). Los grupos multimedia españoles: análisis y estrategias. Editorial UOC.
Küng, Lucy (2016). Strategic management in the media: Theory to practice. SAGE.
Osterwalder, Alexander & Pigneur, Yves (2011). Generación de modelos de negocio. Deusto.
Lowe, Gregory Ferrell & Brown, Charles (2016). Managing Media Firms and Industries. What's so special about media management? Springer.
Wirtz, Bernd W. (2020). Media Management. Strategy, Business Models and Case Studies. Springer.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE09 - Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas
CE10 - Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación
CE11 - Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación
CE12 - Coñecer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha correcta organización da información
A metodoloxía docente da materia combinará distintas técnicas dirixidas a levar á práctica os contidos teóricos. Nas leccións maxistrais (clases expositivas) proporcionaranse as bases teóricas necesarias para poder poñer en marcha iniciativas emprendedoras no campo da comunicación, proporcionando exemplos e casos de interese.
A parte práctica vertébrase arredor da aprendizaxe orientada a proxectos. Nas sesións de laboratorio traballarase en grupos na elaboración dun plan de empresa no que se lle dea forma a unha idea de negocio dentro do ámbito da comunicación. De forma paralela, realizaranse tamén estudos de caso e outro tipo de prácticas dirixidas a consolidar os contidos teóricos, como a elaboración de comentarios críticos ou a análise de tendencias dentro do mercado da comunicación.
A metodoloxía de ensinanza contempla tamén o uso do Campus Virtual, no que a docente propocionará información ampliada sobre os contidos da materia e noticias relevantes para a materia. Tamén se crearán espazos de participación do alumnado a través dos foros de Moodle.
O sistema de avaliación da materia consta de dous mecanismos:
• Exame final: 50% da cualificación final
• Prácticas realizadas durante o curso: 50% da cualificación final.
Dentro do 50% da cualificación final derivada das prácticas inclúese o traballo central da materia (a elaboración dun plan de empresa en grupos) así como outras prácticas realizadas ao longo da materia, tanto de forma individual como grupal.
Para aprobar a materia é necesario superar tanto a parte práctica como a teórica. Os traballos non entregados cualificaranse cun 0 e farán media a partir da ponderación establecida.
Segunda oportunidade:
O sistema de avaliación na segunda oportunidade será o mesmo que na primeira. No caso de suspender só unha das partes da materia, deberase repetir a parte suspensa na segunda convocatoria e manterase a cualificación da parte superada.
Dispensa:
No caso de que se autorice a dispensa á clase, o profesorado da materia establecerá co alumnado un plan de traballo alternativo. Este plan manterá o sistema de avaliación estándar da materia, coa adaptación consecuente das prácticas grupais ao traballo individual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado".
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
- Clases expositivas: 30 horas
- Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 15 horas
- Exame final: 3 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
- Lecturas recomendadas: 25 horas
- Preparación de presentacións orais, debates, etc.: 5 horas
- Busca, rexistro e preparación de material de apoio: 12 horas
Recoméndase estar ao día sobre os movementos nos mercados da comunicación, organizar ben a realización das prácticas, ter unha boa comprensión do inglés para afondar na bibliografía e manter un contacto directo co profesorado.
Marta Rodríguez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Mércores | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Venres | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| 20.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| 20.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
| 25.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Rodríguez Castro, Marta | Galego |