Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
En consonancia co papel que xoga a materia na titulación, o obxectivo principal é transmitirlle ao alumnado os diferentes elementos que conflúen no proceso de transferencia dos produtos audiovisuais presentados á audiencia na coherencia dunha planificación estratéxica, así como no contexto das políticas que afectan á circulación de contidos e os seus efectos na conformación dunha cultura audiovisual.
Outro dos obxectivos desta materia é o estudo das técnicas e modelos de programación nun escenario multiplataforma; tendencias na circulación de contidos multiplataforma, análise dos distintos tipos de públicos e fenómenos de comunicación desde o punto de vista da recepción e da investigación de audiencias.
Análise dos equipos de organización e análise da recepción de ofertas de contidos audiovisuais: funcións dos equipos de programación e análise de audiencias no escenario multiplataforma. Revisión de estruturas e sistemas de circulación de contidos audiovisuais. Estudo dos conceptos básicos arredor do deseño da oferta (planificación) e da súa contextualización en función da estacionalidade, tipos de mercados e definición de públicos. Análise do consumo audiovisual.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. AS AUDIENCIAS
1.1 Definición das audiencias
1.2 Evolución e clasificación dos públicos
1.3 Públicos conectados
TEMA 2. TENDENCIAS DE CONSUMO DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS
2.1 Evolución do consumo de contidos audiovisuais ante a transformación do contexto mediático
2.2 Tendencias actuais do comportamento dos públicos e do consumo de contidos no contexto multiplataforma
TEMA 3. INVESTIGACIÓN E METODOLOXÍAS PARA A ANÁLISE DAS AUDIENCIAS
3.1 Métodos cuantitativos para o estudo das audiencias
3.2 Métodos cualitativos para o estudo das audiencias
3.3 Principais estudos de audiencia nos distintos soportes
TEMA 4. CONTEXTO PARA A CIRCULACIÓN DOS CONTIDOS AUDIOVISUAIS
4.1 O mercado audiovisual
4.2 O marco regulador
TEMA 5. A PROGRAMACIÓN DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS
5.1 Definicións, lóxica e discurso da programación
5.2 As unidades da programación e a súa clasificación
5.3 A programación para a televisión lineal
5.4 A programación para as OTT e outras plataformas dixitais
TEMA 6. PROFESIONAIS PARA A XESTIÓN DAS AUDIENCIAS E A PROGRAMACIÓN
6.1 O programador e o equipo de programación
6.2 Novos perfís para a xestión das audiencias nos medios e plataformas dixitais
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nas clases interactivas o alumnado desenvolverá unha serie de prácticas individuais e grupais nas que traballará: a análise e interpretación de datos e informes de audiencia do sector audiovisual (televisión, redes sociais, plataformas OTT); a definición de públicos e targets; a análise e ideación de estratexias de programación dos contidos audiovisuais adaptadas a distintas plataformas, tendo en conta os comportamentos dos distintos públicos no contexto multiplataforma; a análise e ideación de estratexias de programación adaptadas ao mercado e aos contextos de circulación do contido audiovisual.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arana, E. (2011). Estategias de programación televisiva. Síntesis.
Clares Gavilán, J., Merino Álvarez, C., & Neira, E. (2019). La revolución over the top : del vídeo bajo demanda (VoD) a la televisión por internet. Editorial UOC.
García Castillejo, A. (2012). Régimen jurídico y mercado de la televisión en abierto en España. Editorial UOC.
Huertas Bailén, A. (2015). Yo soy audiencia: ciudadanía, público y mercado. Editorial UOC.
Izquierdo-Castillo, J., & Latorre-Lázaro, T. (2022). Oferta de contenidos de las plataformas audiovisuales. Hacia una necesaria conceptualización de la programación streaming. Profesional de la información, 31(2). https://doi.org/10.3145/epi.2022.mar.18
Quintas Froufe, N., & González Neira, A. (2021). Los Estudios de la audiencia: de la tradición a la innovación. Gedisa Editorial.
Patriarche,G., Bilandzic, H., Linaa, J., & Jurisic, J. (2014). Audience research methodologies: between innovation and consolidation. Routledge.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bourdon, J., & Méadel, C. (2014). Television audiences across the world : deconstructing the ratings machine. Palgrave Macmillan.
Callejo Gallego, J., & Pintos, J. L. (2001). Investigar las audiencias: un análisis cualitativo. Paidós.
Carpentier, N., Schrøder, K., & Hallett, L. (2013). Audience transformations : shifting audience positions in late modernity. Routledge.
Evans, E. (2011). Transmedia television: audiences, new media and daily life. Routledge.
Halpern, D., Quintas-Froufe, N., Fernández-Medina, F. (2016). Interacciones entre la televisión y su audiencia social: hacia una conceptualización comunicacional. El profesional de la información, 25(3), 367-375. http://dx.doi.org/10.3145/epi.2016.may.06
Igartua, J. J., & Badillo Matos, A. (2003). Audiencias y medios de comunicación. Universidad de Salamanca.
Medina, M. (2015). La audiencia en la era digital. Fragua.
BÁSICAS E XERAIS (CB E CX)
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis imporantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CX2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CX3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e plantexamento de problemas como na busca das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación.
CT02 - Capacidade de xestión da información.
CT03 - Traballo en equipo.
CT04 - Aprendizaxe autónoma.
CT05 - Creatividade.
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT07 - Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS (CE)
CE07 - Capacitar para as competencias profesionais dun distribuidor e exhibidor de obras audiovisuais.
CE08 - Adquirir a formación necesaria para a interpretación de informes estatísticos.
CE09 - Capacitar para a dirección de empresas relacionadas co sector audiovisual.
CE10 - Coñecer as técnicas necesarias para o desenvolvemento profesional da programación de produtos audiovisuais.
As clases expositivas servirán para a explicación, estudo e análise dos contidos de carácter teórico da materia. As exposicións da docente combinaranse con pequenos exercicios a realizar polo alumnado, que permitirán facer un seguimento aplicado dos conceptos que se vaian traballando. Nas clases expositivas o alumnado deberá participar de maneira activa.
As sesións de laboratorio orientaranse a realizar unha serie de prácticas individuais e grupais nas que se traballará sobre a análise e interpretación de datos de audiencias, a definición dos públicos e o desenvolvemento de estratexias de programación adaptadas aos comportamentos de consumo de contidos audiovisuais e ao contexto da súa circulación.
O alumnado traballará tanto de maneira individual como en equipo. Buscarase o debate, a reflexión colectiva e individual e a posta en común dos coñecementos adquiridos.
O campus virtual empregarase como plataforma para a comunicación co alumnado, a disposición dos materiais bibliográficos complementarios necesarios e para a entrega das tarefas establecidas. As titorías poderán realizarse presencialmente ou en liña a través de MS Teams.
Os instrumentos de avaliación dos contidos e aptitudes serán:
- Exame teórico: 50%
- Traballos prácticos (individuais e en grupo): 50%
A avaliación será continua, polo que se fará un seguimento constante das actividades e dos coñecementos adquiridos por parte do alumnado. Non será posible superar a materia se non se obtén o aprobado tanto na parte teórica como na práctica e se non realizan as entregas das tarefas no tempo e na forma esixidas pola docente.
Segunda oportunidade: o sistema de avaliación será o mesmo que o da primeira oportunidade. Se o/a alumno/a ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia. O sistema de avaliación mantense, contando o exame teórico un 50% e os traballos prácticos outro 50% da nota final da materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas.
- Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20 horas.
- Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 5 horas.
- Seminario: 15 horas.
- Titorías de traballos de curso: 2 horas.
- Actividades de avaliación: 3 horas.
- Exame final: 3 horas.
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 45 horas.
- Lecturas recomendadas: 15 horas.
- Planificación do seminario. Busca, rexistro e preparación de material de apoio: 20 horas.
Recoméndase a constancia na asimilación dos contidos teóricos da materia e o seguimento das aulas para poder acadar os obxectivos e competencias fixados, tanto na parte teórica como no traballo práctico de seminario. Recoméndase a consulta do material bibliográfico ou complementario que aconselle a docente. A participación na aula, a reflexión crítica e as achegas para o coñecemento común serán valoradas positivamente.
Maria Cruz Negreira Rey
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
| Martes | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
| Venres | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
| 08.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| 08.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
| 10.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NEGREIRA REY, MARIA CRUZ | Galego |